Xa cheguei ó nº XX?? Cómo pasa o tempo XD
Desta vez déixovos coas grabacións caseras que fixemos para 2 temas + intro de Mileth. Non esperedes gran cousa, eu de feito non estou moi satisfecho con varios asuntos. Batería irregular e violín coma desafinado supoño que son os 2 grandes que eu diría, pero é o que hai. Para darlle un vistazo a cómo sonamos sirve, ainda que creo que en directo tería que ser mellor ;D
Durante o período de grabación e "postproducción" aprendín varias cousas, coma que o violín é un instrumento que parece ser difícilísimo de grabar, que incluso cambia de oílo "en vivo" a grabado. E esto vino cos meus propios ollos cando mentres se tocaba unha melodía non me sonaba mal no lugar, pero cando reproducía o que grabara no mismo momento no que se tocara, había cambios... coma se estivera desafinado... algo que nunca me imaxinaría :S
Pero eso, fíxose o que boamente se puido cos medios que había. Cando chamemos a Dan Swanö xa nos axudará algo máis con ese tema, que me deron boas referencias del.
Podedes darlle un vistazo aquí (calquera crítica, boa, mala ou viceversa é ben recibida):
A versión de Esperta é antiga, máis tarde foi cambiada a primeira parte do solo, xa que especialmente a mín non me convencia. O resultado final, se non se cambia antes nesa web, poderédelo ver o 3 de Novembro ;)
Como sempre me gusta aderezar os posts con algunha foto, aquí tedes unha das poucas que temos sen excesiva pose todos xuntos XD (exceptuando as que van saír nun futuro máis artisticas e que están en proceso).