martes, marzo 29, 2011

Diario dun vi-king IX: Myspace feito e subidas o par de cancións que grabáramos



Pois eso, xa temos un myspace (oeee xa somos un grupo de verdade! :D), e as 2 cancións que grabáramos aquel día foron subidas alí, así os que non oírades nada, xa podedes botarlle un vistazo. Houbo moitos problemas para grabalas, Marcos tivo o seu tempo estrujándose a cabeza e eu tiven o meu facendo ecuacións (literalmente) para cadrar as baterías, que ainda segue habendo algún fallo, pero bueno, é o que hai, se tal, para outra ocasión volvemos a regrabar todo e preferiblemente con baterías reales que recordo que me mareara moitísimo aqueles días co ordenador para poñer todo no tempo buff. O caso é que ainda que sone a banda rookie, pode valer para ter unha idea do estilo (ou mellor dito, amalgama de estilos) que facemos XD
Hala, e ahora toca poñernos a parir XD


PD: O de _official é porque xa había un "/mileth", pero bueno, así xa queda claro cál é a nosa páxina cando nos salgan os fans XDD

2 comentarios:

Grilo do Demo dijo...

¡Halaaaaaa qué pasada de logo! O.O ¿Quién de vosotros es el que controla de potochop?

enlil dijo...

O logo foi 100% feito por Dana, eu de photoshop pouco, antes ainda lle daba ó debuxo a man pero deixeino XD Ela tamén se ten que vender que é artista desas cousas, ata ten tarjeta con nombre artístico! :D