É curioso que en Estonia, como en moitos outros países non-latinos, teñen a festividade do Carnaval, pero nun rollo totalmente diferente. Aquí o de disfrazarse non existe, nin sequera é festivo (os estonios teñen bastantes poucos días libres, a verdade). O que fán neste Martes "de carnaval" ou tamén chamado "Vastlapäev" é básicamente unha celebración en familia con comida casera.
Hai 3 cousas que non poden faltar no Vastlapäev:
1. Vastlakukkel: é unha especie de bollo con crema (non é exactamente nata, pero é parecido). Ten un típico "sombreiro" feito coa parte darriba do pan sobre o que esparcen un pouco de azucar en polvo. Polo visto é tan habitual, que ata no traballo suele pasar que che traen a proba (alomenos polo que oín non fun o único ó que llo deron no medio do día).
2. Sopa de guisantes con carne: este plato tamén é tipico dos países escandinavos. A primeira pinta non é moi boa, pero non está mal. Eso sí, é un chisco pesado.
3. Ir cos nenos a levalos en trineo. A veces un vé ós sufridos pais tirando dos pícaros polas rúas adiante e ata case dan pena, tirando deles coma ganado arando na horta. Ignoro cánto tempo é o normal de tirar dos nenos no trineo, pero pola cara de sufrimiento dalgún supoño que non lle foi pouco trayecto :D Eso sí, por aquí dícese que os levan sempre "encantados", xa que é unha tradición centenaria...
Tamén se suele ir a calquera pequeno montículo de neve que haxa para que os nenos suban e baixen deslizandose pola neve (cuestión máis cómoda para os pais :D). Este ano foi algo un pouco raro, xa que a estas alturas non hai neve! O normal sería que estiveramos entre -5 e -15º, pero levan 3 semanas entre -2 e +2º!