sábado, febrero 03, 2007

Operacións triunfo, neves e skinheads



Antes de nada, pedir outra vez perdon por tardar tanto en actualizar esta cousa, pero prométovos que estiven ultra-liado estes días...
Ahora vamos ó meollo, este sabado non sabedes a onde fun...
ó casting de operación triunfo estono!!
Pero no, non vos asustedes, non fun a cantar, solo fun a acompañar a unha amiga. Ela chámase Kerli e é a cantante dun grupo de pop-rock chamado Circles. É un grupo novel, creo que ainda estan acabando as cancións para a primeira demo... e a verdade é que non está mal... eu diria que son incluso mellores que moitos grupos de pop españoles que están triunfando ...
Aquí vos podedes descargar unha canción para que vexades mais ou menos a súa voz e o estilo do grupo: Circles - Opening Doors
A ela podedela ver no concerto que fun de Swallow the Sun. É a tía rubia que sale nas fotos e cando a conocín non tiña nin idea de que era cantante...
Ahora que o penso é grande que xente que guste de outros estilos non teña a mente tan cerrada coma moitos en España e disfruten indo a concertos e escoitando cousas diferentes. É algo que me chama moito a atención,porque por exemplo aquí a xente gustalle realmente a música; quero decir... non temen oir nada ... e non pechan os ollos ós 5 segundos pa decir ... "Ruido.Fuera". Xa levo visto un monton, e cando digo un monton é un bo numero de xente que teñen uns gustos que van desde folk, pink, u2, robbie williams, nightwish, katatonia, metsatöll e opeth. Xenial!!
Un bo exemplo é Kerli. Vouvos poñer a súa lista de gustos, está nunha paxina web, asi que farei un copy-paste sen modificar nada:
Katatonia, Anathema, Alanis Morrisette, Eva Cassidy, Lucie Silvas, Mariah Carey, Pink, Metallica, Kaisa Tahlfeldt
Pois a maioría da xente aquí é así. Para min é tremendo, quere decir que non temen oir nada novo e que realmente teñen GUSTO MUSICAL (podendo estar de acordo ou non, pero eso é innegable).
Bueno, a boa noticia é que pasou o primeiro casting... a ver se un dia destes poido decir que teño unha amiga famosa!
Pos bueno, no casting, monton de nenas... hahaha digo nenas de 17-20 anos... pero non pasa como en España, na cola non habia choros, nin xente cantando nin facendo parvadas... era un ambiente un pouco mais civilizado...
Hoxe teño que preguntarlle a ver como lle foi no segundo casting... seguro que o pasa.. creo que ten unha boa voz.
A segunda foto é o centro comercial Viru Keskus, un dos mais grandes de Tallinn, senon o mais...

E para os que criades que me estaba montando unha pelicula ou que estaba esaxerando... ahi vos vai unha foto que sin duda creará polémica hehe
Estes son os coleguillas nazis.... asustan eh?, un dia destes heime rapar e comprar eses pantalons militares e esas gorras da armada...
Bueno, e ahora toca a outra historia...
confirmoo ... o que non me pase a min...
O dia da festa que vades ver debaixo, eu estaba na porta da miña habitación... e de repente.. vexo á miña dereita un tio rapado con esa chaqueta coma as que levan estes de arriba...
O primeiro que pensei era que era un dos da seguridad que viña a decirnos que faciamos moito ruido... pero logo vino moi novo...
E vai o tio, e empeza a falar conmigo... cun acento estoooooono que bueno... e enton xa me din cuenta que nin segurata nin erasmus... e coma logo de 2 frases... digamos.. por exemplooo
- "hei! oín que habia festa aqui e decidin unirme..."
- "como te chamas? vives aqui no hostel tamen?"
a terceira frase vai como sigue:
- "pos eu son Skin!Tou moi orgulloso do meu pais Estonia... pero no, non son coma eses nazis... eu non odio ós negros... eu solo odio ós rusos... eses cabrós levan invadindo Estonia desde fai tempo... gustaríame romperlle os dedos a todos eles...."
....
....
....
Xa podedes adivinar a miña cara...
como dicindo...
... hmmm ..... siii... hmmm que boniito, sisi... ehhhmmmm.... uhmmmm...
Pero non vos acabedes de asustar... ainda falta a seguinte frase... mais ou menos... asi
-"si si, encantame pelear... non che gustaría a ti unirte e partirlle a cara a uns cantos rusos??"
...
....
......
Pero por qué a min??
Qué fixen eu??
Tal e como Espinete foi "el amigo de los niños", eu vou ser " el amigo de los skinheads"... qué bonito!
Qué me ven? xusto a min!eu, un "latin" con pelo largo... qué será o próximo, facerme miembro de honor de grupos neonazis?Tería gracia.. un "longhair skinhead" pffff
A cousa é... ¿pero qué teño eu para que sempre me pasen estas cousas ultraextrañas??
Alomenos vou tendo suerte... e vou salindo vivo... hehe
Bueno, no, ainda non acabei...
O outro día estaba eu na habitacion case totalmente durmido cando ás 2 da noite... pum!! pum!! pum!! na porta... e eu pos levanteime como puiden e cos ollos medio pechados... abro a porta e ...
vexo un tio con pasamontañas....
...
ou sexa que eu solo lle vía os ollos e a boca...
e eu,... pois... non din reaccionado... algo asi como que me parecia un soño... ou que eso non podia tar pasando...
e logo vexo que hai outros dous cabezas rapadas ó seu lado... e vai o tio do pasamontañas e dime.. "hey Diego, join us to drink some beers!!"... Era o tio skinhead estono.....
e eu... "eh?"
"o que??"
Nono, é que teño que durmir que tou moi cansao... outro dia...
Logo tiveron un pouco mais falando ahí, e foronse, a todo esto o tio sen quitarse o pasamontañas en ningun momento.... surrealista...
A saber se logo iban a "cazar" algun ruso e precisaban da miña axuda...
A todo esto, o outro dia o skinhead ese, chamase Siim, chegou ata a miña habitacion pola tarde e diceme, hey tomemos birra... vounas buscar, non te preocupes... e eu... hmm bueno..ok
E estivemos falando coma 3 horas con outros ... e o tío é absolutamente monotemático... os rusos e matar, e estrujar os dedos... non ten outro tema de conversa...
O que está ben é que se considera pagano, e estivome dicindo alguns grupos estonos de pagan metal e black metal... pero sacandoo de ahi... todo se volve "matar"...
Ademais ese dia enseñoume o brazo e era incrible... intentouse suicidar non sei... pero minimo 10 ou 15 veces!!!
El dixome que tivera unha época moi mala cando a súa nai se suicidara....
Bufff
Bueno...
Volvo a repetir o mesmo... porqué eeeeeeeeeu???
Tanta xente no mundo... tantos erasmus aqui... e os personajes mais extraños e as historias mais bizarras sempre veñen a min...


Ultima festa no hostel, celebrando o regreso de Lars para este segundo semestre...
Lars é o que se está tocando a perilla.
Realmente somos poucos os que quedamos do 1º semestre... coma 4 ou 5 ...



E chegou un dia no que o tiña que probar...
E descubrin que ese dia seria o primeiro e posiblemente o último hahahaha
Levei tantas cuadas que non me quedaron mais ganas de probar, xa podedes ver a miña cara de circunstancias na primeira foto co dedo apuntando hacia abaixo...