sábado, noviembre 18, 2006
Swallow the Sun + Skyforger + Metsatöll + Taak
Un rápido vistazo do que me atopei cando cheguei ó concerto... igual que Agathodaimon e Catamenia eh??
Aqui non se pode apreciar totalmente incluso toda a xente que taba, porque este era o descanso antes de que Skyforger saliran. Xusto antes tocaron un grupo chamado Taak, que polo que me dixeron estiveran tremendos. Unha especie de Black Sabbath pagano e máis duro, dixeronme.
Unha pena, porque cando chegamos solo lles oin a ultima canción e non me fixei moito porque estabamos buscando sitio para poñer a roupa... si, o local estaba tan cheo, que o puesto de gardarroupa estaba completo!! E ainda chegaban mais logo de nosoutros!!!
Skyforger, con gaitas e todo!!
A tía do pelo rojo é unha das miñas recepcionistas no Academic Hostel!
Skyforger outra vez, un gran concerto o deles, moveron moitísimo á xente, e realmente gustáronme, en directo as cancións sonaron case que mellor que en disco!
Mirade o tipo que en vez de cornos, enseña o seu cd do grupo! XD
Aqui tedes ós colegas cos que fun ó concerto, Kätrin dame que non lle gustan moito as fotos e foise para aló detrás, véselle un pouco da cara e ó fondo o seu mozo, un tipo realmente majo! O tipo da dereita non ten moitas pintas de pagano guerreiro, eh??!!hehe
Kerli, ela é unha amiga de Kätrin, que non ten moita pinta de asistir a concertos de pagan metal, non?
Canta nun grupo e faino moi ben!!
E o grupo está realmente ben, moi por encima do nivel en España!!
Fan unha especie de pop rock
Aquí tedes un link para escoitar unha das cancións
http://www.soundwave.ee/?page=viewband&id=367
Ten un sonido bastante profesional para ser unha banda que está empezando!
No concerto encontrei a unha das recepcionistas do meu hostel, como dixen antes, que iba co mozo -bastante cocido por cierto-.
Un día dixéralle que iba ir a un concerto de Metsatöll e outros grupos, e ela non sabía nada. E non me esperaba encontrala alí!
Muy curriña e moi simpática, non coma o resto de recepcionistas que temos... ainda que últimamente xa parece que van sendo un pouco máis amables... ó principio nin sequera devolvían o saludo!Pouco a pouco...
Metsatöll, lexións de fans esperando polo grupo de metal (pagan metal ainda por riba!!!) máis internacional e conocido de Estonia (exceptuando a Vanilla Ninja, que venden moito en Alemania). Asegúrovolo, todo o mundo aqui conoce a Metsatöll, teña o gusto que teña.
Metsatöll outra vez, os grandes vencedores da noite, con gaita incluída na esquerda de todo!
Kätrin dixérame que lle gustaba ir de novo a un concerto para bailar (!!!). Eu pensei .. bailar??Cómo se come eso nun concerto de pagan//doom metal???
Pos sí, bailaba coma unha gogó desas que levan Cradle, tipo sensual... jajaj
Por suposto o mozo ben cerquiña, non vaia ser....
Swallow the sun. Estas fotos vense mellor porque me fun ás primeiras filas a disfrutalo a gusto!!
Por certo, tremendo sonido para todas as bandas e para Swallow especialmente
Swallow the sun ó completo!
Bueno,aqui tedes a un dos colegas metálicos que conocin antes do concerto, non me preguntedes o nombre...a saber...
O que tá detrás é o novio de Kätrin, que tamen lle da ó beber ben, coma o 80 % dos estonios hehe
E agora si, vamos coa crónica do concerto:
O primeiro que fixen foi ir sobre as 7 da tarda ó piso de Kätrin, unha rapaza que conocín no viaxe a Tartu, e que ó ver que coincidiamos en montón de gustos, pois en cousa de 1 hora xa nos estabamos intercambiando os mails... moi moi maja!
Aquí en Estonia, nótase cándo alguén visitou outros países, saben falar mellor e nótase que saben falarlle ós extranxeiros sen ser bordes de primeiras, ou demasiado serios...
Esta rapaza estivo en Portugal 1 ano ou 2! e desde o principio cun sorriso na boca, algo dificil de atopar de primeiras na xente estona que me atopei ata ahora...
Bueno, a cousa é que me fun soliño ata o seu piso... e para eso tiven que coller un bus que na vida vira... e tardar media hora... eso si.. tiven que andar preguntando porque erame imposible ver nada dos nomes das paradas... porque non sei se o sabedes ... aqui ahora ás 16:30 xa é de noite.. e é imposible ver nada fóra!
Asi que chegou un momento que dixen... nada... pregunto... e miro ó redor e todo xente maior... argh!!!.. ninguen por suposto falaría ingles ... e nada.. por señas...
Bueno.. cheguei .. e presentoume ó seu mozo e ó veciño que taba alí. Invitaronme a uns chopitos de vodka, e vasos de viño! pero ás 7 da tarde era moi cedo pa min.. o viño si.. pero vodka..... buffff... aquí son uns puñeteros alcoholicos haha! Todo o dia bebendo! Incluso llo dixen... e eles miraronse e empezaron a rir!! E dixeronme algo asi como ... pos si!! aqui desde a mañá ata a noite alcohol!
Bueno.. salimos da casa, con moita moooooita parsimonia (famosa a lentitude estonia)... e por suposto ... houbo parada previa antes de chegar nunha licorería para ir drinkeando algo para o camiño... e pillaronse unha especie de licor... de uns 40 grados.. que non sei o que era exactamente... pero .. bufff estaba fuertecillo...
Cos contos.. chegamos ó concerto 1 hora tarde! E perdinme ó primeiro grupo, Taak, que me dixeran que estivera moi ben.
O seguinte grupo foi Metsatöll, con gaitas incluidas e un sonido que case melloraba ó do disco, como dixen antes... a xente viveuno bastante.. e a verdade é que me gustou case máis que Skyforger, sobre todo os cachos nos que o baixista deixaba o baixo e collía a gaita! tremendo!
Metsatöll son un dos grupos máis conocidos en Estonia! É algo incrible, porque o estilo que fan nin sequera é heavy metal, nin power... é moito máis inaccesible para o público: Pagan Metal! E podo asegurar que toda toda a xente nova os conoce! sexan cales sexan os seus gustos! Imaxinade a miña cara cando ós poucos días de chegar vou a entrar nunha tienda de música e vexo un poster fóra de uns 2 por 3 metros!!! de Metsatöll que anunciaba o seu novo DVD!!!
O concerto foi perfecto! A xente viveuno a tope, e mais tarde pregunteilles a alguns qué grupo lles parecía que fora o mellor da noite.. e todos todos me decían Metsatöll.. será tamén que o fanatismo sobre eles é grande...
Skyforger tamén o fixeron moi ben, nuns atuendos moi .. folklóricos-medievales? deron a súa caña, ainda que se notaba que a xente xa non os conocía tan ben e tiveron unha resposta algo menor...
Logo virían Swallow the Sun, cos que non puiden facer outra cousa que deixar ós compas estonios detrás (colocáronse lonxisimos das primeiras filas!!!) e irme solo a disfrutar da súa oscura melancolía.. Outra vez un sonido espectacular.. clavao ó disco.. pero houbo un fallo... era un grupo demasiado diferente ós outros.. Os outros eran máis paganos.. con melodías tal vez máis para facer headbanging e moverse... e Swallow son máis para oilos e sentir as frías atmósferas nas túas venas.... así que non houbo un excesivo entusiasmo por parte do público... solamente nas 2 primeiras filas... e algun borracho (como non) que caia de vez en cando cerca nosa...
De feito, tamen preguntei á xente qué lles parecera Swallow e non tiven moi boas respostas.. todos me decian que preferían ós anteriores.. incluso nin sequera fixeron bises...ainda así deleiteime a gusto...
E así acabou mais ou menos todo... un concertazo, baixo o meu punto de vista!
Logo despedinme dos colegas.. e collin un taxi con Janne, a recepcionista do meu hostel.. non sen antes ir tomar unhas cañas a un bar heavy que hai no centro... e vaia... poñían black,doom... e hacia o final.. puxeron íntegro o ultimo disco de Swallow the Sun!!!
Tremenda noite!!
O punto malo... perdin a miña camiseta amarilla dos concertos ... nooooooooooooooooonn!!!!
como podedes ver nas fotos tiven que poñer outra e formar parte da masa negra do metal... hehehe
Bueno... eso é todo
Xa estou preparando outro post mentres facía este.. asi que o xoves tal vez estade atentos... sobre todo os tíos hehehe
Digo o xoves porque teño un exame o miercoles e como que non fixen moito de momento...
Veña zagales!!!
Vémonos!
Labels:
concert,
Erasmus Tallinn 2006-2007
Suscribirse a:
Entradas (Atom)