Non sei se vistes o que teño posto no calendar ahí na dereita.
Bueno, primeiro decir que mañá teño un día moi apretado, pero será o final do meu traballo e o comezo das vacacións. Probablemente durmirei todo o día que me quede así que non farei ningún novo post. Pero o resto da semana penso seguir activamente co blog, tanto con este coma con Albor Bizarro. Intentarei facer post por día ou cada 2 días de cousas que teño en mente.
Outra cousa que estiven facendo foi recopilar guías e trucos para layouts (o diseño do blog), así que me gustaría en cousa duns días facer algún pequena reestructura e ordenación, pero como de momento non teño nin idea de cómo vai, ignoro se será factible ou non ou tería que pasarme un tempo aprendendo antes de nada.
A partir do 19 de xunio a miña actividade será mínima durante casi 3 semanas. E logo voltarei para aquí asiduamente. Ainda non teño decidido si voltar para Alfoz todo o verán ou quedarme en Vigo, opción que non descarto para a maioría de Xulio e Agosto -necesito tempo para estudiar e, ainda que aquí fai máis calor, en Alfoz non me dou posto-. Así que é posible que me vexades pouco o pelo por arriba.
Bueno e como non tou de moito humor (xa dixen que o día de mañá vai ser como unha segunda selectividad pa mín .. mima) pois decidín buscarme algún chiste sobre estudiantes, si estades igual, pois de vez en cando non ven mal rirse XD ante a situación fatal...