Este ano que vén supostamente acábase o período lectivo das clases para as asignaturas de 3º de carreira de LADE co cambio de Bolonia. Esto implica que non se darán máis clases para o plan que será antigo (no que estou eu). Realmente... esto non é para nada algo tráxico para todos os que temos os "huesos" de 3º do tipo de Contabilidade de Costes, a que me queda a mín, non temo por 4º e 5º porque eses cursos xa os teño acabados.
E non temo porque as clases de Costes son do máis inútil que vín en toda a facultade xunto coas de Contabilidade de Sociedades.
Recordo que cando empeza o curso, normalmente éramos coma 150 personas dentro da clase, había veces que atopar sitio para sentarse era un imposible. Pero a medida que un vé a forma de dar a materia, a présa en querer avanzar, a falta de explicación e dedicación, non queda outra que irse e, coma o 99% da xente que coñecín, e atoparse unha academia decente que polo menos che expliquen cun pouco de detenimiento o que se dá nesa asignatura.
Eu estiven indo a clases na universidade 2 anos para Costes, as 2 veces parei no mesmo sitio: cando un día non puiden ir, e á seguinte clase me atopei que en lugar dos 50 (xa non 150), había 15 personas, que a profesora sentaba nas 2 primeiras filas intentando encher todos os ocos. Alí iba preguntando un por un dunha forma que non me gustaba nadiña, as cousas que "en teoría" teríamos que saber de cursos pasados, e as cousas que explicou nos 3 meses anteriores (que non era moco de pavo, xa dixen que a velocidade e cantidade de cousas era pouco menos que esaxerada). Un, síntese incómodo, sobre todo cando che preguntan e respondes cun simple "pois non sei" ou "non me acordo", e un profesor te mira con desdén e como pensando "qué fas aquí logo?". Entón ahí sí que che queda claro que haxa 15 personas na clase, que intenten ir ó día e que se aforren os 85 € ó mes que che costa unha academia (que se forran de tantos alumnos que teñen de asignaturas do tipo de Costes ou Dirección Financiera).
Para suplir este descenso de asistencia (supoño), fai un par de anos probaron a facer unha evaluación continua (cousa que está bastante ben, claro, se está ben feita, esto é; aprendendo pouco a pouco e librándote de estudiar grandes cantidades de información para un só exame). Pero coma sempre, esto da evaluación continua é algo do que non teñen puñetera idea certos profesores, e non sei, pero deberíanse de dar de conta se, facendo esa técnica, consiguen que haxa incluso menos alumnos nas súas clases e menos aprobados ó final do ano... ¿Por qué?;
Coa evaluación continua, o equipo de profesores maravilloso desta asignatura, concordaron facer 4 exames ó largo do ano, bastante complicados polo que vín, nos que se se saca menos dun 3 xa non serán tidos en cuenta, e dos que incluso sacando unha media decente, un non se libra dun exame final no que entra TODO. En cada un deses exames entra tanta materia coma nunha asignatura na media da carreira, e para ir a eles, tes que soportar as infumables clases nas que enterarse de algo é todo un mérito e logo traballar na casa desde o primeiro día. Realmente non me extraña que a xente decida xogarse todo ó exame final indo a academias. Alomenos entéraste de qué vai e prepárante para o exame (cousa que nin en ésta nin en moitas outras asignaturas o fan; sí, cando te metes nun exame dalgunha vés cousas que non viches nunca en clase, pero que en academias sí que saben, non é a primeira vez que me pasou, heitá por exemplo a outra chamada Contabilidade de Sociedades, cun profesor que inspira ós alumnos coma ningún...).
Pero non sólo está eso, ata un día me chegou un mail dunha das profesoras que imparten Costes e poñía algo así como: "os que non sepades de qué vai esta asignatura e non miredes algo na casa, non é necesario que veñades, xa que entorpecedes a aprendizaxe dos outros". E eu digo.. dos outros? se hai 300 ou 400 matriculados e hai 15 atendendo á clase!!! Vergonza ajena me dá, de verdade. Non entendo como non hai algo máis de control sobre estes profesores, e por suposto non entendo cómo profesores os cales non teñen motivación algunha por enseñar, e que non teñen nin idea de transmitir coñecementos (que ninguén duda que os teñan), nin idea de cómo evaluar ou interese en que os alumnos aprendan, poden estar onde están. Tería que haber un control anual no que os alumnos expuxesen as súas queixas ou alabanzas sobre o ben impartida que estan as clases, o que aprenderon nelas, e o útil dos coñecementos... e non me digades sobre esa merda de test que facían todos os anos, porque son inservibles. Sempre me dixeron que sí que sirven porque lles dán un pequeno % de sueldo máis ós profesores que enseñan mellor e blabla... ahí estamos... recompensar ós que o fan ben, e ós que o fan mal -porque hai profesores que levaban medias de 0-1 sobre 5 durante anos e anos- non lles pasa nada. Pois moi mal, ahí deberían de meterse os que levan a Universidade, non sei se o equipo directivo, rector ou quén, e xuntarse para decir: "aquí pasa algo, nesta asignatura desta facultade, este profesor está suspendendo anualmente a un 90% de alumnos por convocatoria e nos test de resultados os alumnos creen que non ensina ben.. -ou directamente, só hai 15 test feitos, o mellor indicador que esa clase non funciona, xa que o resto de alumnos abstéñense de asistir a clase e prefire estudiar noutro lado para facer o exame con él-. Pero non, esta clase de individuos perpetúanse no seu cargo e non vexas a chulería e superioridade coa que che falan... moitos deles teñen o título de catedrático, e saben de sobra que con él son algo así coma "intocables", "non despedibles"... algo que nunca debería ser. DEMOCRACIA REAL YA!!!
O que ten gracia é que no caso da profesora que dá Costes, incluso che pode botar unha bronca e quedarte tú cunha "x" si te vé con apuntes de academia nas mans... pero qué carallo se cré? que estudiamos nunha academia gastando cartos por gusto? que non nos gustaría moito máis atender á clase e aprender alí? nós xa lle pagamos por que dé as clases e inda encima non ten demasiado traballo, porque xa se ocupa de "botarnos" ela sóa... qué máis quere? 300-400 alumnos páganlle o seu puto sueldo e sólo atende a un 5-10%... tería case que estar coma un pepe... e non que se indigne porque nós gastemos os cartos noutro lugar para entender o que non entendemos con ela. Indignados deberíamos estar NÓS. E estámolo... pero somos uns cordeiros. Xa se veu con cousas coma o da LOU, ahí demostramos que os universitarios somos uns inútiles ignorantes nas mans dos profesores, os cales eran os auténticos perxudicados por esa lei. Pero claro, nas clases decíannos "vanvos recortar dereeeitos... vanvooos subir as taxas... ide á folgaaa... mañá non hai clase que eu non a vou daaaar" e todos "siiiii guay!! vamos á huelga!! porqué? dá igual!! algo de pagar máis...". Mentiras! instigadas por ese grupo de privilixiados docentes da universidade. Eles saben que os alumnos son gilipollas e mandan neles. E os alumnos non se rebotarán... qué máis facilidades para o profesor universitario..? e se ademáis lle veñen menos á clase, menos traballo, que cobramos igual.... podricallos...
Sí, estou moi indignado, xa non desde aquela ficticia carta ó rector, senón desde moito antes....
Esta semana saíron as notas de Contabilidade de Costes, eu tiven que saír porque non me encontraba en condicións aquel día -estaba enfermo e doíame bastante a cabeza-, así que non fixen o exame, pero velaquí están as notas... contando contando... 32 personas aprobadas... duns 150 que foron ó exame (duns 300-400 matriculados como dixen), dos cales estarán os 15 que aprobaron coa evaluación continua (obviamente se sacan máis dun 3 nos 4 exames, é que son xente desa que saca varias Matrículas ó cabo do ano, caso que non é o meu, e evidentemente non é o da gran maioría da xente na universidade). De feito, pódese ver que hai varias matrículas e sobresalientes:
Contabilidad de Costes 3º de LADE
Grupos A y B
Relación de alumnos que han superado la asignatura en la convocatoria de mayo de 2011:
DNI Calificación DNI Calificación
34... Sob-MH 53... Notable
35... Sob-MH 53... Notable
36... Aprobado 53... Aprobado
36... Aprobado 53... Sob-MH
36... Sobresaliente 53... Aprobado
36... Notable 53... Sob-MH
36... Aprobado 53... Notable
36... Aprobado 76... Notable
36... Notable 76... Notable
36... Notable 77... Aprobado
39... Notable 77... Sobresaliente
39... Sob-MH 77... Aprobado
39... Aprobado 77... Notable
39... Aprobado 77... Notable
44... Notable 77... Notable
53... Aprobado 77...Notable
Revisión de exámenes: día 7 de junio, a las 9:00 h., en la sala 201.
Departamento de Economía
Financiera y Contabilidad
A mín paréceme bochornoso. Tanto, que se non aprobo en Xulio esta asignatura, pode que a vaia facer a outro lado porque estou ata arriba de determinados profesores. Sempre pensei que deberíamos protestar masivamente contra estas inxustizas, pero vendo que ninguén protestara o máis mínimo por aquel examen que o señor Ricardo fixera en Sociedades no que puxera un examen que non se ceñía nin remotamente ó que dera nas clases ou nas academias e de 280 personas non aprobara ningún, NINGÚN, CERO, non teño ningunha esperanza de que cambie.
Na universidade en España, por casos tan degradantes coma éste vamos á cola. Acabamos anos máis tarde que no resto de Europa e sabendo menos. Ingresamos no mercado de traballo tardísimo, cando nos outros países os que foron universitarios xa levan anos de experiencia laboral, e así non podemos competir. E desto teñen parte de culpa os políticos, sí, pero tamén o nivel de profesorado tan paupérrimo que fai que cada ano haxa asignaturas que aproben a porcentaxe mínima e necesaria para que non haxa ningunha alarma na facultade (20% dos alumnos matriculados). Vós, incompetentes profesores, tedes parte da culpa da infortunada educación universitaria española comparada ó resto de países europeos (e díceo alguén que estudiou e veu cómo era fóra).
Hale, polo menos quedei desafogado.