lunes, abril 16, 2012

Diario dun viking XIV: Mileth no Vigosónico


Bueno, aló foi, primeiro concerto na historia de Mileth, e tamén primeiro concerto para metade dos integrantes entre os que me inclúo. A sensación é agridulce, máis ben agria que dulce para ser sincero.
Empezarei pola parte positiva; subirse a un escenario por primeira vez non resultou tan traumático, foi unha experiencia nova e diferente, e de seguro enriquecedora para futuros concertos. Ademáis xuntamos a unha boa recua de xente, a pesar de tocar sólo media hora e nun lugar bastante afastado de Vigo, como é Valladares.
E sigo pola parte menos positiva, na cal podería explayarme XD; o primeiro, ter a baixa dun instrumento coma o baixo -valga a rebundancia- a absolutamente última hora (falleceulle un familiar) foi un golpe. Se este infortunio que tivo pasara 1 semana antes, probablemente non tocaríamos.
De todos xeitos, pensamos que era mellor tirar para diante e asistir. Para elo estivemos 2 horas e pico o día anterior probando sonido e ecualizando co home da paciencia e sabiduría infinita :D, Gustavo. Chegamos a pulir prácticamente todos os detalles para que tanto arriba coma abaixo se oíse o mellor posible. Foi exageradamente minucioso, nunca imos ter ese trato en futuros concertos e é algo que lle agradecemos moito a Gus.
Chegado o día, salimos de segundos, todo listo e con confianza de que o traballo do día anterior tería un bo resultado, alomenos en canto a sonido... logo nós xa nos podemos equivocar no noso, pero bueno, eso xa dependería de nós mesmos. O caso é que cando estamos nos momentos previos, Gustavo, tal vez pola confianza de xa ter todo atado anteriormente, vaise, e deixa a outro ó cargo. Este outro, que estivo por alí o día anterior vendo o que estabamos facendo e incluso axudando nalgunha cousa, tivo unha actitude durante o pre-concerto mentres probábamos bastante lamentable. Quero decir: "olvidouse" -eu diría "pasou"- de que xa o tíñamos todo preparado, e cando facemos unha proba para ver si estabamos equilibrados, resulta que salimos co sonido dos anteriores, ante o cal, houbo que volver a empezar a calibrar todo, e o home parecía incluso molesto con que lle dixéramos cousas. Por exemplo: Marcos díxolle "pódes baixarlle á guitarra e subirlle á miña voz?" por varias veces e o tío non fixo nin caso... foi un comportamento que non nos esperábamos; eu non oía a batería con propiedade, de feito sólo me oía a mín. Pensei que se correxiría co paso das cancións e incluso algunha vez me acheguei a Juanjo, pero non sei qué me daba decirlle algo ó técnico vendo cómo se puxo xa con Marcos. Tiña toda a cara de estar pensando: "a ver se empezan dunha puñetera vez estes cansinos". O peor é que todo o traballo do día anterior foi absolutamente en vano... comentarémosllo a Gustavo a próxima vez.
Así, se xa estábamos cos nervios normales, puxémonos algo peor. Pode que fruto deso e tamén de ser a primeira vez en público, Juanjo acelerara as mans e nos fixera tocar bastante máis rápido do normal (ainda que diga que no XD pero algo sí que o fixo). Eu noteino moito, non son un gran guitarrista, pero se o que levo ensaiando na casa, que para mín xa tende a complicado nalgunhas partes, mo aceleran, acábanseme atropellando os dedos. E con eso... máis estrés. Ah! e as luces nos ollos.. máis estrés XD acabei vendo colorines dunha vez que mirei ó frente XD
Para acabar de rematala, no segundo tema, unha canción na que as guitarras xogan doblándose moito, a Marcos rómpeselle unha corda, e deixa a guitarra de lado. Logo dese tema, absolutamente desangelado pola falta de baixo e guitarra rítmica, tivo que pedirlle unha guitarra a outro dos grupos que tocaban...
A medida que iba salindo todo, eu, a pesar de non salir nervioso, funme estresando un pouco por esto do sonido, de tocar máis rápido, de non salir á vez nun blastbeat, de gambazos... pero en fin, ahí son eu o máximo responsable XD
Ah! en canto a sonido, é que nin fóra se oeu ben! que xa é o colmo. Segundo estiveran posicionados oían cousas diferentes polo que nos dixeron un par de amigos. Na parte esquerda parece ser que a batería oíase máis, na dereita a miña guitarra oíase máis. O teclado non se oía (eu xa nin o percibía) salvo no último tema, xa me diredes o complicado que tén darlle co dedo para arriba ó boton de volumen de teclado desde a mesa. O violín por cachos tamén... en fin...
Supoño que estas cousas pasan a mares, pero fastidia moito ter todo finiquitado o día anterior para non usalo e acabar tirando para diante de forma cutreira con descontrol de volúmenes...
Por suposto, non vou decir que a culpa é toda do técnico "pasodevuestroculo", pero desde logo axudou a que falláramos moito máis e meter moitos máis gambazos por estresarnos a medida que ibamos tocando (alomenos a mín pasoume).
Eso sí, foi unha experiencia que tiñamos que pasar, e que seguramente pasaremos máis veces, supoño que todo curte, e eso está ben, pero a mín quedoume ganas de volver ó ruedo canto antes para a revancha.

Logo á noite tiramos de licor café para "celebrar", pero ningún de nós saleu contento do primeiro show.
Déixovos con algunhas fotos, e esperemos que o próximo vaia mellor.


Durante o tema no que se lle rompeu a corda:

E coa posterior guitarra prestada -para a seguinte ocasión seremos máis precavidos e levaremos outra :/ :



Máis fotos no facebook de Mileth