Mostrando entradas con la etiqueta microreviews. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta microreviews. Mostrar todas las entradas

viernes, diciembre 19, 2014

Behemoth - The Satanist (2014)

Behemoth - The Satanist (2014)
Black/Death Metal
Oficial

Facía tempo que non me animaba cunha das miñas particulares reviews, e o certo é que, ainda que oín outra vez uns cantos centos de álbumes en 2013, non me animei a comentar nada por aquí nese tempo, supoño que tampouco foi un ano demasiado bo para o Metal en xeral.

Retomo esta parte do blog para expoñer a miña opinión sobre un dos meus grupos preferidos dos últimos 15 anos no terreo do Death Metal: Behemoth. Recordo que comentara a algunha xente que dous dos meus álbumes preferidos da década pasada foran Satanica e Thelema.6 (xa, algún dirá que Satanica é do 99, pero eu descubrín os 2 álbumes ó mesmo tempo (2001?) xa que pola súa curta duración, estaban nun mesmo CD de 80min. que xa debe estar rallado de tanto poñelo). 

Co paso do tempo, a banda continuou a sacar magníficos discos coma Zos Kia Cultus, Demigod ou The Apostasy, que ainda que recurrían ó mesmo, tiñan grandes temas e eran moi entretidos. Sen embargo, con Evangelion, Behemoth déronse un batacazo para o meu gusto. Creo que o oín sólamente unha vez, e a sensación que me deu foi a dunha visible falta de ideas, cunha tendencia hacia o Brutal Death, que arruinaba en moitas ocasións o resultado, todo esto axudado por unha pésima estructuración interna das cancións, según recordo, añadido o feito de ser un grupo liderado por un ególatra con visos de RockStar (e de feito, Nergal é todo un Rock Star no seu país, estando de xurado do American Idol local, facendo pinitos de actor e enrollándose con cantantes de Dance Pop... pero bueno, que cada un viva a súa vida con respecto á súa moral e lóxica... ahí non me meto, ainda que me chama a atención).

Chegamos a 2014, e logo da enfermidade de Nergal, por primeira vez en tempo, sentín curiosidade por Behemoth, por saber se un infortunio deste grado na vida particular dun artista pode ter algún cambio drástico na súa forma de facer música... e....

...o que me encontrei en The Satanist en términos xerais foi un álbum que peca de pretencioso, de aspirar a moito tendo moi pouco dentro de sí mesmo. E bueno, hei decir que na parte máis superficial logra esta pretensión, xa que creo que en toda a historia de Behemoth, nunca vira que a banda tivera tantos seguidores e fanáticos -algo que sí, tamén se dá no Metal, por moito que lle pese aos metaleiros máis antigos: "el Metal es moda, joda a quien joda"-.

Con respecto ao disco, o álbum empeza con "Blow Your Trumpets Gabriel", o primeiro tema de adelanto que empezaron a tocar nos concertos. Recordo a miña cara de pasmo cando vira un video do "gran novo tema de Behemoth tocado en directo", e non me podía crer que fixeran algo tan rematadamente malo, no que o primeiro riff sexa repetido ata a saciedade nos 2 primeiros minutos e medio! e no que para agochar a incrible mediocricade dos 2 seguintes, metan coros, teclados orquestales, trompetas e espíritos infernales que deriva nun caos sónico e trapalleiro.

A cousa mellora un pouco no seguinte, "Furor Divinus", pero todo é un espellismo. O tema dilúese nunha mala versión da súa época gloriosa de principios dos 2000, e no que, coma o 80% das bandas que escoito últimamente de Thrash e Death, esconden a súa inoperancia para crear riffs memorables, nunha producción impecable. Este espellismo repítese ao largo de The Satanist, un álbum que só pode gustar a quenes non disfrutaron de Behemoth ao largo dos anos e/ou que son fácilmente sorprendibles por unha boa conxunción de imaxinería sonora e visual. Porque é algo innegable, que cos anos, a banda de Nergal foi cedendo musicalmente para centrarse máis na imaxe e merchandising que outra cousa. En definitiva, é o que algúns chaman por ahí comercializarse, cousa que non vexo mal, sempre e cando non se sacrifique o arte que en teoría estás vendendo.

O resto de album ten altibaixos, o riff principal de "Ora Pro Nobis Lucifer" é un calco doutro xa feito anteriormente por eles mesmos (aquí ven o de "se un se copia a sí mesmo, é plaxio ou non?" habería que preguntarlle a Kai Hansen, ou no, que tamén calca o seu de Maiden e Judas XD). 

"Amen" tira tamén do material antigo, sona coma un remake feito de forma máis moderna dun tema desbotado de principios de 2000, e non me acaba de disgustar, a pesar que recae máis na atmósfera malévola que no "bo riff", coma todo o álbum. 

Pode que sexa o tema-título a canción que máis pode sorprender, xa que non sigue os patróns da maioría do CD de refacer cousas antigas dunha maneira desordenada. De forma asombrosa, a banda fai un medio tempo que bordea cun Rock alternativo-Grunge (Behemoth xa demostraran no pasado o seu gusto por bandas coma Turbonegro ou Nine Inch Nails), ata que de ningún sitio sale un blastbeat que me deixou coa confirmación de que este disco peca de ser absolutamente desestructurado. Esta sensación é constante co traballo de Inferno, que mete blastings cando realmente non o pide e cambios de tempo que quedan mal para o gusto dun servidor e dán a impresión de estar pensados de forma apresurada (e conste que Inferno pareceume sempre un dos mellores baterías do Black/Death).

Pero non todo vai ser negativo, se hai algo que me gustou sobre The Satanist é a atmósfera malévola que contén o album, e a volta ó Death máis blacker de Satanica/Thelema.6/Zos Kia Cultus en lugar de continuar pola brutalidade deathmetalera. En términos xerais, gústoume máis que o previo, deso non hai dúbida, pero non estarei tan atento ó próximo de Behemoth coma o estaba hai tempo. Eso sí, oireino para comprobar se continúan por esta senda e se animan a sacar algo que non sexa tan mediocre ou se polo contrario van seguir exprimindo riffs feitos no pasado e continuar vivindo de materia extramusical, aproveitándose da base de fans crecente.

Seica van sacar máis videos con efectos especiais e escupir máis sangue nos concertos, haberá que comprarlles todo o merchandising. 3/10


domingo, febrero 02, 2014

Grand Alchemist - Disgusting Hedonism (2012)

Grand Alchemist - Disgusting Hedonism (2012)
Symphonic Dark Metal
Official

Pasaron xa 10 anos desde un dos mellores discos debut da década dos 2000, o Intervening Coma-Celebration dos noruegos Grand Alchemist. Recordo por aqueles anos pensar... "pero este grupo de ónde saleu, e cómo é que non é máis conocido con semellante álbum???". O certo é que Grand Alchemist, por algún motivo quedáronse na escuridade e case que anonimato. De vez en cando, por ese tempo no que Myspace ainda servía para algo, metíame no perfil da banda para ver si sacaban algo novo, pero nada. Creo que non foi ata hai uns 3 anos, cando finalmente vín unha actualización sobre a volta de Grand Alchemist. 

Finalmente foi en 2012 cando Grand Alchemist sacan o seu segundo álbum, e as miñas expectativas víronse cumplidas... parcialmente. 

O certo é que o estilo creado no seu anterior disco non varía moito do deste Disgusting Hedonism. O que eles mesmos autodenominan "Black Metal sinfónico" non cambiou excesivamente nestes 10 anos de espera. Por certo, eu non consideraría a Grand Alchemist coma "Black Metal", de feito, xa vedes que cambiei a definición por Dark Metal -que é un estilo un pouco máis indefinible-. Realmente considero que dentro de Grand Alchemist hai tantos elementos de Black Metal coma de Death Melódico, e ningún destes estilos mencionados se podería considerar coma máis acertado para a banda. Eu incluso diría que (quitándolle a voz, que sí podería pertencer ó mundo blacker) están máis cerca dun Metal progresivo Extremo/Power Metal escuro con elementos sinfónicos. Véxoos máis cerca de Golden Dawn (os antigos, non esa bazofia que sacaron hai nada), Trail of Tears ou incluso Hollenthon que de Cradle of Filth ou Carach Angren. Fixándose sólamente no traballo de guitarra é fácil comprobar que os riffs rara vez se acercan a trémolo pickings máis propios do Black Metal. Algúns deles diría que incluso poderían pertencer aos temas máis duros de Evergrey ou Pagan's Mind.

Comparado co anterior disco, tal vez a diferencia máis clara que lle encontrei a este novo álbum sexa que é máis difícil de escoitar. Non resulta tan pegadizo coma o Intervening Coma-Celebration e ademáis añadíronlle certa complicación a estructuras e melodías. A veces incluso me decía a mín mesmo mentres que oía o disco: "pero porqué non o deixan eso dunha maneira máis simple? mira que... vaia maneira de complicarse pa non mellorar o resultado...". En xeral este pensamento rondoume durante bastantes partes do disco, que por certo non é que sexa malo en absoluto, pero que se fai unha escoita un tanto complexa e incluso me chegou a cansar nas primeiras veces.

Como decía, o álbum está perfectamente executado e ten un gran sonido. As cancións, mantendo un hilo marca da casa, teñen diferentes elementos, que van desde pianos e melodías "clásicas", a algunha atmósfera oriental, orquestación épica, riffs decentes e incluso algún arreglo industrial. Non se pode decir que Grand Alchemist apostaran por acomodarse e facer outro álbum máis, senón que se curraron un traballo con moita atención nos pequenos detalles que probablemente lles levou o seu tempo. Sen embargo, a min non me gustou máis que o primeiro álbum deles. Non creo que tiveran a mesma inspiración creando melodías, e decidiron facer música máis prog, pero sen conseguir atraparme totalmente para poñerme o disco unha e outra vez e aprenderme todos os xiros e cambios de ritmo. Unha pena, ainda así estarei atento ó seu seguinte LP.

Gana coas escoitas, pero non é mellor que o seu debut. 7/10

miércoles, noviembre 20, 2013

Mercury Tide - Killing Saw (2012)

Mercury Tide – Killing Saw(2012)
Hard Rock / Power Metal
Oficial 
Algúns fans do Metal europeo poderán recordar a un grupo capitaneado polo vocalista de Angel Dust, Dirk Thurisch, que xurdiu logo de que aqueles empezaran un hiatus indefinido despois de "Of Human Bondage" en 2002. Aquel grupo liderado por Dirk era Mercury Tide.

"Why", o primeiro álbum de Mercury Tide saíu sólo un ano despois de "Of Human Bondage", e máis ben sen pena nin gloria, a pesar de que Angel Dust estivera ascendendo "relativamente" a principios do novo milenio en popularidade. Digo "relativamente", porque a pesar de sacar álbumes tan excelsos coma "Bleed" ou "Enlighten The Darkness", que propoñían un Heavy-Power Metal moi pesado, escuro e con arreglos de electrónica que non quitaban protagonismo á gran composición de riffs nin de melodías vocales, parece que quedaron inxustamente olvidados no tempo, a expensas de outros productos bastante máis mediocres do tipo de Edguy ou Avantasia...

Este abandono pasou tamén con Mercury Tide e o seu "Why", que pasou desapercibido a pensar de contar co aclamado Dirk Thurisch nas vocales. A decir verdade eu creo que o oín na época na que saíu, e xa non me acordo de nada... e dame que vai pasar 3/4 do mesmo con este novo "Killing Saw", logo de que Dirk reformara despois de 10 anos a banda. Parece que non captou a indirecta de que a ninguén lle interesara no seu día Mercury Tide. E aposto que volverá a repetir experiencia cun álbum no que non só é palpable a mediocridade compositiva, senón que tamén se confirma o seu baixón como cantante, a anos luz do que un día fixo en Angel Dust.

"Killing Saw" empeza co tema que dá título ó album logo dunha corta intro, e recorda de sobremaneira a "Nemo", o tema de Nightwish, tanto na melodía de piano, coma na estructura. Mal augurio. Os temas vanse sucedendo, moldeando a Mercury Tide coma unha versión Hard-Rock e desganada de Angel Dust. Sí, Dirk está ahí, e a súa forma de cantar, ainda que esteña moi por debaixo do que foi hai 15 anos, ten aínda ese toque propio que me gustaba tanto, ademáis as melodías vocales manteñen o toque que os fans de Angel Dust recordamos, pero a maior parte do tempo aquí sona repetitivo e apático a rabiar.

A metade do disco é todo un cometido. Cancións coma "Out of the Darkness", desganada, fóra de tono por veces?, rozando o Rock depresivo? e a seguinte, "Alone in my Room", probablemente unha das peores do CD, posuíndo unha parte central sacada de "Unforgiven" de Metallica, son un reto para continuar a escoitar o disco. "Satan Sister" ten un riff sacado dalgún outro lado e parece unha mezcla entre Billy Idol, Misfits e algo de Metal gótico finlandés. "You Cannot Save Me" sona como que as pezas non se unen ben dentro do tema, está como desestructurada e resulta incluso caótica. Non sabería decir se é peor que "Alone in my Room". Probablemente. E o resto quédase como mediocre ou por debaixo da media, con pobre composición e estructuración de temas, algo difícil de crer para alguén que leva tantos anos na música coma Dirk (que supoño que foi o compositor da maior parte desta chapuza).

En resumen: Dirk, anda e reúne a Angel Dust, que eles saben qué facer coa música e igual te inspiras máis tamén á hora de cantar. 2/10


miércoles, octubre 09, 2013

Rage - 21 (2012)

Rage - 21 (2012)
Heavy-Thrash Metal
Oficial
Ainda sigo con discos do 2012 ainda que esteamos a acabar o 2013! É o que ten estar bastante ocupado últimamente, agora non me poido permitir escoitar tanta música coma antes, así que a gardo ata o momento adecuado para oíla. 
No caso de "21" de Rage, o certo é que non estaba moi pola labor de poñerme co álbum. Os xermanos levan sacando material moi parecido nos últimos anos, e creo que desde Soundchaser non lle prestei demasiada atención a ningún album da banda, ou alomenos non me recordo que me dixeran nada que non oíra xa. 
Algo parecido pasa con este novo, que resulta ser un disco típico de Rage dos últimos anos. Esto inclúe: 3-5 temas bos-decentes / 3-5 temas mediocres-olvidables / 3-5 temas fuleros; riffs interesantes e traballados por Smolski, que aporta pequenos detalles de calidade por todo o CD, que se combinan con outros xa moi vistos; estribillos poperos; líneas vocales que sonan "demasiado" á marca "Rage"; e un sonido moi bo, que a veces sirve para enganar a incautos que se fixan máis na producción potente e "metal" dun disco que no bon facer compositivo.
Se hai algo remarcable neste 21 que non oíra antes son os guturales do señor Peavy Wagner en "Serial Killer", unha sorpresa nun dos temas aproveitables do disco -que por certo empeza con Chiquito de la Calzada! ahí abaixo a poño se non o credes-. Disfrutables tamén son "Concrete Wall" e "Destiny", temas rápido que me fixeron recordar ós Rage de discos grandes coma "Black in Mind" e "End of All Days". Lástima que o nivel alcanzado en "The Missing Link" nunca fora superado polos xermanos.
Logo temos pinceladas de intentos "modernos" nalgún tema, a típica semi-balada de Rage, "Eternally", que tanto podería estar coma non estar, e cancións tan prescindibles coma "Death Romantic" -probablemente a peor do CD-, ou o típico tema de Rage que un cree que xa estaba noutro álbum, "Black and White".
En resumen, un disco máis de Rage, que non se van da línea marcada pola banda. Seguen ofrecendo discos "seguros", dedicados ós máis fans da banda e do seu sonido e supoño que fan ben se teñen éxito -e téñeno-. Non poido decir que sexa un mal disco, xa que podería salvar máis da metade do mesmo, e a execución e sonido son totalmente "Pro", pero por outro lado non me sorprende e acaboume pasando maiormente desapercibido. 6/10


domingo, mayo 19, 2013

Thyreos - I Don't Live To Fail (2012)

Thyreos - I Don't Live To Fail (2012)
Hard Rock / Melodic Power Metal
Oficial
Sempre me pasa, cada vez que me digo "joer é que non hai unha banda que me chame a atención" cando escoito Power Metal, de entre as sombras sale algunha sin ningún tipo de promoción e de historia que me fai pararme e pensar que sólo hai que rebuscar un pouco para descubrir xoias coma Eternal (of Sweden) ou Thyreos (curioso, que ambas veñan de Suecia, terra fértil de grandes bandas de Rock duro).
Neste caso Thyreos non é que faigan algo extremadamente orixinal; unha mezcla entre Hard Rock, AOR, Heavy Metal e Power Metal europeo, que parte dunhas influencias clásicas e ochenteras, pasadas por un filtro de Power noventero e cunha producción dos 2000 moi profesional, como cabe esperar dunha banda escandinava. A inclusión de diferentes tipos de teclados, desde sinfónicos a modernos e a AORianos axuda a esta difícil clasificación de Thyreos, pero tamén axuda a recrear unha escoita altamente disfrutable e heteroxénea dentro do que os estilos citados o permiten dentro dun mismo grupo.
Realmente Thyreos pode non decir moito novo, pero o que fan, fano á perfección. Dentro de I Don't Live to Fail encontrarémonos composicións maioritariamente cortas, duns 3-4 minutos, de gran traballo instrumental, gran voz e grandes líneas vocales que derívan en estribillos adictivos coma os de "Follow the Road", "Overdrive", ou a que dá título ó álbum "I Don't Live to Fail". Ademáis o equilibrio entre temas duros e lentos nótase ben pensado, polo que eu diría que se vos gustan grupos do estilo de Masterplan, Jorn, Firewind ou Axel Rudi Pell, lle deades unha escoita o máis rápido posible a Thyreos. Desde logo se fora o seu primeiro disco non dudaría en situalo entre os grandes debuts do 2012. 8/10

sábado, abril 06, 2013

Aevlord - The Nomad's Path (2012)

Aevlord - The Nomad's Path (2012)
Melodic Symphonic Black Metal
Oficial
Terceiro álbum desta banda francesa da que non tiña coñecemento ata que me atopei con este The Nomad's Path. E vaia descubrimento!
Ó contrario que o movemento de Black atmosférico e melancólico tan propenso nos últimos anos do país galo, Aevlord inclínanse por facer un Black Metal melódico e heteroxéneo. The Nomad's Path recordoume a horrores a outra banda que se quedou un pouco na estacada pero que sacara un discazo no 2002 chamado Intervening Coma-Celebration: os noruegos Grand Alchemist. Por certo, este ano volveron á actividade, teño que oírlles o álbum máis sosegadamente, porque de primeiras non me gustou tanto...
Volvendo a Aevlord, os franceses inspiranse primariamente no Black Metal atmosférico e sinfónico do que poderían ser uns Dimmu Borgir noventeros, con ese lixeiro toque neoclásico e dramático, pero sen chegar a ser boombástico e orquestal. A esta primeira referencia, Aevlord añádelle un sonido máis definido e moderno que a veces parece querer acariciar o Metal progresivo ou Melodeath. Os teclados xogan un gran papel, e prácticamente están presentes na maior parte da música de Aevlord, tanto en forma de piano, coma de sintes atmosféricos ou incluso máis electrónicos nalgún momento. De todas formas, están introducidos e misturados coa música dunha forma que non chegan a cansar, ó contrario que outras moitas bandas de Metal sinfónico que abusan deles e que fan que ó terceiro tema xa esteñas saturado.
A voz é maioritariamente blacker, ningunha cousa do outro mundo, pero cumple. Ó igual que batería e baixo, que sen facer florituras acompañan bastante ben ás pegadizas atmósferas e melodías épicas e dramáticas.
En canto ó sonido é cristalino e pulcro, sorprendente que se autofinanciaran e autoproduciran eles mesmos. Esto demostra que realmente hoxe en día con poucos medios e sen necesidade de grandes productores se poden conseguir grandes cousas. Eso sí, se se tén idea do que se quere e un non se limite a copiar o sonido exacto das bandas que che gustan... que parece que suele pasar a menudo polo que vou escoitando nos últimos 5 anos.
Se o ano anterior a sorpresa do Black Metal sinfónico eran os belgas Saille, desta vez tócalles ós franceses Aevlord, que son un pouco máis sosegados no tempo, pero que teñen claro qué queren facer
Non apto para puristas do Black, recomendado para o resto 9/10

miércoles, abril 03, 2013

Aeternam - Moongod (2012)

Aeternam - Moongod (2012)
Symphonic Folk Death Metal
Facebook
Tras un xenial primeiro disco -unha das grandes sorpresas que me encontrei no 2010-, chega a continuación de Aeternam en forma de 45 minutos de Melodeath con sonido altamente inspirado no Oriente Medio. As comparacións entre uns Behemoth, Melechesh e Orphaned Land nos que a producción se centra nos elementos melódicos seguen a ser esenciales, e o sonido sinfónico/folky non varía excesivamente do que foi Disciples of the Unseen. 
A producción deste novo álbum, como digo é clarae impoluta, certos riffs e melodías son impresionantes, e o traballo instrumental é sobresaliente, así coma certas unións entre pasaxes máis tradicionales e partes cañeras.
Dito esto, non poido decir que Moongod sexa un mal álbum, pero as veces que o oín notei que non me resultaba tan adictivo coma o primeiro dos canadienses. Atopei dúas ou incluso tres razóns básicamente que repercutiron en que non me fixara tanto neste álbum: a primeira, é que moitos riffs e formas de desarrollar temas sónanme a repetidas, tal vez non sólo con eles mesmos, senon con outras bandas que nos últimos anos están intentando irse por esta rama que non hai tanto tempo estaba prácticamente deixada da man de un par de grupos ou tres.
A segunda razón é que unha producción tan impoluta e moderna xoga en contra de certos estilos que pretenden ser brutales.
Ademáis Aeternam sona moi profesional, pero carece de toque personal no sonido do disco. Ou alomenos eso creo eu, xa que a claridade, a ecualización e precisión tan exacta dos palmutes, dobles pedales, e do sonido en xeral de Moongod xa están a resultar tan habitual en tantos grupos de Death Melódico ou Death Metal "moderno" que a mín acabame sonando impersonal e pouco sorprendente a estas alturas (ok, esto non é tampouco algo exactamente "negativo", pero xa levo oído moitos grupos que sonan extremadamente parecidos entre eles).
Por último, eu diría que a estructura de certos temas é demasiado variante ou desordenada; é decir, moitas veces neste disco sentín como... "mola cómo empeza", pero a medida que iba avanzando a canción, iba perdendo interese nela.
É difícil decir que Aeternam non fan un bo traballo, pero non considero que Moongod sexa un paso adiante para estes canadienses. 6/10

martes, marzo 19, 2013

Spheric Universe Experience - The New Eve (2012)

Spheric Universe Experience - The New Eve (2012)
Progressive Metal
Oficial
O novo disco de Spheric Universe Experience é un claro reflexo do que veño pensando sobre moitas bandas "modernas" nos últimos anos: que os músicos sexan de alto nivel e que o sonido do seu álbum sexa absolutamente "Pro" non significa para nada que lancen bos discos ó mercado. Esto pódese extender ó 80% das bandas de Death Melódico e Metalcore nacidas a partir dos 2000 (e que me perdonen os amigos que lles gusten, pero eu valoro antes que o sonido (que se pode pagar) e a pericia (que se pode obter con algúns anos de clases), a orixinalidade/creatividade (que poucos artistas teñen, e parece que a cantas máis bandas xurden, máis difícil é de encontrar, sobre todo en determinados estilos -supoño que pola masificación/moda-). 
No caso de Spheric Universe Experience, non é que os franceses se dediquen a copiar a outros do estilo de Dream Theater ou Symphony X, dos cales, coma a maioría de bandas de Progresivo, teñen a súa xenerosa dose -sobre todo dos últimos-. Con este The New Eve, este quinteto tenta entrar nun terreo máis accesible, a veces cercano ó Groove/Nu Metal de riffs gruesos envoltos en elementos electrónicos en pos da carencia do virtusosismo máis propio do estilo e solos (creo que non hai nin un en todo o disco!), e de líneas vocales que derivan entre o Rock Alternativo e o Pop-Rock con trasfondo épico. Realmente non teño nada en contra de ambas cousas, salvo que a mín personalmente non me gustan en grandes cantidades dentro dun disco, e que non creo que Spheric acerte nesta aproximación en temas coma "Never Heal", unha prometedora "Self  Abuse" que se acaba facendo demasiado pesada, ou a semibalada "Angel". Non quero nin falar da final "My Heart On The Cross", que por momentos me fixo pensar que estaba oíndo un disco de Linkin Park (...)
Polo resto, hai momentos bastante bos en certas cancións, sobre todo cando non lles dá por envolver os riffs con electrónica, xa que a veces queda un pouco caótico para o meu gusto. O sonido é espectacular (salvo neses momentos de sampleados excesivos e creo que innecesarios), e os músicos son de primeira, pero témome que The New Eve quedará coma un disco máis na historia do Metal Progresivo. 
Penso que os desaparecidos Divinity Destroyed practicaban un estilo tremendamente similar ó que pretenden Spheric Universe Experience no seu novo disco, e non hai color entre uns e outros.
Novos aires non significa "melloría". 5/10


miércoles, marzo 06, 2013

Cyst - Requiem of Ruin (2012)

Cyst - Requiem of Ruin (2012)
Thrash Metal
Oficial
Terceiro disco destes thrashers americanos, auténticos fanáticos do old school americano. Requiem of Ruin é todo un homenaxe ó movemento de Thrash de mediados-finales dos 80, que nos recordará a Slayer, Overkill, Kreator, Exciter, Hirax ou Nuclear Assault. Durante media hora, Cyst bombardea os nosos miolos con once temas de Speed/Thrash Metal agresivo e intenso, sen un momento de descanso.
O cantante aseméllase bastante a Tom Araya, ainda que lle imprime certos growls de vez en cando. O disco pásase moi rápido e ofrece unha escoita agradable, ainda que realmente non hai puntos álxidos, tendo todos os temas un aire bastante similar entre sí, e tamén entre todas as bandas que salían daquela que se quedaron en "segunda fila". Esto último probablemente faiga que Cyst non consiga chegar máis aló, parécese demasiado ó que facían outros hai case 30 anos, e cuia maioría non sobrepasaron a década dos 90 sen ser tampouco malos. Polo tanto, disfrutable, pero témome que non sairá dos seus círculos. 
Máis revivals. 6/10


sábado, marzo 02, 2013

Woods of Ypres - Woods 5: Grey Skies & Electric Light (2012)

Woods of Ypres - Woods 5: Grey Skies & Electric Light (2012)
Melodic Black Gothic Doom Metal
Myspace
Sendo sincero, hei decir que nunca me metín de cheo no mundo dos canadienses Wood of Ypres. Foi a raíz da morte do seu líder, David Gold, en Decembro do 2011 cando me deu por profundizar no seu disco póstumo (parece que a banda xa non existe, ainda que algo lín de que pactarán con Earache para sacar material inédito). 
E en parte, este quinto disco chegoume a sorprender, porque me esperaba algo menos doomy e máis na onda "hipster" do blackgaze. Para empezar, hai moi poucos momentos cercanos ó Black Metal, case nin sequera hai voz rasgada, senón que a dominante é unha mezcla entre a de Vintersorg, Peter Steele e Michael Poulsen, de Volbeat. Neste sentido, a inicial "Lightning & Snow" pode causar certa confusión polo seu comezo e detalles cuasiprogresivos que recordan vagamente a uns Borknagar ralentizados. A música deste álbum definitivo de Woods of Ypres poderíaa encasillar entre Paradise Lost e Katatonia con licencias do Post-Rock (ainda que os últimos álbumes de Katatonia xa tiran para ese estilo), a veces incluso do Grunge de Alice in Chains e arreglos góticos de teclados, piano e violín en certas partes. Letras pesimistas e ambiente melancólico intentan penetrar nas emocións do oínte, cousa da que os canadienses salen airosos na maior parte dos temas. Pero -sempre hai un pero-, Woods 5 non é un álbum perfecto; hai cancións que non me gustaron demasiado, hai recursos coma certos punteos de guitarra liderando que xa temos oídos noutros álbumes de Paradise Lost, e o álbum acábase facendo algo largo. De todos xeitos, violines, guitarras acústicas e atmósferas equilibran a balanza, facendo que en xeral, a hora que dura o disco non sexa desperdiciada para nada se un é amante do Gothic-Doom. 
Bo álbum, sen moito máis. 7/10

viernes, febrero 15, 2013

9MM - Volle Kraft Voraus (2012)

9MM - Volle Kraft Voraus (2012)
Heavy Metal / Hard Rock
Oficial
9MM eran unha banda desconocida para mín ata este 2012 pasado, no que sacaron o seu quinto LP. Sendo alemanes e cunha portada bastante "piratil", supuxen nun principio que me iba atopar cuns clones de Running Wild, pero nada máis lonxe. Estes germanos fan un Heavy-Rock&Roll que semella (porque non entendo as letras) bastante coñero e cervecero. O primeiro grupo que me veu á cabeza foi Tankard, pero 9MM non tiran tanto ó Thrash Metal, así que tal vez a comparación secundaria, pero máis lóxica sexa o traballo de Tom Angelripper aparte de Sodom, con ese Heavy-Rock-Punk de Onkel Tom Angelripper, e ata incluso se me veu en certas cancións nas que utilizan como melodías principales os punteos de guitarra, uns Die Apokalyptischen Reiter. 
A pesar de non ser nada do outro mundo, 9MM conseguen facer pasar un momento divertido, e incluso pegadizo, no que un pode acabar tarareando os temas sen ter nin idea do que está decindo. Proba delo é o single "Geh Mir Aus Den Augen" que dá inicio ó disco, ou a seguinte "Jetzt Feiern Wir Mit Freunden", temas que automáticamente enganchan ó oínte de base rockera para darlle unha oportunidade a 9MM. 
Pero ainda que Volle Kraft Voraus se oe ben, penso que corre o perigo de ser un disco que pode caducar rápido, sendo moitos dos temas certamente similares e con estructuras parecidas. 
Se tivera un bar rockero, poñería esto antes que ñoñadas ochenteras tipo Cinderella ou Poison. 6/10

lunes, febrero 11, 2013

Ævangelist - De Masticatione Mortuorum in Tumulis (2012)

Ævangelist - De Masticatione Mortuorum in Tumulis (2012)
Doom Death Metal
Facebook
A través de numerosas recomendacións en páxinas especializadas dín co debut de Ævangelist, un dúo americano que debuta cun disco oscurísimo, no que sonidos de distorsións graves se xuntan cunha ambientación de peli de terror e con ritmos lentos e repetitivos. Álbum lóbrego onde os haxa, o dúo parte dunha base de Death/Black Metal á cal lle añaden teclados ambientales e experimentales, case "noise", unha voz maioritariamente expulsando growling e riffs bastante "old school" que non dudan en repetir as veces que sexan necesarias, o cal dá unha duración media bastante alta para case todos os temas.
Realmente, para o meu gusto, o álbum faise moi largo, ainda que creo que o que pretende Ævangelist está suficientemente conseguido. A sensación despois de oír De Masticatione Mortuorum in Tumulis é a de ter asistido a unha sesión ritual opresiva, un film de terror bizarro que ben podería ser algo do estilo de Begotten, ou tal vez a banda sonora dun pesadelo desconcertante e confuso. Non resulta ser do meu gusto, xa que aturo ben a primeira media hora, pero logo faiseme moi pesado, ainda así, non descartaría recomendar a súa música a calquera amante do Death/Doom experimental e avantgardista.
Tolemia e opresión. 5/10

viernes, enero 25, 2013

Crystal Viper - Crimen Excepta (2012)

Crystal Viper - Crimen Excepta (2012)
Heavy Metal
Oficial
Todo un tributo ó Metal clásico é o que levan a facer os Crystal Viper desde hai 5 anos. Cunha frontwoman de altura e un estilo tradicional pero efectivo, estes polacos coláronse no apretado mundo do Heavy-Power europeo de forma bastante satisfactoria. 
Crimen Excepta é o seu cuarto álbum, e non hai moita diferencia en canto ó que nos levan ofrecido en anteriores entregas. Esto é; Heavy ochentero, influenciado por bandas da NWOBHM coma Saxon, Maiden ou Judas Priest (ainda que creo que a éstes non os meten ahí por ser anteriores) e con partes máis cercanas ó metal alemán de Running Wild ou Grave Digger. Se me preguntasen por unha definición rápida para Crystal Viper, diría que son Pegazus facendo boa música con más empuxe. 
Penso que Crimen Excepta é un álbum bastante sólido -ainda que o feito de poñerlle intros de 6 segundos a cada tema é un pouco tontería-. Xa sabemos da capacidade vocal da cantante e do bo facer técnico dos músicos polo seu traballo pasado, pero non me poido quitar da cabeza que o que fan Crystal Viper foi intentado unha e outra vez nos 80, e parece que tamén agora coa nova hornada de bandas que están revivindo o Metal daquela época tocando algo extremadamente parecido e incluso en moitos casos, peor, pero eso sí, con mellores medios de producción. O caso da producción é un pouco engañabobos para mín, xa que hai grupos moi mediocres hoxe en día, sobre todo en estilos coma o Thrash e o Melodeath que se refuxian en produccións caras para adornar a súa vulgaridad... en fin... 
Non quero decir que éste sexa o caso de Crystal Viper, pero mentres oín este disco repetidas veces, viñéronme á mente a cantidade de bandas que se quedaron no anonimato durante a época dorada do Heavy Metal, probablemente facendo algo similar a éstes. E tamén me veu á cabeza o revival de Heavy-Power Metal últimamente... non sei, Crimen Excepta está ben, pero tampouco é a xenialidade que nos queren vender. 7/10


miércoles, enero 23, 2013

Katatonia - Dead End Kings (2012)

Katatonia - Dead End Kings (2012)
Depressive Rock
Oficial
Dudei moito en poñer este disco dentro das microreviews que faigo, pero como na maioría de discos que dou máis de 3 oportunidades, decidín plasmar as miñas impresións dunha forma concisa por aquí. A razón das miñas dudas? pois algo parecido a cando sacaron o seu anterior Night is the New Day: en 4 escoitas Katatonia non me dice absolutamente nada novo. Puxen, despuxen, empecei a pensar nas miñas cousas, de vez en cando levantaba a cabeza para ver si o álbum rematara ou no... Pareceume un coñazo. Tan grande coma o anterior.
E non sei se o motivo é que este novo sonido dos suecos non é o meu.. eu creo que non, porque con The Great Cold Distance pasárao xenial, e ainda de vez en cando o oígo. Pero é que nestes dous últimos discos creo que Katatonia quedouse absolutamente estancado e sen ideas, ou dito doutra forma, continuou na conformidade e no fácil de repetir esquemas de éxito pasado. Líneas vocales idénticas, con voces dobladas en determinados puntos estratéxicos xa vistos, estructuras parecidas, igual sonido... a miña impresión é que Night... e Dead End Kings son versións de sí mesmos de principios-mediados do 2000, pero máis tediosas e que teñen que ofrecer cada vez menos.
Por ahí lín: é o que os fans de Katatonia esperan, non? Non sei, non debo de ser logo moi fan para case durmirme cun disco que me resultou demasiado previsible e por ratos incluso monótono... Eu xuraría que o cambio anticipado en Tonight's Decision, que foron madurando con Last Fair Deal Gone, Viva Emptiness e The Great Cold Distance chegou ó punto no que xa non dá máis de sí. Pero a veces dudo da miña percepción cando observo as boísimas críticas e comentarios que están a recibir os últimos Katatonia, Dead End Kings, incluído. Serei un bicho raro, pero nin me emociona nin me dice nada novo. 3/10

viernes, enero 18, 2013

Attic - The Invocation (2012)

Attic - The Invocation (2012)
Heavy Metal
Facebook
King Diamond massive worship. 5/10

Die Vorboten - Existenz (2012)

Die Vorboten - Existenz (2012)
Industrial Heavy Thrash Metal
Oficial
Joé, na páxina que encontrei o disco destes estrafalarios alemanes clasificábanos coma "Death/Folk Metal", definición que comparte a Metal Archives... bueno, supoño que a collerían de ahí. A verdade é que non sei se o estilo era moi diferente no seu anterior álbum, pero eu non lle chamaría nin Death nin Folk ó que fan Die Vorboten en Existenz. Tamén é certo que un dos primeiros grupos que me veu á cabeza ó oílos foi Die Apocalyptischen Reiter e eles tamén gozan da mesma clasificación... En fin... hai certas bandas ás que resulta moi difícil incluír en estilos concretos, e estes alemanes son outros que están fóra de etiquetas. 
No caso de Die Vorboten, eu diría que practican unha especie de Metal moderno moi germano, con cambios extraños e vocalista un pouco teatral a veces, que vai de susurros a semirasgados, usando polo medio voz clara, moi do estilo do vocalista de Die Apocalyptischen Reiter. A base rítmica é moi potente e groovie, e está habitualmente rodeada de arreglos electrónicos, cando non son teclados-sinte-atmosféricos. Así, obtemos unha extraña mezcla de elementos de Industrial Metal, con Heavy, Thrash e incluso podería aceptar Melodeath. Con Death Metal como clasificación pasáronse un chisco, e o que tampouco aceptaría dentro da definición sería Folk, xa que se tocan algunha melodía medianamente folky é dunha forma case anecdótica e tanxencial. 
En resumen, aquí temos unha banda moi moi germana, filla de sonidos coma os dos mencionados Die Apocalyptischen Reiter, Knorkator ou JBO; un pouco tola a veces, a veces moi cañera, e outras veces olvidable. Recomendaríalla sólo a moi fans de sonidos industriales germanos. 5/10


jueves, enero 17, 2013

Ripe - The Eloquence of Silence (2012)

Ripe - The Eloquence of Silence (2012)
Heavy Metal
Oficial
Terceiro disco desta banda ata agora descoñecida para mín. Estes daneses parecen ter sufrido diferentes cambios de formación durante os últimos 12 anos, causa pola cal supoño que non andaron moi productivos desde o 2000.
O primeiro que me chamou a atención de Ripe é a calidade do cantante, que resultou ser nin máis nin menos que o recente fichaxe de Artillery, Michael Bastholm Dahl. O home ten unha voz impresionante, e con pinta de bastante polivalente, dos que tanto pegan nunha banda de AOR coma nunha de Thrash, e dentro do particular Heavy-Power de Ripe, Michael móvese á perfección.
O segundo desde logo é unha producción potente e profunda, que fai que o CD sone moderno ainda sendo un grupo de Metal de corte tradicional e clásico. De feito, Ripe recordoume a varias bandas de diferente procedencia segundo o tema; desde Pretty Maids ou Fate, a Running Wild ou Accept, e incluso ata Dio ou os Black Sabbath noventeros. En xeral, parecen tocar unha mezcla entre Metal alemán e Power americano ó que lle añaden un feeling de Hard Rock... é algo difícil de decir, e eso sempre está ben baixo a miña opinión. Se ademáis podemos constatar que non hai un momento de descanso nin baladas ñoñas -a única é "Song for a Shadow" case ó final e non é para nada pastelosa- e que nin sequera hai teclados, obtemos un disco de Heavy directo á vena, de temas cortos pero contundentes que sonan con moita garra gracias a unha gran labor de producción.
Se tivera que escribir algo negativo, sería que o álbum ten poucos momentos estelares deses que cho fan recordar por aquel detalle, aquel estribillo ou aquel riff que non o puideches sacar da cabeza, e quédase finalmente algo lineal nunha visión global. Polo tanto, diría que é un bo álbum, que non creo que pase á historia, pero que cumple. 7/10

viernes, enero 11, 2013

Steelwing - Zone of Alienation (2012)

Steelwing - Zone of Alienation  (2012)
Heavy Metal
Facebook
Segundo disco desta banda sueca que se fixo certamente popular entre os seguidores do Metal máis clásico co seu debut Lord of the Wasteland e que segue a onda retro iniciada por compatriotas seus coma Wolf ou Enforcer. O estilo desde logo é exactamente o mesmo: Heavy Metal ochentero e tradicional, basado na NWOBHM e o Speed-Power- Metal alemán. Neste caso vou ir un pouco contracorriente, sólo un pouco XD e decir que de toda a nova hornada de bandas que reviven o Metal ochentero, realmente me quedaría con moi poucas (Wolf, Portrait e poucos máis). Non creo que Steelwing o faigan mal, incluso hai temas resultóns tanto neste coma no anterior disco, pero por máis que lles dou oportunidades a moitos destes grupos, non crecen en mín, e acáboos pousando para non volver a oílos. Ó final acabo pensando: "realmente, se naceran nos 80 serían unha banda máis das miles que salían facendo esto, os discos clásicos nos que basan e incluso a veces modifican levemente riffs ou estructuras, están mellor". Nin Enforcer, nin White Wizzard, nin Skull Fist, nin Holy Grail, nin Cauldron chegan á altura das bandas nas que se basan, nin de lonxe. Steelwing, coma a maioría dos mencionados, están ben, sen máis. 6/10

Be'lakor - Of Breath and Bone (2012)

Be'lakor - Of Breath and Bone (2012)
Melodeath
Cun grandísimo debut como era Stone's Reach, os australianos Be'lakor fixéronse un hueco no apretado mundo do Death Metal melódico de forma insólita. Por eso, este novo Of Breath and Bone era altamente esperado e finalmente aupado pola crítica coma un dos mellores discos do ano de Melodeath, senón o mellor.
Con razón?
Baixo a miña opinión é un disco moi consistente, no que a banda demostra que pode seguir unha línea de alto nivel perfectamente, pero que tampouco é a panacea do mundillo nin resulta tan grandilocuente coma moita xente se atreveu a afirmar. De feito lín cousas como que é o mellor disco de Melodeath dos últimos anos ou que é unha "obra maestra" do xénero. Para mín, é un disco que simplemente está ben, contén moi bos momentos e está certamente logrado. A súa forma de compoñer, doblando punteos, alternando acústicas con eléctricas e pianos e ofrecendo esas atmósferas entre épicas e melancólicas tan finlandesas ás que se lle unen uns guturales chulos, está moi ben, pero non é nada novo. Grupos coma Insomnium, Noumena, Before the Dawn e os primeiros Sentenced xa o fixeron antes, e, guste ou non, Of Breath and Bone non superan os seus mellores traballos. Eso sí, non quita que este novo traballos sexa moi disfrutable, ainda que creo que a duración de algúns dos temas é excesiva. Tendo unha media de 8-9 minutos a maioría, atopámonos tanto con xenialidades coma con pasaxes que non dicen moito.
De todos xeitos, os amantes do Death finés moi melódico a medio tempo teñen un "must-listen" en Be'lakor. 7/10

jueves, enero 10, 2013

Microreviews Decembro'12 - Os demáis

Katana -  Storms of War (2012)
Heavy Metal
Facebook
Tema: KubilaKhan
Se os Whispered fan Melodeath de temática asiática, Nile están coa cousa exipcia, hai bandas españolas e italianas que falan sobre vikingos e ata por sudamérica hainas de Black Metal NS, porqué non uns suecos que escriben sobre samurais?
Neste caso, Storms of War é o segundo disco de Katana, unha banda moi influenciada polo Metal ochentero da NWOBHM, que mezclan de forma efectiva con toques de Hard Rock e con aqueles comezos do Power Metal. 
Cada un dos temas de Storms of War ten o seu punto distinguible sobre o resto, o cal deriva nunha escoita altamente agradable e variada. Por exemplo a inicial e rápida "The Reaper" pode recordar perfectamente a uns Judas Priest, "Wrath of the Emeral Witch" e "KubilaKhan" parecen unha mezcla entre Iron Maiden e Stryper, sensación que se me repite nos cortes máis largos, especialmente en "In The Land of The Sun", logo temos algo máis épico do estilo Hammerfall en "No Surrender", ou cousas cercanas ó Speed Metal británico/NWOBHM do tipo de Raven, Angel Witch ou Grim Reaper con "The Gambit"...
O conxunto completo é unha colección bastante sólida de temas, que ademáis conta coa producción de Andy LaRoque e que de seguro gustará a todos os amantes do Metal tradicional e británico dos 80. 7/10

Aborted - Global Flatline (2012)
Death Metal
Oficial
Tema: The Origin of Disease
Os Aborted ganáronse por sí mesmos un status dentro do Death Metal europeo na última década. Tal vez os seus fans non esperaban que a banda enseñara certos toques metalcore e industriales no seu último e criticado Strychnine.213, así que os belgas tomaron boa nota para volver a facer o que os seus fans queren deles: Death Metal con toques Grind. 
Neste Global Flatline, Aborted mostra que os experimentos os deixaron en apariencia de lado (ou para o outro proxecto máis Metalcore de Sven, System Divide), ainda que conservaron a producción moderna, certas licencias máis propias do Deathcore e voces que siguen tirando hacia un rasgado tamén bastante "core" que van ganando terreno ós guturales, cousa que non é do meu gusto particular. Polo resto, creo que é un album bastante decente, que aglutina contundencia, brutalidade e toques melódicos. Unha boa demostración de cómo se pode conxuntar o old school coa modernidade sonora. 6/10

Maimer - Enûma Eliš (2012)
Oriental Death Metal
Last FM
Tema: Вихрь
Seguro que para estes rusos dos que puiden encontrar moi pouca información será unha sorpresa se encontran un blog en lengua galega que fale do seu primeiro disco, e que ademáis o blog se chame igual que éste!
Foi un pouco de casualidade que me topara con Maimer, e é un dos típicos discos-demo que non me tiñan moita pinta, ata que vín o nome do traballo. Por curiosidade baixeimo -ah, maravillas de internet- e atopeime cun CD bastante decente de Death Metal moi influenciado por sonoridades orientales-mesopotámicas, cuestión a cal fai que un pense inmediatamente en Nile ou Behemoth, ainda que Maimer non chegan a ser tan brutales nin rápidos. Ademáis contan fan un uso habitual de teclados, ainda que sexan básicamente de background. Outro dos puntos que marcan diferencia entre aqueles dous e os rusos é que éstes tampouco chegan a ter unha producción tan boa nin clara, pero a mín non me importa cando o contido ten calidade creativa suficiente, e Enûma Eliš contena na escasa media hora que dura. 
Curioso, é a segunda banda -a primeira fora Kartikeya- de Deah Metal oriental que coñezo de Rusia, e ambas en cousa de un par de anos. 7/10

Desultor - Masters of Hate (2012)
Technical Death/Thrash Metal
Facebook
Tema: The Luxury of God
Cando oín o primeiro tema de Masters of Hate, realmente pensei que estaba a punto de presenciar un clon de Behemoth, xa que ese riff é clavado! pero non, os suecos Desultor desenvolvense nun Death Metal con pinceladas Thrash moi contundente e intenso. O feito de non contar cun cantante gutural failles entrar no saco de bandas do estilo de Into Eternity, Biomechanical, Mercenary ou Nevermore, recordando especialmente a estes últimos na forma de cantar do vocalista.... pero eu creo que Desultor son máis brutos que calquera deles.
Masters of Hate é un disco debut, algo reseñable, xa que non é a típica producción primeiriza. Tamén é certo que é un proxecto de dous ex-Machinery, banda con moitísima calidade que inexplicablemente se desfixo hai un par de anos. Estes dous ex-membros decidiron expandir a brutalidade intrínseca en Machinery ó máximo, así poderemos encontrar moitas referencias a distintas facetas do Metal extremo, que van desde guiños thrashers aos últimos Kreator, coma ao Death Metal sueco ou incluso ó Brutal Death, sempre cunha intensidade -palabra clave neste CD- digna de resaltar. Se ademáis unimos unha producción moi pro, éste é un dos álbumes a gardar no 2012 dentro do panorama Death, sen duda. 8/10

Marauder - Elegy of Blood (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: The Great War
Marauder é unha banda grega con máis de 20 anos de historia, pero nunca chegou a sobrepasar o circuíto nacional, e dudo que o faigan co seu quinto álbum Elegy of Blood. A principal razón é que o seu Heavy con trazas de Power Metal americano sona pouco novedoso e incluso soso e cansino a veces. Basta con oír temas tan fulerillos coma "Warrior", "World War II" ou "Roman Empire", nos cales a banda téntao, pero resultan demasiado fáciles de olvidar. Análogamente podemos falar do cantante, que sen posuír unha mala voz, moitas veces parece como se estivera aparte da música, coma se a acompañara dunha forma forzada, quedando nun plano paralelo moitas veces.
Musicalmente ten os seus puntos, pero Marauder non me consigueu chamar a atención, nin tan sequera con esa peza instrumental tan Iced Earth chamda "Hiroshima". Será un dos centos de álbumes que salen hoxe en día que se quedarán no olvido. 3/10

Cannibal Corpse - Torture (2012)
Death Metal 
Oficial
Tema: Demented Agression
Non me é fácil expoñer unha opinión sobre o último de Cannibal Corpse. Polo que levo visto por ahí, a maioría de xente está completamente dividida entre "é o mesmo de sempre" e "é un rompecuellos!". Ben, eu creo que ambas opcións poden ser correctas XD
Nunca fun moi seguidor dos americanos, cando empezaron a sacar música eu non estaba moi dentro do Death Metal tan brutote, eso foi algo que fun ganando cos anos, así que me perdín clásicos seus coma Tomb of the Mutilated e The Bleeding (e que por algunha razón, nunca me chamou demasiado retomalos). Creo que o primeiro que lles oíra fora Vile e non me chamara a atención.
Co tempo, escoitei algo máis deles, pero nada coma o Kill no 2006 me fixera pararme a decir "cuidao!" Disco éste co que me sorprendín a mín mesmo, degustando prácticamente cada un dos seus riffs e vivíndoo intensamente. O seguinte, Evisceration Plague, xa non me chamou en exceso a atención, e algo parecido ocorre con Torture, que sí, é un rompecuellos coma o resto de discos de Cannibal Corpse, pero que non me enganchou, e de feito acaboume cansando logo de un par de oídas. Non hai prácticamente cambios de estilo, quizáis o único sexa unha utilización do baixo máis técnica ou virtuosa do que lles recordaba. Polo resto, seguimos cun Death brutal, sen concesións e sen experimentacións, eso sí, con riffs que tanto poden sonar como repetidos, coma convincentes, pero que no resultado final non me impresionou.
Supoño que ós fieles da banda non os decepcionará. 5/10

Árstíðir Lífsins - Vápna Lækjar Eldr (2012)
Pagan Metal
Oficial
Tema: Ék sé framtíð í ísa broti
Segundo álbum deste proxecto procedente de Islandia, que xa tivera moi boa acollida co primeiro, e que segue senda ascendente con este impronunciable Vápna Lækjar Eldr.
O estilo non cambia demasiado daquel primeiro traballo: Pagan Metal con moita influencia blacker e folk. A forma de combinalo de Árstíðir Lífsins é mái ca sobresaliente, e, a pesar dos case 80 minutos de música contidos neste segundo LP, conseguen cautivar ó oínte dunha forma entre contemplativa, hipnótica e trascendental, tanto cando se atreven con blastings e muros de guitarra coma cando se deciden por explotar a rica parte folk que lle imprimen á súa forma de concebir o Pagan Metal. Así, pasaremos de momentos de intensidade e furia, a épicas partes de coros vikingos e tamén a traballadas seccións de Folk tradicional apoiadas por violín, bodhram, guitarras acústicas e teclados. Sen duda, o mellor vén cando nos fan pasar dun estado a outro sen case percatarnos, ou incluso se entremezclan, quedando todo incríblemente cohesionado no que sen duda é un dos mellores e máis completos discos de Pagan Metal dos últimos anos. 9/10

Kells - Anachromie (2012)
Symphonic Gothic Metal / Metalcore
Oficial
Tema: Se Taire
Anachromie é o terceiro disco dunha banda que se fixo bastante famosa no país veciño. Estes franceses fan unha mezcla que levo vendo máis habitualmente desde que grupos coma Deadlock e The Agonist se empezaron a facer famosillos. Por un lado temos a parte "bonita" de voz clara femenina, que recorda a Scabbia ou Amy Lee, cun chorro potente e definido, arreglos de teclados e piano e ambientación oscura pero romántica, e polo outro temos riffs de guitarras profundas que se meten en terrenos de Metalcore, Metal moderno e ocasionalmente Dark Rock e que se vé acompañado de rasgados femininos. Está claro que Anachromie pretende acoller un amplo espectro de fans; desde os do Pop-Gothic-Metal ata os do Metalcore, dúas correntes de moda hoxe en día entre os rockeros máis adolescentes. Eu son da opinión que dentro de cada un destes estilos hai pouquísimo para elexir, incluso cos que os misturan, e con Kells non é diferente.
A parte máis positiva podémola encontrar na versatilidade da súa cantante,Virginie, e tamén nalgún extracto de canción no que mezclan moi ben a contundencia coa sinfonía, pero eso pouco importa cando nos encontramos ante disco que se fai largo e que dice moi pouco novo, ata incluso dentro do propio álbum; hai temas que se parecen demasiado entre sí, tal vez por culpa dunhas líneas vocales pouco atractivas e similares ou pola pouca trascendencia da parte rítmica do grupo. 3/10

Loudness - 2・0・1・2 (2012)
Heavy Metal
Superando os 30 anos de historia, os xaponeses Loudness seguen a dar caña sen baixar o pé do acelerador. De feito, creo que hoxe en día aínda sonan máis potentes que nalgunha das cousas que lles tiña oído, combinando Heavy con Speed/Thrash Metal; medios tempos con tempos rápidos nos que o batería non vacila en utlizar dobles bombos se se tercia, e os guitarristas tampouco desestiman meter o número de riffs que sexan necesarios por tema, creando certa variedade que se agradece. O malo é que o conxunto falla, xa que hai temas que se parecen demasiado entre sí e crean certa linealidade que a mín personalmente me saturou... ainda que en realidade me fastidie admitilo, porque non creo que sexan individualmente malas cancións. 
Así que sinto decir que 2-0-1-2 será outro álbum máis de Loudness que outra vez se quedará a portas do umbral de popularidade que a banda sempre tentou romper. Recordo que nos 80 ata contrataran a un cantante americano -Michael Vescera- para entrar no mercado estadounidense.
Agora penso que simplemente se deixan levar facendo o que lles gusta e conservando a súa base de fans, e con este novo disco as cousas non cambiarán. 6/10

Oddland - The Treachery of Senses (2012)
Progressive Metal
Cando Oddland ganaron o concurso finlandés do "Suomi Metal Star" con final na Finnish Metal Expo do 2011, tamén ganaron un contrato coa gran Century Media para o seu primeiro traballo The Treachery of Senses. Como era de preveer, unha vez dentro da compañía, Oddland conseguiron fondos suficientes como para sacar un álbum que sona moi profesional, nótase que invertiron en producción, xa que poucos debuts sonan tan cristalinos coma éste. 
En canto á música, estes finlandeses parecen estar cómodamente instalados entre uns Opeth pre-Heritage sen guturales e os traballos máis metálicos de Pain of Salvation. Nada novo por tanto, pero tampouco nada falto de calidade. Teño que dicir que nas primeiras oídas me gustou bastante máis que nas últimas, polo que o disco se me fixo "vello" en pouco tempo, ainda que non se pode negar que hai un traballo técnico e artístico salientable dentro del. Espero que para o próximo, Oddland desarrolle un estilo máis propio e que se deixen levar pola súa propia experimentación para facer temas que non "acaben sonando a..." nin resulten a veces reincidentes en esquemas parecidos. 6/10

Marduk - Serpent Sermon (2012)
Black Metal
Disco número 12 da historia de Marduk, e un case que a estas alturas pode adivinar qué é o que se vai atopar sen temor a sorpresas nun traballo dos suecos: blastings feroces que se combinan con tempos lentos e malévolos, growlings infernales, atmósfera satánica... E desto non falta, pero sí que notei certa diferencia con anteriores traballos hacia experimentacións na disonancia e na creación de unha atmósfera máis caótica e nihilista. Pode que a incorporación do novo vocalista, vido de Funeral Mist, axudara a fortalecer esta impresión. Sen embargo, a pesar do gran traballo vocal e maior presencia dun baixo que se move máis fluídamente do que eu recordaba, Serpent Sermon resultoume difícil de oír sobre todo da metade hacia o final. Non é que os 50 minutos de duración sexan excesivos, pero sí que se fan costa arriba (creo que co tempo estou valorando cada vez máis os traballos cortos -sempre coas súas excepcións-), e penso que o disco ganaría sen temas que realmente se quedan como bastante mediocres, coma "Gospel of the Worm" ou "World of the Blades" ou sen finales tan desanxelados coma o que fixeron para "Into Second Death". Ademáis o feito de acabar o CD con 2 cancións de 7 e 8 minutos maiormente a medio tempo tampouco creo que sexa unha boa idea. 5/10

Svyatogor - Doctor Veritas (2012)
Avantgarde Melodic Black Metal
Reverbnation
Tema: Spit and Forget
Non será a primeira nin a última vez que me deixe levar por unha portada curiosa e unha definición estilística rechamante, e logo me encontre con álbumes anárquicos e malos coma éste dos ucraínos Svyatogor. Concretamente, á súa música está clasificada como Black/Death con influencias folk, pero eu ainda non llas atopei, alomenos neste terceiro traballo seu, Doctor Veritas. O que sí encontro é unha intención de tomar o Metal extremo desde un punto de vista diferente, con riffs extraños, arreglos bizarros e estructuras tamén inusuales. Así temos unha base de Black Metal progresivo e/ou experimental ó que añaden un pouco de todo: desde riffs máis heavies a outros máis blackers, a un saxo que parece que vaia á súa bola, e complexos cambios de ritmo que máis de unha vez te collen desprevenido. Sobre o lienzo, esto pode sonar interesante, pero á hora da verdade, Svyvatogor móstrase coma unha banda que non sabe facer temas, que parece que lance sin xeito cambios que son difícilmente asimilables, facendo un collage de cousas entre as que atoparemos desde extractos convincentes a outros bastante menos inspirados. Lamentablemente éstes últimos forman a maior parte de Doctor Veritas, e causan que o inicial caos se torne a veces insufrible por unha composición deficiente. 2/10

Wolfen - Chapter IV (2012)
Heavy Power Metal
Oficial
Tema: I Am I
Título pouco orixinal para este cuarto traballo dos alemanes Wolfen, un grupo descoñecido ata este traballo para un servidor. E pouco orixinal proposta tamén, ainda que se desenvolven ben dentro do que fan.
O seu é un Heavy/Power Metal potente, que a veces bordea co Thrash teutón de bandas coma Kreator ou Paradox, pero que se mantén nun contundente Heavy que me fixo recordar máis dunha vez a Brainstorm ou Powerwolf. Difícil escoller algún tema en Chapter IV, xa que todos están nun nivel bastante parecido e hai poucos que chamen a atención. Polo tanto, disco correcto, do que non se pode decir nada exactamente negativo, pero que vexo pouco probable que faiga dar un salto dentro do xénero a Wolfen. 5/10