Esto da semana do estudiante.... vai acabar conmigo!
Resulta que temos festa toda a semana, ontes mesmo fomos a unha festa que organizaron uns italianos no seu piso no centro, e bueno... eso era o encontro das nacións unidas!!
O malo é que a xente empezouse a ir sobre as 12:30 -1:00 da mañá!!! Home, tamén foi martes...
Bueno, o caso é que estivo moi ben, alí era mirar a alguén e empezar a chapurrear inglés falando do que sexa... Non vos creades que había moitas tías (xa sei que me estades pedindo este tema, estou lonxe pero estouvos lendo a mente desde aquí :) ) pero as que habia, coma sempre estaban bastante ben... e moi ben jejeje. O caso é que conocín a tantisima xente que son incapaz de acordarme case de ningún nombre.. e é que habia cada un...que case me salía mellor se estivese comendo un polvorón ó decilo...
Pero bueno... o caso é que polo menos as caras vanme sonando e xa teño tema de conversa con moitos por eso.
Por certo, os italianos son uns sobóns do carallo!!! Todos!!! De feito, decidimos entre os españoles que cando estivesemos falando con algunha tía, apartarnos deles.. porque perfectamente poden chegar e abrazarse a ela/s sen conocelas de nada!!! Entonces as tías o que fan é apartarse consecuentemente tamén de nós...
Ah! si! tamen supoño que estaredes desexando ver fotos... a ver se amaño ese tema en breve, porque non dou feito pa metelas no ordenador... non me sale nada de "disco externo" nin "disco auxiliar"... xa verei... pero habelas, hainas!
Mmmm que mais... o lunes tamén salimos de marcha XDDD e fomos a unha "disco" estonia...
mi madriña qué cousa mais rara!!! Fomos con 2 finlandeses e cun vasco e todos estabamos flipando...
Bueno, antes de nada... entrada... 3 euros.... consumicion... outros 3 mais... esto qué é??? o congo belga???Eu pensaba que fora a un pais barato!! Bueno, ó mellor é que era un pouco pija.... ó mellor é que nos viron caras de parvos... ó mellor o que se levan a próxima é unha osstiáááá!!!
Bueno, eso no, que habia uns marulos de porteiros que asustaban... tiñan unha cara de rusos perdidos, e de mala ostia!
O caso é que entramos, e foi como entrar .... non sei .... coma se en España entras nunha disco de House machacón con xente pasada.... A forma de bailar da xente era coma unha mezcla entre aerobic e convulsións!!!Daba gusto velos!!! Parece coma se o obxectivo fose mover o maior número de partes do corpo á maior velocidade, non importa cómo. A min recordoume algo, non sei se algun os vistes, ós tipos que bailan hardcore metal, que parece que están como pelexando con alguén invisible pero a toda caña!! Pois estes era o que os hardcore ás pelexas, eles ó aerobic descontrolado!!
A todo esto, a música... pois.. pffff... un dos finlandeses dixome que era drum & bass, pero eu pensaba que eso era mais liviano jeje... eu definiria a musica ... como uns prodigy sen voz a toda caña, ultra repetitivos, e sen descanso, é decir, era coma unha sesión no que nos deu a sensación de estar oindo o mesmo cacho de 10 segundos repetido durante as 2 horas que estivemos.
Fixome moita gracia que mentres eu taba sentado cos finlandeses alucinando os demais españoles estaban coma se tiveran oindo pachangueo, vamos coma se tiveran oindo a juanes mentres que ó redor deles habia un caos hahaha.. Cristian dixome que intentou imitar o seu estilo de baile e que durou 15 minutos e veu todo sudando hahahaha , que incluso tiña agujetas ó día siguiente hahahahahaha
Bueno, e eso é a grandes rasgos o que vin que se cocía, hoxe (como non) temos outra festa, que parece que é a grande da semana, xa vos contarei... pero parece que todo Tallinn vai ir!!
Cambiemos de tercio.
Agora vou contar cousas sobre este sitio:
A ver, non hai pan!!!!!! O único que podemos comprar é unha especie de pan bimbo-artesano que xa ven en bolsas cortado!!!
Os cartos: esto é do peor, cando chegamos fomos cambiar os nosos euros e eso foi moito... supostamente 1 euro=15`90 EEK (corona estonia), pero resulta que aquí teñen billetes para todo, co cal ó desfacer 100 euros deronnos unha cantidad de billetes que parecia que eramos os reyes!!!
Aquí teñen billetes de 500 coronas: trintealgo euros
100 coronas: 6`5 euros
25 coronas: case 2 euros
10 coronas: uns 70-80 centimos de euro!!!!
5 coronas: uns 40 centimos de euro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
2 coronas: uns 15 céntimos de euro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Pero esperade... tamen teñen monedas!!!!jajajajajajajajajajajajajajajajaja
Monedas de:
1 corona: uns 6 centimos de euro!!!
0´50 coronas: 3 centimos de euro!!!!
0`20 coronas: 1 centimo de euro!!!
Xa vos enviarei unha foto dos billetes, non ten desperdicio... porque vamos cun fajo de billetes tremendo e igual temos 10 euros ou menos..
Taxis: un timo seguro se eres extranxeiro, aquí non teñen legislación decente con respecto a eso e case que calquera pode facerse taxista, co cal venos cara de foráneos e hala! clavadas....
Dixeronnos que non deberiamos pagar mais de 80-100 coronas por un taxi, pero levamos pagado ata 150!!! Dan ganas de... é o peor de Tallinn, e eso que xa preguntamos o precio antes de entrar neles...
Buses-Trollbus: o mellor!! aquí faste unha tarxeta acreditando que eres estudiante e tes un bono por un mes pagando 10 euros mais ou menos no que podes subir en calquera bus/trollbus (aqui o trolebús é o mais extendido) cantas veces queiras. Dixéronnos que algunha vez vén algún revisor, pero xa levamos uns cantos viaxes e non vin nada... É moito!! ti subes e listo!! Non me quero imaxinar qué pasaría se implantan este sistema en España, a pila de aproveitados que habería! pero é un sistema moi bon!
Persianas: é demasiado, nin sequera saben o que son!!!
Congelador: tampouco entenden pa qué queremos un congelador!!! é decir, venden congelados, pero hainos que comer ó momento! e o dos cubitos de hielo... pois haberá que pasar sen eles...
Comida: estamos probando cousas novas... pero a verdade é que non nos gustou demasiado o que levamos probado, Estonian food sucks :DD!!! Así que nos vemos comendo moita pasta, arroz e cousas fritas...
Bueno, xa vale de parrafada, que xa se me cansaron os dedos!
Teneis suficiente no? Sieeeempre quereis mas....
jajaja
Veña ataoutra!