jueves, julio 08, 2010

A catalan death-metal fan had become the toast of Spain...



Bueno, como xa todos sabredes, España venceu a Alemania e clasificouse para a final do mundial de Sudáfrica, gracias a un gol do barcelonista Puyol. O que non tiña nin idea era que era un declarado fan do Death Metal!? Parece ser que entre os seus grupos preferidos se encontran Napal Dear (como diría o Hilario este do Partido do Metal XD) (Napalm Death para o resto da humanidad) e Cannibal Corpse!!

Eu progresivamente fun deixando de ser un fan do fútbol para casi aborrecelo, pero en citas importantes coma a de ontes e a do próximo domingo, poido ver un partido. Ontes por exemplo vino enteiro ainda que sufrín bastante para non irme a facer algo máis interesante polo medio-final (en contraste co resto do mundo, supoño), e creo que foi o primeiro partido enteiro que vexo en anos.

En España todo está parado completamente, as noticias non falan doutra cousa que o mundial e os "daños e historias colaterales" e a xente e media xa se olvidou por completo de que somos un dos países máis atrasados de Europa e que sufrimos unha crisis que non nos deixará moi fácilmente debido á inoperancia durante 2 anos de vergüenza política. Pese a esto, seremos o país que máis primas dará ós seus xogadores de todos cantos xogaron o mundial pola victoria final, nada menos que 600.000 € por barba. De pena. Alomenos este mundial deume a satisfacción de ver ós italianos choromicando coma nenas XD

E nada, xa non sei se será bon ou malo se España gana, porque aquí tarán falando sobre o tema durante meses e xa non haberá outra materia de conversación en telediarios. O fútbol realmente está chegando a cotas demasiado extremas para o meu gusto. Devora absolutamente a todo o resto de deportes e oír ós nenos pequenos xa daba bastante pena, e cada ano que pasa é peor. Antes non era para tanto, pero agora e un boom masificador unidireccional (nin eu mismo sei moi ben o que puxen agora, non me preguntedes jajaj). En refinitiva, hai demasiado fúrbo.

Ainda así, se por algo mereceu a pena que se celebrara este mundial foi por ver estas dúas imáxenes:



E desde logo, si houbera que darlle ánimos a algún dos parv... digooo dos da selección española, ese sería Puyol: