miércoles, septiembre 20, 2006

Cousas

Esto da semana do estudiante.... vai acabar conmigo!
Resulta que temos festa toda a semana, ontes mesmo fomos a unha festa que organizaron uns italianos no seu piso no centro, e bueno... eso era o encontro das nacións unidas!!
O malo é que a xente empezouse a ir sobre as 12:30 -1:00 da mañá!!! Home, tamén foi martes...
Bueno, o caso é que estivo moi ben, alí era mirar a alguén e empezar a chapurrear inglés falando do que sexa... Non vos creades que había moitas tías (xa sei que me estades pedindo este tema, estou lonxe pero estouvos lendo a mente desde aquí :) ) pero as que habia, coma sempre estaban bastante ben... e moi ben jejeje. O caso é que conocín a tantisima xente que son incapaz de acordarme case de ningún nombre.. e é que habia cada un...que case me salía mellor se estivese comendo un polvorón ó decilo...
Pero bueno... o caso é que polo menos as caras vanme sonando e xa teño tema de conversa con moitos por eso.
Por certo, os italianos son uns sobóns do carallo!!! Todos!!! De feito, decidimos entre os españoles que cando estivesemos falando con algunha tía, apartarnos deles.. porque perfectamente poden chegar e abrazarse a ela/s sen conocelas de nada!!! Entonces as tías o que fan é apartarse consecuentemente tamén de nós...
Ah! si! tamen supoño que estaredes desexando ver fotos... a ver se amaño ese tema en breve, porque non dou feito pa metelas no ordenador... non me sale nada de "disco externo" nin "disco auxiliar"... xa verei... pero habelas, hainas!
Mmmm que mais... o lunes tamén salimos de marcha XDDD e fomos a unha "disco" estonia...
mi madriña qué cousa mais rara!!! Fomos con 2 finlandeses e cun vasco e todos estabamos flipando...
Bueno, antes de nada... entrada... 3 euros.... consumicion... outros 3 mais... esto qué é??? o congo belga???Eu pensaba que fora a un pais barato!! Bueno, ó mellor é que era un pouco pija.... ó mellor é que nos viron caras de parvos... ó mellor o que se levan a próxima é unha osstiáááá!!!
Bueno, eso no, que habia uns marulos de porteiros que asustaban... tiñan unha cara de rusos perdidos, e de mala ostia!
O caso é que entramos, e foi como entrar .... non sei .... coma se en España entras nunha disco de House machacón con xente pasada.... A forma de bailar da xente era coma unha mezcla entre aerobic e convulsións!!!Daba gusto velos!!! Parece coma se o obxectivo fose mover o maior número de partes do corpo á maior velocidade, non importa cómo. A min recordoume algo, non sei se algun os vistes, ós tipos que bailan hardcore metal, que parece que están como pelexando con alguén invisible pero a toda caña!! Pois estes era o que os hardcore ás pelexas, eles ó aerobic descontrolado!!
A todo esto, a música... pois.. pffff... un dos finlandeses dixome que era drum & bass, pero eu pensaba que eso era mais liviano jeje... eu definiria a musica ... como uns prodigy sen voz a toda caña, ultra repetitivos, e sen descanso, é decir, era coma unha sesión no que nos deu a sensación de estar oindo o mesmo cacho de 10 segundos repetido durante as 2 horas que estivemos.
Fixome moita gracia que mentres eu taba sentado cos finlandeses alucinando os demais españoles estaban coma se tiveran oindo pachangueo, vamos coma se tiveran oindo a juanes mentres que ó redor deles habia un caos hahaha.. Cristian dixome que intentou imitar o seu estilo de baile e que durou 15 minutos e veu todo sudando hahahaha , que incluso tiña agujetas ó día siguiente hahahahahaha
Bueno, e eso é a grandes rasgos o que vin que se cocía, hoxe (como non) temos outra festa, que parece que é a grande da semana, xa vos contarei... pero parece que todo Tallinn vai ir!!
Cambiemos de tercio.
Agora vou contar cousas sobre este sitio:

A ver, non hai pan!!!!!! O único que podemos comprar é unha especie de pan bimbo-artesano que xa ven en bolsas cortado!!!

Os cartos: esto é do peor, cando chegamos fomos cambiar os nosos euros e eso foi moito... supostamente 1 euro=15`90 EEK (corona estonia), pero resulta que aquí teñen billetes para todo, co cal ó desfacer 100 euros deronnos unha cantidad de billetes que parecia que eramos os reyes!!!
Aquí teñen billetes de 500 coronas: trintealgo euros
100 coronas: 6`5 euros
25 coronas: case 2 euros
10 coronas: uns 70-80 centimos de euro!!!!
5 coronas: uns 40 centimos de euro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
2 coronas: uns 15 céntimos de euro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Pero esperade... tamen teñen monedas!!!!jajajajajajajajajajajajajajajajaja
Monedas de:
1 corona: uns 6 centimos de euro!!!
0´50 coronas: 3 centimos de euro!!!!
0`20 coronas: 1 centimo de euro!!!
Xa vos enviarei unha foto dos billetes, non ten desperdicio... porque vamos cun fajo de billetes tremendo e igual temos 10 euros ou menos..

Taxis: un timo seguro se eres extranxeiro, aquí non teñen legislación decente con respecto a eso e case que calquera pode facerse taxista, co cal venos cara de foráneos e hala! clavadas....
Dixeronnos que non deberiamos pagar mais de 80-100 coronas por un taxi, pero levamos pagado ata 150!!! Dan ganas de... é o peor de Tallinn, e eso que xa preguntamos o precio antes de entrar neles...

Buses-Trollbus: o mellor!! aquí faste unha tarxeta acreditando que eres estudiante e tes un bono por un mes pagando 10 euros mais ou menos no que podes subir en calquera bus/trollbus (aqui o trolebús é o mais extendido) cantas veces queiras. Dixéronnos que algunha vez vén algún revisor, pero xa levamos uns cantos viaxes e non vin nada... É moito!! ti subes e listo!! Non me quero imaxinar qué pasaría se implantan este sistema en España, a pila de aproveitados que habería! pero é un sistema moi bon!

Persianas: é demasiado, nin sequera saben o que son!!!

Congelador: tampouco entenden pa qué queremos un congelador!!! é decir, venden congelados, pero hainos que comer ó momento! e o dos cubitos de hielo... pois haberá que pasar sen eles...

Comida: estamos probando cousas novas... pero a verdade é que non nos gustou demasiado o que levamos probado, Estonian food sucks :DD!!! Así que nos vemos comendo moita pasta, arroz e cousas fritas...

Bueno, xa vale de parrafada, que xa se me cansaron os dedos!
Teneis suficiente no? Sieeeempre quereis mas....
jajaja
Veña ataoutra!

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Ben, hai que ver de todo ali onde estés, peeeeero.... que non se che ocurra volver a discos bacalutis: HOME POR DIOOOOOSSSSS!!!! Busca os garitos decentes xa, que logo imos y eu non quero ver a estonios con ataques epilepticos!!!! XDDD

En fin, que... NON HAI PAN??????? meu deussssssssss!!!!!

Con respecto ao do conxelador: Jajaja... so a ti se che ocurre preguntar polo conxelador casi cerca do polo norte. É como ir ao deserto e preguntar polas estufas!!! Diego, por Satán!!!!

E o das persianas, normal, iso en Persia!!! XDDDDDDD

Marcooooosss, teñen "TROLLBUS"!!! Trolhamareeeeeeeeeeeeeen!!!!!!!!
Jajajajajjajaja... que bo!!!!!

Ben, sigue a pasalo ben Enuma que logo tes que estudiar... jejejeje... DIGO EU????? (senon contolle a tua nai que fuche só para tar de festa... ;)

Saude e Metaaaaaaaaaaaaaaaaaaaal

enlil dijo...

Vamos a ver!!!
Se queremos comprar conxelados, tipo filetes de pescado ou algo asi, temos que comelos no momento!!E cubitos de hielo, pois a min non me importa moito porque eu only beer, pero os compañeiros cos que estou gustalles facer combinadillos con hielo...
Foi moito, cando estaba en recepción estiven 15 minutos falando coa tia e ela mirabame como dicindo... e este pa qué quere un fridge???
O de estudiar é incrible, pero aquí tomano todos cunha pachorrrra que bueno... estamos indo a falar coa nosa coordinadora de erasmus (mi madriña cómo sudamos cando a vemos...)e ela dicenos... traaanquis, non vos apureeedes, hai tempo... e eso que levamos case 3 semanas de retraso!!
O lunes iremos a clase por primeira vez.. a ver...
Aqui tamen os horarios son moi extraños, eu por exemplo teño 7 asignaturas!!!! pero solo teño clase luns, martes, e miercoles!!!
E unha das asignaturas teño que dala en 2 semanas intensivas!!!
É decir, vou esas 2 semanas e listo... eso si... hai dias dentro desas 2 semanas que teño 8 horas de clase seguidas!!!!!!!!!!!!
Joooooooooood..............

enlil dijo...

espera que ontes dinme conta que tamen hai monedas de 10 centimos de corona!!!! a mitad dun centimo de euro!!!

Anónimo dijo...

Bos dias Enlil!!! Jeje...

Vexo que hoxe te levantache cedo ;)
Como van esas festas estonianas???

Anónimo dijo...

Tanto protestar polo arenal e vas a estonia a meterte en sitios chungos, por certo tivo exito o licor cafe? a ver se n estaban bailando e sufrian un ataque de verdade, jeje...
8 horas de clase en ingles!!!!! iso seguro q e ilegal, ti enterate ben pero pa min q te van a por a picar pedra durante 8 horas, cubrindo ti todo o papeleo seguro q te apuntache nun cursillo de traballos forzados ou algo asi, jeje... Polo menos voltaras pa Galicia feito un cahas, xd

Deica

Anónimo dijo...

mmmmmm, boa observación a túa, kike. Diego, ti non desconfiache cando viche aí ós chinos??? mira que o de traballar coma chinos vén de algo....Pero bueno, os Chinos nada, que fijo que o de Erasmus e todo unha tapadera para montarse aí un restaurante ou un todo a 100.
Por certo hoxe estivemos a facer cávalas e atopamos angel e eu un gran negocio, imos montar unha empresa a Estonia!! IMOS MONTAR UNHA PANADERÍA!!! Sempre hai que ofrecer ó consumidor os productos dos que carece, jeje, así que podias votarnos unha man e ir facendo un estudio de mercado a ver como resulta.
Por certo a simon seguro que tamen lle parece interesante o rollo de non haber nin frigoríficos nin xeos!! Seguro que algo quererá montar aló, unha sucursal de Cofrico, jiji.
Bueno, xa nos seguirás contando!!

Anónimo dijo...

Marcos, cando empezades co negocio?, eu tamen me apunto, jeje... A diego por dar a idea non lle cobramos a barra de pan a mais de 10 euros, ainda q lle podemos facer un desconto se empeza a plantar trigo como si estivera loco

Un bico pas estonias, e un saudo pa ti, jeje

Anónimo dijo...

non hai persianas? q pasa q e todo o tempo noite, o e q nunca se levantan d resaca? tp hai pan...anda q botaras d menos os bocatas d lomo e queixo d facultadade...drum & bass??dios ainda existe iso manda, vaia pais chaval menos mal q as tias stan boas q sinon... oes ali hay 100 pippers?

Anónimo dijo...

Marga, isto non é a pantallinha do movil, co cal intenta escribir usando todalos caractares nas palabras porque senon queda bastante ridicula a lectura!!!
Grazas.