jueves, noviembre 10, 2011

Microreviews Novembro'11 - I


Myrath - Tales of the Sands (2011)
Progressive Ethnic Metal
Myspace
Xa sorprenderan no seu anterior Desert Call, e neste novo Tales of the Sands os de Túnez seguen a desbordar calidade con esa mezcla tan peculiar entre Kamelot, Symphony X e Orphaned Land.
Moi boa producción e moi boas composicións, que non pecan de ser excesivamente complicadas, pero cheas de detalles e de momentos con moito gancho que nunca se desvían no regocijo progresivo (algo demasiado habitual no último disco de Orphaned Land, índose por ramas que non ían a ningún lado). Un cantante con personalidade e versatilidade, e tal vez o único punto negativo que lle podería encontrar son as aparicións vocales dunha rapaza que intenta emular á participación femenina nos últimos discos de Kamelot, con líneas case clavadas ("Under Siege", "Time to Grow")
Mezclado por Frederik Nordstorm, e masterizado por Jens Bogren de Symphony X, Tales of the Sands promete ser o lanzamento do ano en canto a Metal étnico, e probablemente relance a fama dos tunecinos a nivel internacional.
O disco que Orphaned Land terían que oír para non repetir erros/Aigh Hakim, mételle unhas jitarras, que seguro que non sona mal! 9/10



Natural Spirit - The Price of Freedom (2011)
Folk-Pagan Metal
Myspace
Terceiro álbum dos ucranianos, que se perpetúan no Pagan Metal eslavo de voces "-typical slavic-beauty and the beast". O estilo é de sobra conocido polos amantes do xénero, e Natural Spirit non se desvía demasiado do camiño, aportando un disco rico en melodías, pero non demasiado largo; onde hai un bon traballo instrumental por parte da banda, e onde utilizan (parece que por primeira vez na súa historia) whistles, flautas, harpas, violín e gaitas reales. Ollo, que ata utilizan a gaita galega! Teñen que vir desde Ucrania para fusionar os nosos instrumentos tradicionales co Metal... hai que ver...
Polo resto, penso que hai unha ou dúas cancións que están un escalón por debaixo das outras; hai incluso unha que posúe unha melodía que xa oín noutro lado ("Witchery of the Winter Sun"), e esto fai que The Price of Freedom sexa, baixo o meu punto de vista, un CD un chisco irregular.
Aparte remata cunha versión de God's Tower que realmente queda coma un pegote con respecto ó resto, pero bueno, tampouco diría que é un mal disco; penso que se coloca por encima da media dos que levo oído dentro do xénero este ano. Proba delo é que o tiña oído no verán, e, 3 meses despois, cando o volvín a escoitar, sabíame moitas das melodías...
..."eso é bonito", como dice un amigo meu.
Máis Pagan dende o Este, con algunha reminiscencia celta, pero Pagan do Este con todas as súas implicacións. 7/10


Beyond Creation - The Aura (2011)
Progressive Technical Death Metal
Myspace
Álbum debut destes canadienses que se desenvolven cunha técnica fóra do normal dentro do mundo do Progresivo Extremo. Todos os instrumentistas raian a un nivel altísimo, ainda que se hai alguén digno de mencionar, ese sería o baixista "Forest" Lapointe, tal vez o que aglutina máis experiencia na banda, tendo participado noutros grandes da escena canadiense coma Augury ou Quo Vadis.
Musicalmente, Beyond Creation está cerca dos mencionados Quo Vadis, pero sobre todo, recordáronme a Obscura (seica esta banda está creando escola, últimamente estou escoitando un bo número de grupos similares).
O meu principal motivo de exclusión deste tipo de bandas suele ser que técnicamente se desenvolven moi ben e ofrecen moitos cambios de ritmos ricos en riff e velocidade, pero que logo de oír un disco enteiro, un fica coma se realmente non se quedara con moito salvo con que son uns hachas co seu instrumento. Rara vez me atopo con bandas do xénero mencionado que leven as súas composicións a un nivel onde un se sinta identificado emocionalmente aparte de envidias en canto a destreza XD. Beyond Creation están no borde, por veces conseguíronno, e por veces saturáronme, parecéndome virtuosamente fríos dependendo da canción.
Death de conservatorio. 6/10

Link
The Deving Townsend Project - Ghost (2011)
Ambient/New Age
Myspace
Esperábame algo diferente desto cando oín que Devin Townsend iba a facer un CD máis tranquilo do que é o xenial Deconstruction, pensaba nalgo así coma un álbum coas cancións máis tranquilas e ambientales de Addicted ou non sei... contaba alomenos con que oiría algunha guitarra que non fose acústica.
Non é que desbote de raíz oír música ambient, pero xa hai moito tempo que non a oigo, para mín todo é cuestión de momentos, e en determinadas épocas a poido aceptar de mellor grado que outras. Pero postos a oír música ambiental, decántome sen duda polo New Age e música étnica/folk (ou decantábame, últimamente co traballo que me propoño neste blog, escoito menos cousas que non sexan Metal). Digo esto, porque Ghost non me entrou nada ben. Pareceume un traballo aburrido de ambient. Saturoume as 3 ou 4 veces que o intentei oír enteiro, e non o dín conseguido. Non sei se é porque realmente non teño a época, se porque realmente é un traballo excesivamente atmosférico e parado ou por qué.
En fin, deixareime levar por Deconstruction... e deixarei Ghost para os fanáticos de Devin... se é que lles gusta (que o dudo).
Non me atrevo a puntuar Ghost, síntoo. ?/10


Gevolt - AlefBase (2011)
Industrial-Folk Metal
Myspace
Cunha base de Metal Industrial ala Rammstein, os israelís Gevolt fan un estilo curioso no que xuntan Heavy Metal con Folk xudío e ruso. A parte folk está guiada por violín, mentres que os sintetizadores aparecen de vez en cando, a veces de forma bastante sorpresiva e chocante. As cancións son en xeral simples, ainda que o traballo de guitarras e sección rítmica é máis coidadoso que o de bandas do estilo dos mencionados Rammstein. A voz achégase tamén á de Till Lindeman, e o sonido é bastante profesional, 10 anos de experiencia e membros doutra gran banda coma os progresivos Soul Enema xogan ó seu favor.
A mín gustáronme máis que todo o último de Rammstein, así que se botades en falta algo máis de orixinalidade nos alemanes, coma mín, pode que vos faiga a súa gracia.
Rammstein+Folk. 6/10


Dauden i Mørke - Syn (2011)
Black Metal
Facebook
Medo me deu cando vin as palabras "Black" e "USA" unidas. Os que me seguides, xa saberedes a miña opinión sobre o -mal- facer das bandas americanas en canto se propoñen compoñer Black Metal tentando imitar a toda a movida europea e escandinava, sobre todo a nacida hai un par de décadas.
Lamentablemente éste é outro máis deses casos nos que a cousa falla por todos lados. Producción cutreira na que hai pésimo tratamento vocal, a batería secuenciada sona máis ben de fondo e as guitarras parecen grabadas en distintas sesións, porque dependendo da canción sonan mellor ou peor. Pero como é habitual nestes casos, o peor son as composicións, planas, olvidables e bastante pouco orixinales. Determinados momentos que corresponderían máis ao Black sinfónico tampouco é que esteñan mal, pero desde logo non fan que éste Syn sexa un álbum a ter en conta.
Ter un nome máis escandinavo non os salva de ser outros Black-USA para o olvido. 2/10


Highland Glory - Twist of Faith (2011)
Power Metal
Myspace
Highland Glory é unha banda noruega de Power con voz femenina que non conocía, polo tanto, outra vez sen ningún tipo de noción nin expectativa á hora de poñer a funcionar Twist of Faith.
O primeiro do que nos podemos dar cuenta cando a primeira "Holocauster Ride" empeza, é que neste CD non nos encontraremos con ningún atisbo de orixinalidade, cousa que, debido á mansalva de grupos de Power Metal nacidos nos últimos 10 anos, non me decía nada bon. O segundo, é que sona, baixo o meu punto de vista, bastante amateur, cunha producción pouco coidada e unha vocalista con pouca personalidade e carácter. Pero do que realmente adolece Highland Glory é de cancións mínimamente carismáticas. Os temas, nunha maioría son bastante mediocres, recordándonos a moitos outros grupos do estilo e a moitas cousas xa feitas. Penso que o punto de inflexión que me fixo pararme un pouco a decirme a mín mesmo: "buff vou cambiar de disco" foi a interminable balada "Without You" -a cuarta canción!-. Unha power ballad de case 6 minutos repetitiva e mala a rabiar, que pode recordar lixeiramente a algo Nighwishesco con Anette, pero sen transmitir ningún tipo de emoción nin ser remotamente variado. A partir de entonces limiteime a "pasar o trago" de oír o resto de álbum, que ten as súas cousas boas, pero que difícilmente recomendaría nin a amantes do Power.
Prefiro incluso o último de Running Wild. 3/10


Quintessence Mystica - The 5th Harmonic of Death (2011)
Symphonic Black Metal
Page
Novo proxecto dun dúo ucraniano que redunda nun trillado Black Metal melódico con moito teclado. As melodías están repartidas a partes iguales entre as guitarras e uns teclados que por veces sonan bastante fuleros (ou tal vez quixeran darlle un toque avant-garde, pero a mín sónanme fuleros). Hai cousas boas por aquí e por alí, pero a sensación de ter oído todo esto xa antes é continua na maior parte do disco... con decir que a canción que máis me gustou foi o interludio sen guitarras chamado "Memorial"... ainda que a última "Frankenwald Mystery" tampouco está mal, pero a mín o resultado xeral non me convence.
Un álbum para amantes de Dimmu Borgir, Anorexia Nervosa e Limbonic Art, ainda que non esperedes que Quintessence Mystica chegue á metade deles.
Trillado black sinfónico. 5/10


Erevos - Descensus Ad Inferos (2011)
Black Metal
Myspace
Primeiro disco destes gregos no que compilan todo o que foi o Death, Black e Metal extremo sinfónico dos 90 e 2000, quedando ésta última influencia como simple apoio e nunca como principal medio de transmisión. Polo tanto, o que temos aquí é básicamente Black Metal con lixeiro toque Death que bebe da escola escandinava, con dose de melodía, pero mantendo agresividade, e onde poderemos intuír influencias, dependendo da canción, de Black noruego, Black-Death sueco, ou Black mid-tempo finlandés. Sí, a verdade é que por momentos recordoume a cousas tan distintas coma Covenant, outros a Naglfar, Alghazanth, Watain, Immortal, primeiros Dimmu, Ragnarok...
Non está mal como grupo compilador de diferentes elementos, pero botei un pouco en falta algo máis de personalidade. Polo demáis, un digno disco debut.
Heteroxéneo Black. 7/10


Leaves' Eyes - Meredead (2011)
Symphonic Gothic-Folk Metal
Myspace
Un movemento interesante o dos noruegos liderados por Liv Kristine, acercándose moito máis a unha atmósfera celta e de folk nórdico. Estaba lixeiramente animado logo de ver numerosas críticas positivas de Meredead, digo "lixeiramente", porque Leaves' Eyes nunca me satisfaceu completamente, a pesar de que penso que o grupo ten calidade. Pero hai ese algo intanxible que me fai escapar deles desde case o primeiro disco.
Con Meredead, como digo, profundizan no folk regado por atmósferas oníricas guiadas pola a veces emotiva, a veces cansina voz de Liv, onde abunda o medio-lento tempo e as orquestacións antaño recurrentes, foron suplidas progresivamente por violín e guitarras acústicas. Realmente parece que quixeran darlle unha volta de tuerca a aquelas melodías irlandesas de Thin Lizzy ou Gary Moore e convertilas en Pop-Rock Celta con guitarras profundas -máis dunha vez pensei... "en calquera momento vai vir un "ooooover the hills and faaar awaay"...-. E sí, Pop-Rock, porque a parte metálica convírtese en tan presencial e líder coma o podería ser en grupos coma Evanescence (salvando as distancias). Os amplis existen, pero nunca levan o peso da música, a favor das melodías vocales e folk/orquestales.
Con esto, e indo directamente ó disco, a mín pareceume un bo paso cara adiante, pero irregular. Imos ver, dúas versións de temas folk noruegos: "Krakevisa", que recorda moitísimo á versión doutro tema tradicional sueco que fixo Falconer no seu debut con "Per Tyrssons Döttrar I Vänge", e "Nystev", que sona bastante ben; unha cover de Mike Oldfield, xa versioneada unhas cantas veces, "To France", e que desde logo non pasará á historia...; a canción máis larga, "Sigrlinn" (8:47) é unha das que menos transmiten do disco; logo temos un interludio do máis innecesario e que nin sequera pega co seguinte tema....
Con esto xa me cargo case a metade do disco... o que pasa é que na parte boa, o resto ten suficiente calidade como para aguantalo enteiro e incluso disfrutalo se un é fan da música celta e folk.
Ademáis que Alex Krull se quedara sen cantar na maioría dos temas fíxolle ganar enteiros. 6/10