Bueno, aló foi, primeiro concerto na historia de Mileth, e tamén primeiro concerto para metade dos integrantes entre os que me inclúo. A sensación é agridulce, máis ben agria que dulce para ser sincero.
Empezarei pola parte positiva; subirse a un escenario por primeira vez non resultou tan traumático, foi unha experiencia nova e diferente, e de seguro enriquecedora para futuros concertos. Ademáis xuntamos a unha boa recua de xente, a pesar de tocar sólo media hora e nun lugar bastante afastado de Vigo, como é Valladares.
E sigo pola parte menos positiva, na cal podería explayarme XD; o primeiro, ter a baixa dun instrumento coma o baixo -valga a rebundancia- a absolutamente última hora (falleceulle un familiar) foi un golpe. Se este infortunio que tivo pasara 1 semana antes, probablemente non tocaríamos.
De todos xeitos, pensamos que era mellor tirar para diante e asistir. Para elo estivemos 2 horas e pico o día anterior probando sonido e ecualizando co home da paciencia e sabiduría infinita :D, Gustavo. Chegamos a pulir prácticamente todos os detalles para que tanto arriba coma abaixo se oíse o mellor posible. Foi exageradamente minucioso, nunca imos ter ese trato en futuros concertos e é algo que lle agradecemos moito a Gus.
Chegado o día, salimos de segundos, todo listo e con confianza de que o traballo do día anterior tería un bo resultado, alomenos en canto a sonido... logo nós xa nos podemos equivocar no noso, pero bueno, eso xa dependería de nós mesmos. O caso é que cando estamos nos momentos previos, Gustavo, tal vez pola confianza de xa ter todo atado anteriormente, vaise, e deixa a outro ó cargo. Este outro, que estivo por alí o día anterior vendo o que estabamos facendo e incluso axudando nalgunha cousa, tivo unha actitude durante o pre-concerto mentres probábamos bastante lamentable. Quero decir: "olvidouse" -eu diría "pasou"- de que xa o tíñamos todo preparado, e cando facemos unha proba para ver si estabamos equilibrados, resulta que salimos co sonido dos anteriores, ante o cal, houbo que volver a empezar a calibrar todo, e o home parecía incluso molesto con que lle dixéramos cousas. Por exemplo: Marcos díxolle "pódes baixarlle á guitarra e subirlle á miña voz?" por varias veces e o tío non fixo nin caso... foi un comportamento que non nos esperábamos; eu non oía a batería con propiedade, de feito sólo me oía a mín. Pensei que se correxiría co paso das cancións e incluso algunha vez me acheguei a Juanjo, pero non sei qué me daba decirlle algo ó técnico vendo cómo se puxo xa con Marcos. Tiña toda a cara de estar pensando: "a ver se empezan dunha puñetera vez estes cansinos". O peor é que todo o traballo do día anterior foi absolutamente en vano... comentarémosllo a Gustavo a próxima vez.
Así, se xa estábamos cos nervios normales, puxémonos algo peor. Pode que fruto deso e tamén de ser a primeira vez en público, Juanjo acelerara as mans e nos fixera tocar bastante máis rápido do normal (ainda que diga que no XD pero algo sí que o fixo). Eu noteino moito, non son un gran guitarrista, pero se o que levo ensaiando na casa, que para mín xa tende a complicado nalgunhas partes, mo aceleran, acábanseme atropellando os dedos. E con eso... máis estrés. Ah! e as luces nos ollos.. máis estrés XD acabei vendo colorines dunha vez que mirei ó frente XD
Para acabar de rematala, no segundo tema, unha canción na que as guitarras xogan doblándose moito, a Marcos rómpeselle unha corda, e deixa a guitarra de lado. Logo dese tema, absolutamente desangelado pola falta de baixo e guitarra rítmica, tivo que pedirlle unha guitarra a outro dos grupos que tocaban...
A medida que iba salindo todo, eu, a pesar de non salir nervioso, funme estresando un pouco por esto do sonido, de tocar máis rápido, de non salir á vez nun blastbeat, de gambazos... pero en fin, ahí son eu o máximo responsable XD
Ah! en canto a sonido, é que nin fóra se oeu ben! que xa é o colmo. Segundo estiveran posicionados oían cousas diferentes polo que nos dixeron un par de amigos. Na parte esquerda parece ser que a batería oíase máis, na dereita a miña guitarra oíase máis. O teclado non se oía (eu xa nin o percibía) salvo no último tema, xa me diredes o complicado que tén darlle co dedo para arriba ó boton de volumen de teclado desde a mesa. O violín por cachos tamén... en fin...
Supoño que estas cousas pasan a mares, pero fastidia moito ter todo finiquitado o día anterior para non usalo e acabar tirando para diante de forma cutreira con descontrol de volúmenes...
Por suposto, non vou decir que a culpa é toda do técnico "pasodevuestroculo", pero desde logo axudou a que falláramos moito máis e meter moitos máis gambazos por estresarnos a medida que ibamos tocando (alomenos a mín pasoume).
Eso sí, foi unha experiencia que tiñamos que pasar, e que seguramente pasaremos máis veces, supoño que todo curte, e eso está ben, pero a mín quedoume ganas de volver ó ruedo canto antes para a revancha.
Logo á noite tiramos de licor café para "celebrar", pero ningún de nós saleu contento do primeiro show.
Déixovos con algunhas fotos, e esperemos que o próximo vaia mellor.
E coa posterior guitarra prestada -para a seguinte ocasión seremos máis precavidos e levaremos outra :/ :
4 comentarios:
Putada ter todo ben atado e que despois veña algún camándula a jodelo. Non estiven neste pero o seguinte irá mellor, iso está claro.
Hai temas para escoitar por aí?
Adrian "Oneiros" xD
Hola Adrian! :D
Hm supostamente alguén grabou algo en video, pero ningún de nós pensamos que valga para enseñar, aparte de fallos que poidera haber, ó non ter baixo, este concerto xa estaba deslucido desde antes de empezar :(
Sen embargo penso que para antes de Junio nos vamos a meter a grabar caseramente alomenos 3 temas... que tendo de duración como 7 ou 8 minutos xa dán para unha pequena demo :D
Todo o que vaiamos facendo heino de publicar por aquí :)
Gracias polos ánimos!!
El dia que no tengamos nervios antes de subir es que estamos muertos xDxD ou non??
Tecnicos de sonido, raza aparte... aunque es mas habitual de lo que parece lo de escuchar distinto dependiendo de donde te situes en el local, ten en cuenta que se mira desde la posicion de la mesa y no de todo el recinto.
Lo de la guitarra no te preocupes que no se os olvida en la vida xDxDxD
Y sobre lo de acelerarse en directo, mas siendo el primero, es (creo yo) causa de los nervios y surge de manera expontanea.
Mucha mierda para el proximo!!!! xDxDxDxD
PD: hola On3iros, un saludo de Rowertoooo. Saluda a ^bu^ de mi parte ;)
Ah... a ver logo si o próximo vai mellor.. hoxe vin vídeos e.. buff... xa non me acordaba dese demonio de pedal que me puxeron XD había que mangarlle un pisotón fino para cambiar, e os 2 guitarras tivemos fallos clamorosos de limpio-overdrive a destempo bufff XD
Publicar un comentario