sábado, mayo 21, 2011

Microreviews Maio'11 - IV


Blodsband - Det Eviga och den Döde (2011)
Black Metal
Myspace
Éste é o terceiro disco destes suecos que practican un black metal denso e repetitivo. Moito blastbeat, moi pouca melodía, moita repetición e teclados omnipresentes durante a maior parte do disco fai que sexa unha escoita difícil, sobre todo ó ver que a media de duración dos temas sobrepasa os 9 minutos. Sonido pouco pulido, en especial nas voces, que sona coma unha radio mal sintonizada, e ambiente épico que causa desidia e cansancio para oír todo dunha tacada. Un disco que non dice moito. 1/10


Obscura - Omnivium (2011)
Technical Prog-Death
Myspace
Cun inesperado comenzo con guitarras acústicas, o novo disco de Obscura prometía grandes cousas, pero non me esperaba que se superaran tanto a sí mesmos. Se co Cosmogenesis déronse a conocer máis ampliamente hai 2 anos, éste Omnivium debe poñelos definitivamente no tope do Death Técnico mundial.
Obscura
labráronse un disco sen desperdicio ningún onde riff tras riff, os alemanes demostran que non sólo saben tocar moi ben, senón que tamén son capaces de crear grandes cancións. Partituras imposibles, un baixo cunha línea que ten pinta de algo fóra do normal pero que empasta perfectamente na música, variacións e virtuosismo na batería, cambios vocales que van desde o rasgado ó gutural e ó limpio (sí, hai algunha parte en limpio, cousa que me recordou algo ó que fai Ihsahn)... Conseguírono, e van a máis; a ver qué nos depara no futuro esta banda, porque oír Omnivium dá moi bos augurios. Un discazo de Metal Progresivo extremo. 9/10


Volturyon - Coordinated Mutilation (2011)
Death Metal
Myspace
Volturyon é un grupo sueco que toca un Death bastante cañero e técnico, con cancións que non chegan ós 4 minutos (salvo a última) sen que por elo esteñan repletas de cambios, riffs complicados e detalles técnicos (algo así coma uns Necrophagist, ainda que a mín recordoume máis ós últimos de Cannibal Corpse). A sensación que me transmiteu foi de pouca orixinalidade ainda que o que fan, fano bastante ben, tanto en destreza coma en radiar mala leche e brutalidade. Bon, pero pouco novedoso Death. 5/10


Aaskereia - Dort, wo das alte Böse ruht (2011)
Black Metal
Myspace
Aaskereia son un grupo alemán que practica un Black Metal interesante a partir de riffs fríos e ambientales que se entremezclan con guitarras acústicas que -para a miña satisfacción- non deixan de oírse incluso cando a banda demostra todo o seu potencial sonoro entre blastings e tremolo-picking míticos do Black. Esta utilización de partes acústicas dalle certo feeling folky-pagano, ainda que non diría que se trata dun grupo de Pagan Black exactamente (tal vez en Die Waldteufel e Der boshafte Geist sí, pero polo resto eu máis ben diría que tira máis a Black). A voz dalle un aire certamente depresivo en certas partes, xa que varía desde os míticos rasgados a auténticos alaridos que parece que o estén matando XD ata a voz limpia.
A mín recórdame moito a esta ornada de Black que provén de Francia, e tamén un pouco a Shining; pareceume un álbum moi entretenido e variado. 8/10


Arch Enemy - Khaos Legions (2011)
Melodeath
Myspace
Os irmáns Amott volven á carga cun disco que me fixo recordar bastante á sensación de cando oín o anterior "Rise of the Tyrant"; de decir, está ben pero nada espectacular. De feito nótase que o grupo se quedou enganchado á fórmula, e a verdade é que prácticamente non houbo evolución ningunha desde hai 3 ou 4 discos. O sonido é, como era previsible, devastadoramente genial XD todo sona cunha forza tremenda, difícilmente se pode encontrar algo por ahí con mellor producción hoxe en día. Angela sona coma sempre brutal ainda que un pouco plana, e o que máis me importa a mín, a música en sí, pois está ben, ainda que empece a ulir a repetición de sí mesmos e os temas non enganchan tanto coma outros seus no pasado. A parte boa desto tamén é que Arch Enemy conseguiron cos anos un estilo moi propio dentro do saturado mundo do melodeath, cousa difícil.
Por certo, aqueles que tamén vos guste Mercenary, oíde "No Gods, no Masters" -unha das que ten máis tirón para ser single no disco- a ver si tamén vos recorda ós daneses XD. 6/10


Heavenwood - Abyss Masterpiece (2011)
Gothic-Doom Metal
Myspace
Vexo algo arriesgado eso de chamarlle a un disco algo de "obra maestra", ainda que realmente esteña relacionado co concepto do traballo..., e sobre todo porque si che sale un bluff a xente meteráse moito máis contigo XD Heavenwood evolucionaron bastante desde o que eu recordo en "Diva", agora volvéronse un grupo máis accesible, pero sen perder a calidade. Eso era o que ofrecían no anterior "Redemption", un bon álbum sen duda, e eso é máis ou menos o que ofrecen neste novo. Vense influencias de Paradise Lost (cánto influíron os cambios deste grupo! sempre iban un paso por diante do resto -para ben e/ou para mal XD-) pero tamén do Metal sinfónico-orquestal, ainda que sen saturar, cousa que se agradece.
Sen parecerme un mal disco, recordo que me enganchara máis o anterior de todos xeitos. 6/10


Heathendom - The Symbolist (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Heathemdom era un grupo italiano que conocín case ó mesmo tempo que a Thunderstorm, e tal vez debido á proximidade dos nomes, nacionalidade e música case que os confundía. Sí, Heathendom debutaron facendo Heavy-Doom coma os Thunderstorm, cun álbum genial coma era "Nescience", pero digo que "era" porque neste segundo disco a cousa cambiou bastante, xa que deixaron un pouco de lado a parte máis doom e imprimíronlle velocidade tanto á caixa coma ós riffs, facendo deste "The Symbolist" un disco que estaría moi cercano ó Power-Thrash dos Iced Earth máis escuros noventeros. Non é que a parte doomy a deixasen completamente de lado, pódese ver claramente en cortes coma "Sanctified" no seu comezo, ou nesa melodía de violín da decandente "Die Insane".
Un cambio que non me esperaba, e non se amañan mal con este novo estilo, pero eu... preferir, prefería o Nescience. 7/10


Norther - Circle Regenerated (2011)
Melodeath/Power Metal
Myspace
¿Contrataron a un coro de quinceañeros para os estribillos ou qué? Porque non parecen mulleres e non parecen tíos, (bueno, únicamente si colleron a imitadores de NSync ou Backstreet Boys XD). Non sólo hai problema nos coros, senón tamén nos rasgados do novo cantante, o que parece que esteña soltando trozos das súas cordas vocales mentres canta cun aire certamente máis modernillo-core que os seus predecesores. Horrible.
Atendendo á música, non hai queixa do sonido, estamos falando duns finlandeses con historia, así que non hai nada que obxectar. Pero no que sí que obxectaría sería no apartado creativo: todo sona sen gancho, sen forza e as cancións rematan por ser totalmente olvidables.
Nunca me gustaron moito Norther, sempre me pareceu un grupo pouco orixinal e con pouca "chicha". Recordo ter oído o primeiro e segundo disco no seu tempo e decir: vaia copia máis descarada de Children (que fixeran xa os 3 primeiros e case únicos bos da súa carreira). Co terceiro desmarcáranse un pouco pero curiosamente a cada un que sacaron despois dos 2 primeiros a mín fóronme parecendo peores e peores. Éste lévase a palma. 2/10


Turmion Kätilöt - Perstechnique (2011)
Techno Metal/Industrial Black
Myspace
Non fai moito falei sobre o disco que un dos Turmion Kätilöt sacaba en solitario coa súa moza, proxecto chamado 2 Times Terror, que facía algo moi parecido -por non decir igual- ó que fan os Turmion. De feito tanto aquel disco coma éste poderíamos intuír que son da mesma banda. Se nos pechan os ollos e nos poñen unha canción dun disco e outra doutro sen oílos previamente non notaríamos diferencia, posto que aquí tamén temos un álbum moi heteroxéneo de Metal Industrial con voz blackeira, e influencias que van desde o Dance-Techno, ó Drum&Bass, a música electrónia, electrogótica, EBM,.. xuntándoo co metal industrial. A mín tampouco é que me horrorizara, porque eu son un vendido do metal, pero sí que empecei a notar certas repeticións entre cousas deste disco e dos anteriores de Turmion (Hellbound Earth por exemplo sóname a un tema do seu anterior CD) e incluso do disco de 2 Times Terror. O sonido e producción son tamén idénticos! e os temas parece que perderan gancho neste novo traballo...
...e para os que non lles guste o Metal, Turmion tamén os obsequian cun corte que podería ser firmado por Chimo Bayo! 4/10


Epheles - Je Suis Autrefois (2011)
Black Metal
Myspace
Epheles é un grupo francés con 15 anos de historia e 3 álbumes con éste á súa espalda. Practican un black atmosférico pero sen deixar de ser furioso, con moito blastbeat e cancións largas que por veces resultan case hipnóticas. Axuda a elo unhas guitarras con eco e moito trémolo-picking (lo pillé y no lo suelto), muros sónicos na sección rítmica e teclados sinfónico-ambientales, así como os típicos momentos acústicos e de melodías repetitivas e envolventes. A mín resultoume un disco bastante decente dos que por ahí chaman heredeiros de Burzum (non será para tanto). 7/10