Doom Melodeath
Oficial
Ainda
que parece que sexa un grupo que saleu da nada o outro día, os Barren
Earth levan activos xa 5 anos, sendo éste o seu segundo LP.
Cando un vé a alineación da banda, o resultado é imposible que sexa malo; sendo o jefe Olli-Pekka Laine,
baixista que estivo na primeira época de Amorphis ata que sacaron aquel
par de discos bastante malos de finales dos 90-principios do 2000, Far
From The Sun e Am Universum (ou sexa, vía o que se viña e foise a tempo
XD), Marko Tarvonen, o batería de Moonsorrow, Sami Yli-Sirniö, un dos que empezou Waltari xunto con Kärtsy e actualmente tamén en Kreator, Janne Perttilä, participante en numerosos proxectos finlandeses, Kasper Mårtenson, o teclista de Amorphis na época do gran Tales from the Thousand Lakes, e Mikko Kotamäki,
o cantante de Swallow the Sun. Todo un supergrupo que ademáis funciona á
perfección, a pesar de que haxa poucos destes que acaben salindo
adiante.
Sendo un dos compositores un ex-membro de Amorphis da
época noventera, é obvio que a súa influencia faría que Barren Earth
sonara a Amorphis, e vaia se sona! De feito, penso que este The Devil's
Resolve sona aínda máis a eles que o anterior, e non son guiños,
senón mostras tácitas, tanto en composición, melodías
pseudoarábigas-folk nórdicas, sonido de teclado, certo aire setentero, sonido profundo de guitarras, o
dúo de voces growl e limpia, ésta última parecendo ganar terreno con
respecto ó primeiro CD... e arreglos progresivos que provocan unha escoita
que pode non entrar de todo nas primeiras escoitas (a mín pasoume), pero
que con sucesivas vai ganando.
Todo fai ver que, ós meus
ollos, The Devil's Resolve é o álbum que Amorphis debería de ter sacado
despois de Elegy, antes de meterse xa en terrenos raros con Tuonela. De
feito, Barren Earth acaboume sendo máis Amorphis que os actuales e ñoños
Amorphis. Seguramente ós novos fans que descubriron a Amorphis na
década do 2000 ésto lles parezca unha esaxeración, pero eu creo que os
que disfrutamos de da mítica banda finlandesa nos 90 estaremos de acordo.
Máis Amorphis que Amorphis. 8/10
Machinae Supremacy - Rise of a Digital Nation (2012)
Power Metal
Oficial
Tema: Laser Speed Force
Fun un gran fan de Machinae Supremacy. Creo que xa poido falar en pasado, porque nin éste Rise of a Digital Nation nin o anterior A View from the End of the World, están á altura do que foi o seu gran traballo para mín, Overworld. E non é que variaran excesivamente o seu estilo que mezcla samples e teclados electrónicos de 8bit, ou o que eles chaman o SID chip con Power Metal bastante accesible, pero tal vez se puxeron un listón demasiado alto, xa que se o penso un pouco, nin éste nin o anterior nin o Redeemer eran malos discos, pero ahí está a sensación de cando unha banda que prácticamente crea un estilo novo saca un disco que é case unha obra cumbre do xénero Power Metal (e así de ancho me quedo), non mantén un nivel tan alto en posteriores traballos.
Pero bueno, como digo, sendo un pouco obxectivos, Rise of a Digital Nation é un disco bastante consistente, que ten os seus momentos e no que se adivina unha pequena evolución hacia terrenos "gamer" máis electrónicos. Basta con oír "Transgenic" e "Battlecry", ainda que o fondo segue sendo totalmente a idea de combinar sonido GameBoy con Metal, o cal ainda hoxe segue a convertir a Machinae Supremacy nunha banda única, e polo tanto, baixo o meu punto de vista moi meritoria.
O que veño a decir é que en Rise..., oiremos un bo disco de Power Metal, con cancións moi ben arregladas con moito máis traballo guitarrístico que a media das bandas do xénero, no que ademáis ó cantante se lle nota unha melloría palpable desde aqueles primeiros discos, e ademáis con punteos e solos moi chulos, coma vén sendo habitual.
Conclusión; fun un gran fan, ahora son un gran seguidor. 7/10
The End of All Reason - Artifacts (2012)
Progressive Technical Death Metal
Tema: I, Celestial
The
End of All Reason é un novo grupo vido de Bélxica que saca o seu album
debut este ano. A pesar de ser o primeiro disco, o bon facer da banda é
palpable na sección técnica, cousa que suele ser habitual no xénero que
practican. Ademáis o sonido acompaña, cousa meritoria, xa que se trata
dun disco autofinanciado, pero nótanse moitas horas invertidas nel.
Ademáis a masterización encargáronlla a Jochem Jacobs, do grupo
Textures, que fixo unha excelente labor.
As influencias máis
palpables poderían ser Obscura, Necrophagist, Decapitated ou Neuraxis, a
pesar de que nunha entrevista a un deles lín que as influencias eran amplias e poñía como exemplos a Nile, Dimmu Borgir, Keep of
Kalessin... Penso que sería máis correcto decir que as influencias van desde o Black/Death sinfónico ata o Black melódico escandinavo ou a complexos riffs deathmetaleros antes que decir os nomes deses grupos, porque pode levar a equívocos. Seguro que lles
gustarán esas bandas, e hai partes, coma dice o guitarra na entrevista que lín, que forman parte do sonido
de The End of All Reason, pero eu consideraría máis ben que son influencias estilísticas que desas bandas concretas, pese a que eles as tomaron coma influencia directa en certas seccións do disco. Desde logo, o bon deles é que sí son heteroxéneos dentro do seu; introducen algún teclado en modo sinfónico-épico e algunha parte
pseudojazzistica, que se quedan coma añadiduras ó núcleo, e non están nada
mal, pero non desvirtúan un estilo moito máis cercano ó Death Progresivo e técnico duns Obscura.
A
mín paréceme un bo disco, pero penso que poderían ter gardado material
para outro en lugar de meter todo nun, xa que a excesiva hora e doce
minutos faise demasiada. Ó igual que a duración de algúns temas que
parecen non acabar e caer no mesmo que caen moitas bandas de Progresivo:
o estiramiento sin cuartel de cancións que parece que non levan a ningún
sitio e que simplemente se ván enchendo con cambio tras cambio de
ritmos. Penso que tanto pode ser malo a excesiva simpleza coma todo o
contrario, que fai que necesites moitísimas escoitas para pillar un
álbum. E eso é o que ocorre con Artifacts, un CD que ganaría moitos,
moitísimos enteiros se o deixaran en 30-35 ou como moito rondando os 40 minutos.
A duración mátao. 6/10
Wykked Wytch - The Ultimate Deception (2012)
Black/Death Metalcore
Oficial
Tema: The Ultimate Deception
Black
gótico... rezaba a etiqueta dos norteamericanos Wykked Wytch. Ben, fai
tempo que non os oía, pero sí tiña a sensación de telos posto nalgún
pasado, o que pasa é que debeu de ser un deses centos de casos de bandas
das que paso olímpicamente e que procuro borrar da miña memoria. O
asunto é que pillei o The Ultimate Deception coa sensación de que me iba
a meter no oído un bodrio, coma os resquicios dos meus recordos
relacionados con semejante nombre me decían. E... bueno...
Para empezar, hai
que ter santos webos para chamarse a sí mesmos "grupo de Black Gothic
Metal", cando o que fan é unha especie de Metalcore extremo, con algún
blasting, partes moi cañeras, e unha cantante que o dá todo, usando
diferentes rexistros, pero que en ningún deles me gusta, especialmente
cando nalgún intre intenta "cantar" en limpio. Buf.
Deben de ser os contados samples e teclados que asoman nalgunha canción polo que adoptan a etiqueta "gótica", pero son tan contados e tan pouco "góticos" que me resulta sorprendente que alguén mencione esa palabra cando se refiera a Wykked Wytch, alomenos en The Ultimate Deception. Polo resto, sí poido decir que a producción é bastante atronadora, ata parece que faga que Wykked Wytch sonen interesantes en certos puntos, pero con eso sólo non se produce un bo disco. A mín polo menos fíxoseme bastante cansino, e non atopei ningunha motivación como para poñerme este CD máis de 1 vez (e gracias). Incluso a versión de Fade To Black é olvidable.
Black gothic? eing??? 2/10Deben de ser os contados samples e teclados que asoman nalgunha canción polo que adoptan a etiqueta "gótica", pero son tan contados e tan pouco "góticos" que me resulta sorprendente que alguén mencione esa palabra cando se refiera a Wykked Wytch, alomenos en The Ultimate Deception. Polo resto, sí poido decir que a producción é bastante atronadora, ata parece que faga que Wykked Wytch sonen interesantes en certos puntos, pero con eso sólo non se produce un bo disco. A mín polo menos fíxoseme bastante cansino, e non atopei ningunha motivación como para poñerme este CD máis de 1 vez (e gracias). Incluso a versión de Fade To Black é olvidable.
Blaze Bayley - The King of Metal (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: The King of Metal
Nunca
fun moi fan do que fixo Blaze nin en solitario nin con Wolfsbane, e o certo
é que teño consciencia difusa de cándo foi a última vez que oín algo
del fóra de Iron Maiden.
Con The King of Metal, estou seguro
que o británico quixo facer un disco variado e entretenido, no que
houbese un pouco de todo dentro do Heavy Metal que utiliza como base. A
cousa pintaba ben coa inicial "The King of Metal" e a seguinte
"Dimebag", dous cortes contundentes, incluso o primeiro acabando cun
blasting! Pero o álbum prosegue unha marcha irregular, no que se
alternan cortes moi reguleros que provocan máis ben o
tedio no oínte, con algún que outro máis prometedor. Tal vez o punto
máis crítico está desde que empeza "The Rainbow Fades To Black" cun
estribillo horrible, que ainda encima se repite de máis, segue en "Fate",
bastante insustancial, continúa cunha balada de voz-piano que non parece que pinte moito, "One More Step", remontando un pouco con "Fighter"
e "Judge Me". Pero nese momento dámonos conta de que a pesar de levar
máis de medio disco escoitado, realmente os puntos álxidos non son tan
memorables, que os ratos de aburrimiento case lles ganan terreno, e que o par de temas que quedan tampouco son unhas maravillas. Co que resulta un CD que cumple, que intenta estirarse no que o estilo
lle deixa, pero que a mín polo menos non me dixo moito. 5/10