Por bandas coma Moonlyght é polo que un se plantea que non tódolos grupos con habilidades, orixinalidade e potencial se poden ganar a vida coa música. Moonlyght foron un gran grupo canadiense que o tiñan todo para ser recoñecidos dentro do Metal, con multitude de boas críticas (ainda que non é para fiarse moito as críticas das webs metaleiras), facendo boa música, variada, con gancho e cañera ó mesmo tempo (e esto non o fai calquera), e cunha habilidade compositiva fóra de duda, os que oístes algún dos seus 2 discos darédesme a razón.
Un pouco de historia:
Moonlyght formouse en 1995 por Sébastien 'Roby' Robitaille (guitarra/voz) e 3 amigos. Despois de 1 ano, a banda entra en Onyx Studio para grabar a demo "Midwinter Melodies". Empezaron a girar por Quebec e a expectación local foi aumentando.
Moonlyght - Midwinter Melodies (1996) Demo
1. Sunless Sky 2. Torments
3. Shadow Of Despair
4. Midwinter Melodies
5. Like A Starless Night (Orchestral Version)
Cunha renovación de plantilla a banda quedou cunha alineación estable en 2000.
En octubre de 2001 Moonlyght entra en Sonum Studio para grabar o seu primeiro disco "Progressive Darkness" que será posto nas tiendas en 2002 a través de Metal Disk Records e consegue boas críticas: 10/10 no Metal Observer (www.metal-observer.com), 9.5/10 na revista canadiense underground Unrestrained.
Moonlyght - Progressive Darkness (2002)
1. Fantasy 08:082. The Sceptic Traveller 07:07
3. Ride on Ice Storms 07:26
4. A Tale From a Fantastic Kingdom 08:14
5. The Autumn's Freezing Harmony 07:57
6. From Honour To Nothingness 04:39
7. Progressive Darkness 11:49
O estilo de Moonlyght en "Progressive Darkness" é unha mezcla total de varios. Aquí podemos atopar desde Melodeath, Black melódico, ata Power ou Heavy Metal pasado todo por un filtro folky, épico e incluso progresivo. Se a esta amalgama unimos melodías e riffs pegadizos e unha producción decente obtemos un gran álbum sen duda.
En 2006 a banda entra nos Nokturn Studios en Quebec para empezar a grabar a continuación do seu aclamado primeiro disco. Finalmente "Shining" é acabado en 2007 pero non será lanzado ata 2008 por Mankind's Demise Records. O novo álbum é masterizado por Peter in de Betou (Dimmu Borgir, Dark Tranquillity, etc) en Suecia.
En decembro de 2007, Roby, o creador de Moonlyght decide deixar a banda debido a razóns personales, e o resto da banda decide deixalo tamén.
Actualmente a demo e ambos álbumes son difíciles de encontrar polo que puiden ver.
Moonlyght - Shining (2008)
1. Middle 06:36 2. Falling 07:05
3. Downfall 05:38
4. Malediction 08:03
5. Hazard 07:22
6. Messiah 06:07
7. Perils 07:37
8. Penitent 05:40
9. Radiance 09:20
10. Parallels 08:00
As bases de "Progressive Darkness" continúan en "Shining", ainda que con moita mellor producción e máis experimentación. As partes máis death-black do anterior, neste sonan máis duras e os arreglos progresivos quedan mellor empastados. Un álbum variado, e moi digno que polo que vín, pasou bastante desapercibido.
Personalmente creo que este foi un paso cara adiante, e que nun futuro álbum, Moonlyght podería ter dado un gran salto, porque potencial non lles faltaba. Unha pena que o deixaran aquí.