domingo, abril 15, 2007

Poker, TV, birras e cintas de video


Non sei se o falei algo no blog, pero creo que algun de vos xa soubestes que participei nun corto da universidade de filmatografía de Tallinn. E este era o segundo! Pero o meu papel no primeiro.. digamos que era mais de figurante..
Neste xa fun o papel principal! hehe.... que tema Antonio Banderas que vou ascendendo! XDD
A verdade é que moita xente me pregunta pola historia.. pero creo que non debía de ser demasiado importante... supoño que será un proyecto no que o que conta máis será os encuadres, sombras, planos e demais...
Pois bueno.. acabanme de enviar as fotos o outro dia ainda que o fixemos fai como 2 meses. E parece que ainda tampouco está rematado de todo..
Bueno.. nas fotos vadesme ver con mala cara... tanto por que me fixeron despertarme ás 6:30 da mañá... a hora á que me suelo durmir XDDD... coma porque se supón que tiña que salir no corto de resaka... asi que pola mañá ducheime e funme.. e vai a directora e dime: "¡¡¡como!!! duchácheste!! e tas todo limpio e co pelo tamen limpiño e liso!!! qué fixeches!! alomenos non te afeitaches!"
E logo puxome a man na cabeza e empezoume a alborotar o pelo... pero coa goma posta... asi que vin a mitad dos meus pelos nas suas mans....
Logo puxeronme unha capa de maquillaje que pa sacalo... bueno.. compadezovos tias! hehe
Xa tou vendo que hai por ahi unha foto que me vades decir algo... pois vai haber que aclaralo...
Sí! si toquei e agarrei a pernera e incluso cheguei a bicar á susodicha... porque o exigiu a directora, eso si... pero na toma final eliminaron o do bico e solamente rozo os labios no lateral do seus .. hehe...
Veña ahi van!











Bueno, aqui vai outra entrada mais...
Estes 2 que estan xunto a min son Eddie (o rubio) e Viggo.
Eddie vai ser un dos que vai vir conmigo a Alfoz e xa teredes ocasión de ver as súas habilidades bebendo birra XDDD
A Viggo conocino non fai moito... un día quedei con Eddie e el estaba alí. Eddie invitouno porque decía que en Metalstorm sempre deixaba posts un cacho tristes e decidiu invitalo un dia a tomar algo con nos. O certo é que é un tío un cacho triste... de feito defínese como Emo, ainda que non teña pinta ningunha. Ademáis é un tipo un cacho raro... xa que aparte de emo.. gustalle o black e viking metal e é católico practicante! Vaia mezcla!
Bueno... polo menos desde que nos conoceu a nolos 2 parece un pouco menos... triste...

Que mais...
Fai uns dias salin na tele estona!
Nun talk-show.. algo asi como un diario de Patricia.
Pero de talk para min nada! A presentadora... que parece ser que é moi famosa en Estonia (logo vina nalgunha revista tipo corazon que iba lendo alguen no trolley) dixome... "non falas estonio eh?? hmmm pois hoxe non teño ganas de falar inglés"
Asi que o unico que fixen foi poñer a miña cara.. hehe
O meu compañeiro Petri falou por min... resulta que se trata aqui da semana do estudiante, asi que era un programa que trataba sobre os universitarios. E entre eles decidiron coller a un internacional estudiando na universidade de Tallinn.. e chamaronme a min..
É unha pena.. coa de cousas que podia contar eu.. e mostrar alguns videos dos A-Teams no hostel ou das destroyer parties eeheheheh
Parece que sale o dia 1 de mayo.. terei que contactar con alguen local que me poida grabar pola tele heeh
Ata ahora eso foi todo.
Non hai moitas fotos porque non hai tampouco moitas festas ultimamente... e o ambiente é bastante diferente ó do 1º semestre.. pouco compañeirismo e xente un pouco mais á sua bola.. realmente o primeiro semestre foi a bomba.. este.. estoume a sentir case coma estudiando en España.. porque teño montonazo de traballo e porque xa prácticamente non salgo de marcha... ainda que como vedes as cousas extrañas a min non me acaban nunca hehe
Como broche.. outra cousa que non creo que moitos fixeran.. nin erasmus aqui nin xente en general.. ontes estiven xogando ó poker ata as 5 da noite con 5 estonos... 3 ou 4 deles skins...
Alguén da mais?