domingo, enero 16, 2011

MicroReviews Xaneiro'11 - 1ª quincena

Nota: As microreviews son 100% subxectivas pola miña parte.
Note: The microreviews are 100% subjective by my side.
0 - Non o quero nin regalado/ I dont want it, not even as a gift
1 - Algúns chámano música, non serei eu / Some people call this music, not me this time
2 - Un álbum malo, sen máis / A bad album, no more no less
3- Gustaralle a algún, pero penso que hai mellores cousas para oír / Some people might like it, though I think there are better things to listen to
4 - Hai esforzo detrás, pero fáltalles saber facer mellores cancións / There is an effort, but they need to do better songs

5 - Hai boas ideas, pero non pasa de ser un álbum máis / They've got good ideas, but not enough good as to be memorable
6 - Ten gancho e paréceme un bon disco / It has a charm, it's a good album
7 - Un bon album que supera a media / A good album above the average

8 - Un gran album que tería que ser apreciado pola gran maioría dos amantes do xénero / A great album that the mayority of the genre fans should like.
9 - Intachable, un album que merece a pena comprar / Flawless, a worth buying album
10 Intemporal
/ Masterpiece

Helstar - Glory of Chaos (2010)
Power Thrash Metal
Non pasan os anos por esta veterana banda americana, que dalgunha forma sempre emparento con Heathen, debe de ser polo parecido dos nombres e dos estilos :D e cómo non, porque ambas están sacando uns discazos recientemente. Heathen con "The evolution of chaos" e Helstar con "The king of hell" de fai un par de anos e este novo ahora, que é todo un trallazo de cómo debe ser o thrash metal. Grandes riffs que che fan menear a cabeza durante todo o disco e unha gran voz, cun toque añejo aos discos de Power e Thrash Metal dos ochenta pero que hoxe en día siguen funcionando á perfección.
Caution: Hard Headbanging Danger. 8/10

Rotting Christ - Aealo (2010)
Dark Metal (nin idea de cómo chamarlles)
Rotting Christ parece que lle colleron o gancho ó estilo que practican nesta última década ainda que disco a disco deron pequenos pasos hacia meterse máis nese folk extraño e ritualista de toques orientales. Cando introducen os cánticos femeninos incluso me recordan a grupos de pagan-folk eslavos pero dándolle outro aire máis orixinal.
Se lle poño algunha pega a Aealo, sería que hai certas melodías que son demasiado parecidas con outras de álbumes pasados ou incluso dentro deste mesmo álbum (punteos de "Demonon Vrosis" e "...Pir Threontai"). Supoño que os máis fans dirán que ese é o sonido propio da banda, que por outro lado chegou a un punto de ser case inconfundible, e eso desde logo é algo moi valorable, pero bueno...
O que non ten discusión é que este álbum é certamente pegadizo e ameno de oír. 7/10

Painful Existence - Dead Lies (2011)
Melodic Death
Parece que levan 5 anos como banda pero este álbum sona totalmente primerizo. O background musical penso que sin duda se podería considerar como Melodeath con algún toque de Metalcore, e non é que aporte demasiado, pero non se vé que o faigan mal, ainda que para o meu gusto non está de todo ben mezclado. Logo hai que añadirlle unha voz masculina que canta en plan rasgado e é algo estridente, case cercana ó metalcore. E por último, unha voz femenina que intenta cantar en limpio coma o poidera facer a de Deadlock. Digo intenta porque a mín polo menos pareceume que lle queda por mellorar un pouco. Para escoitar PopMelodethcore mellor coller o Wolves de Deadlock, que debe ser do pouco salvable entre todos os que están salindo facendo algo similar. Olvidable. 3/10

Pagan Throne - The Way to the Northern Gates (2010)
Black Metal
Primeiro disco destes brasileños, os cales me deixaron contrariado, xa que me esperaba encontrar un álbum de Pagan Metal ou Viking Metal vendo o nome do grupo e a portada. Con respecto ó álbum, non é nada doutro mundo, escoitei o disco e non se me fixo largo, pero tampouco me dixo nada. É deses discos dos que non podes poñerlle moitas pegas, pero tampouco dicen demasiado a favor. Como detalle curioso, a última canción, na versión que conseguín, sona moitísimo mellor que o resto, non sei se esto influeu tamén en que fora a que máis me gustou. 5/10

Darkseed - Poison Awaits (2010)
Gothic-Heavy Metal
Os eternos segundóns de Paradise Lost, parece que sempre foran mirando a ver qué paso daban os británicos para empezar a facer eles. En "Poison Awaits" síguese vendo unha clara influencia de Paradise Lost ainda que intentan desligarse con algún que outro teclado e sample electrónico diferente que fai que por veces tamén recordemos aos seus compañeiros alemanes Crematory na súa última etapa, ainda que sen voz gutural, ou tal vez a algún grupo finés do tipo de Charon ou To/Die/For. A mín non me parece un gran disco, pero gustoume máis que o último de Paradise Lost, que me decepcionou bastante logo de sacar unha maravilla coma In Requiem. 5/10

Crashdiet - Generation Wild (2010)
Hard Rock
Xa puxera algo de Hardcore Superstar antes, e agora tocáballe ós seus compadres, tanto en país coma en sonido, Crashdiet, así que esto éche Hard Rock moi ochentero, na vena dos míticos do xénero. Sen embargo este album non me gustou tanto coma o dos HS, tal vez porque contén cancións con menos gancho e tamén que as súas influencias, en ocasións son demasiado palpables.. ou dito doutra maneira, hai riffs, coros, melodías... demasiado parecidas a cousas xa feitas. Por exemplo, agora que o estou escoitando mentres escribo, propúxenme decir o primeiro grupo que me vén á cabeza segundo pasan as cancións. Se oídes o disco, xa me diredes se tedes esa mesma sensación:
"Armageddon": Skid Row
"Generation Wild": Lordi
"Rebel": Motley Crue e un pouco de Billy Idol
"Down with the dust": ese principio é casi "Animal (Fuck like a Beast)" de WASP!
"Native Nature": outra vez Skid Row co principio de Monkey Business (que se vé que o oíron moito de pequenos)
"Save Her" tamén me sona moitísimo, pero non me da salido a qué.
...
Bueno, e logo claro está, montón de guiños ós innumerables grupos clónicos de Hard-Glam Rock dos 80.
Se vos gustan os citados, supoño que vos gustará Crashdiet. O álbum, está ben a secas. 6/10

Sodom - In War and Pieces (2010)
Thrash Metal
Un álbum moi heavy-thrash para a caña que temos asociado ó nombre de Sodom. E a verdade é que a mín me gusta máis que algúns dos anteriores que levan sacando duns anos para acó, aos cales lles dín escasa atención. Pero tampouco é que sexa un album que vaia marcar un antes e un despois na súa historia, para o meu gusto estivo ben, sen máis, pero sigo preferindo os clásicos da banda (que por certo fai boa que non lles dou unha oída!). 6/10

Korzus - Discipline of Hate (2010)
Thrash Metal
Moi influenciados por Slayer, estes brasileños que levan case 30 anos de historia, sacan este novo disco, que cumple, sen máis. Non creo que busquen orixinalidade senón máis ben facer riffs cañeros sen complexos, así que supoño que o que fan é xusto o que queren, e o que os seguidores do Thrash buscan. Ademáis ten unha boa producción, así que os thrashers de toda a vida seguro que o disfrutarán. Para o meu gusto, grupos coma Sepultura e sobre todo Slayer están demasiado presentes, na voz, nos riffs e solos, e eso réstalle. 6/10

Theatres des Vampires - Moonlight Waltz (2011)
Gothic Metal
Mira que levan anos estes italianos, primeiro facendo unha especie de cutre-copia de Cradle of Filth, e logo volvéndose máis "góticos" con algún toque de electrónica... e ainda non lles oín algo decente. Neste disco hai pouca electrónica, máis ben hai arreglos orquestales, pero que non sosteñen o conxunto porque as cancións son malas a secas. Unido a esto, a cantante máis que cantar parece que se queixe con tantos jadeos, ben pode estar boa porque doutra cousa parece que xa non son capaces de vivir os grupos de gothic metal de hoxe en día que teñen pouca maña para facer música. Un par de cousas curiosas: outra vez unha versión de "Hijo de la luna" de Mecano? qué lles deu ás bandas de metal últimamente con esa canción? ; e aparte, o disco está producido por Christian Ice! aquel que fixera a famosa versión en Death Metal de Shakira e que moita xente pensa que é de Ten Masked Men. 3/10

Visual Cliff - Collective Spirit (2010)
Progressive Rock-Metal
Grupo de temática cristiana que practica un heavyrock con toques progresivos. Non é un mal disco, nótase diferentes influencias estilísticas, pero tampouco sobresale pola súa brillantez. Ademáis, empeza moi ben, moi cañero, pero a medida que pasan as cancións vai perdendo fuelle en post de máis e máis baladas. Unha ou dúas está ben, pero 4 seguidas! Na última canción espertei un pouco, e sin ser unha boa canción, alomenos ahí sí se oían guitarras con distorsión... 5/10
Tristwood - Dystopia et Disturbia (2010)
Industrial Brutal Death Metal
Vaia caña! Despois de oír a primeira canción quedeime K.O., pero non no bon sentido. Non me esperaba algo tan basto e caótico desde logo, sobre todo cando souben que neste grupo había membros de Lost Dreams imaxinábame algo máis melódico.
Tristwood pecan de manter unha saturación sonora que toca ceo. Aparte de moi grave e enmarañado, -ainda que pode que quixeran sonar así adrede, quén sabe!-, cando hai blastbeats con doble pedal a todo trapo eso non hai por onde collelo. Non sei, non debo ser un amante "auténtico" do Brutal Death, pero a mín, "Dystopia et Disturbia" deixoume un pouco de dolor de cabeza. Acabeino a duras penas e eso que sólo dura 30 minutos. 1/10

Icethrone - Beggar's Song(2010)
Viking Melodic Death Metal
Crítica modo resumido: aaaaaaaaajajajajajajajajajajajaja... cero.

Critica modo explicativo: Creo que facía tempo... pode que desde outro grupo italiano, ou sexa, compatriotas de Icethrone, que non me ría escoitando un disco. Os outros chamábanse Organa se non recordo mal, e creo que gardara o álbum para escojonarme de vez en cando e tamén para cando estou falto de inspiración, ver que os hai facendo música moi cutreira por ahí adiante, e que sacan discos sin a máis mínima vergüenza. Icethrone, se tiveran un pouco deso, deixaban as súas desafinadas guitarras (argh eses solos jeeeevis me matan! XD) e a súa nula capacidade para crear música e poñíanse a outra cousa. Así que con doble gusto, porque os italianos caenme todos coma o cú -sí, e eu que son tan diplomático para case todo digoo con todo o convencimiento-, aquí vai o primeiro carolo coma un ovo das miñas microreviews. 0/10

Eskilus - Manmade Perdition (2011)
Dark Metal - Melodic Death Metal
A camiño entre un Melodeath con tintes power que poden recordar a punteos de un Laiho máis sosegado e un Dark Metal con teclados escuros, todo maioritariamente a medio tempo, Eskilus caeume en gracia pese ó mal sonido en xeral deste album, e de batería sobre todo, que aposto programada. Acabo de mirar no seu myspace e confírmame que non hai moitas personas detrás deste proxecto, só 2, e fijo que ningún é batería.
Non é algo doutro mundo, pero penso que teñen boas ideas. 6/10

Katahdin - Pamola (2010)
Black Metal
Primeiro disco desta banda norteamericana, e para esto, mellor que se tiveran quedado na casa. Pouco imaxinativo, con sonido malo, aporta escasas cousas que non se fixeran xa, e cansoume ó pouco tempo. Estiven esperando a ver si cambiaba un pouco a cousa hacia o final, pero acabeino quitando antes de oír enteiro e directo á papelera de reciclaxe. 2/10

Clandestine Blaze - Falling Monuments (2010)
Black Metal
Sexto album desta one-man-band de Finlandia, que curiosamente é o cantante dos franceses Deathspell Omega. Este home ademáis non malgasta o tempo e participa en nonseicantas bandas, das cales unhas poucas son de rollos electrónicos e noise. En Clandestine Blaze o home dedícase a facer un black metal bastante crudo e frío, con algúns sonidos ambientales (supoño que será a súa influencia noise). Penso que se che gusta este tipo de black sucio con toques experimentales pode ser un disco a ter en conta. Nalgunha parte recordoume a algo de fai anos de Darkthrone, pero non sei, moitos que siguen o patrón deste tipo de black me recordan a algunha etapa de Darkthrone XD. Non é o meu estilo, prefiero cousas un pouco máis depuradas, pero creo que non é un mal disco. 6/10

Devilish Distance - Deathtruction (2010)
Death Metal
Se hai unha banda que me veu á mente oíndo a estes rusos, esa foi Vader. Death Metal ó estilo polaco é a oferta de Devilish Distance, e cumplen co propósito. Riffs collidos da escuela polaca, ainda que tamén se nota influencia de Slayer, voz moi ó estilo de Behemoth ou Vader, batería con pedal contundente (igual un pouco subido?) e bon sonido. Danlle caña e con xeito. 7/10

Berserkerfox - History Altar Ashes (2010)
Melodic Death Metal
Lanzamento correcto e que non dice moito que non se dixera xa no mundo do Thrash-Melodeath. Riffs usados mil veces e batería a medio tempo na maior parte. Non hai moito máis que decir, un disco que anda na media dos do estilo. 5/10

Archimage - In Majestic Silence (2010)
Black Metal
Primeiro traballo desta banda de Finlandia que intenta facer un black metal crudo e escaso de ideas. O sonido, supoño que feito tamén adrede, é sucio, ainda que eu diría que é malo a secas. As cancións son aburridas a máis non poder, o típico que te pós a escoitar e ós poucos minutos xa estás pensando noutra cousa, a pesar de que a priori a mezcla de black con algunha guitarra acústica no medio poida parecer interesante. Típica banda que non aporta nada. 2/10

Bloodshed Walhalla - The Legends of A Viking (2010) Demo
Viking Metal
Se algo oeu este italiano -único integrante de Bloodshed Walhalla-, na súa vida, eso desde logo foron os discos máis vikingos de Bathory e os primeiros de Manowar. Recolle o testigo fielmente da banda de Quorthon, dese tipo de viking metal máis ben épico e denso de melodías largas e cancións extensas. A verdade é que non o fai mal, o sonido é correcto e os riffs e coros en xeral están ben logrados. Ainda así, penso que se tería que desmarcar un pouco das dúas bandas que mencionei e crear algo máis propio.
De todos xeitos, ésta é unha demo, así que esperemos que algún día saque un disco con un toque máis personal. Pode resultar moi interesante. 6/10

Arafel - For Battles Once Fought (2011)
Melodic Black-Death con toques folk
Arafel era unha banda da que non vin que causase unha grata impresión anteriormente cos albumes previos en xeral entre o público, ou eso tiña entendido, entón collín este novo album bastante excéptico. A cousa é que non resultou tan mal como esperaba; os israelís, que contan con Helge Stang, anterior vocalista de Equilibrium, practican un blackdeath metal melódico ó que unen numerosas melodías folk que aporta unha violinista (que polas fotos está de moi bon ver :P XD) e que sona bastante ben e orixinal no resultado final. 7/10

Strings of Ares - Temple to Mars (2010)
Progressive Death Metal
Primeiro disco desta banda canadiense de death técnico. Cando oín a primeira canción pensei que se trataba dunha clonación en plan progdeath de Sepultura, Pantera ou Machine Head pola voz sobre todo, pero logo vemos máis variedade, tanto en voces como en composición. Tal e como suele pasar na maioría de grupos que practican este estilo, os músicos son de alto nivel e hai moitos cambios imprevisibles e estructuras complexas. Ademáis tratan nos seus temas algo pouco usual nestes grupos como son as culturas grega e romana antigas. Tal vez o que eu cambiaría sería o sonido da batería, polo demáis, un disco decente para ser o primeiro. 7/10

The Meads of Asphodel - The Murder of Jesus The Jew (2010)
Progressive Experimental Metal
WOW!! Sin palabras me deixou este disco dos británicos, que xa tiña catados por ser uns excéntricos musicales, pero que nunca me chamaran a atención (agora hei de volver a oír os anteriores sin falta). Este novo disco resulta ser unha amalgama de xéneros total co denominador común dun Metal Experimental no máis amplo sentido da palabra. Desde a apisonadora que empeza na canción que hai despois da intro, totalmente blackmetalera nos primeiros minutos, ata guiños ó punk, electrónica, ó psicodélico, ós musicales, ás bandas sonoras, a prog setentero, e pasando por prácticamente todos os subestilos do metal. E fano ben, é un disco completo, retorcido nalgunhas partes, vacilón noutras, e totalmente experimental na maioría. Coláronseme na cabeza moitos grupos de moi diferentes estilos a medida que os oía. Como detalle curioso, o nome da última canción podería facerlle competencia ós de Bal Sagoth:
A canticle for the lost amputees of Aelia Capitolina
who have been trampled under the iron shod hooves of salivating hell rams and
impaled on the shimmering tusks of salvation within the abandoned tabernacle of
a bronze age myth.

9/10

Thormesis - Vergangene Asche (2010)
Viking Melodeath
Outro lanzamento máis de un grupo vikingo-pagano alemán que non aporta demasiado á escena. Cánticos corales guerreiros de vez en cando, algunha que outra melodía pagana que está ben, unha moi boa producción,... pero que se quedará no baúl dos recordos a pesar dos seus pros. Fáltalle gancho. 6/10

Ghost Machinery - Out For Blood (2010)
Power Metal - Hard Rock
Parece ser que esta banda é o proxecto de membros de Burning Point, ainda que moito máis basada en sonidos 80's que a citada. Penso que Ghost Machinery fixeron un disco por encima da media de Power Metal destes últimos anos.
Pode que non sexan os máis orixinales, pero móvense ben polos terrenos que tocan. Se este disco tivese o nome de Avantasia, moitos se estarían subindo polas paredes "con tremendo discazo", porque desde logo ten mellores cancións que o último mediocre doble-intento de Tobías Hammet. 8/10

Artas - Riotology (2011)
Death Melódico - Metalcore
Dinlle un vistazo ó metal archives e sorpréndeme que clasifiquen a Artas coma Thrash-Death Metal, eu pouco lle vexo de Thrash, e de Death, o único Melodeath. Iso sí, melodeath de influencias varias, máis cercano moitas veces a correntes máis modernas e de metalcore, ainda que de vez en cando usen violín para algunha melodía e dispoñan de recursos variados. En teoría todo esto sona cando menos interesante, pero no resultado final a mín non me convence. Parece por veces coma se Linkin Park se volvera un grupo de Death Metal, e, a pesar de ter momentos interesantes, ó final non me quedou unha boa impresión. Como nota curiosa, cantan en varios idiomas, incluído español. 4/10