Trillium - Alloy (2011)
Symphonic Gothic-Rock/Metal
Official
Amanda Somerville, que se fixo popular últimamente no panorama rock-metalero europeo por participar en numerosos proxectos de Rock sinfónico, Hard Rock e Power Metal, lanza o seu primeiro disco "en solitario" rodeada de músicos con certa experiencia, case todos eles sacados das bandas nas que ela colaborou, coma Avantasia, Luca Turilli, Aina ou After Forever.
Ignoro se as composicións xa estaban nas mentes de Sasha Paeth e Sander Gommans antes de poñerlle comezo a Trillium, pero se non foi así, ambos traballaron a un ritmo trepidante para ter listo en poucos meses os 11 temas+bonus track de Alloy, porque a banda naceu nalgún momento deste pasado 2011 e a composición estaba finiquitada no verán...
En canto á música de Trillium, a mín non se me ocorre mellor símil que unha especie de After Forever alternativo e blandurrio. A voz de Amanda está liderando absolutamente todos os temas, imprimíndolle como pode certo grado da personalidade do que as creacións carecen. Nótase o esforzo dela por mellorar o que hai, cun carácter artístico vocal que recorda a Floor Jansen, pero é imposible que con tal selección de temas, a cada cal máis olvidable e máis desganao, a cousa tire para arriba.
Alloy pretende fusionar elementos do Rock e Heavy Metal, cun trasfondo de emotividade con certo toque sombrío e arreglos orquestales/sinfónicos que aparecen dependendo da canción. Non me extrañaría que Trillium sexa un proxecto que se quedara neste intento ou como moito un máis antes de disolverse.
Disco realmente difícil de acabar e que aburre ó terceiro tema. 3/10
Warbringer - Worlds Torn Asunder (2011)
Thrash Metal
Myspace
Terceiro álbum destes americanos que basan o seu repertorio no sonido "Bay Area" 80's Thrash e que se unen á moda da nova ola do Thrash, conseguindo certa repercusión entre os fans deste xénero que está sendo "retrorenovado" nos últimos anos. De feito, supoño que pode ser un caso parecido a Angelus Apatrida, xa que creceron en popularidade o suficiente como para ser fichados pola Century Media -coma os españoles-, facendo un revival sen excesiva orixinalidade dos grandes do xénero en USA hai 20 ou 25 anos -coma os españoles-.
Penso que non hai moito máis que decir sobre este grupo, as influencias son obvias cando se dí Bay Area: Exodus, Death Angel, Testament, Forbidden, Slayer, primeiros Megadeth e Metallica... temática sobada de guerra, violencia e demáis, riffs pouco innovadores, temas pouco sobresalientes, e en xeral, un disco bastante típico, no que teremos alomenos bon sonido e unha pequena sorpresa instrumental como penúltimo tema.
Warbringer creo que sólo convencerá a aqueles fans "cérrimos" do estilo, ós que non viviron/oíron todos aqueles discos e os miles de clones que surxían a mediados/finales dos 80 con este tipo de Thrash, e probablemente a todos aqueles que consideran a Angelus Apatrida coma un grupo creativo e puntero.
Xenérico. 6/10
Valborg - Barbarian (2011)
Doom Metal
Myspace
Menuda sorpresa me levei ó escoitar ós alemanes Valborg! Tanto polo nome do grupo coma polo do disco, esperábame algo máis "vikingo" ou "melodeath", pero nada máis lonxe. O que me encontrei foi cun CD de Doom opresivo coma facía tempo non oía. A música de Valborg, mantendo unha línea certamente cruda e primitiva, de riffs cadentes, atmósfera escura e nihilista, consegue transmitir unha negatividade e desesperanza que me puido recordar ó proxecto de Tom G. Warrior, Triptykon. Aparte do orixinario Doom, Valborg aderezan o seu cócktail con Rock psicodélico e progresivo, insertando partes (in)tranquilas, acústicas, lentas e bizarras.
En canto ó sonido, estes alemanes conseguen emitir unha personalidade propia, mezclando partes de guitarras en limpio con outras de sonido máis "Death", así como diferentes tonalidades vocales que varían entre o gutural e a voz limpia con certo toque rasgado. Na grabación hai algún teclado, pero meramente ambiental, dominando principalmente o trío batería-baixo-guitarra.
Barbarian é un disco en principio difícil de asimilar, pero unha vez que te metes no seu mundo, é absolutamente envolvente.
Locura. 8/10
The Wounded Kings - In the Chapel of the Black Hand (2011)
Doom Metal
Myspace
Fai pouco estiven pensando... qué estilos serán os que revisiono fugazmente por aquí que se ganarán as miñas alabanzas xenerales, e cáles serán os que me meto máis con eles e puntúo unha media máis baixa? Pensei que tal vez me meta máis cos grupos de power e gothic malillos, que son bastante fáciles de catar baixo a miña humilde opinión. Logo de ter oído milleiros de discos deses estilos... un xa pilla de primeiras certas cousas...
Na outra parte, penso que, non sólamente eu, senón que en xeral hai bastante boas impresións de discos Doom. Tamén oín a súa parte deste estilo, tal vez non tanto coma a dos dous mencionados, pero é certo que como que hai algo... que cando non convence un disco de Doom... un non se plantea claramente que sexa un mal disco. No meu caso, simplemente o deixo de lado, e dígome.. "realmente... tampouco se pode decir que esteña mal, alguén haberá que lle guste, e que incluso o adore.. seguro".
Todo esto vén a conto do terceiro disco de The Wounded Kings, que contaron cunha plantilla totalmente renovada desde os anteriores álbumes para sacar In the Chapel of the Black Hand, un disco de Doom clásico, moi atmosférico, no que teclados imperecederos a modo de "coro" e riffs lentos e repetitivos pero épicos, acompañados por un baixo case en primeiro plano, recrean unha ambientación lúgubre e ritual. A voz feminina clara é a única tras The Wounded Kings, dun estilo bastante peculiar, dando a sensación de estar proclamando cánticos ceremoniales dunha misa satánica. Todo esto en principio está moi ben, pero a excesiva repetición e o pouco gancho que lle encontrei ás composicións destes ingleses non me deixou a mellor sensación. Pareceume un disco destinado a coller polvo entre os aficionados ó Doom, a pesar de que pensen...
..."non está mal, alguén haberá que lle guste, e incluso o adore". 4/10
Victory - Don't Talk Science (2011)
Hard Rock
Official
Outra das bandas que tiña por desaparecidas e que se refixeron durante os 2000 logo de verse no ostracismo durante os 90 foron os alemanes Victory. Recordo esta banda desde pequeno especialmente porque durante un bo tempo tiveran de cantante a Fernando García, un home de orixe hispana ainda que de nacionalidade suiza. Polo resto, o único salientable era que Herman Frank, dos Accept forma parte das súas filas, porque en canto á música non é que sobresaliran demasiado entre o conxunto de hardrockeros dos 80.
Para este novo Don't Talk Science, Victory decideu apostar sobre seguro, ceñíndose a un Hard Rock bastante típico e directo pero resultón, que rememora os ochenta e sale airoso dunha maneira máis ou menos boa. Segundo o tema, Victory poderanos traer á cabeza a Accept (a inicial "Restless" ten un aire dos primeiros Accept que me molou), a Skid Row (con "Speak Up" recordoume ó autotitulado dos de Bach), a Whitesnake/Hanoi Rocks ("Rockstar", "Burn Down The City"...), Ratt ("Right Between the Eyes")... e logo un pouco de todo o que significou a movida Hard ochentera con gotas de Heavy alemán clásico nalgún riff.
A parte boa dos Victory do 2011 é que sonan absolutamente coma un grupo experimentado que sabe o que quere e conta con bos instrumentistas -por certo, teñen coma cantante ó antigo de Human Fortress, un máquina-.
Na parte mala eu diría que compositivamente esto está moi oído, non deixan de facer o que outros fixeron hai tempo ata a saciedade, e ainda que vaian sobre un Hard Rock seguro, como dixen, esa seguridade fíxolles caer en composicións un pouco típicas de máis.
PS: versión de I'm So Excited fulerilla.
Portada horrible e case a metade dos 13 temas están repetidos na miña memoria ochentosa, polo resto, non está mal. 6/10
Merging Flare - Reverence (2011)
Heavy/Power Metal
Myspace
Hoxe foi un día aciago para o Metal na miña casa. Disco tras disco íbame empapando de diferentes xéneros para acabar co arsenal que tiña de escoitas pertencentes a álbumes salidos no 2011. Máis dunha docena caeron, tal vez unha quincena en todo o día, sen remedio no saco de olvidables -e xa olvidados-... nalgúns casos mostrándome unha evolución ínfima durante os 3 ou 4 primeiros temas e que daba a intuír que pouco podía mellorar a cousa. RIP.
Agora xa son as doce da noite pasadas, e hai como 1 hora pensei que era hora de poñer algo de Thy Catafalque para quitarme o mal sabor que me deixaron todos os 1, 2 e 3 que por pena máis que nada deixei no limbo das micronotas (buff é que hai moitos discos e moitos moi fuleros XD).
Eso, ata que me puxen co último, algo dun grupo de Power Metal... xusto o estilo que me facía falta para cambiar a tendencia do día...
Merging Flare?? qué é esto? Miro no Archives... formados hai máis de 10 anos, finlandeses e un deles é o guitarra de Amberian Dawn.. vamos bien ¬¬
Empeza o primeiro tema, "non empeza mal, con bastante dinamismo, pero... aih ese cantante... espero que mellore ó largo do CD... oh! chega o estribillo, Kai Hansen?? pouco a pouco esto foise transformando nos GammaRay bos e rápidos de antaño... e o estribillo ainda se pega bastante... veremos en qué dá"
Acabo a inicial "At Draggers Dawn" e ainda co estribillo metido nos miolos, e cun cambio de ritmo bastante chulo antes do final, sigo coas miñas dudas... "pode que sexa o típico tema para enganchar de primeiras e logo se vaia todo ó garete" (xa se vé que non son moi positivo no referente a encontrarme discos que me gusten XD). Pero non, tanto "Faker", coma "Carved in Stone", coma as seguintes, raian a un nivel do mellor Speed-Power Metal que oíra últimamente. E o cantante vaise soltando a medida que se suceden os temas, alcanzando rexistros que poden recordar a un cruce Halford-Scheepers con Deris. Se ademáis Kai Hansen fai coros en 4 temas, o deje de Helloween-GammaRay e o Metal alemán en xeral faise máis palpable, e se Dan Swäno anda nos controles, o sonido está asegurado. Polo que no único no que poderían fallar Merging Flare sería no que suelen fallar a maioría de grupos: o aspecto compositivo. E non o fan.
Nunha época na que os grandes dese xénero tan saturado que é o Power Metal están dando tumbos na maior parte dos casos, e que a maioría dos novos non teñen creatividade suficiente como para, xa non renovar, senón sacar boas cancións, ou alomenos que non se oíran antes, escoitar por fín un bon disco de Power fíxome rememorar cando desfrutaba da parte europea do xénero con discazos coma os primeiros de Hammerfall, Freedom Call, Stratovarius, Rhapsody, Iron Saviour, Primal Fear, ou os de final dos 90 de Gamma Ray.
PD: a parte central de "Under the Fire" é un guiño ó videoxogo Castlevania? ou moito se me pareceu a mín XD
Alegroume reencontrarme co quinceañero que hai en mín. 8/10
Skeletonwitch - Forever Abomination (2011)
Blackened Thrash Metal
Myspace
Cuarto álbum destes thrashers norteamericanos, que permanecen fieles ás súas raíces e nos dán un gran e traballado disco de Thrash con voz rasgada e temática ocultista.
Ainda que non se parezcan excesivamente, sobre todo nos últimos traballos, o primeiro grupo que me veu á cabeza foi 3 Inches of Blood. Pensei que un pouco máis de "skeletonwitch" é realmente o que lles facía falta ós canadienses nos últimos traballos: máis mala leche, máis velocidade e intensidade.
Porque a pesar de contar con moita base de Heavy e Speed Metal, que se nota sobre todo en punteos e solos, Skeletonwitch añaden as doses xustas otorgadas polas influencias do Black e Thrash old school para conseguir un sonido malvado, pegadizo e de "riff after riff" que fará as delicias de calquera seguidor da NWOBHM e do Speed Metal que guste tamén do Black Metal.
Directo, de cancións cortas pero con chicha, Forever Abomination probablemente sexa un dos Discos de Thrash do 2011 a recordar xunto co de Harm.
Non terá a producción de Angelus Apatrida, pero cómenos con papas -seino, outra vez AA XD-. 8/10
Haertefall - Suendenbock (2011)
Industrial Melodeath
Myspace
Haertefall son un reciente grupo alemán que debutan no 2011 con este Suendenbock. Entre as súas filas contan co actual teclista de Adorned Brood, ainda que para nada se acercan ó Folk Metal destes. O que practican é un Metal Industrial con guitarras duras e potentes e unha voz que cambia de rexistros entre o limpio e a de calquera banda Black-Melodeath. Entre as súas influencias poderemos encontrar momentos máis góticos, que recordan á vasta escola alemana de Gothic electrónico/industrial, outros máis sinfónicos que me levaron a pensar en Samael, e outros típicos da escola de melodeath moderno sueco. Haertefall mezclan bastante ben estes elementos, conseguindo temas memorables, no que clasificaría coma unha mezcla entre Samsas Traum, Crematory e Rammstein.
Nada mal para un primeiro disco.
Industrial alemán 99%. 7/10
Fleshgod Apocalypse - Agony (2011)
Symphonic Death Metal
Myspace
Primeira vez que teño contacto con estes italianos, que teño que decir que me sorprenderon, xa que me esperaba algo que usara moito máis co Metalcore ou Deathcore. Pero non, tiran hacia un Death Metal bastante extremo con excelsa carga orquestal.
Agony é o segundo disco de Fleshgod Apocalypse, que logo de sacar Oracles en 2009, consigueu atraer a un número cuantioso de fans e tamén ós directivos da Nuclear Blast, que decidiron arrebatarlle o grupo á Candlelight Records. Todo un pulo que Fleshgod Apocalypse quixo recompensar cun disco que parece estar facendo as delicias de todo fan do sinfónico extremo...
Todo? Non, sempre hai un recuncho onde os inadaptados nos refuxiamos neste gran océano de internet...
Imos ver... é innegable a forza inicial que inspira Agony na súa intro e primeiro tema, un sonido realmente machacacráneos con arreglos orquestales de primeira, onde as guitarras sonan crujientes e a batería atronadora... pero que deriva nunha parte máis negativa, coma é a de que resulta por veces caótico e extremadamente artificial. A batería está absolutamente deshumanizada, triggeada, e, mira que me gustan as baterías rápidas e imposibles, pero é que sona tan informática coma a do Schism Tracker! XD
En canto ás orquestacións, tamén, mira que me gustan as orquestacións ben feitas, e Fleshgod parece ter unha filarmónica enteira detrás... pero é que non cesa de sonar en todo o disco! con arreglos moi parecidos de canción a canción. Nesto recordoume un pouco a uns Anorexia Nervosa máis perdidos en composición.
En canto ós riffs... ah! é que hai riffs de guitarra? Entre o amasijo sónico realmente se poden diferenciar bastantes poucos, o único salvable e diferenciable é cando fan solos, que tampouco son unha maravilla, dito sexa.
No apartado vocal, a voz gutural manda, ainda que esteña tan entremezclada no desvarío que resulta máis monótona do que realmente xa parece por sí mesma. Ademáis, o baixista aporta voces claras de vez en cando, no que parece un intento por emular a uns Dimmu Borgir da época ICS Vortex, pero que case queda máis cerca de Jape de To/Die/For.
É obvio o gusto destes italianos por querer facer uns SepticFlesh, Dimmu Borgir ou Anorexa Nervosa máis extremos, pero eu sígome quedando con estes primeiros ata que sepan controlar a artificialidade e saturación do seu sonido e manexen mellor a composición clásica.
Para xente fácilmente impresionable. 4/10
Heavy-Power Metal
Myspace
Ah que desperdicio de banda... qué grandes foron nos 90 e cómo decaeron nos 2000...
Entre a despedida de Barlow e a benvida do Ripper Owens, que prácticamente non fixo un disco bon na súa vida en calquera grupo no que estivera (bueno, Jugulator tiña algunha cousa boa, ainda que se lle tratara mal), a volta outra vez de Barlow que prometía grandes cousas pero que demostrou que Iced Earth estaba en decadencia compositiva non importando quén cantara... eu xa os dín por bastante olvidados.
Hai tempo viña a noticia de que fichaban a Stu Block, o versátil cantante de Into Eternity, cousa que alegraba á parroquia de fans porque fixera unhas demos cantando temas antigos de Iced Earth case clavando a Barlow. Ah! infelices! Qué máis dará se o cantante é un hacha... se a espiral de caída se encontra na composición? Por eso con Dystopia non me esperaba moito, e non me encontrei moito.
De certo que o tema que abre o disco me deu esperanzas de atoparme con algo mellor que o feito nos últimos 10 anos, pero foi continuar co segundo, terceiro... e volver ó pensamento de que os Iced Earth de hoxe son unha sombra do que foron. ¿De verdade que facerse maiores implica compoñer máis en medios tempos?? Pasa con Maiden, Blind Guardian, Rage,... pero eso non é malo de por sí, o malo é non facer nunca máis temas coma "Desert Rain", "Diary" ou "Burning Times"...
Do pouco destacable é "Dark City" e "Dystopia", que non deixarían de ser das mediocres dentro de The Dark Saga ou Something Wicked... o resto, pretenden deixarse levar polo espíritu da época grande dos americanos, pero non deixa de ser unha pretensión que se manifesta en recursos parecidos e riffs do estilo.. pero peores.
Gran cantante. 5/10