Kalevala (Rus) - Ведьма (2010)
Folk Metal
Myspace
Terceiro disco desta banda rusa de Folk Metal moi melódico, guiado pola voz de Kseniya, ex-vocalista de Nevid' e Buterfly Temple e acompañada por un background de folk bastante accesible e incluso "bailable" con case omnipresente acordeón ou no seu defecto gaita ou teclados facendo melodías; e guitarras "básicas" a modo de acompañamento en lugar de facer riffs propiamente ditos que de vez en cando sacan algún solo bastante "heavy".
A pesar de que a rapaza canta de maneira parecida a todos os grupos de pagan-folk eslavos, hai certas cancións que a súa forma de cantar me recordou a certos grupos de pop-rock rusos (que me parecen horribles na maioría dos casos) que non me acabou de convencer -oír a 3ª canción por exemplo, Воротись Домой (Returned home)-. Ainda así, en xeneral, é un álbum que se oe fácil e ten melodías pegadizas.
PD: a canción décima Улетай на Крыльях Ветра (Fly on the wings of the wind) é unha versión doutra, pero non atopei por ningún lado que eles mesmos digan que é unha cover; creo que é dunha canción de new age ou algo así. Alguén máis a coñece? 6/10
Evocation (Swe) - Apocalyptic (2010)
Death Metal
Myspace
Evocation é unha banda sueca nacida a principios dos 90 xunto con toda aquela nova hornada de grandes grupos de "swedish death metal" do tipo de Grave, Entombed, Dismember, Vomitory, Desultory, Hypocrisy, At The Gates, Therion, Carnage... supoño que os que se sabedes o que facían estes grupos por aquela época, non iredes moi desencamiñados para adivinar o que ofrecen Evocation. O curioso é que parece que Evocation foron unha das bandas que eran promesa daquela, pero non sacaron un disco propiamente dito ata fai poucos anos. A mín personalmente, sonábame o nombre, pero xa non sei se era doutro grupo que se chamaba igual, porque penso que non lles oíra os seus 2 anteriores discos.
De todos xeitos, unha vez oín este Apocalyptic, penso que lle vou dar un vistazo ós traballos previos, porque hai xente que incluso os poñen mellor ca este moi bo disco de old school swedish death. 9/10
Thaurorod - Upon Haunted Battlefields (2010)
Symphonic Power Metal
Myspace
Thaurorod son un grupo finlandés de power con toques progresivos na onda de Sonata Arctica, Stratovarius e o power metal germano épico do tipo de Freedom Call, etc. Tal vez o que os poida diferenciar un pouco é o feito de que ocasionalmente introducen outros elementos doutros xéneros coma os blastbeats -en Cursed in the Past quedeime de pedra porque non me esperaba eso para nada- algún growl, ou estructuración de algunhas cancións máis propia do Metal progresivo. O problema neste caso non se trata sobre as ganas de facer algo diferente e orixinal dentro do saturado Power Metal, o problema vén en canto a que Thaurorod non é que compoñan riffs nin melodías realmente memorables nin que cautiven ó ointe, e por eso será un disco que se quede máis ben no olvido a pesar de que se nota un esforzo por facer algo novo. 5/10
Varg - Blutaar (2010)
Viking Pagan Metal
Myspace
Éste é o primeiro álbum que lles oigo a estes alemanes, ainda que xa tiñan outro sacado no 2007. A súa música pódese definir como un Metal pagano e guerreiro basado no death melódico. A ausencia de calquera tipo de teclado dálles un aire máis directo que seguramente funcione moi ben nos concertos, o que unido a unha máis ca decente producción fai que, en principio nos encontremos ante un álbum que podería ser interesante. Digo en principio, porque logo da intro e de un corte pegadizo coma é Viel Feind Viel Ehr, a cousa pouco a pouco vaise diluíndo no montón de grupos que practican un estilo similar. Varg non fan demasiado por diferenciarse e eso nótase a medida que transcurre o disco a pesar dos seus ocasionales brillos. 6/10
Unsun - The End of Life (2010)
Pop Sinfónico - Gothic Metal
Myspace
Casi pensando que me iba encontrar cos mellores anos de Within Temptation (aparte do Enter) estaba cando me dispoñía a oír este novo disco de Unsun. As críticas "especializadas" poñen a este disco polas nubes do Gothic Metal e penso que o maletín por parte da Century Media debeu ser cuantioso. Ou eso ou é que realmente hai moita xente que non tén claro o que é o Gothic Metal. Para empezar eu casi nin considero este disco nin Metal, diría máis ben que é Pop con guitarras eléctricas. Ten eso algo de malo? Pois en principio non, eu gosto de mamar nos peitos da cabritiña popera coma o máis fan de Modern Talking, pero é que esto non é bon Pop, é Pop de deglución fácil e cagada de confeti.
Salvo algún detalle pseudoprog no que o señor ex-Vader, Mauser dá algunha seña de que esto podería chegar a ser algunha vez algo con rabia detrás da fotogénica imitadora de Sharon den Adel (dito sexa, moza súa, é o que ten ter unha banda, é Marcos? XD), The End of Life limítase a ser un álbum para quinceañeras "góticas" de paraguas de telaraña e corsés de charol, con estribillos facilóns -cando non son aburridos hasta decir basta-, guitarras profundas e básicas a modo de acompañamiento con algún mínimo arreglo interesante, baterías simples ainda que potentes (si o problema aquí non é de producción, eso está claro) e algún que outro detalle sinfónico que non ten queixa.
Exceptuando un par de cancións, moi frouxo. 2/10
Sinister - Legacy Of Ashes (2010)
Death Metal
Myspace
Acórdome perfectamente do día en que Xan, un amigo moi raro, amante do Black Metal máis impío, do Death Metal máis guarro, e de Estopa, do que non volvín a saber máis desde fai uns 7 ou 8 anos, me dera unha cinta de casette do Hate, de Sinister. Esa fora a primeira toma de contacto para mín cando iba ó instituto con esta banda holandesa que xa leva desde o 88 dando caña. Daquela estaba descubrindo a parte máis extrema de mín mesmo e ansiaba escoitar cousas novas, e de entre todo o que iba descubrindo, a pesar de oírme unhas cantas veces aquela cinta, Sinister non me dixo absolutamente nada! Pero de nada de nada. Pareceume un grupo do montonazo sen ideas atraíntes, orixinales ou salientables. Non tiñan nada que facer ó lado do movemento de black-death sueco que estaba a descubrir... era broza que pasaba desapercibida... era... bueno, xa o deixo XD
O que me chamaba a atención era que na Grindzone o puxeran ben e que tivera certa fama underground... non o entendín nunca.
Ah que iba falar deste novo! Pois máis do mesmo. Pasoume tal cual hai 15 anos. Estiven lendo tantas cousas boas deste novo que pensei que cambiaran algo, pero nada. 2 veces oído, 2 veces que pasou polas miñas orellas coma se nada, incluso na segunda puxen máis atención e sólo puiden sacar uns poucos riffs que teñen un pase, pero que non farán historia en absoluto.
Por certo aquel rapaz, Xan, tamén me deu a coñecer cousas decentes, coma as, daquela, recientes demos de Moonsorrow! Andeandará hoxe ese home!? 3/10
Retaliation - Seven (2010)
Death Metal
Myspace
Os germanos Retaliation -non os suecos con 20 anos de historia- sacan o seu primeiro disco no 2010 facendo un death metal agresivo, moi técnico e traballado, e rápido na maior parte do tempo (vaia pantorrillas debe ter o batería para facer ese doble bombo!!). As cancións son moi variadas, a veces demasiado,... tanto que non sabes a ónde van parar -e esto ten os seus pros, pero tamén os seus contras,... menos mal que o disco non sobrepasa demasiado os 40 minutos-.
Mezclan con arte e sobrada técnica Death Metal con Melodeath, Brutal Death e, como digo polo do variado intrínseco de cada un dos cortes, poderíase decir que teñen un aire Prog-Death. Sexa como sexa, os tipos son uns máquinas, ainda que o que faigan non sexa nada novo. Faltaríalles romper con algo máis de orixinalidade, xa que de bos riffs van sobrados, e entón serían un grupo moi a ter en cuenta, pero non lle pidamos moito máis a un primeiro disco.
A ver en qué dán para o seguinte, penso que o poden facer moi ben se se estructuran un pouco máis e intentan darlle un pequeno toque de orixinalidade. 7/10
Made of Hate - Pathogen (2010)
Melodic Death
Myspace
O death melódico foime pouco a pouco importando cada vez menos a medida que se empezaba a sobresaturar a escena con máis e máis grupos clónicos que non decían nada. Hei de recoñecer que Made of Hate era un máis que nadaba na mediocridade de pseudocopias que fai uns anos aparecían por calquera rincón de Europa.
Con este segundo disco, os polacos conseguen desmarcarse da enorme copia sen escrúpulos que foi "Bullet In Your Head" e o seu pasado como Archeon con respecto aos primeiros de Children of Bodom, o seu primeiro traballo. Para nada me esperaba algo digno de escoitar de "Pathogen", e tal vez por eso me deu incluso mellor impresión. A huella de Children of Bodom segue máis que latente, pero desta vez cun toque máis propio, tanto nos riffs coma na voz, agora máis grave, salíndose sabiamente do que é a tendencia de pseudoLaihos con voz entre rasgada, punk e hardcore.
Os 37 minutos do álbum chegan para menear a cabeza e degustar cancións que xa lles gustaría sacar a Laiho e Co. despois do Hate Crew Deathroll. 7/10
Furor Gallico - Furor Gallico (2010)
Folk-Celtic-Metal - Melodeath
Myspace
Xuro que a primeira vez que vín o nombre deste grupo lín "Furor Fállico" XD non é por nada malo, simplemente a cabeza (sucia! sucia!) se me foi para ahí (a cabeza non para!).
O que nos podemos encontrar neste primeiro álbum desta recua de tíos italianos (nada menos que 8!) é un folk metal variado que colle inspiración nos grupos que triunfan no folk-melodeath nos últimos anos coma Cruachan ou Eluveitie, grupo que case poderían firmar a primeira canción "venti di imbolc" logo da intro.
Polo resto, temos un bon folk metal con melodías celtas, usando arpas, flautas, bouzouki ou violín e mezclandoo con trasfondo de death melódico, moita variedade vocal; entre gutural, rasgada, algún que outro coro, voz "limpia" que pode recordar a un Hansi Kürsch mezclado con Mike Scalzi de "The Lord Weird Slough Feg"... O caso é que fan unha boa mezcla e con suficiente gusto como para poder disfrutar dun bon álbum de Celtic Metal.
Desde logo superior á última caca de Eluveitie. 7/10
Massive Slavery - Global Enslavement (2010)
Melodic Death-Technical Death
Myspace
Death Técnico americano, Deathcore, algún guiño ó black, algunha que outra licencia "moderna" e sobre todo Death Melódico feito con gusto, xeito e talento é o que nos podemos atopar neste primeiro disco dos canadienses Massive Slavery. Non son un gran amante desta mezcla que describín, e posiblemente se a lera nalgunha páxina de "reviews" destas que abundan e que poñen todos os discos a partir do 7'5/10 para arriba, fuxiría coma do demo deste álbum, pero facédeme caso que se vos gusta o death melódico e técnico variado este disco merece unha escoita. Cancións coma Wider We Open Our Eyes, The Denial of Man's Regression ou Shade of Corruption certifícano. 7/10
3 comentarios:
La última de Kalevala sale en un ballet u ópera o algo de Borodin llamada "El príncipe Igor", esa melodía en concreto se llama danza polovtsiana y la versionaron muchos grupos de diversos estilos. Luego leo el resto que me tengo que ir cagando milks :P
Un 7 a Furor Gallico? Me dejas de piedra. A mi la verdad que no me gusto nada... bueno, cuestion de gustos.
Por el resto estoy en epoca de ramadan musical, o sea que no creo que oiga mucho.
RMS.
Bah a mín non me resultaron desagradables tampouco. Tamén é que me pensaba que iba a ser algo moito peor cando vín folk-metal desde Italia XD e igual despois subín as expectativas ó ver que non era tan fulero coma Folk Stone nin os últimos Elvenking XD
O da versión de Kalevala... pa mín que a oíra nunha peli incluso!
Publicar un comentario