martes, mayo 31, 2011

Contabilidade de Costes na Universidade de Vigo. Indignación.

Este ano que vén supostamente acábase o período lectivo das clases para as asignaturas de 3º de carreira de LADE co cambio de Bolonia. Esto implica que non se darán máis clases para o plan que será antigo (no que estou eu). Realmente... esto non é para nada algo tráxico para todos os que temos os "huesos" de 3º do tipo de Contabilidade de Costes, a que me queda a mín, non temo por 4º e 5º porque eses cursos xa os teño acabados.
E non temo porque as clases de Costes son do máis inútil que vín en toda a facultade xunto coas de Contabilidade de Sociedades.
Recordo que cando empeza o curso, normalmente éramos coma 150 personas dentro da clase, había veces que atopar sitio para sentarse era un imposible. Pero a medida que un vé a forma de dar a materia, a présa en querer avanzar, a falta de explicación e dedicación, non queda outra que irse e, coma o 99% da xente que coñecín, e atoparse unha academia decente que polo menos che expliquen cun pouco de detenimiento o que se dá nesa asignatura.
Eu estiven indo a clases na universidade 2 anos para Costes, as 2 veces parei no mesmo sitio: cando un día non puiden ir, e á seguinte clase me atopei que en lugar dos 50 (xa non 150), había 15 personas, que a profesora sentaba nas 2 primeiras filas intentando encher todos os ocos. Alí iba preguntando un por un dunha forma que non me gustaba nadiña, as cousas que "en teoría" teríamos que saber de cursos pasados, e as cousas que explicou nos 3 meses anteriores (que non era moco de pavo, xa dixen que a velocidade e cantidade de cousas era pouco menos que esaxerada). Un, síntese incómodo, sobre todo cando che preguntan e respondes cun simple "pois non sei" ou "non me acordo", e un profesor te mira con desdén e como pensando "qué fas aquí logo?". Entón ahí sí que che queda claro que haxa 15 personas na clase, que intenten ir ó día e que se aforren os 85 € ó mes que che costa unha academia (que se forran de tantos alumnos que teñen de asignaturas do tipo de Costes ou Dirección Financiera).

Para suplir este descenso de asistencia (supoño), fai un par de anos probaron a facer unha evaluación continua (cousa que está bastante ben, claro, se está ben feita, esto é; aprendendo pouco a pouco e librándote de estudiar grandes cantidades de información para un só exame). Pero coma sempre, esto da evaluación continua é algo do que non teñen puñetera idea certos profesores, e non sei, pero deberíanse de dar de conta se, facendo esa técnica, consiguen que haxa incluso menos alumnos nas súas clases e menos aprobados ó final do ano... ¿Por qué?;
Coa evaluación continua, o equipo de profesores maravilloso desta asignatura, concordaron facer 4 exames ó largo do ano, bastante complicados polo que vín, nos que se se saca menos dun 3 xa non serán tidos en cuenta, e dos que incluso sacando unha media decente, un non se libra dun exame final no que entra TODO. En cada un deses exames entra tanta materia coma nunha asignatura na media da carreira, e para ir a eles, tes que soportar as infumables clases nas que enterarse de algo é todo un mérito e logo traballar na casa desde o primeiro día. Realmente non me extraña que a xente decida xogarse todo ó exame final indo a academias. Alomenos entéraste de qué vai e prepárante para o exame (cousa que nin en ésta nin en moitas outras asignaturas o fan; sí, cando te metes nun exame dalgunha vés cousas que non viches nunca en clase, pero que en academias sí que saben, non é a primeira vez que me pasou, heitá por exemplo a outra chamada Contabilidade de Sociedades, cun profesor que inspira ós alumnos coma ningún...).

Pero non sólo está eso, ata un día me chegou un mail dunha das profesoras que imparten Costes e poñía algo así como: "os que non sepades de qué vai esta asignatura e non miredes algo na casa, non é necesario que veñades, xa que entorpecedes a aprendizaxe dos outros". E eu digo.. dos outros? se hai 300 ou 400 matriculados e hai 15 atendendo á clase!!! Vergonza ajena me dá, de verdade. Non entendo como non hai algo máis de control sobre estes profesores, e por suposto non entendo cómo profesores os cales non teñen motivación algunha por enseñar, e que non teñen nin idea de transmitir coñecementos (que ninguén duda que os teñan), nin idea de cómo evaluar ou interese en que os alumnos aprendan, poden estar onde están. Tería que haber un control anual no que os alumnos expuxesen as súas queixas ou alabanzas sobre o ben impartida que estan as clases, o que aprenderon nelas, e o útil dos coñecementos... e non me digades sobre esa merda de test que facían todos os anos, porque son inservibles. Sempre me dixeron que sí que sirven porque lles dán un pequeno % de sueldo máis ós profesores que enseñan mellor e blabla... ahí estamos... recompensar ós que o fan ben, e ós que o fan mal -porque hai profesores que levaban medias de 0-1 sobre 5 durante anos e anos- non lles pasa nada. Pois moi mal, ahí deberían de meterse os que levan a Universidade, non sei se o equipo directivo, rector ou quén, e xuntarse para decir: "aquí pasa algo, nesta asignatura desta facultade, este profesor está suspendendo anualmente a un 90% de alumnos por convocatoria e nos test de resultados os alumnos creen que non ensina ben.. -ou directamente, só hai 15 test feitos, o mellor indicador que esa clase non funciona, xa que o resto de alumnos abstéñense de asistir a clase e prefire estudiar noutro lado para facer o exame con él-. Pero non, esta clase de individuos perpetúanse no seu cargo e non vexas a chulería e superioridade coa que che falan... moitos deles teñen o título de catedrático, e saben de sobra que con él son algo así coma "intocables", "non despedibles"... algo que nunca debería ser. DEMOCRACIA REAL YA!!!

O que ten gracia é que no caso da profesora que dá Costes, incluso che pode botar unha bronca e quedarte tú cunha "x" si te vé con apuntes de academia nas mans... pero qué carallo se cré? que estudiamos nunha academia gastando cartos por gusto? que non nos gustaría moito máis atender á clase e aprender alí? nós xa lle pagamos por que dé as clases e inda encima non ten demasiado traballo, porque xa se ocupa de "botarnos" ela sóa... qué máis quere? 300-400 alumnos páganlle o seu puto sueldo e sólo atende a un 5-10%... tería case que estar coma un pepe... e non que se indigne porque nós gastemos os cartos noutro lugar para entender o que non entendemos con ela. Indignados deberíamos estar NÓS. E estámolo... pero somos uns cordeiros. Xa se veu con cousas coma o da LOU, ahí demostramos que os universitarios somos uns inútiles ignorantes nas mans dos profesores, os cales eran os auténticos perxudicados por esa lei. Pero claro, nas clases decíannos "vanvos recortar dereeeitos... vanvooos subir as taxas... ide á folgaaa... mañá non hai clase que eu non a vou daaaar" e todos "siiiii guay!! vamos á huelga!! porqué? dá igual!! algo de pagar máis...". Mentiras! instigadas por ese grupo de privilixiados docentes da universidade. Eles saben que os alumnos son gilipollas e mandan neles. E os alumnos non se rebotarán... qué máis facilidades para o profesor universitario..? e se ademáis lle veñen menos á clase, menos traballo, que cobramos igual.... podricallos...

Sí, estou moi indignado, xa non desde aquela ficticia carta ó rector, senón desde moito antes....
Esta semana saíron as notas de Contabilidade de Costes, eu tiven que saír porque non me encontraba en condicións aquel día -estaba enfermo e doíame bastante a cabeza-, así que non fixen o exame, pero velaquí están as notas... contando contando... 32 personas aprobadas... duns 150 que foron ó exame (duns 300-400 matriculados como dixen), dos cales estarán os 15 que aprobaron coa evaluación continua (obviamente se sacan máis dun 3 nos 4 exames, é que son xente desa que saca varias Matrículas ó cabo do ano, caso que non é o meu, e evidentemente non é o da gran maioría da xente na universidade). De feito, pódese ver que hai varias matrículas e sobresalientes:

Contabilidad de Costes 3º de LADE
Grupos A y B
Relación de alumnos que han superado la asignatura en la convocatoria de mayo de 2011:
DNI Calificación DNI Calificación
34... Sob-MH 53... Notable
35... Sob-MH 53... Notable
36... Aprobado 53... Aprobado
36... Aprobado 53... Sob-MH
36... Sobresaliente 53... Aprobado
36... Notable 53... Sob-MH
36... Aprobado 53... Notable
36... Aprobado 76... Notable
36... Notable 76... Notable
36... Notable 77... Aprobado
39... Notable 77... Sobresaliente
39... Sob-MH 77... Aprobado
39... Aprobado 77... Notable
39... Aprobado 77... Notable
44... Notable 77... Notable
53... Aprobado 77...Notable

Revisión de exámenes: día 7 de junio, a las 9:00 h., en la sala 201.
Departamento de Economía
Financiera y Contabilidad

A mín paréceme bochornoso. Tanto, que se non aprobo en Xulio esta asignatura, pode que a vaia facer a outro lado porque estou ata arriba de determinados profesores. Sempre pensei que deberíamos protestar masivamente contra estas inxustizas, pero vendo que ninguén protestara o máis mínimo por aquel examen que o señor Ricardo fixera en Sociedades no que puxera un examen que non se ceñía nin remotamente ó que dera nas clases ou nas academias e de 280 personas non aprobara ningún, NINGÚN, CERO, non teño ningunha esperanza de que cambie.

Na universidade en España, por casos tan degradantes coma éste vamos á cola. Acabamos anos máis tarde que no resto de Europa e sabendo menos. Ingresamos no mercado de traballo tardísimo, cando nos outros países os que foron universitarios xa levan anos de experiencia laboral, e así non podemos competir. E desto teñen parte de culpa os políticos, sí, pero tamén o nivel de profesorado tan paupérrimo que fai que cada ano haxa asignaturas que aproben a porcentaxe mínima e necesaria para que non haxa ningunha alarma na facultade (20% dos alumnos matriculados). Vós, incompetentes profesores, tedes parte da culpa da infortunada educación universitaria española comparada ó resto de países europeos (e díceo alguén que estudiou e veu cómo era fóra).

Hale, polo menos quedei desafogado.

9 comentarios:

RMS dijo...

Creo que lo del examen a los profesores no dejaria bien parado al 90% de los mismo. Siempre hay algo que mejorar.
Creo que los profesores son funcionarios (o al menos tienen un regimen especial o algo asi se llamaba) y ejercen como tales. Pero a veces, debemos recordar, los alumnos no lo ponemos facil desde el punto de vista que si es "dificil" ya ni se intenta y se prefiere el todo-o-nada de un examen final (donde hay muchas posibilidades de "catear"). Por lo que podemos decir que la culpa esta en los dos lados (como en casi todo en este mundo, dos no discuten si uno no quiere).

Y lo que se deberia hacer es castigar a los malos, ya que los "buenos" tan solo estan realizando la labor por la que se les paga (es como lo de agradecerle a un conductor que pare en un paso de cebra, cuando por ley debe hacerlo si ve que alguien esta pasando o quiere pasar, lo veo estupido, se lo agradeceria si parase donde no debe).

Me dejas flipao con lo del milio de una profesora "animando" a sus alumnos a presentarse al examen. Asi si que ya...
Y lo de la tipa que si te ve con unos apuntes de academia solo puedo decirte ole! Este pais es libre y si quieres gastarte los cuartos en una academia (que ademas es en tu beneficio, no te lo gastas a lo loco) y llevarte los apuntes a clase estas en todo tu derecho. Es mas, eso de Universidad publica ¡los cojones! desde el momento en que tengo que pagar una cantidad de dinero por asistir, aparte de su puto sueldo.

Pero no te enfades, eso te lo vas a encontrar en todas las facultades, por lo que es en vano cabrearte e irte a otro lado.

Bueno, esa es mi opinion.

enlil dijo...

Ah o do e-mail era para decir que se non sabemos onde vamos na clase, que mellor non ir, non que non se vaia ó exame XD a eles eso élles igual. De feito, un profesor que nombrei neste escrito foi case agredido unha vez por un alumno que fora á 7ª convocatoria da súa asignatura e él non lla aprobou quedándolle sólo esa, polo que tivo que emigrar para acabar a carreira e ó jefe importoulle ben pouco.

No de castigar ós malos estou completamente de acordo, para eso lle pagan.

E sí, pode ser que tamén sexa culpa dos alumnos en algunhas ocasións, o que non acepto é que un 90% dos alumnos sexan parvos. Se hai 300 alumnos nun examen e non aproba ningún ahí hai un fallo, e vexo difícil que 300 personas se equivoquen, ó igual que 15 personas se propoñan ir a clase. Eu fun unha desas 15 na asignatura do do examen dos 280 suspensos, e poido decir que ir todo o ano non me sirveu de absolutamente nada, de feito os que fomos, fomos os primeiros en suspender -e claro está, tivenme que pagar unhas clases, coma fai todo o mundo-.

Ainda que sexan funcionarios, eu creo que tería que haber unha amonestación para estas actitudes -segundo sei, os catedráticos son aínda máis intocables, así que..-. Senón... qué se pode facer ante un profesional que non é bon pero que non se pode despedir nin rotar? (coma o son moitos funcionarios). Estou de acordo que aportan moita estabilidade ó estado de bienestar, pero penso que debería de haber un control.

En canto a atopar en todos lados... pode que en España, pero falei con xente de Estonia, e dixéronme que si eso de suspender a todo o mundo pasa alí, ábrese un expediente ó profesor. E eu noteino cando estudiei aló, alí preocúpanse moito máis de facer ben o seu labor e de que aprendas, aparte de que saben mellor en qué consiste "unha evaluación continua". E non o digo por ser Erasmus, senón que tiven moitos amigos universitarios locales, e a pesar de que me decían que aprobar certas asignaturas era difícil, as clases, cando pasabas ó lado estaban sempre cheas. Cousa que non pasa por aquí, e que dá bastante vergüenza, máis dun erasmus en Vigo me dixo que non lle parecía normal que a xente fose a academias (algo que non sei porqué non se plantean os jefes por aquí) e tampouco que houbese tan pouca xente en determinadas clases e que logo resulten ser as que máis matriculados e máis xente van ós examenes.

Sólo añadir, que ir a unha academia tamén require esforzo, eu fun para unhas 4 ou 5 asignaturas en toda a miña vida e dan moita caña, en parte porque empezan despois das clases na universidade, pero alomenos entéraste e non hai miradas de superioridade ou respostas do tipo: "yo no estoy aquí para resolverte ejercicios" como me dixo un profesor nunha tutoría.

Anónimo dijo...

Bufff entré este año en Traducción e interpretación y ya me encontré con más de un gilipollas... lo veo negro.

PedroTG

enlil dijo...

Buena suerte Pedro!
Profesores malos los hay en todos lados, pero pienso que en la universidad se vén con más alas y menos control... en fin, lo único que queda es tener suerte en que te toquen pocos de los intransigentes.. :/

Grilo do Demo dijo...

¿Viste esto?
http://www.lavozdegalicia.es/deza/2011/06/17/0003_201106D17C11994.htm

enlil dijo...

Joooood... é o que lle faltaba á universidade española.. esto qué é? para ser máis competitiva non? JAH! Cada vez vexo máis un afán recaudatorio por parte da universidad pública e unha ausencia total de autocrítica e de racionalidade. Vergüenza. Tamén me gustaríaoír algo desto ós do 15M en lugar de meterse coas clases de relixión... algo me dá que a tanto non han chegar, é moito máis bonito e de cara á galería proclamar que non pode haber clases de relixión que pervirten o laicismo do Estado (conste que o apoio, pero desde logo está lonxe de ser o principal mal da educación, é alto secundario ou terciario!)

Anónimo dijo...

Somos compañeiros de facultade e tamén son unha víctima máis dese departamento cheo de anti-educadores.

Deberías escribir o nome completo de ámbolos dous para que sexa dos primeiros resultados que amose Google. A ver se así, se eles (cousa que dubido porque vergoña teñen pouca) ou xente que os coñeza, quen sexa, buscan algo sobre eles atoparanse coa realidade.

Pero claro sempre será culpa nosa, que "el que vale vale y el que no a ADE". Con vintepico anos e a carreira sen acabar? Somos parvos. Todos. Claro que si.

enlil dijo...

Hola Anónimo, o certo é que somos moitos que estamos un pouco ata arriba con todo esto. Parece que "o nivel" dunha universidade se teña que medir pola media de anos de duración en acabar certas carreiras, créme que moitos erasmus (fun tutor durante 3 anos de erasmus en Vigo) saliron daquí totalmente escandalizados. Houbo quen incluso me dixo que se esto de ter un 15-20% de aprobados por convocatoria pasase no seu país, probablemente se lle abriría un expediente ó profesor... pero aquí... estamos como estamos... e todos o sabemos, pero segundo oín pouco se pode facer, polo menos desde a nosa posición, o único, facer unha humilde entrada nun blog coma faigo eu e pouco máis... porque as queixas "formales" sei de boa tinta que se apilan en montóns nas esquinas dalgún cuarto (con Dirección Financiera éche así, logo de acumular queixas durante moitos anos, e xa vés.. pouco se adiantou..).

Créte que me gustaría poñer nomes e apelidos, pero non sei cuán legal sería eso con respecto á privacidade, así que opto por deixalo así, máis ou menos todos os que estamos no cuvi sabemos de sobra quénes son os profesores incompetentes desas asignaturas :(

Un saludo e gracias polo comment, a ver se vai habendo sorte e pillamos unha boa racha para aprobar eses paos que nos quedan... espera e fortuna, por desgracia e parecendo mentira, non queda outra para saír dahí cun título :/

Anónimo dijo...

En certo modo supoñía que as queixas formais nunca prosperan pero sempre hai un anaco de esperanza que che fai pensar que o sistema non dá tanto noxo e que existe certa xustiza.

Non sabía que RDF ;) fora case agredido. Algo escoitara de "certos" danos no seu vehículo. Non é normal que a única forma de aproba-los seus exames tipo test, cando os pon, sexa mediante a memorización das respostas dos antiguos e outros novos que poidas sacar e conseguir resolver da UNED, por supusto con cousas que non se axustan ao dado na clase (se é que dá algo...)

Tampouco me sorprende que fai uns anos un artículo na prensa dixera que tras Teleco, ADE era a carreira en Vigo que máis solicitudes de avaliación curricular presentaba, case todas denegadas...Isto é de vergoña.


Eu empezo a estar farto de responder: "Non, da igual que estea extinguida a asignatura, non ma van aprobar pola cara, e se teño que suspender a 7º irme fóra daralles igual" E que me digan: "pero como ninguén controla iso?" Iso dicimos todos.

Grazas a ti por esta entrada e por facerme sentir un pouco menos parvo.