sábado, julio 07, 2012

Microreviews Xulio'12 - I


Last Prophecy - 2.0.13 (2012)
Heavy-Power Metal
Facebook
2.0.13 é o curioso nome do disco-retorno dunha das bandas máis infravaloradas do panorama español: Last Prophecy.
Cun dos mellores discos debut da historia do Metal español, o xenial Jugando con Sueños, a banda navarra daba comenzo á súa historia tocando un Heavy Metal potente pero melódico, con grandes líneas vocales e bo gusto compositivo. No 2006 sacaban Sin Mirar Atrás, disco que supoñía un pequeno retroceso para o meu gusto, e despois deste disco, Last Prophecy decide separarse, pero para regocijo dos fans -que incriblemente parecemos poucos en España; neste país andamos un pouco aparvados coa música, qué se lle vai facer...-, no 2012 volve con plantilla renovada.
O primeiro tema que lles oín deste 2.0.13 foi "Hoy Quizá", do que podedes ver o vídeo máis abaixo, e nun principio non me chamou demasiado a atención. Esperábame algo máis traballado na sección instrumental, ainda que as melodías vocales, tanto na súa producción coma confección me pareceran tremendas desde o principio. E qué decir do estribillo! á altura dos seus mellores.
Cando me puxen co disco, o primeiro que me chamou a atención foron a intro e interludios; "H", "2.0", "13" e "M" son extrañas pezas ambientales de pouco máis de un minuto; supoño que terán o seu cometido dentro do álbum, pero a mín, sinceramente entorpecenme máis que outra cousa as "cancións verdadeiras", polo que cada vez que escoito 2.0.13 suéloas pasar para diante. Polo demáis o que temos é Last Prophecy en esencia. Resulta raro que un grupo nacido hai poucos anos consiga ter un estilo tan propio e reconocible dentro do panorama do Heavy Metal, e máis ainda que sexa español (sintoo por se alguén se sinte aludido, pero basta con dar un vistazo a todos os grupos que saliron na década dos 2000 en España facendo Heavy-Power).
O estilo de Last Prophecy, para quen non os oíra, básase nunha base rítmica moi potente, cun gran sonido de batería, guitarras profundas, co seu deje "proggy" pero non demasiado complexas -rara vez se meten a facer solos, e paréceme ben, os solos están sobrevalorados XD eu son dos que prefiren un bon cambio de ritmo a un solo-. A parte lírica tal vez sexa a que fai único o sonido dos navarros, sendo probablemente uns dos que mellor melodías vocales crean, con estribillos que se quedan de primeiras, sen que necesariamente caigan no "fácil". A mesma "Hoy Quizá", "Sentencio mis Azares" ou "La Simiente del Ser" son boa mostra delo.
Un dos temas que máis me chamou a atención sen embargo é "Reconcilio de Supresión", unha composición sen estructura fixa, moi depresiva, densa e incluso "doomy". Todo un atrevemento para un grupo de Heavy Metal.
Se tivera que poñerlle algún pero a 2.0.13 sería, xunto con eses interludios un pouco evitables, que certas cousas sí me recordan a algo feito por eles antes, pero ainda así, a cada escoita foime enganchando máis e máis.
Por certo, masterización a cargo de Peter Wichers (Soilwork, Nevermore..), e vaia se se nota!
Potencia e melodía, se foran doutro país... 8/10




EnlaceOpera IX - Strix - Maledictae in Aeternum (2012)
Symphonic Atmospheric Black Metal
Oficial
Tema: 1313 (Eradicate the False Idols)
Hai moito que non escoito un disco de Opera IX con detenimiento. Creo que o último debeu ser o lonxano Maleventum (2002) e non me fixera especial gracia. Sobre todo cando estes italianos sacaran un par de anos antes a súa opus particular " The Black Opera: Symhoniae Mysteriorum in Laudem Tenebrarum", cunha pletórica Cadaveria e cun ambiente de Black Metal ocultista como non oíra ata daquela.
Parece que a marcha da frontwoman non lle sentou ben nin á banda nin a ela mesma, sumerxida en proxectos de dudosa calidade coma Cadaveria ou o de Metal Industrial, Dynabyte.
Como digo, hai xa case dez anos que non oía a Opera IX, pero con Strix..., volvéronme os fantasmas de Maleventum; con esto quero decir que Opera IX se volveron unha banda que mantén o potencial demostrado en The Black Opera, pero que se queda a medio camiño na realización final, facendo cancións que se me antoxan como intrascendentes desde un punto de vista global, ainda que teñan os seus momentos interesantes. Entre éstes, contaría os pasaxes sinfónico-atmosféricos que realmente conseguen transmitir frialdade e misticismo, certos riffs que se xuntan con órganos eclesiásticos e coros de canto gregoriano que aparecen de entre as penumbras de momentos que rozan o Doom. Máis ou menos é o que un se espera destes italianos -tal vez con máis medio tempo e partes doomies do que eu recordaba-, pero o que sucede é que non atopamos temas tan solemnes e impresionantes coma The Sixth Seal ou Beyond The Black Diamond Gates. Os riffs non están exactamente mal, quizáis rememoran, coma en moitos grupos de Black italianos nados nos 90, certo aire Cradlefilthiano, pero non acaban enganchando coma a un lle gustaría, e o mesmo sucede coa sucesión de temas, que antoxan un álbum que se fai máis largo do normal. Tamén a Cadaveria recórdoa con máis personalidade que este novo cantante, que eu diría que resulta normaliño dentro do mundillo Black.
Opera IX con menos inspiración. 6/10


Hour of Penance - Sedition (2012)
Brutal Technical Death Metal
Oficial
Tema: Ascension
Logo de unha década de historia e 4 álbumes no seu haber, os italianos lanzan o seu quinto baixo o nome de Sedition. A pesar deste bagaxe, Hour of Penance é un nome relativamente novo para mín, xa que non son consciente de telos oído antes (alomenos que me houberan chamado o suficiente, xa que sí me sonaba o nome).
Con Sedition, Hour of Penance mostran o seu bon facer dentro do Death Metal máis extremo e machacante posuíndo grandes doses de tecnicismo. O primeiro grupo que me veu á mente foi sen duda Nile, xa que estes italianos tamén teñen certo toque étnico en moitos dos seus riffs e punteos máis melódicos (ollo a ese de "The Cannibal Gods"). Este feito tamén me fixo lembrar ós Behemoth dos últimos discos, que parecen ser cada vez máis brutales pero tamén cada vez máis brillantes no apartado técnico.
O certo é que Sedition é un álbum moi intenso, con algúns grandes riffs e unha batería en constante cambio que domina o blastbeat e doble pedal dun xeito asombroso. O cantante cumple coma imitador de Nergal, e o sonido está un algo saturado para o meu gusto, ainda que... supoño que será elección deles polo de añadir unha dose extra de densidade sonora.
Pero a mín non me chega para decir que é un álbum que poida estar entre o mellor dentro do Death Metal este ano, xa que hai bastantes momentos que non me transmiten nada, parece que, coma moitos outros grupos de Death extremo, se centraran en ser o máis brutales e técnicos posibles, e non lle prestaran moita atención a decir algo coas composicións. Alomenos a mín non mo dicen, salvo cun par de temas na metade do disco, "Ascension" e "The Cannibal Gods", polo resto,... bah...
Death brutote decente, pero nada do outro mundo. 6/10


Hideous Divinity - Obeisance Rising (2012)
Brutal Technical Death Metal
Facebook
Tema: The Servant's Speech
É moi curioso que xusto despois de poñerme co de Hour of Penance, colocara na lista de reproducción éste Obeisance Rising, porque empecei a pensar que o de Hour.. empezaba a durar demasiado XD
E é que Hideous Divinity non sólo comparte un estilo prácticamente idéntico a Hour of Penance, senón que tamén comparten nacionalidade, e ollo, incluso membros, xa que os fundadores de Hideous Divinity formaban parte das filas do outro grupo antes de moverse HD a Noruega.
En canto á música, pois podería perfectamente coller partes da anterior microcrítica e deixalas aquí, porque as influencias son as mesmas; Behemoth, Nile, Deeds of Flesh, Morbid Angel, Immolation... Hour of Penance? XD tendo ese aire medio étnico flotando no aire segundo sexa a canción.
Quizáis podería máis ben decir as diferencias entre este debut e o de Hour of Penance; primeiro, gústame máis o sonido, é máis audible, menos saturado e diferenciable que Sedition (aquí ata se oe de vez en cando o baixo!). Segundo, Obeisance Rising é menos técnico, speedico e denso, apoiándose mellor nos ambientes que van recreando e aproveitando mellor os riffs para o meu gusto, que non se vén tapados pola extrema conxestión que se respiraba en moitos momentos de Sedition.
Baixo estas sensacións, poderíades pensar que me gustou máis este CD que o dos seus colegas, pero tampouco diría tanto; o álbum segue a ser un disco decente e pouco máis dentro do Death Metal, xa que non aporta momentos realmente brillantes, memorables ou orixinales ó estilo. Máis ben, mantén unha línea continuísta, na que é difícil escoller algunha canción porque son bastante similares e conteñen riffs pouco orixinales a estas alturas do cotarro. Eso sí, moi ben executados, pero non me resultaron demasiado atractivos.
En certo sentido mellora ó de Hour of Penance, pero acaba sendo un disco máis. 6/10


Taranis -Kingdom (2012)
Symphonic Dark Metal
Facebook
Tema: Storm
Non sei qué ocorre en Hungría, pero nos últimos tempos estame demostrando ser unha terra do máis fértil para a música. A cantidade de artistas húngaros que estiven a descubrir nos últimos 10 anos no relativo a prácticamente calquera estilo dentro do Metal é considerable. Ademáis, non sólo hai que contar con que haxa afición hacia este estilo no país, senón que os que tentan saír adiante co seu propio grupo, teñen huevos agallas para mezclar influencias sen complexos e sen medos.
Comparativamente, hoxe en día Hungría recórdame ó que foi no seu tempo Austria, cunha escena bastante underground pero chea de perlas do calibre de Golden Dawn, Belphegor, Summoning, Abigor, Dornenreich, Hollenthon, Korova, Thirdmoon, Raventhrone, Die Verbannten Kinder Evas... a mediados-finales dos 90.
Pois ben, un dos últimos proxectos que descubrín e me fascinou é Taranis, unha one-man-band que debuta cun discazo coma Kingdom. Attila Bakos, a mente detrás de Taranis non se arredra de introducir na súa música influencias varias que van desde o Pagan-Black Metal, o Metal sinfónico épico, e certo toque progresivo. Todo esto está perfectamente ensamblado nos catro temas que rondan os dez minutos en Kingdom, e onde poderemos atopar dentro deles desde momentos de blasting e rasgados, ata medios tempos moi ambientales, pegadizos e fermosos con voz limpia.
Tal vez pola proximidade no tempo, esta mezcla a mín recordoume ós seus compatriotas Thy Catafalque, pero tamén a Summoning e Golden Dawn -seguramente por eso a escena austríaca tamén se me veu á mente ó principio do post-.
Na parte do sonido, non é que sexa unha gran producción, pero cumple, e igual que dixen o que pensaba dos solos, que prefiro un bo cambio de ritmo, tamén prefiro unha mente innovadora e atrevemento á hora de compoñer a un sonido made in Finnvox.
Se vos gustan os tres grupos mencionados ó final, obligatorio darlle unha oída a Taranis. 9/10