Se na parte I xa compartira varios extractos de Herexía, desta vez toca
mostrar un pouco do que foi o concerto de Mileth naquela noite de
xaneiro no Torreiro da Festa... Esperta!
Gracias a todos os que participaron e ós que asistiron, quedará para o recordo!
Pode que deixara dunha forma abrupta aquela colección de posts, así que me vou resarcir con algúns vídeos do concerto meu de despedida.
O primeiro post deste par que sacarei, será sobre o concerto Herexía, que se oe fatal, pero que na escasa media hora que tivemos, sudamos do lindo, con gambazos e diversas cousas (era o primeiro, e ademáis foi precipitado) pero paseimo moi ben tocando.
Herexía: grupo de Black/Death metal nado en Vigo no 2010. Os compoñentes no concerto:
Victor: Batería
Enuma Elis: Guitarra
Elías: Guitarra
Txema: Baixo e voz
Miguel: Voz no interludio e en "Dominio de Corvos"
Ben, penso que chegou a hora de cerrar esta colección de posts nos que iba escribindo as miñas impresións personales sobre o meu bo ou mal facer no mundo musical XD A 5 días do concerto principal de Mileth penso que é un bo momento, coma cando nas pelis o prota recorre un camiño longo durante todo o metraxe e ó final hai unha luz que se supón que é o que gañou (ou perdeu? XD en Cube non se sabía moi ben) logo dunha ardua travesía.
Ademáis vendo que hai un nulo feedback de todo o que posteo, que tan sólo un seguidor habitual coma RMS me comenta de vez en cando :D, pois non lle vexo moita razón para seguir escribindo cousas (por non haber, case non hai feedback nin na páxina de facebook de Mileth). Así que xuntando este par de razóns, creo que falar para ninguén ou para un ou dous non ten moito sentido.
A información de Mileth poderédela seguir en dita web, que Marcos sempre lle anda por ahí.
Desta vez déixovos coas grabacións caseras que fixemos para 2 temas + intro de Mileth. Non esperedes gran cousa, eu de feito non estou moi satisfecho con varios asuntos. Batería irregular e violín coma desafinado supoño que son os 2 grandes que eu diría, pero é o que hai. Para darlle un vistazo a cómo sonamos sirve, ainda que creo que en directo tería que ser mellor ;D
Durante o período de grabación e "postproducción" aprendín varias cousas, coma que o violín é un instrumento que parece ser difícilísimo de grabar, que incluso cambia de oílo "en vivo" a grabado. E esto vino cos meus propios ollos cando mentres se tocaba unha melodía non me sonaba mal no lugar, pero cando reproducía o que grabara no mismo momento no que se tocara, había cambios... coma se estivera desafinado... algo que nunca me imaxinaría :S
Pero eso, fíxose o que boamente se puido cos medios que había. Cando chamemos a Dan Swanö xa nos axudará algo máis con ese tema, que me deron boas referencias del.
Podedes darlle un vistazo aquí (calquera crítica, boa, mala ou viceversa é ben recibida):
A versión de Esperta é antiga, máis tarde foi cambiada a primeira parte do solo, xa que especialmente a mín non me convencia. O resultado final, se non se cambia antes nesa web, poderédelo ver o 3 de Novembro ;)
Como sempre me gusta aderezar os posts con algunha foto, aquí tedes unha das poucas que temos sen excesiva pose todos xuntos XD (exceptuando as que van saír nun futuro máis artisticas e que están en proceso).
Hai tempo que non me paso por aquí, e as novas son sustanciales, sentádevos e cóntovos:
Vou empezar con Mileth, porque é onde máis novidades hai.
Este verán Marcos e mais eu estivemos compoñendo, e sacamos o novo "hit" milethiano. Ainda sen nome, con letras a medio facer, pero musicalmente rematado, o tema empezou cunha idea de Elías a cal reformamos absolutamente para crear unha canción bastante diferente da que en principio él tiña en mente. De feito sólo pillamos unha melodía XD O resto foi cousa de ir dándolle voltas e finalmente saleu un tema bastante redondo, que gustou bastante á pouca xente que tivo ocasión de escoitalo. As críticas foron todas de boas a moi boas, incluso alguén dixo que era o mellor tema dentro do repertorio de Mileth. De momento non hei de postealo por aquí, porque sólamente está recreado en guitar pro e en algún ensaio con batería midi. A pesar de telo rematado a principios de Septembro, eu o considero case unha vergoña que con 2 meses no medio non a vaiamos tocar finalmente no próximo concerto por motivos que non veñen a cuento... Sólo decir que me gustaría que o día que a toquen sexa o máis parecido a como a fixemos Marcos e eu...
E sí, esa é a outra gran noticia, Mileth dará o seu primeiro concerto oficial en sala.
Será o día 3 de Novembro, sábado, acompañados dun grupo amigo coma é Tharanis. O lugar será o Hangar 77 de Vigo, na calle Fragoso, con apertura de portas ás 21:00 e o prezo será de 3 €.
Se queredes tirarme tomates ou lechugas polo ben que toco, serán recibidos, que estamos en crisis e dame para facerme unha ensalada ó día seguinte. Ademáis será a última ocasión que teredes de verme encima dun escenario porque pode que sexa a miña última aparición con Mileth. Supoño que esa é a outra gran noticia.
Por certo, xa vedes, estrenamos logo:
É unha pena, porque unha das cousas que sí me gustaría ter feito é un concerto con eles na Mariña lucense, onde básicamente se xestou a idea primeiriza da banda. Alí teño algún veciño en Alfoz que nos podería axudar cunha gaita nalgún tema incluso, pero xa dudo que ningún dos nosos amigos nin sequera nos viñeran a ver. Bástanos con observar o pouco que sempre se interesaron porque Marcos e mais eu tiveramos unha banda. De feito dudo que algún sepa que a día de hoxe somos un grupo de 7 personas ou que estamos dando os primeiros concertos, a non ser por este blog, que intúo que é usado por algún para asexar "a escondidas" a ver qué facemos con este meu "diario de" ;D Digo a escondidas, porque a pesar de que vexo visitas das provincias do norte, ainda ninguén se dignou a deixar un comentario, algunha pregunta, ou un "ánimo", ainda que fora de cortesía, ainda que ésto pásame con moita xente de moitos lados, todo sexa dito. Pero bueno, últimamente xa non me extraño de nada e ninguén. Eso sí, unha pena non poder facer un concerto pola miña parte aló arriba, espero que eles o poidan facer nalgún futuro.
Por certo, falando das nosas terras, tería sólo unha petición para cando deixe o grupo, que sería non ter nada que ver con promoción de parte de A Bola de Metal. Motivos propios e axenos á banda, sería petición personal para Mileth e Herexía (se existe cando me vaia XD), ainda que obviamente poden facer o que queiran XD eso sí, tampouco que creo que os susodichos se interesen (sei que decir cousas do estilo é raro en mín, e tampouco lle faigo máis caso a estes asuntos -se ata me conseguín levar ben con eskinjes en terras nórdicas XD-, pero esto tiña que decilo, e non serán os únicos cos que me quede a gusto, máis abaixo falarei dalgún máis, hoxe estou "on fire" XD).
Noutro orden de cousas tamén pensamos na idea de participar no concurso Bonebreaker edición Galicia, pero por varias razóns crimos que tal vez non era unha boa opción. A primeira é que os premios non nos convencían; parece que o ganador podería grabar un EP en Portugal, tería un concerto alí e tamén podería grabar un videoclip nese país. Pero esas 3 viaxes serían a conta do grupo, así como a alimentación e hostal. O certo é que no caso de ganar, ir 7 personas a Portugal 3 veces, cos consecuentes gastos de viaxe de 2 coches, comida e aloxamento, creo que non compensan para grabar un EP e video (que me temo que sería cada un feito nun día, e non creo que déramos feito nese tempo, case seguro que saldría un churro XD). Con todos eses cartos que gastaríamos entre os 7, daría para unha grabación decente e con tempo por aquí, creo eu.
A segunda razón, non é tan importante, pero vimos que un dos que organiza esto, e supoño que é un dos jueces, resulta ser un homiño que puxo a parir nun foro a Armiferum, un grupo novo que facía o seu primeiro amago de concerto no Vigosónico, coma fixemos nós no seu día.
Podedes ver o que escribeu aquí, ainda que co aluvión de críticas que lle choveu, deixou de comentar e incluso quixo quitar o que puxo, lástima que cando quoteas a alguén esa primeira versión queda impresa XD
Pero ben, dixo algo así coma que.. no, mellor quoteoo aquí tamén, así non poño palabras na boca doutro:
"Armiferum me pareció una puta
coña,un grupo de 7 tíos tocando horterada viking,con un buen batería y
unos guitarras nifunifa,pero un bajista malo como el solo y un teclista
con un keytar,que a mi me daba la risa,la verdad,y dos cantantes de
gutural que cantaban prácticamente igual.Eso si,todos muy jebis y sus
colegas haciendo pogo eran los más malos de la trave Luego ya preferí irme porque aquello era cuanto menos,de risa."
Como escribo no comentario, penso que criticar tan duramente a un grupo que dá o seu primeiro concerto é bastante miserable, pero o que xa non me entra na cabeza é eso de "horterada viking", tamén que lle dea a risa un keytar -eu teño un amigo que lle dá risa ver a cans cagar, en fin, hai xente pa todo, verdad Angel? XD-, e o resto penso que non merece a pena ser comentado, xa o fixen no seu día.
Pero eso non é todo, resulta que me vexo o video que subiron os do Vigosónico, e me atopo con esto:
que eu creo que está lonxe de calquera "horterada viking" ou "technoviking", coma outro os chamaba nese hilo do Vigosónico (supoño que deben de ser amiguetes, xa os vexo ós dous na última fila con sonrisa burlona e brazos cruzados vendo "tan esperpéntico show" no que uns cuantos o están a pasar ben tocando e outros a montar un pouco de pogo porque lles dá a real gana). De feito eu o que oigo é máis ben Gothic Metal sinfónico con trazas de Melodeath, pero que me expliquen dónde hai a parte vikinga...
Por eso, con tales razonamientos do que entre os colegas solemos chamar "un ilustrado do metal" -moi típico de terras españolas, con esforzo algún día este rapaz chegará a ser un Xan_Warblade:D-, pensamos que un juez dun concurso de Metal que non sabe diferenciar entre Gothic Melodeath e Viking Metal non ten demasiado bagaje musical para mostrarse como crítico, aparte de que dudo que fallara nunca ao noso favor. Incluso dudo que nos chegara a ver enteiros antes de que lle pegara un ataque de indignación, ou de risa se vé que levamos unha pandereta, que igual non é tan simpática coma un keytar, pero ten a súa grasia XD
Volvendo co tema, o único interesante de verdade sería facer pouco a pouco que sone o nome de Mileth cos concertos de Vigo e Portugal, pero ainda así, eu non acabo de ver que o estilo cuaje entre tanto fan de Thrash-Death por estas terras. Igual hai que pensar en mirar para afóra, coma Xerión :D
Pero eso, dudo moito que tiveramos gañado algo na edición de Galicia.
Con respecto a Herexía, o grupo está tamén un pouco a velas vir. A reincorporación de Miguel logo de un ano fóra foi extraña, posto que como membro fundador él tiña as súas ideas de por ónde quería que a banda fora, ideas que hoxe en día son claramente diferentes a cando nos deixou a nós co proxecto. Polo que hai un certo choque de vontades entre él e o batería. Mentres que él quere que o grupo leve un tono máis Thrash/Death (outra vez Thrash-Death, agora todas as bandas queren facer o mismo..), o batería aboga porque lle gusta o que facemos, e que no tempo no que estivo fóra, a banda evolucionou sóla (ou máis ben evolucionei eu segundo o que me decía o batera).
Como tamén lles dixen que deixarei a música e a guitarra definitivamente, quedaron un pouco a velas vir, e sen saber se conservar o feito ou non. Unha pena, porque con eles e con ese estilo máis Black-Death sería moi divertido facer un concerto para un servidor.
Como probablemente esta sexa unha das últimas ocasións nas que fale de Herexía neste diario, creo interesante poñervos algún exemplo do que facíamos e que prácticamente sólo amigos chegaron a oír nos ensaios. Estas grabacións non as deixei a ninguén salvo ós da banda, posto que eran "demos" de temas-proba para ver si convencían ó resto de personal. Hai fallos de execución a esgalla, non me matei en facelo ben nin repetir tomas. De feito creo que hai partes que están feitas do tirón sen segundas oportunidades e incluso hai riffs improvisados no momento XD Ó igual que na voz, hai partes nas que non sei o que digo e que simplemente tiro para diante (sí, son eu o que "canta" jajaj). E qué mais decir... as baterías son feitas por ordenador, e o baixo tamén, cando o hai, porque desde que entrou Chema dinlle libertade 100% e pasei de facer baixo nos últimos temas e a guitarra e voz están grabadas con este xenial aparello de 3cm cuadrados XD.
Así que en definitiva, estas demos eran básicamente para eles, e para pillar as ideas dos cambios e riffs. Nada de propósitos comerciales XD, porque hai gambas, idas de tempo, etc. pero sirven para ver qué facíamos cando nos xuntábamos. Podedes ver a evolución que me foron esixindo, de máis blacker a máis Death, e tal vez tamén máis medio tempo.
1. O Renacer dos Mártires (versión con voz)
2. Dominio de Corvos (versión con voz)
5. Veredicto 666 (versión con voz)
6. (sen nome) (versión sen voz)
Botarei en falta os ensaios con eles, e doulle as gracias a Victor por pensar en mín para o seu proxecto. O último día de ensaio foi un dos mellores que tivemos, e cando falamos sobre todo esto recibín tantas alabanzas que case me poño rojo, a pesar de que non creo que sexan grandes temas XD podedes ver e oír que tampouco son para tanto, ademáis a Miguel non lle acaban de convencer.
Con respecto a Enuma Elis, hai tempo que non faigo algo para mín mesmo. Pode que no 2013 empece outra vez a compoñer no meu propio estilo.
É tamén curioso que en moi pouco tempo tiven como 3 ou 4 ofertas para axudar en proxectos de xente en Vigo, tanto xente que oeu o que faigo con Enuma Elis, coma xente que oeu algo de Herexía. Curiosamente non de xente que me falase a partir de Mileth, a pesar de ser o proxecto máis "enderezado" dos tres. Creo que o Folk-Pagan-Viking non está demasiado en boga por estas terras...
Pero sí, falaronme de axudar nun grupo de Black, nun de depressive Black, nun dos mellores de Gothic a nivel galego, nun de Nu-Metal con proxección nacional, nunha nova versión de Herexía, e incluso nun de Dubstep Extreme Metal! (este último sería a leche de curioso). Mola, pero poida que non teña xa tantas ganas de formar grupos coma antes.
Falando de compoñer, como dixen, a nova canción que empezara a facer Elías para Mileth foi posteriormente totalmente cambiada por Marcos e por mín, pero hai unha versión máis, feita por mín sólo. Moito máis fiel na orixinal de Elías -en vez de 1 melodía, deixeille esa melodía e un par de riffs XD- pero cambiando bastante a idea primixenia súa, tamén cortándome un pouco no que son as velocidades, posto que a fixen coa idea de que se poidera tocar algo en vivo, e eu son moi amigo de meterlle brasa ás cousas que faigo.
Eso sí, introducín moitas ideas "Enuma Elis" que non foron aproveitadas na versión final de Mileth, que se torna máis folky do que fixen co Tracker. Pero esta versión non me gustaría perdela, xa que a mín non me disgusta e houbo incluso algún que despois de oíla prefírena á composición final de Mileth. Non sei, a mín gústanme as dúas. Supoño que a de Mileth teredes ocasión de oíla nun futuro, a miña déixovola por aquí (o de sempre, sonido MOD, así que informático total XD).
PD de última hora: parece que pode haber un concerto máis con Mileth, ainda queda acordar cousas, pero podería ser compartido con Herexía e algunha banda máis. Seguiremos informando.
Como xa dixera no outro post, penso que entre nós consideramos éste dos Castroconcertos, coma realmente o concerto inicial de Mileth. Tanto pola oportunidade de compartir concerto con sólo outro grupo xa reconocido nesta cidade, como por non ter aquel límite máximo de 30 minutos, como por ter nesta ocasión a todos os compoñentes e así poder vernos a nós mesmos en versión completa. Así que deixemos aquela media hora de maratón coma un experimento fulero no que ademáis non nos axudaron demasiado desde a mesa.. ehem.. nós sabemos do que falamos...
A cousa foi interesante, o escenario do Castro é grande e polo menos collimos todos sen apretujarnos. Tamén convencemos a Dana e Raquel para que foran de blanco :P, mentres que nós ibamos de oscuro, penso que lle deu finalmente un toque máis "pagano", máis vendo as fotos XD Pensamos nun momento en levar faldas, pero ó ser sólo dous os que as teñen... ademáis de que pode que sendo o primeiro concerto fose algo arriscado... ó final pasamos.
Así que empezamos coa nova intro, un tema moi galego, que penso que quedou ben ainda que o deixáramos na metade. Tal vez para a seguinte ocasión se faiga enteira. Arriba a cousa empezou mal para mín, porque logo desa intro foiseme o pedal ó pisalo (outra vez os dichosos pedales jajaj) e fixen de chiquito durante 5 segundos intentando volvelo poñer ben e nun acorde que non era XD Ahí xa dixen: "empezamos bien... " XDD
Logo a cousa foi salindo pero houbo moitísimos fallos individuales. O curioso é que o público pareceulle gustar e non se percataron demasiado deles, polo que me comentaron. Tamén supoño que ó ser temas que oían por primeira vez, non sabían exactamente se fallabamos ou non. Parece que se fixaron máis nos fallos de sonido, xa que Dana non se oeu durante un rato, tamén Marcos parece ser que cantaba algo alto, algo lle pasou ó micro do violín, que o técnico subeu e estivo metido no medio noso un rato, Marcos rompeu outra corda!!! vaia gafe o que levamos con eso XD Menos mal que desta vez levamos unha guitarra de reposto, vendo o que pasara da anterior vez...
O técnico amañando cousas polo escenario... como eu non vía nada cos pelos diante, atopeimo nos pés e case dou un salto para atrás do susto XD
Cando acabamos o set de 6 temas propios que tocamos, a xente pedía outra, e o certo é que tíñamos unha máis gardada, pero decidimos que a cousa non estaba salindo todo o ben que podía ser, e mellor rematar ahí, xa que esa última que non tocamos non estaba tan preparada coma as outras e era arriscar moito poder acabar o que víamos de peor maneira. Aparte, eu polo menos estaba perdidísimo en canto a qué hora era, non sabía a qué hora empezáramos exactamente nin se eran cerca das 00:00 ou no (hora de acabar)... eso que polo menos a mín pasouseme rapidísimo.
Outro punto malo foi o aire que soplaba, a mín tapábame a cara a cada pouco porque me viña de lado e por veces fíxome perderme ó non ver o mástil ou enredarseme o pelo nas cordas.. en fin.. polo menos a cousa tirou para diante. As críticas foron positivas (ainda que sendo a maior parte amigos/familiares, non me fío moito). E incluso Txomi nos dedicou unhas palabras no seu foro: http://solucionsextremas.mforos.com/2049704/10719568-2012-06-22-strangled-with-guts-mileth-en-castroconcertos/
Muy buena noche la de ayer con una asistencia bastante buena y un ambiente cojonudo.
Mileth dieron un muy buen concierto. Presentan una formación curiosa formada por voz femenina, voz masculina en gutural y coros, 2 guitarras, bajo, violín, teclado y bateria. El estilo está cojonudo ya que mezclan folk de raiz gallega con un metal CELTA (para mi más ke vikingo) con partes melodicas y oscuras aderezados muy bien por la armonia que les brinda el violín el teclado y el contraste de las voces femenina y masculina gutural.
Llegaron bastante bien al público que estuvo muy espectante y metido en el concierto. A pesar de ser una banda novel, apunta a ser una banda con mucho que decir ya que tienen temas muy guapos.
Espero verlos más veces.
Desde aquí agradézcolle a él (e Strangled With Guts) que compartiran escenario nesta primeira experiencia "real" de Mileth, e tamén as súas palabras, que desde logo nos animaron despois de que estiveramos un par de días un pouco pensativos de máis con fallos que considerabamos moi básicos.
As reaccións do público (que por certo, nunca me imaxinaría que houbera tanto... andarían a simple vista entre 80 ou 100??) foron, como dixen, en principio boas, e o abanico de parecidos e comparacións que nos comentaron foi amplio. Desde alguén que falou de Skyclad, unha rapaza que nos veu no maratón dixo algo de Turisas e Korpiklaani.. ata o amigo Victor Cores que me sorprendeu cun contundente: "estivo ben, ainda que non facedes nada novo; esto xa o fixo The Sins of Thy Beloved e Dismal Euphony". Desde logo unhas comparacións que na vida esperaría XD sobre todo porque os nosos riffs son moito máis "pagan" que os deses grupos e salvo un tema, somos un pouco máis rápidos ca eles, creo eu. De todos xeitos, estas comparacións tan diferentes véxoas como algo positivo. Supoño que significa que facemos algo difícil de identificar e eso véxoo bon.
Así que... estivemos unhas horas de baixón, pensando que case fora peor que o do maratón, pero logo de ver estes comentarios positivos, pois animounos bastante, e agora incluso pensamos que pode que tampouco fora tan mal coma nós o vimos desde arriba. Eso sí... medo lles teño ós videos... XD
Mañá viernes con puntualidade ás 23:00 e se a choiva dá unha tregua (mira que non chover nada no inverno e agora en xunio non para...) Mileth dará o seu primeiro concerto "completo". Con esto quero decir; completo en canto a número de xente xa que no anterior a mala nova do fallecemento do avó de Cristian a última hora fixo que tocaramos sen baixo; e completo en canto a encher prácticamente unha hora de musica, xa que o daquel Maratón foran 30 minutos que nos impuxeran como máximo. Se queredes facer botellón podédelo facer no parque do lado (polo que vín cousa bastante común os días de castroconcertos), así hanse tamén de ver menos os nosos fallos XD
Roguemos que o técnico non sexa tan pasivo coma o daquela vez e que nos permita oírnos a nós mesmos, que xa estaremos suficientemente nerviosos XD Por outro lado pode que en pouco tempo haxa unha pequena demo. Puliremos detalles nas próximas 2 semanas e eu creo que neste verán estará lista.
Máis novas dos outros proxectos; con Herexía, Miguel volveu do cárcere (sí, é aquel do que poidestes ver numerosas pintadas a favor da súa liberación durante o último ano) e tomou con ganas o asunto. De feito, él e mailo batería son os reales iniciadores da banda, así que eu máis ben síntome coma un mercenario ó que mandan sacar cousas dentro dos límites que eles marcan. Penso que pouco a pouco fun pillando o xeito do que eles queren, e as composicións foron variando dun Black-Death hacia o Death. No último ensaio sacamos un tema enteiro en 2 horas con riffs que tiña por ahí perdidos e penso que pode quedar bastante ben, con certo toque Behemoth-Belphegor (eso sí, sen tanta técnica XD), que penso que é por onde eles queren que vaia o seu grupo realmente.
Con Enuma Elis, deixárao de lado con tanta cousa destes dous grupos, pero foi nunha das creacións de Elías para Mileth onde retomei inspiración. Resulta que cando ma enseñou, foime moi fácil empezar a meter cousas, moito máis que na súa primeira (que ainda está en proceso). Cando lla enseñei a Marcos logo de "meter mao" sobre todo na guitarra base e certos doblamentos, dixo que eso se parecía máis a Enuma Elis que a Mileth e que lle faltaba algo máis de folk, cousa coa que estaba de acordo desde un principio. Pero bueno, sorprendeume que comparase algo con Enuma Elis, para mín é un halago saber que EE ten un sonido reconocible e diferente fóra dos samples que utilizo XD porque podía ter dito calquera outro grupo "máis formal" jajaj A cousa é que metín a melodía principal e un dos cambios de ritmo no Tracker (manéxoo moito mellor que o Guitar Pro-coñazo co que deixamos constancia de todas as cancións), coa intención de grabar guitarras reales eu mentres probaba máis melodías folkies feitas co Tracker... pero foi transcribir e as ideas propias volvíanseme amontonar na cabeza, así que deixei que fluíran e que salise o que fose. Axudado pola falta de internet, en prácticamente 3 días conseguín facer unha canción de máis de 7 minutos de puro Enuma Elis a partir dunha idea doutra persona. Foi curioso. Cando teña o tema finalizado é probable que o postee por aquí, e coma sempre, a mezcla de estilos é vasta: dende Black, Melodeath, Industrial, Viking, Gothic, sinfónico, Heavy-Power... ata hai unha parte que me recordou despois de facela a Sisters of Mercy XD Viva a heteroxeneidade! XD
Bueno, aló foi, primeiro concerto na historia de Mileth, e tamén primeiro concerto para metade dos integrantes entre os que me inclúo. A sensación é agridulce, máis ben agria que dulce para ser sincero. Empezarei pola parte positiva; subirse a un escenario por primeira vez non resultou tan traumático, foi unha experiencia nova e diferente, e de seguro enriquecedora para futuros concertos. Ademáis xuntamos a unha boa recua de xente, a pesar de tocar sólo media hora e nun lugar bastante afastado de Vigo, como é Valladares. E sigo pola parte menos positiva, na cal podería explayarme XD; o primeiro, ter a baixa dun instrumento coma o baixo -valga a rebundancia- a absolutamente última hora (falleceulle un familiar) foi un golpe. Se este infortunio que tivo pasara 1 semana antes, probablemente non tocaríamos. De todos xeitos, pensamos que era mellor tirar para diante e asistir. Para elo estivemos 2 horas e pico o día anterior probando sonido e ecualizando co home da paciencia e sabiduría infinita :D, Gustavo. Chegamos a pulir prácticamente todos os detalles para que tanto arriba coma abaixo se oíse o mellor posible. Foi exageradamente minucioso, nunca imos ter ese trato en futuros concertos e é algo que lle agradecemos moito a Gus. Chegado o día, salimos de segundos, todo listo e con confianza de que o traballo do día anterior tería un bo resultado, alomenos en canto a sonido... logo nós xa nos podemos equivocar no noso, pero bueno, eso xa dependería de nós mesmos. O caso é que cando estamos nos momentos previos, Gustavo, tal vez pola confianza de xa ter todo atado anteriormente, vaise, e deixa a outro ó cargo. Este outro, que estivo por alí o día anterior vendo o que estabamos facendo e incluso axudando nalgunha cousa, tivo unha actitude durante o pre-concerto mentres probábamos bastante lamentable. Quero decir: "olvidouse" -eu diría "pasou"- de que xa o tíñamos todo preparado, e cando facemos unha proba para ver si estabamos equilibrados, resulta que salimos co sonido dos anteriores, ante o cal, houbo que volver a empezar a calibrar todo, e o home parecía incluso molesto con que lle dixéramos cousas. Por exemplo: Marcos díxolle "pódes baixarlle á guitarra e subirlle á miña voz?" por varias veces e o tío non fixo nin caso... foi un comportamento que non nos esperábamos; eu non oía a batería con propiedade, de feito sólo me oía a mín. Pensei que se correxiría co paso das cancións e incluso algunha vez me acheguei a Juanjo, pero non sei qué me daba decirlle algo ó técnico vendo cómo se puxo xa con Marcos. Tiña toda a cara de estar pensando: "a ver se empezan dunha puñetera vez estes cansinos". O peor é que todo o traballo do día anterior foi absolutamente en vano... comentarémosllo a Gustavo a próxima vez. Así, se xa estábamos cos nervios normales, puxémonos algo peor. Pode que fruto deso e tamén de ser a primeira vez en público, Juanjo acelerara as mans e nos fixera tocar bastante máis rápido do normal (ainda que diga que no XD pero algo sí que o fixo). Eu noteino moito, non son un gran guitarrista, pero se o que levo ensaiando na casa, que para mín xa tende a complicado nalgunhas partes, mo aceleran, acábanseme atropellando os dedos. E con eso... máis estrés. Ah! e as luces nos ollos.. máis estrés XD acabei vendo colorines dunha vez que mirei ó frente XD Para acabar de rematala, no segundo tema, unha canción na que as guitarras xogan doblándose moito, a Marcos rómpeselle unha corda, e deixa a guitarra de lado. Logo dese tema, absolutamente desangelado pola falta de baixo e guitarra rítmica, tivo que pedirlle unha guitarra a outro dos grupos que tocaban... A medida que iba salindo todo, eu, a pesar de non salir nervioso, funme estresando un pouco por esto do sonido, de tocar máis rápido, de non salir á vez nun blastbeat, de gambazos... pero en fin, ahí son eu o máximo responsable XD Ah! en canto a sonido, é que nin fóra se oeu ben! que xa é o colmo. Segundo estiveran posicionados oían cousas diferentes polo que nos dixeron un par de amigos. Na parte esquerda parece ser que a batería oíase máis, na dereita a miña guitarra oíase máis. O teclado non se oía (eu xa nin o percibía) salvo no último tema, xa me diredes o complicado que tén darlle co dedo para arriba ó boton de volumen de teclado desde a mesa. O violín por cachos tamén... en fin... Supoño que estas cousas pasan a mares, pero fastidia moito ter todo finiquitado o día anterior para non usalo e acabar tirando para diante de forma cutreira con descontrol de volúmenes... Por suposto, non vou decir que a culpa é toda do técnico "pasodevuestroculo", pero desde logo axudou a que falláramos moito máis e meter moitos máis gambazos por estresarnos a medida que ibamos tocando (alomenos a mín pasoume). Eso sí, foi unha experiencia que tiñamos que pasar, e que seguramente pasaremos máis veces, supoño que todo curte, e eso está ben, pero a mín quedoume ganas de volver ó ruedo canto antes para a revancha.
Logo á noite tiramos de licor café para "celebrar", pero ningún de nós saleu contento do primeiro show. Déixovos con algunhas fotos, e esperemos que o próximo vaia mellor.
Durante o tema no que se lle rompeu a corda:
E coa posterior guitarra prestada -para a seguinte ocasión seremos máis precavidos e levaremos outra :/ :
...e chegou o día. Parece que xa está todo disposto para que Mileth probe sorte encima dun escenario, e a fecha será o 14 de Abril, no lugar habitual de ensaio dos últimos meses: Vigosónico.
Hai certa confusión acerca da hora, pero pensamos que será tirando á tarde-noite. Este pequeno lío é debido a que se tratará do II Maratón de grupos de Vigosónico, logo de que o primeiro fose xusto este fin de semana, e como haberá 8 grupos, ainda non se sabe moi ben cál será a orde. Teremos media hora, na que tocaremos 4 temas: a primeira creación Ith, a máis "single" Cuarta Pregaria Na Lúa Morta, a larga de case dez minutos ...E Na Novena Onda Caeron os Deuses, e a máis que complicada para un servidor, pero eficaz e arabigalaica Esperta! Letárxica e Erma Fraga. Será emocionante tocar en frente de público, pero hai unha presión añadida que será a de que nos grabarán o audio, e incluso creo que hai unha cámara fixa. Non sei, pero para o primeiro concerto paréceme moito jajaj sólo espero que non salga moi mal a cousa, senón decímoslle ós técnicos que graben ós seguintes por encima do noso XD A nivel personal, non me imaxinaba que un día subiría a un escenario finalmente, en principio porque sempre pensei que nos levaría moito tempo reclutar a xente, e si algún día faríamos algo sería coma Xerión, con prácticamente todo pregrabado XD Así que vai ser todo un reto, sendo un total autodidacta da guitarra tentar facelo ben, sobre todo cando fai un par de anos non podía controlar os nervios con sólo un par de personas mirando para mín :D Agora vai bastante mellor, pero todo se verá unha vez arriba dun escenario. A nivel de grupo, e ainda que me estou ganando o estatus de "agonías", penso que realmente nos fai falta un chisco máis de práctica, sobre todo porque últimamente non damos un ensaio no que esteñamos todos. Aparte, houbo moitos cambios de líneas en teclados e violín nos últimos días, un instrumento especialmente complicado xa de por sí. Se a esto añadimos que na semana santa non faremos ensaio... sólo nos queda o día antes dese miniconcerto. En fin... a ver qué sale... Ademáis parece que xa empezamos a ter algunha fecha para o verán, a expensas de que a todos nos veña ben, esa é a parte negativa de ser tantos, sempre hai alguén que ten traballo ou cousas que facer. Pero creo que era o 22 de Junio (ou Julio? xa o confirmarei) nos Castroconcertos. Ademáis estase xestando a segunda edición do Amaro Open Air, en Cabral e tamén no verán, Agosto, Quizáis Setembro, no que aparte de Mileth, Herexía daríamos o primeiro concerto. As cousas van marchando :D
Parece mentira cómo corre o tempo. Ainda me acordo cando, non hai nada, Marcos e mais eu decidimos xuntarnos dunha maneira máis "seria" para facer música. Foi xustamente hai 2 anos, cando me enterei de que había unha sala de ensaio no cuvi dispoñible gratuítamente para quen fora universitario... e aló fomos os 2 sólos, cun ordenador coma base.. base cumplidora, eso sí XD por Febreiro-Marzo do 2010. Tras varios cambios, como suele ser habitual nos grupos que empezan, podemos decir que 2 anos despois conseguimos unha alineación completa para Mileth. E agora máis ca nunca, xa que a falta de baixista desde a incorporación de Elías coma violinista, parece ser suplida con éxito por Cristian, un novo pero sobrado talento do Metal galaico. De feito, o día que veu a ensaiar demostrounos que lle dá moito mellor ó baixo ca todos nós ós nosos instrumentos XD Véxolle futuro, en calquera proxecto no que participe, é alumno de Palomo, así que non digo máis :D Pozí, estamos xa os 7 e agora sólo queda ensaiar para que as cousas vaian cuajando, cousa pouco doada, xa que introducir un instrumento (o violín) en temas nos que non había en principio pode resultar perigoso se non se fai ben. Ademáis temos moitas partes nas que cada un fai algo diferente, polo que eu teño o meu medo a que a veces non se focalice ben ó ser tantos instrumentos. Esto require práctica extra na casa, e, empezando por mín, non me considero un intérprete musical demasiado bon, polo que me terei que poñer as pilas se algún día cercano queremos levar a Mileth a un directo jajaj En fin, que en resumidas contas, pode que sexa cuestión de poucos meses que nos sintamos preparados para dar o paso logo de completar a formación. En canto a número de temas, non avanzamos excesivamente desde o verán de 2011; entre que cada un vive nunha punta de Galicia -e agora acollemos tamén á provincia de Ourense XD-, e que todo Outubro estiven en Estonia, logo estudios de convocatoria de Decembro e Xaneiro para varios, e que últimamente deunos por deixar constancia escrita de todo -cos seus consecuentes cambios nos detalles e inversión de tempo-... houbo pouco tempo de xuntanzas, pero o "set" vai collendo xeito da seguinte forma: 1. Ith (6:15) 2. Frío Inferno (6:00) 3. Mitolóxica Errante - ...E Na Novena Ola Caeron Os Deuses (8:50) 4. Esperta! Letárxica E Erma Fraga (7:16) 5. Cuarta Pregaria Na Lúa Morta (7:10) 6. -de momento sen nome- (6:52) E ademáis estamos finiquitando unha máis que andará tamén sobre os 7 minutos escrita básicamente polo violinista + hai material de sobra escrito polo batería para outra nova que sólo habería que revisar. A miña participación en composición foi menguando con respecto ós inicios, sendo os últimos aportes na 3ª, 5ª e algúns riffs na 6ª, pero dalgunha forma habendo tantas cabezas é normal deixar fluctuar un pouco as opinións e gustos de cada un. De feito, penso que hai tanto material de melodías e riffs do resto de participantes que creo que vou descansar unha boa tempada de crear para Mileth XD o único, detalles e opinións.
En canto a Herexía, tamén hai novedades desde a última vez que escribín. A historia deste grupo é máis ca extravagante, con tantos paróns e reemprendidas case desde cero XD Desde que hai un ano meteron no cárcere ó cantante, levando eu un par de ensaios, fixemos cancións, olvidámolas, fixemos outras, deixámolas, retomamos partes dalgunha anterior, veu o guitarra famosete, foise, volvimos a empezar, chamuscousenos un ampli, agora vai mal o outro... toda unha historia de superación XD Alomenos agora temos tamén unha alineación completa coa entrada de Marcos Ex-Vortex, coa que foi un "retomar por terceira ou cuarta vez" a actividade. A cousa vai indo.. a trompicóns, pero vai... e teño que decir que facer un estilo macarra mola, ainda que sexa para tolear un pouco nos ensaios XD
E de Enuma Elis, pensara un parón indefinido, pero o feito de non crear tanto para Mileth coma -non-tanto para Herexía, dame a posibilidade de volver a introducirme nos meus adentros para sacar algo. Ademáis, penso que poido conseguir unha forma caseira e efectiva de introducir guitarras reales, un dos principales escollos que sempre lle encontrei ó Impulse Tracker (ou Schism Tracker agora). Ademáis tamén conseguín o asentimento dunha rapaza para que cantase nun futurible traballo, e tamén o dun guitarra con moita maña (non era difícil que tivera máis ca mín XD pero él dalle moi ben) que parece ser que lle gustou o traballo de "Sons & Demos". Gustaríame tamén meterlle growls e incluso algún limpio pero non sei se os darei feito XD De todas formas, esto son suposicións antes de meterme con composición... pero gustaríame facer unha "proba", non tan larga coma as demos anteriores, igual un EP ou algo así de 3 ou 4 cancións estaría ben. O tempo e a inspiración dirá...
Como regalo desta vez, vouvos deixar unha canción de Mileth, a 6ª e última rematada, retocada ó antoxo de DJ Amorth (batería) para bailar en salas de Paganismo Trance XD
Unha pequena ficha técnica, que sempre me molou facer estas cousas :D
Banda: Enuma Elis Álbum: Sons & Demos Lanzamento: Setembro 2011 Discográfica: No Componentes: Enlil (todo o que sona e o que non sona tamén coa axuda do Schism Tracker) Estilo: Instrumental Tracker Dark Metal Influencias:Symphonic Metal, Black Metal, Gothic Metal, Epic Soundtracks, Progressive Metal, Doom Metal, New Age,..
2012 Version:
1. Ah! Tristes Aqueles Soños (5:42)
2. Visións - O Espello Deformador (6:11)
3. A Palabra, A Agonía (1:11)
4. Subconsciente Rebelion (9:55)
5. Eterna Perdición (4:21)
6. Capita Mortua (4:06)
7. Demo (0:52)
8. Inferno Prós Innombrables (3:44)
9. A Extinción Do Tempo (1:07)
10. Son (8:10)
11. Entrada Ó Vortex (2:12)
Por aquí veño para falar un pouco sobre a demo, como tiña prometido. O primeiro que teño que decir é que non vos esperedes demasiado XD O sonido segue a ser o mesmo trapalleiro de sempre e na composición a cabeza non deu máis para ben ou para mal. Quixen meter unha canción feita con guitarras reales e voz, pero acabei saturado e quixen rematar todo canto antes. Ademáis a duración xa empezaba a ser excesiva para o que quería; uns 54 minutos de música únicamente instrumental e feita con PC xa penso que é moito :S Para oír algunha opinión o que fixen foi ir enseñando pouco a pouco a algunha xente algún temilla, pero non os mesmos temas a cada un, de xeito que "x" tema llo enseñaba a éste, "y" a aquel e así. Máis ca nada para ver opinións diferentes, estivo ben e houbo de todo tipo comentarios XD
Pequenas reflexións sobre os temas:
1. Ah! Tristes Aqueles Soños (5:42) Esta é unha das cancións máis diferentes que fixen baixo Enuma Elis. Estiven un tempo decidindo se a dividía en dous para facer unha “Intro” e logo o resto, pero pensei que realmente ese piano era parte da mesma canción que lle seguía, e nin sequera separei os “efectos especiales”. Quería algo de “bos sentimentos” para o comezo do álbum, pero que tivese ese revés retorcido no fondo. Desta vez procurei tamén ter especial coidado con estructuras pouco definidas e ésta é proba delo. Pareceume que alguén me dixera cando a oíra que me vendera, aihaih XDD
2. Visións - O Espello Deformador (6:11) Foi a segunda que fixen. Nun principio tiñaa pensada coma unha canción con dúas partes. Ésta sería a primeira e na segunda faría un camiño inverso, empezando por onde acabara con ésta e volvendo ó inicio, algo así coma unha metáfora do reflexo nun espello, pero acabei desbotando esa idea. Polo demáis é unha típica canción de EE, cunha maioría de Gothic-Doom, un rollo medio progresivo no medio e algo de Black atmosférico ó final.
3. Ira Contida (Tralas Rosas Da Perdición) (6:42) A primeira que fixen. Tiña moita curiosidade por saber qué me podería salir logo de 4 anos sen compoñer en ordenador, e sabía que tería que facer algo diferente e con mais coidado de estructuras, así que, a partir dun riff totalmente thrasheiro, empecei esta nova ornada de temas. A primeira versión era de máis de 7 minutos, pero dinme conta que se facía repetitiva, así que recortei varias partes. Cando a sacara estaba orgulloso dela, pero agora, debe de ser de tela tan oída (desde hai un ano), xa a teño medio cansada. Ademáis sempre me pasa que a que máis me suele gustar é a última feita, e a que menos a primeira. Alguén me dixo que o parón orquestal era típico meu, pero penso que é un recurso que sólo fixen en 1 ou como moito 2 cancións (de unhas docenas) así que... tampouco lle fixen moito caso.
4. A Palabra, A Agonía (1:11) Entre as tres primeiras e a seguinte facíaseme algo denso, así que decidín insertar un pequeno parón para coller aire. Nun principio sería sen "guitarras eléctricas" -ou o sample que fai deso XD-, pero non me puiden resistir a meterllas na parte central a esta melodía bastante folky.
5. Subconsciente Rebelión (9:55) Outra coa que tiven especial coidado con estructuras, intentando variar o suficiente ó mesmo tempo a canción. Éste é o meu mítico intento de xuntar partes lentas con partes rápidas, e melodías orquestales lentas con baterías a todo gas. A parte xusto antes do estribillo final foi descrita por unha persona coma “unha búsqueda de novos horizontes” para o que levaba eu feito. Non sei.. simplemente saleu así. O "estribillo" ten a súa complicación, prácticamente cada instrumento está facendo algo diferente ó mesmo tempo. Alguén me díxo que costaba pillalo por haber tantas cousas, pero bueno...
6. Eterna Perdición (4:21) Ésta é unha das miñas preferidas, a melodía principal saleume pegadiza -eu penso- aquel día de inspiración, nun principio seguina e chegou ata os 8 minutos, pero pareceume que cambiaba moito do inicio. Se foran outros anos probablemente a seguiría ata remolcar a melodía principal outra vez, pero desta vez decidínme por amputala e repartila, tendo o nexo da guitarra acústica.
7. Capita Mortua (4:06) Outra melodía que me gustou foi a principal desta. Cando lla puxen a un amigo, creo que non lle fixo moita gracia: “algo máis de Gothic-Doom”, ata que hai un pequeno cambio no medio, ante o cal díxo algo así como “a ti gustanche Limbonic Art e Emperor, non?”. Non creo que sexan influencias desta canción, pero supoño que sempre inflúe en xeral que me gust… aran.
8. Demo (0:52) Pequeno extracto de algo que me gusta moito, como é a guitarra acústica unida a tremolo-picking para introducir o seguinte tema.
9. Inferno Prós Innombrables (3:44) Esta é a canción que máis tempo me levou facer, non por composición senón pola decisión de poñer ou non poñer algo propiamente de Black-Death na demo -xa que igual era un pouco shock comparado co resto-. A idea parteu de un par de riffs que tiña anotados para a banda de Black-Death Herexía, decidín que realmente facer unha canción no programa non tiña por qué quitar de facela despois con eles. Sin duda o máis forte na historia de EE e admito que durante a súa creación houbo momentos de headbanging inconsciente XD Probablemente se non estivera facendo cousas cun grupo de Metal extremo, neste CD habería máis destes cortes, que era o que tiña previsto nun principio ata que me unín a eles e empecei a crearlles algo. Gustaríame tocar ésta con eles de todos xeitos, o outro día enseñeilla e o batería parecía contento :D
10 - A Extinción Do Tempo (1:07) Unha peza corta ainda que progresiva, ten un aire a Evergrey (salvando as distancias) eu diría, nun principio iba desarrollar a idea con outras que teño gardadas, pero o feito de ser a última e a miña impaciencia por acabar con esto fixo que se quedara a melodía inicial co lixeiro cambio das guitarras. En efecto ésta foi a última en ser rematada, e nunca mellor dito o título :D
11. Son (8:10) Levoume o seu tempo acabar ésta tamén, probablemente 2 ou 3 meses, xa que se me mezclou que tiven moito traballo nesa época e que me quedei atascado no medio. Nesta quixen aglutinar todo o que me gusta nunha mesma peza sen parecer que é un collage de cousas. Así que metín o de sempre, algo de gothic, algo orquestal, doom, sinfónico, progresivo, heavy, black, death, power, thrash… ata hai un riff algo vikingo que pode recordar a Amon Amarth. Unha vez que o fixen dinme de conta, pero como non é un plaxio de nada deles deixeino.
12 - Entrada Ó Vortex (2:12) Ésta canción foi creada orixinalmente para o grupo Vortex, eles pedíronme que lles fixera unha “Intro”, e quedoume algo así. Non sei se lles gustaría moito, tiña a intención de facer outra para que escolleran, pero quedouse no aire. Oín que a usaran para un concerto en Rubiós, pero nada máis, parece ser que estaba moi grave e saturaba todo ó poñela. A mín non me disgusta, e despois de oír sobre a disolución deles, decidín que se non a metía nalgún lado, quedaríase no limbo.
O xoves ou viernes como moito xa o terei subido por aquí, ata esa, un pequeno teaser XD
Ben, logo dun tempo desaparecido disfrutando dunhas vacacións nas que fixen algo que se me dá moi ben e que facía tempo que non practicaba: NADA, volvo con novas sobre a nova demo de Enuma Elis. Sons & Demos está rematada e lista para ser vend.. digo distribuída... bueeeno... gratuítamente distribuída XD. Sólo falta finiquitar uns flecos de postproducción, e decidir si farei coma no anterior unha versión en físico, pero está todo acabado. Así que xa hai continuación para Obscura Epica 5 anos despois, que por certo, son tamén os anos que cumple este blog nestes días. Non sei se tardarei outros 5 anos en sacar outra cousa destas, xa se verá, pero o que está claro é que unha vez que me metín en 2 bandas non me é tan doado ter tempo para crear por mín mesmo, xa que ese tempo que dedicaba ó PC acabeino dedicando a tocar a guitarra (cousa que necesitaba, que o tiña medio perdido desde hai tempo) e grabar riffs coa grabadora ou apuntalos, polo que non farei máis de momento. De feito os últimos detalles foron feitos cun pouco de premura por acabar... espero que non se note jajajaj E é que a verdade, 1 ano recopilando riffs e melodías e compoñendo por PC para unha demo é suficiente... :S
Poido adiantar que creo que as cancións están máis pensadas en canto a estructura, e tamén que hai prácticamente un pouco de todos os estilos que me gustan, a algún que outro vaille sorprender algunha canción, eso seguro, porque poido adiantar que aquí están a canción máis "comercial" (alguén que a oeu díxome algo así coma "pero tu vendícheste"! XDD e a máis "dura" que fixen baixo o nome de Enuma Elis. Sí, todo no mesmo XD pero para dentro duns días revelarei máis cousas.
De momento deixoo ahí ;D
Bueno, como fai tempo que non escribo nada neste apartado da miña vida artística XDDD voulle dar unha nova entrada para actualizar os 3 proxectos nos que ando metido. De momento a demo de Enuma Elis anda con bon pé cara o final. O outro día metinme de cheo cunha canción que estaba totalmente anclada, e nunha tarde de inspiración saqueina por bon camiño. De feito lévolle 5:40 e creo que pode haber tema para un rato máis. Espero que sobre 7 minutos. O outro día enseñeilla a un par de compañeiros e as críticas foron boas, desde un que me dixo que tiña un cambio no medio que lle gustou moito, ata outra que dixo que nunca pensaría que eu fixera música así, logo de oír Mileth, supoño que oírme a mín metido entre tanto teclado e melancolismo chocoulle XD Teño que facer unha máis, aparte de acabar esa da que falo, bótolle duns 5-6 minutos e creo que estará bastante finiquitado todo. Espero que a finales de Xulio xa poida colgar todo por aquí.
De Mileth, estamos progresando nas 2 novas. Co que suman 5 propias: 1. Ith (6:15) 2. Frío Inferno (6:00) 3. Mitolóxica Errante - ...E Na Novena Ola Caeron Os Deuses (8:50) 4. Esperta! Letárxica E Erma Fraga (7:16) 5. Sen nome de momento (8-9 minutos) E xa case vai un disco se nos descoidamos porque 6 e 6 e 9 e 7 e 8... media hora larga! XD Un par de versións e case concerto no Castro XD En canto a eso, ás versións, a cada pouco andamos a cambialas, pero creo que pode haber algunha sorpresa, a mín gustaríame facer algo diferente a todo o que se fixera antes, alomenos a nivel gallego (cousa que, vendo o escaso movemento de pagan-folk metal non será moi complicado, por desgracia). Penso que o que non faremos será continuar coas que facíamos nun principio, as de "And the Wind Shall Scream My Name" de Stormlord, "Mourning Palace" de Dimmu versión pagana XD, e cada vez vexo menos a de "Brother Moon" de Amorphis que íbamos tocando desde o primeiro día que nos xuntamos Marcos e mais eu... pero veremos, gustaríame algunha sorpresa inesperada.
Para rematar, o outro día fixen a miña última aportación para Herexía, nome que pode que cambie o batería. Según dixo, non o acababa de convencer, parece que ese nome fora elexido polo que estaba de cantante antes e montara con él o proxecto, seguramente o coñezades moitos de vós por algún cartel na parte vella de Vigo ou pintadas a favor da súa liberdade, xa que está na cárcel por algo de actos bandálicos desde hai medio ano ou así (xa temos máis historia negra que Mayhem antes de empezar :S). Ben, o que fixen o outro día é a miña segunda aportación, bastante blackmetalera sueca dos 90 e forzándome a non meter moita melodía XD (por algún motivo cando me piden black, sáleme ese estilo) e mañá verei se lles gusta ou non ós jefes, que son os que teñen a última palabra. Oficialmente é a cuarta canción que faigo para este grupo, pero, unha por motivos de que "era demasiado vikinga e non convencía" e outra por motivos de que quen participa compoñendo un riff foi o guitarrista do que falei algún día por aquí, que nos deixou de maneira bastante pouco educada e cobarde, pois ó batería non lle facía ningunha gracia de tocar. Ademáis eu creo que non estaba completamente convencido con ela. Xa que é unha canción que quedou no limbo e que non creo que toquemos, poido colgar por aquí a versión demo que grabáramos para oír na nosa casa. Básicamente podería considerar que é unha "canción miña", pero o riff principal está modificado polo batería (a mín gustábame máis da maneira que o creara eu, peeero o boss manda XD). De todos xeitos, eu tamén creo que se pode facer mellor, así que non me deu especialmente pena o de deixala no camiño. Vouna cortar na metade, xa que falta de grabar o solo e logo o baixista non se deu de conta de que estaba lixeiramente desafinado e hai unha parte na que canta moito hacia o final -así o fixemos de rápido XD-. As letras sacrílegas ó máximo XD son do ex-cantante, Miguel, e a grabación foi bastante rápida, tanta coma a confección -había como certa présa por facer as cousas cando estaba aquel guitarrista que se foi, cousa que non cheguei a comprender nunca-, pero bueno, era unha grabación para nós mesmos, nada serio.
Dinme de conta que cando me vou a Alfoz é cando me inspiro máis. Tal vez a falta de internet, a sensación de que alí é o meu lugar para descansar e relaxar a mente, ou o clima suave de nubes e claros todo o ano e o silencio me faigan botar a andar a parte creativa. Mañá ireime e tentarei deixar case finiquitado o novo de Enuma Elis. Pero se por algún casual esto non pasa, pospoñereino ata dentro dun tempo. Mellor facelo con calma que ás presas. Tiña pensado facer unhas 4 cancións máis, pero reducireino a 2, non por presas, senón porque estiven pensando que se me iba ir a máis de 50 minutos e non me gustaría un disco tan largo. Para algo instrumental preferiría que non. De momento xa van uns 36 minutos realmente finiquitados e propóñome andar sobre os 47-50.
Ademáis de que por Vigo non me inspiro nada, tamén está que estes últimos tempos, cando me propuxen crear algo, fíxeno para Herexía e Mileth. Cos primeiros, eles parecen moi esperanzados en ter bon material rápido, ainda que necesitaríamos algo máis de tempo de ensaio se realmente queren ter lista unha demo para Septembro :O Eu iría algo máis despacio... posto que eu polo menos terei o meu tempo bastante ocupado entre finais de maio e xulio...
Con Mileth probei a facer unha canción eu solo, ainda que non creo que se me dé moi ben facer algo máis "folk". De momento o que vai feito acércaseme máis ó pagan-black, que é o que realmente me gusta e me sale, pero supoño que cando se metan o resto de instrumentos quedará unha amalgama de estilos como quedaron as 2 primeiras. Ademáis xa hai outra rematada e ensaiada con bon resultado duns 8 minutos... minutaxe que parece compartir con 2 novas que temos Marcos por un lado e eu por outro. Ademáis o batería Juanjo tamén se currou unha nova da que sen duda aproveitaremos cousas para outra larga. Aparte, resolvín un dos principais problemas de batería que tiña Ith, e resubímola ó myspace, no que Marcos se currou unha biografía curiosa e divertida, quén sabe en qué estado XD
Volvendo con Enuma Elis.. supoño que moitos xa o vistes por ahí, a "foto de grupo" de 2011 xa está feita, e a portada realmente tamén, pero reservareima para ir creando expectación XD e igual a irei revelando trozo a trozo coma fixeron Dimmu Borgir XD
Por outro lado parece que xa houbo alguén que se atreveu a dar os primeiros pasos sobre merchandising de Enuma Elis (eló) XD Suur aitäh kallis Airi! ;)
Pois eso, xa temos un myspace (oeee xa somos un grupo de verdade! :D), e as 2 cancións que grabáramos aquel día foron subidas alí, así os que non oírades nada, xa podedes botarlle un vistazo. Houbo moitos problemas para grabalas, Marcos tivo o seu tempo estrujándose a cabeza e eu tiven o meu facendo ecuacións (literalmente) para cadrar as baterías, que ainda segue habendo algún fallo, pero bueno, é o que hai, se tal, para outra ocasión volvemos a regrabar todo e preferiblemente con baterías reales que recordo que me mareara moitísimo aqueles días co ordenador para poñer todo no tempo buff. O caso é que ainda que sone a banda rookie, pode valer para ter unha idea do estilo (ou mellor dito, amalgama de estilos) que facemos XD Hala, e ahora toca poñernos a parir XD
Aquí van unhas instantáneas do noso período de grabación para a Demo de Mileth, todo nunhas escasas horas e cunha porcentaxe media de 0'8% de grados de alcohol no corpo durante esa fin de semana. Aínda seguimos coa "postproducción" porque había moito que retocar XD e aparte houbo moitos problemas debido ó meu programa que non segue o sistema universal de medición de tempo BPM -argh- e tiven que facer piruetas para cadrar todo. Supostamente o Xoves ten que estar listo, veremos cómo vai quedando e se tal, subo por aquí algo. Decir tamén que acollemos na banda a Raquel como teclista, e xa somos 6! Qué tempos aqueles nos que íbamos a ensaiar 2 co ordenador XD
En canto a Enuma Elis, estiven parado desde xaneiro debido a traballar con Mileth e Herexía, así que o máis probable é que retrase a nova Demo.
En Herexía, collemos a Chema, de Vargtimmen como baixista-cantante, e vamos ensaiando a 3ª canción, que case que pasa a ser a primeira porque temos en idea retocar as outras 2 debido a diversos avatares XD Esta terceira leva por nome "O Renacer dos Mártires" e é unha peza de pouco máis de 4 minutos que mezcla un pouco de black melódico noventero cun pequeno toque de death do estilo polaco. Ou vamos, eso é o que intentei eu cando a fixen. O caso é que tanto ós do grupo coma os de Vortex, que viron un dos nosos primeiros ensaios facendo esa canción, lles molou, e eso chega :D
Bueno, como estiven pensando que vai pasar unha boa temporada ata que volva actualizar esta sección, e realmente teño coma un 25% da nova demo-CD feito sólo, cambiei de opinión e vou deixar a nova canción dispoñible para baixar. A primeira persona que a oeu dixo que lle gustara e que era algo así coma unha nova búsqueda de horizontes musicales. Eu.. non o creo. Pa mín é outra máis, mellor cas anteriores (son un renegado XDD), pero non moito máis. De feito suelo ter moi boa opinión nas primeiras veces que oio as cancións despois de telas rematadas e pouco a pouco voume desinflando pensando que non é para nada bon material. Vós diredes:
***O link quedou desactivado, os que cheguedes tarde a esta entrada, tócavos esperar a tela demo rematada***
O pasado viernes tivo lugar un gran acontecemento na historia de Mileth, por fin deuse un ensaio cun batería real. E non un batería calquera, senón que alguén con experiencia e tablas coma o é Juanjo. Esperemos que teña paciencia cuns noobs coma nosoutros e non se nos vaia, que un batería así éche difícil de pillar :P Por certo vaia sorpresa que se soubera todos os temas case á perfección e que nos dera paos a nós por estar tan "desenpracticados" XD Por outro lado, a rapaza que sustitúe a Ida, Dana, estivo máis ben observando, xa que non se sabía moi ben por onde ían as cancións e a verdade nin sequera cheguei a oír ben a súa voz, esperemos que para a próxima se poida poñer ó frente alomenos nun par, e por suposto que lle guste, que ainda non o sabemos moi ben :D O ensaio do outro día foi un pouco desastre, pero xa sabemos cómo son as primeiras veces, a cousa ten que ir mellor canto máis se toca. Fai 10 días ensaiamos sólo os guitarras e baixo e non tocábamos xuntos desde xunio ou xulio, e foi tamén bastante desastre. Eu nin sequera practicara as cancións por mín mesmo nese tempo de descanso, así que... XD Outra cousa que nos perdeu moito ós habituales foi a ausencia de teclados. Parece que non, pero eu incluso os utilizaba para non perderme, tal vez estaba moi acostumbrado a que sonaran e sempre levaran o tempo perfecto que facía a nosa batería informática... . Pode que por eso a terceira orixinal de Mileth terá que esperar a ser rematada: temos que aclimatarnos durante un par de ensaios máis uns a outros. Unha pena que sexan cada tanto tempo...
O proxecto de black-death colleu unha forma prometedora. O primeiro ensaio co novo guitarrista fora un pouco toma de contacto, pero no segundo, e partindo de cero (creo que foi mellor que aproveitar riffs soltos meus dos outros ensaios), a cousa púxose moi interesante. O outro rapaz leva anos dedicándose a esto e ten un equipo profesional de manda carallo! De feito, logo de ver a miña guitarra que se está caendo a cachos, dixo: "mellor cóllete unha das miñas, así ademáis estamos "entuneados"". Aparte, o que eu entendo de guitarras é nulo (xa vos imaxinades a miña cara cando me estaba "esta es una Jackson blabla de doble blabla... e eu "sisi.. mola mola" XDD", pero mamaíña, eso sonaba de vicio, ata parecía que os riffs salían sólos! Para este grupo tamén aconsellei a Elías, que se uneu de boa gana, él sempre se apunta a todas! e aproveitando que o anterior se lles foi con outro grupo que estaba de parón e se reactivou, veuse con nós a montar ruído. Do que me estou dando cuenta con eles é que dentro da miña cabeza sólo teño black metal XD vaia trve do carallo que son XD ... porque me decían "intenta algo máis death" e non sabía por ónde salir. O outro guitarrista en cambio está moi influenciado polo Thrash-Groove sepulturero e máis recentemente polo melodeath, así que pode resultar unha mezcla curiosa. O único sobre o que teño dudas é sobre a creación. Penso que ou debería haber un acordo case simbiótico entre varios ou deixarlle un % maior do proceso de creación a un, e logo os outros opinar. Máis ou menos eso é o que facemos en Mileth. Creando sobre a marcha como o fixemos pode resultar un final de colagge. Como diferentes cousas empastadas para que sone ben, e que realmente poida que sone ben en riffs separados, pero tal vez haxa que buscar máis unión entre as partes para crear algo sólido. De todos xeitos, estamos empezando, e haberá que ver por onde vai a cousa. O que sí, o outro guitarrista, dixo que a un ritmo de 1 ensaio por semana, tardaríase normalmente coma 1-1'5 anos en facer un concerto. Eu fíome del, así que é probable que eu me vaia antes deso (esperemos acabar a carreira, e logo veremos onde vamos, pero en Vigo véxoo complicado). Así que non tocará desta vez facer concertos, e, a verdade, non me vexo. Non me gustaría dar un ensaio-concerto, preferiría levalo ben co grupo que fora, a verdade.
Por último, hai novidades en canto a Enuma Elis. A idea xeral do disco está prácticamente rematada e dividida en capítulos. Estaba diante dos meus ollos a medida que o facía, e só tiven que unir cabos para cazar e ordenar as palabras e as ambientacións. Sobre o disco poido decir que vou facer caso omiso a todos os consellos que a xente me suele decir (que moitas veces son contradictorios XD). Vou liberar unha vez máis o subconsciente e deixalo actuar, creando cun orden abstracto en certas partes, e intencionadamente organizado para un par de cousas -Ainda que non moito XD-. No fondo, se quero plasmar o que está na miña cabeza, ten que ser desestructurado e abstracto na maior parte. De momento poido adiantar o nome dalgunhas cancións: "Visións - O Espello Deformador" de 2 partes, "Ira Contida (Tralas Rosas da Perdición)", que poidestes oír no anterior post, "Subconsciente Rebelión", "Insomnio", "Capita Mortua", "Katarsis"... estará por decidir o número, pero variará entre 9 e 11 cancións, e a media de duración promete ser coma o anterior "Obscura Epica", alternando entre as de 7-10 minutos e de 1-2-3, no que combino todo o ben que poido os estilos que máis me gustan (ainda que moi distintos) intentando facer algo que sone máis ou menos diferente e compacto. O diseño levarao nun 100% Airi esta vez cunhas poucas directrices miñas que teño en mente, así que non poido decir nada sobre cómo vai ser, sólo que vai ser diferente (ou eso pretendo). Tamén pensarei, ainda que esto non será ata última hora, se facer unha das cancións a modo de guitarras reales e voz real. Agora que meu irmán se comprou un aparato que simula un ampli no ordenador e parece que se pode grabar, mirarei a ver se poido darlle uso. No tema das voces, alternaría un servidor cun máis profesional co que xa teño falado. Sería unha gran nova se se dese realizado, e todo un paso cara adiante en canto a sonido. Coma último detalle do novo lanzamento, que non se estrenará nas vosas salas e disqueras preferidas (ou sexa, no meu blog XD) ata posiblemente o segundo trimestre do 2011, decir que o título está tamén escollido: "Sons & Demos". E como me sabe mal deixar este "diario" sen ningún documento gráfico ou sonoro, e sabendo que é probable que deixe esta sección durante un tempo ata novas máis interesantes, déixovos un extracto de "Visións - O Espello Deformador", concretamente os 2 últimos minutos da 1ª parte da canción. Xa me diredes se vos gusta ou no ;D