sábado, marzo 20, 2010

Tim Burton compra os dereitos da novela "Abraham Lincoln: Vampire Hunter"

... e logo a xente rise de que haxa unha peli que se chame "Jesucristo Cazavampiros"...
Pois sí, "Abraham Lincoln: Vampire Hunter" foi inventado fai non moito polo escritor Seth Grahame-Smith, autor tamén da novela "Orgullo, Prejuicio y Zombies" (Pride and prejudice and zombies), versión en clave zombie, terror e humor negro da romántica "Orgullo y prejuicio". Dita obra foi tomada por Natalie Portman, que protagonizará e producirá a súa versión cinematográfica próximamente.

Pois ben, o escritor en cuestión puxo á venta fará como 2 semanas a súa última novela sobre un Abraham Lincoln, que aparte de liderar a guerra de Secesión americana, dedícase a matar vampiros.
Todo ocorre por vinganza, cando de novo, un ente das sombras de colmillos afilados mata á súa nai. O joven Lincoln iniciará unha vida de vinganza sobre os vampiros que sorpresivamente o levará á Casa Blanca.

Desquiciado e delirante, non?

Pois a idea foi collida esta vez por Tim Burton, que se aliará por segunda vez logo de "9" con Timur Bekmambetov e levarán ó cine a versión da bizarra novela.
Dícese que un dos factores que atraeu o interés para levar á gran pantalla a novela foi este trailer do libro (últimamente xa se fan trailers pa todo...)


E agora dígome eu.. e qué será o próximo?
Napoleón contra los aliens?
El Diario Zombie de Anna Frank?
Bush el Cimmeriano?
Julio César Vs El Ejército de los Orcos?

Mellor aínda sería si os directores españoles tiveran estas ideas con figuras patrias históricas...
¿cómo sería si Médem dirixira por exemplo Daredevil de Tormes?
¿ou Trueba Juan Carlos I, rey de los Hunos?
¿ou Almodóvar Drácula Vs El Conde Duque de Olivares?
¿e Juan Diego Botto facendo de Dante con dirección de Fernando de León? Por dios eso sí que sería ciencia ficción e non o do doutor Who (falo de ver ó Botto actuando e ó de León facendo algo que non sexa un drama social soporífero tamén XD)
¿e Chiquito facendo de vampiro? Aih no que esto xa se fixo...

En fin... chegamos a un punto que...