martes, febrero 22, 2011

Microreviews Febreiro'11 - II

Note: The microreviews are 100% subjective by my side.
0 - Non o quero nin regalado / I dont want it, not even as a gift
1 - Algúns chámano música, non serei eu / Some people call this music, not me this time
2 - Un álbum malo, sen máis / A bad album, no more no less
3- Gustaralle a algún, pero penso que hai mellores cousas para oír / Some people might like it, though I think there are better things to listen to
4 - Hai esforzo detrás, pero fáltalles saber facer mellores cancións / There is an effort, but they lack to do better songs

5 - Hai boas ideas, pero non pasa de ser un álbum máis / They've got good ideas, but not enough good as to be memorable
6 - Ten gancho e paréceme un bon disco / It has a charm, it's a good album
7 - Un bon album que supera a media / A good album above the average

8 - Un gran album que tería que ser apreciado pola gran maioría dos amantes do xénero / A great album that the mayority of the genre fans should like.
9 - Intachable, un album que merece a pena comprar / Flawless, a worth buying album
10 Intemporal
/ Masterpiece

Crítica para Pagan Dreams:

Battlelore - Doombound (2011)
Symphonic Power Metal
Myspace

Label: Napalm Records
Release date:
January 26th 2011: ESP/FIN/SWE
January 28th 2011: GAS/BENELUX/ITA
January 31st 2011: Rest of Europe
February 8th 2011: USA/CAN

Los finlandeses Battlelore vuelven a la actualidad musical con Doombound, un disco con el sello propio de la banda que narra la historia de Túrin Turambar, personaje trágico tolkiniano cuyas hazañas se narran en el Silmarillion. Así, este sexto trabajo de la banda es el primero en ser propiamente un álbum conceptual.

Musicalmente, la seña de identidad de Battlelore sigue intacta en este álbum: juego de voces femenina-growl entre Kaisa y Tomi, arreglos dramáticos y épicos y una gran producción. Tal vez si hay algo que cambia en este disco es que sea un poco más atmosférico y calmado que sus predecesores, tal vez relacionado con que sea un disco conceptual?
Ahora bien, eso no es suficiente como para decir que hayan progresado mucho desde sus últimos álbumes, ya que, a pesar de que no se puede decir nada exactamente negativo en la parte técnica de Doombound, la sensación es de cansancio al acabar de oírlo. Tanto por la impresión de haber escuchado antes ciertas melodías en lo que concierne a los teclados, como sobre todo por las líneas vocales de Kaisa. Es algo que el grupo venía acusando en sus últimos trabajos desde "Sword's Song" y que en este nuevo ya no reparan, sino incluso agravan en ciertas partes.

Un disco que se perderá en el olvido entre la maleza del bosque de Fangorn. 4/10

Enlil.

1. Bloodstained / 04:34
2. Iron of Death / 04:42
3. Bow and Helm / 03:56
4. Enchanted / 05:40
5. Kärmessurma / 04:23
6. Olden Gods / 04:21
7. Fate of the Betrayed / 05:08
8. Men as Wolves / 04:38
9. Last of the Lords / 05:43
10. Doombound / 08:02
11. Kielo (instrumental) / 02:57

Total: 54:04



Metsatöll - Äio (2010)
Folk-Pagan Metal
Myspace
Último disco do grupo máis popular de Estonia. Recén fichados pola Spinefarm, redímen de sobra o seu anterior fallido disco Iivakivi cunha boa producción e boas cancións do heavy-pagano tan particular que fan Metsatöll, con numerosos intrumentos folk, sen growls, con cánticos moi folkloricos, e cunha poderosa línea de baixo, como podemos observar na canción do vídeo que sacaron para Äio, Vaid Vaprust (que por certo, a mín encantoume!). Bon disco. 7/10


Soulitude - Wonderfool World (2010)
Power-Speed-Heavy Metal
Myspace
Jevo, a cabeza pensante de El reno Renardo e membro de Valhalla, trae o seu terceiro disco en solitario no seu proxecto Soulitude. Dunha forma máis seria que en El reno Renardo, Jevo desarrolla unha mezcla de estilos interesante entre power metal-non pasteloso, algún que outro toque prog que por veces pode recordar a algo de Arjen Lucassen e algún que outro riff e voz nun estilo máis melodeath. Cos 2 anteriores discos penso personalmente que fixo un gran traballo, sobre todo en "Destroy all Humans", e, a pesar de que non varía moito a forma de crear música, creo que as cancións non son simplemente tan boas en xeral. Aparte dun terrible gran acento español (...), a notar a ¿imitación? ó cantar en "Back To Life" de Marco Hietala??? Esto non o oíra antes XD 5/10

Vhäldemar - Vhäldemar (2010)
Heavy-Speed Metal
Myspace
Desde que oín o debut dos vascos con "Fight to the End" en 2002, e en posteriores lanzamentos tamén, sempre me asaltou a mesma duda: ¿existirían Vhäldemar se non existiran Gamma Ray? Neste álbum tamén é evidente a influencia de Kai Hansen, pero a cousa é que xa chega con uns Gamma Ray, inda que saquen discos tan malos coma os que levan en toda a década do 2000, xa chegando ó tope cunha bazofia do estilo de "To the Metal", un disco que parece unha deliberada burla contra os fans.
Volvendo con Vhäldemar, o que temos é Gamma Metal por un tubo, riffs clasicotes, estribillos-himno, ou alomenos eso se intenta, e máis do mesmo en xeral.
Mellor, eso sí, que o último de Gamma, pero eso non era moi difícil. 4/10


Wald Geist Winter - Teufelskreise (2010)
Black Metal
Páxina web
Grupo alemán que practica un black metal xa bastante sobado con abundancia de contrapúa, e numerosos cambios blastbeat-medio tempo. Sen unha gran producción, por veces pode sonar a uns lonxanos Satyricon (salvando as diferencias) cun toque pseudomelancólico e tamén a outros centos de grupos máis que fan prácticamente o mesmo. 4/10


Sorg Uten Tårer - For Eternity (2010) Demo
Melodic Heavy-Death
Myspace
Novena demo deste one-man band de Turkía, e xa sacou outra máis no 2010! Demos que case poderían ser discos porque ésta polo menos ronda os 40 minutos. A música que fai está entre un melodeath e heavy metal con algún que outro lixeiro toque folk a veces. Sen ter unha producción especialmente boa, tampouco é un gran lastre, o sonido é decente e esta demo óese bastante fluídamente. O home ten a libre disposición todo o seu traballo na súa páxina web. 6/10


Thunderstorm - Nero Enigma (2010)
Doom Metal
Myspace
Despois dun disco xenial coma "As We Die Alone", estaba expectante por ver qué máis nos poden dar os italianos Thunderstorm, e a pesar de non chegar a ser un disco tan bon, mantén o nivel, demostrando que este é un dos grandes grupos de Doom clásico europeos do que levamos de milenio. En Nero Enigma podemos encontrar o mesmo que en pasados albumes: doom sen growlings, con influencias de Candlemass, Solitude Aeturnus ou Black Sabbath, con toque propio e bon gusto. 7/10


Legen Beltza - Need To Suffer (2010)
Thrash Metal
Myspace
Se alguén me pregunta polo disco de Thrash Metal do ano en España, desde logo ese non será o dos sobrevalorados e sobrepublicitados Angelus Apatrida, senón que moi posiblemente este dos vascos Legen Beltza sexa do mellor que se fixo neste 2010. Incluso xa non exclusivamente en Thrash, senón en calquera das variantes metálicas. Moi bon disco que encantará ós fans de Kreator, Testament, Overkill,... 8/10


Aktarum - Gang of Trolls (2010)
Black-Folk Metal
Myspace
Xa que está tan de moda o humppa, o folk metal e falar de trolls, esta banda belga tomouno ó pé da letra e dedicouse totalmente ó tema. Tanto.. tanto... que todas, todas! as cancións de Gang of Trolls conteñen a palabra Troll no que promete ser ou unha auténtica parodia, ou unha total tontería de letras (eso xa non o sei). Musicalmente, a mín recordoume aos antigos Profugus Mortis, chamados ahora Blackguard un pouco menos acelerados con lixeiros toques duns Turisas con menos cartos para producción e uns Thyrfing do Valdr Galga. Non o fan mal, pero tampouco son unha maravilla, acaban saturando ó final. 5/10


Astriaal - Anatomy of the infinite (2010)
Black Metal
Myspace
Astriaal non van revolucionar o mundo do black metal pola súa orixinalidade, pero o que fan sábeno facer de sobras. Un disco para o disfrute de todo fan do metal extremo, coas súas partes máis melódicas e atmosféricas e con cañonazos apoiados por blastbeats que seguro che farán mover a cabeza dun lado para outro. Sen ter a mellor das produccións, Anatomy of the Infinite, é corto pero intenso, un gran disco con gran riffin'. 8/10


Unherz - Unherzlich Willkommen (2010)
Heavy Metal-Rock
Myspace
Cando oín os primeiros acordes da primeira canción Sünder Vor Dem Herrn (da cal a melodía principal sóname moitísimo pero non sei a qué) e xa cando oín a voz do cantante xa dixen: outros In Extremo máis... Hai miles de grupos que fan case o mesmo que este grupo en Alemania, mesmo tono de voz e forma de cantar, mesma forma de utilizar o folk con guitarras eléctricas...
Pero non, Unherz non utilizan ningún instrumento folk.. polo que.. nos meus inexpertos ollos ante esta forma de facer música, sólo poido consideralos coma "In Extremo sen gaitas nin harpas". Outros por ahí comparanos con grupos coma Die Böhze Onkelz ou Die Toten Hosen, pero sinceramente, se oín algo deles foi rápidamente olvidado, ainda que os nomes sónanme. Sexa como sexa, éste de Unherz, non é un album que esteña mal , ainda que personalmente non me diga moito. 4/10


Veneficum - In Tranquil Absurd (2010)
Melodic Black Metal
Myspace
Unha vergonza para o xénero black metal é o que me atopo con este álbum dos americanos Veneficum. A pesar de contar cun bon sonido, a música que fan; unha especie de black metal con teclados que lle dan un aire sinfónico e certa atmósfera caótica e depresiva, sona totalmente falta de inspiración e cunha composición nula. Un pésimo disco de black metal. 1/10


Secrets She Kept - La Fin Absolue du Monde (2010)
Black Metal
Myspace
Outros americanos coma os anteriores Veneficum que intentan facer black metal... e xa van uns cuantos yankis que levo oído que o intentan, pero moi poucos consiguen facer algo decente, o que me fai pensar se USA é un país incapacitado para certos estilos... bueno, sempre teremos a Absu para romper a norma XD Secrets She Kept desde logo para facer black metal non valen. 2/10


Skyforger - Kurbads (2010)
Folk-Pagan-Heavy Metal
Myspace
Este álbum dos lituanos paréceme moi difícil de comentar. Empezando polo estilo que vexo pouco clasificable... ten elementos folk, ainda que parece que menores que en anteriores entregas, e logo hai unha mezcla extraña entre Heavy con elementos Thrash e Black no que a guitarras-baixo-batería se refiere. A voz podería encaixar perfectamente nun grupo de Thrash con connotacións paganas, ainda que non se trate exactamente de Martyn Walkyier en Sabbat, non é tan veloz nin agudo. É unha mezcla curiosa, e hai cancións coma "Black Rider" (que por certo, paréceme do peor do álbum) que case poderían parecer máis dun grupo tipo Xentrix con toques de .. Motorhead? e ocasionales gaitas. Eu aínda non me aclaro con Skyforger... hai cachos que me gustan moito.. e outros que me pareceron unha broza total. 6/10


Ragnarok (Nor) - Collectors of the King (2010)
Black Metal
Myspace
Os míticos Ragnarok, a banda de culto noruega -non a que era case que unha one-man band inglesa- lanzaron o ano pasado un dos discos de black metal que podería estar perfectamente nun top10 de black do 2010. Collectors of the King ten case 40 minutos de black metal sen concesión. Caña e mala leche por un tubo nun disco escuro, con baterías rápidas maioritariamente e feeling moi noruego na composición. This is pure fuckin' black metal! 8/10


Azahel's Fortress - The Chaos Kingdom (2010)
Black Metal
Myspace
One-man band de Austria que practica un black metal tendente ó medio tempo, influenciado polo black dos 90 nunha onda un pouco máis ambiental, ainda que sen chegar a ser unha banda do tipo black-doom coma moitas que salen últimamente. Bastante bon riffin' que por veces pode resultar repetitivo, ainda que sen saturar, e boas ideas as que saca este home. Non ten a mellor das produccións, ainda que neste estilo sacar algo completamente limpo ata restaría ó resultado final. A mín gustoume. 8/10


Karmic Link - Esoterica (2010)
Melodic Progressive-Gothic Metal
Myspace
Karmic Link é un grupo griego que fai unha mezcla de estilos que vai desde o power melódico ata o progresivo, con toques góticos e electrónicos. A sensación xeral que me produxo este grupo, e oín Esoterica unhas cantas veces, éme difícil de decidir, xa que é un deses que pensas que ten un gran potencial para innovar e facer cousas orixinales, pero que por algunha razón se queda nun "quero e non poido". É innegable que Esoterica ten calidade, pero podería ter sido algo mellor. Aparte, non é que me molesten os arreglos electrónicos, pero nótase demasiado esa batería prefabricada. Pasable, sen máis. 5/10


Caliber 666 - Blood Fueled Chaos (2010)
Death Metal
Myspace
No seu primeiro disco, os suecos Caliber 666 ofrecen un Death Metal bastante estándar que non aporta demasiado novo. As cancións son maioritariamente a medio tempo, cun bon sonido e riffs decentes, a veces tendentes ó black metal debido a ocasionales trémolos, o cantante tampouco o fai mal, pero bótase en falta algo máis de orixinalidade. Ainda así non sei pode decir que sexa un mal disco. 6/10

PD: por certo, a palabra trémolo, segundo me dixo un "artista" de Vigo que toca a guitarra no seu grupo desde fai xa case 10 anos e que non ten moi boa fama -polo que puiden oír, e posteriormente constatar- díxome algo así como ríndose de mín (con cara de... "pobre incauto ignorante") que "trémolo" non é a contrapúa, que é o feito de mover os dedos no mástil cando a nota xa está sonando. A mín sóname como certo tamén, pero ademáis sóname como correcto que o trémolo é a sucesión rápida dunha misma nota ao modo no que a contrapúa o fai. De feito eu aprendino así polo programa de facer música que lle chamaba desa maneira ó que dixen (admito que de teoría musical non teño case que nin idea e tamén por eso calei no momento en que o personaxe este mo dixo)... alguén sabe de certo esto?