martes, mayo 29, 2012

Microreviews Maio'12 - III

Ésta é a última microrreview de discos de 2011. Quedáronme no tinteiro moitos que oín, pero que por poñerme con algo por fin deste 2012 vounos deixar sen comentar, o único poñer por aquí algo rápido, coma aconsellar:
*World Under Blood - Tactical; disco debut destes americanos, facendo Death-Thrash técnico, co batería que levaron últimamente Morbid Angel, Tim Yeung. Gustoume bastante, e chamoume sobre todo unha canción cuio primeiro riff non sei por qué me recorda a un videoxogo de Nintendo, Into the Arms of Cruelty.
*Spellbound Dazzle - Unreal FairyTales; heteroxeneidade e locura dentro dun Metal progresivo orixinal.
*Satan's Host - By the Hands of the Devil; un grupo que fai a extraña mezcla entre o Heavy-Power americano e o Black Metal. Os seguidores do Heavy satánico old school estiveron de noraboa este ano con Hell e Satan's Host. Co cantante dos extintos Jag Panzer.
*Невидь - Agarta; máis Pagan eslavo de parte dos Nevid. Non está mal. Referente a esto, tiña pensado unha anti-crítica para facer a uns dez álbumes de Pagan-Folk vidos de Rusia, pero descarteino a última hora. Esto era: facer unha crítica única a 10 discos que pululaban por aquí, e logo comentar as -escasas- diferencias entre eles e cál me gustara máis ou menos XD O certo é que o 95% do que oín de Pagan eslavo no 2011 me sonou igual entre sí e entre outros centos de grupos anteriores.

Para a seguinte tanda vou introducir algúns pequenos cambios, coma facer tandas de 5 en lugar de 10, que tardo moito en sacar un post XD e coma eliminar o Myspace e poñer outro link, xa que esa web cavou a súa propia tumba desde hai tempo, e son contrario a darlle publicidade (púxena por que foi a primeira que se me veu á mente e foi quedando XD).


Riul Doamnei - Fatima (2011)
Symphonic Melodic Black Metal
Myspace
Desde Italia veñen os ata hoxe descoñecidos para mín Riul Doamnei. O estilo destilado en Fatima é un que creo que sempre cuajou moi ben entre os seguidores do metal extremo italiano: o Black sinfónico melódico. Xa desde os noventa, recordo que ese gusto por bandas coma Cradle of Filth e Dimmu Borgir reflexábase en proxectos coma Opera XI, Inchivatu, Stormlord, Theatres des Vampires, Graveworm... cousa que por exemplo en España nunca pasou. De feito agora sólo recordo por estes lares a Asgaroth, unha pena porque eran do mellor salido deste país nos 90...
Pois ben, Riul Doamnei segue co testigo das bandas mencionadas italianas, desta vez incluso acollendo a máis niveles a fusión Cradle-Dimmu, con composicións certamente variadas, nas que inclúen determinados elementos que cadrarían mellor dentro do Gothic Metal sinfónico, tales coma pianos e violines/cellos que lle dán un aire moi "clásico" a Fatima. A mín recordáronme a unha versión relaxada de Carach Angren ou Saille, de feito "Of Misery and the Final Hope" empeza igual que "Revelations" ainda que ésta última supera á de Riul con diferencia.
En canto ó sonido, é totalmente profesional, no que se reparten o protagonismo igualmente riffs e elementos de música clásica acompañados polos rasgados que me recordaron moitísimo a Shagrath de Dimmu e Thebon, de Keep of Kalessin. Ademáis tamén introducen algunha voz feminina operística (qué raro!).
En términos xerales non poido decir que sexa un disco malo, non creo que Riul Doamnei sexan malos compositores, e Fatima ten un gran sonido, pero deume a sensación de ser pouco novedoso, co cal todas as veces que o oín, hacia o final sempre se me fixo algo largo .
Para fanáticos do Black sinfónico, para o resto será un disco máis. 6/10


Enlace

Kartikeya - Mahayuga (2011)
Ethnic Folk Death Metal
Myspace
Desde Rusia veu o ano pasado unha das grandes sorpresas do Metal Extremo, Mahayuga, o segundo disco dos descoñecidos Kartikeya. A aposta déstes é un Death Metal que bebe básicamente do sonido máis polaco, tendo como principal referencia a Behemoth e Vader, ó que lle añaden ambientación e melodías que están entre as do oriente medio e as hindús. Ademáis fano con instrumentos (ou samples que os imitan, pero sonan bastante convincentes) tradicionales e tribales, con adición dun toque sinfónico que lle dá a Mahayuga un aire moi épico. Todo esto fai que tamén pensemos máis dunha vez en Melechesh ou Rudra, grupos nos que a influencia folk está moi ben mezclada co Metal, e onde ésta non chega a sobrepasar o protagonismo metálico e extremo da banda.
Ademáis temos riffs complexos, unha potente voz gutural que nalgún tema deixa o relevo a unha limpia para facer o estribillo, e un batería fortemente influenciado por Inferno.
Houbo varias bandas recientemente que tentan mezclar o estilo de Behemoth incrementando ese lado máis étnico-mesopotámico que de vez en cando os de Nergal deixan ver, pero de momento sólo me convenceran os canadienses Aeternam. Agora xa poido unirlles a Kartikeya.
O único punto negativo que lle vexo a este disco é o "relleno" das dúas primeiras partes do tema que dá título ó álbum; sete minutos que penso que sobran.
PS: pista sorpresa ó final, versión de "Ojos Así" de Shakira (un tema que desde que o oín por primeira vez haberá como 10 anos sabía que daría para unha versión boa en plan metálico, incluso a gardara para facer co ordenata.. pero Kartikeya colléronme a idea facendo un pedazo tema XD)
Levo oíndo Mahayuga desde hai máis de un ano e ainda me sigue entretendo case coma o primeiro día. 9/10


Insomnium - One For Sorrow (2011)
Melodeath
Myspace
Os finlandeses sacaron novo álbum o ano pasado, o quinto da súa historia, que segue a evolución da banda hacia terrenos máis asosegados dentro do Death melódico. De feito, hai partes deste One for Sorrow, que, con eses lead melancólicos, axudados por unha base rítmica lenta e un "muro" de guitarras fan parecer a Insomnium un grupo máis cerca do Doom-Death melódico do estilo de Black Sun Aeon, Swallow The Sun ou Before The Dawn (cánto "sol" hai nestes grupos!). Máis ainda se pouco a pouco foron collendo gusto por meterlle algunhas voces claras en determinados estribillos. Pero a marca da casa de Insomnium segue ahí, con eses guturales dominando e os típicos punteos tristeiros tan "suomi" que se combinan cos outros máis rápidos made in Insomnium. Basta con oír cómo empeza o disco logo da intro con "Through The Shadows" para decir en 2 segundos "esto é Insomnium", algo tremendamente positivo para a miña visión musical, vendo a mansalva de grupos que se dedican a extraer da personalidade doutros máis populares.
En One For Sorrow temos momentos realmente épicos, a mín encantoume "Only One Who Waits", "Weather of the Storm" ou "Song of the Blackest Bird" (á que lle viría moito mellor un blasting como dios manda desde que entra a batería para o meu gusto XD), pero en término xeral, a mín recordoume a aquel concerto que lles vira hai un tempo, no que empezaran moi ben, pero logo de media hora, certas cousas xa se empezaban a repetir de máis e acabarame aburrindo un pouco. E non é que me moleste que se apaciguaran, é simplemente que non me parece o mellor disco que sacaron.
Gardo un grato recordo do debut In the Halls of Awaiting e o do 2006, Above the Weeping World; dudo que dentro duns anos recorde igual a One for Sorrow.
One (more) for sorrow. 7/10



The Devil's Blood - The Thousandfold Epicentre (2011)
Hard Rock/Prog Rock
Official
Foi a partir dun Hellfest ó que fora meu irmán hai creo que un par de anos, que me deu a coñecer a esta banda relativamente nova que a él o parecera entusiasmar. Sen embargo, nunca me parara a oír nada deles, salvo algo no coche de refilón. Parecía un grupo interesante, ainda que quedou ahí ata hai uns meses que me puxen con The Thousandfold Epicentre, un CD sacado o ano pasado e que fixo crecer á banda en relación a popularidade -ainda que xa se vía que pouco a pouco iba sendo nombrada polas webs cada vez máis antes deste álbum-.
Os franceses, coma Ghost, están lonxe de facer Metal, pero teñen ese ingrediente primixenio que inspirou a moitas bandas durante os setenta hacia o estilo, engadindo temáticas escuras e ocultistas ó Rock duro que se viña facendo.
The Devil's Blood
xogan a mezclar elementos do Rock progresivo setentero, Hard Rock psicodélico (supoño que algo así será o que por ahí chaman "Acid Rock"? -pregunto-) e incluso Rock surfero? para dar luz a un enxendro anacrónico e diferente ó resto de grupos de Rock que salen hoxe en día.
A mín gustoume especialmente a primeira metade do álbum; pegadizo, onírico e envolvente Rock setentero guiado por unha voz feminina potente e uns riffs reiterativos pero que estás desexando que se volvan a repetir unha e outra vez... unha e outra vez... unha e outra vez... ademáis con ese sonido tan setentero... realmente temas coma "On The Wings of Gloria", "Die the Death", "Cruel Lover" teletranspórtante a outro mundo.
Pode que sexa a partir do tema central do disco, que dá título ó mesmo, que a cousa se vaia parando e The Thousandfold Epicentre quede ben tan sólo coma música de fondo. "Fire Burning" é máis relleno ca outra cousa, "Everlasting Saturnalia" é moi ambiental pero recortaríalle 5 dos 6 minutos, "The Madness of Serpents" é un tema sen estructura, que empeza moi forte e que a partir da metade colle elementos máis "Space Rock"... moi raro, e a final de 15 minutos "Feverdance" faise longuísima e innecesaria.
Ainda así, o traballo destes franceses é innegablemente interesante, cunha primeira metade de dez.
Occult Rock is back. 7/10


Wisdom - Judas (2011)
Power Metal
Myspace
Provintes de Hungría, os Wisdom, que non Wishdoom (griegos que sacaron outro CD no 2011), practican un Power europeo con todo o bo e malo que elo conleva: boa voz principal que se luce de vez en cando, solos arpeggiados emotivos/speedicos según se tercie, estribillos-coro épicos con tendencia happy, líricas motivacionales sobre batallas por ganar, moita pose, pernas escachadas...
É decir, Wisdom non inventan nada novo nin remotamente orixinal, pero arremedios que foi poñer unha vez o CD e quedarme coa metade dos temas na cabeza. Gústeme máis ou menos hoxe en día este xénero, non poido ser falso (bueno, poder poido, pero nestas microreviews escribo dunha forma bastante directa e sincera, non teño medo a herir sensibilidades XD excepto con grupos españoles, pero esa é outra historia...). Este disco gustoume. E será hortera, happy, e todo o que se queira, pero pegouseme coma unha lapa.
Pouco podería añadir ó que dixen xa, o único é decir que Judas está ben balanceado entre o virtuosismo, a velocidade e a composición de melodías e estribillos pegadizos, e que as influencias principales poderían ser Axenstar, Sonata Arctica, Freedom Call. Guardians of Time, Highlord...
O único punto negativo que lle atopo é o dalgún estribillo parecido entre cancións, pero bueno... se che gusta o Power, o disco oese nun tris.
Power disfrutable. 8/10


Eumeria - Rebel Mind (2011)
Progressive Metal
Myspace
Eumeria parece ser unha continuación do que foi Outworld, un grupo norteamericano que só sacou un álbum e algunhas demos nos seus máis de 10 anos de historia. Polo que sobra decir que os compoñentes desta nova banda son xente experimentada, cousa que se reflexa no seu primeiro disco Rebel Mind.
Hai unhas cuantas microreviews, creo que falando do novo de Andromeda, mencionaba o difícil que é facer un disco de Metal Progresivo que teña esas estructuras complicadas, base ritmica variada e riffs atípicos sen deixar de lado a parte que engancha e que transmite ó oínte máis aló de estar asistindo a unha clinic. Esto, dito sexa, últimamente pásame máis con grupos de Death técnico e progresivo que con bandas de Prog-Power. Eumeria consegue o balance entre o tecnicismo e o sentimento, entre xogos de pedal e ritmo que se mete no corpo, entre progresión e cambios inesperados con Heavy-Power clásico e certo toque escuro. As influencias son as clásicas, Symphony X, Dream Theater, e os primeiros Pain of Salvation, pero á vista do que están a facer estes dous últimos, eu diría que Eumeria é un bo cambio a tempo para todos os fans do Progresivo.
Rebélate contra DT. 8/10


The Samans - Khan (2011) EP
Melodeath-Folk Power Metal
Reverbnation
The Samans é un grupo novel provinte de China, que parece ser polo que lín, que era en principio unha banda de covers de Rammstein. Este estilo máis industrial é palpable no seu primeiro EP Weltreich, de 2009, pero para este segundo EP, -que case está máis cerca de ser un disco xa que contén 9 temas e dura 40 minutos (a veces non entendo a diferencia entre EP e LP XD esto recórdame a longas noites de discusión e cervezas)-, cambiaron drásticamente de estilo. A nova dirección de The Samans tira a un Heavy-Power Metal con moitos tintes folk e algún sinfónico. Esta influencia folk varía entre a nórdica europea e incluso irlandesa, e, a máis interesante para un servidor, a súa natal chinesa. A parte de Death Melódico está vagamente debuxada nos instrumentos, pero os growls, bastante profundos dito sexa, empuxan a The Samans a non ser unha banda propiamente de Power Metal.
Se tivera que decir algunha referencia, diría que me veu á cabeza Eternal Tears of Sorrow, Skyfire, tal vez Insomnium nas voces, por suposto Chthonic por determinados arreglos de intrumentos tradicionales (ainda que estes sexan de Taiwan, pero tampouco son un experto para diferenciar tanto en materia tradicional a ambos países), logo "Flying Dutchman" recordoume a "Black Tears" de Edge of Sanity, e incluso puiden ver algo de Eluveitie en "Danse Macabre"...
Ainda que The Samans é unha versión un pouco máis melódica e con menos recursos de producción que todos os mencionados, penso que poden chegar a facer cousas moi interesantes con tal mezcla de elementos europeos e asiáticos. E se ademáis lle dán algo máis de protagonismo ós riffs (fan cousas bastante básicas), xa sería tremendo.
Super Disco Chino. 8/10


Thulcandra - Under A Frozen Sun (2011)
Black-Death Metal
Myspace
Os germanos fanáticos de Dissection número 1 volven para dar tralla co seu segundo CD, repetindo os pasos que lles deron certa repercusión con aquel primeiro Fallen Angel's Dominion; é decir, a mesma forma de compoñer de Jon Nödtveidt (qué mal o paso ó escribir este nome sempre), o mesmo sonido que os Dissection pre-cárcel, o mesmo tipo de letras, o mesmo tipo de cuberta... e non creo que Thulcandra queiran ocultar que máis ca nada son un grupo-tributo de Dissection que tenta facer temas como a eles lles gustaría que os mesmos Dissection fixeran.
A sensación que me deixa éste Under A Frozen Sun é parecida á que me deixou o anterior: nótase que se esforzaron ó máximo en coller ata o máis mínimo detalle de producción das obras maestras noventeras The Somberlain e Storm of the Light's Bane (é que incluso os redobles de batería teñen o mesmo eco!), a mesma forma de tocar de cada un dos instrumentos, a mesma forma de introducir as guitarras dobladas, solos e acústicas... pero... nin Fallen Angel's Dominion nin Under a Frozen Sun son tan bos coma os traballos de Nödtveidt. Pode que o feito de que perdan o factor de orixinalidade que fixo que a música de Dissection fora (e seguirá sendo) tan alabada, xogue en contra, pero os temas de Thulcandra son un "wannabe", que teñen a súa gracia, pero que lles falta un brillo para chegar a ser o que Dissection foron. Ademáis atopeime que, a pesar de ter riffs realmente bos, hai temas que dán a sensación de estar coma un pouco inacabados? Non os vexo redondos de todo.
Non sei, pero esperábame unha evolución ainda que fora mínima en Thulcandra, e atopeime cun disco máis que tampouco se diferencia moito do seu anterior (se intercambiamos un par de temas dun CD para o outro dudo que alguén notara diferencia). Esperemos que o culto excesivo a Dissection non lles impida saber evolucionar para o próximo álbum.
PD: Rematan cunha versión dun dos mellores temas do mellor disco (para un servidor) de Unanimated, "Life Demise" do Ancient God of Evil, que acaba sendo finalmente o que máis me gusta do disco... Se no primeiro versionean a Dissection e neste a Unanimated... o próximo tócalle a Sacramentum? XD
Apostas para o nome do seguinte disco de Thulcandra:
* Eternal Frozen Moonlight
* Prophecy of the Storm of Crimson's Sorrow
* Night of the Bleeding Ocean's Kingdom
* Cold of the Freezing Sun's Bleeding Tears in the Crimson's Grief Eternity
6/10


Sabbat - Sabbatrinity (2011)
Heavy-Thrash-Black Metal
Myspace
Tiña oído falar moito destes xaponeses, pero penso que ata agora non lles oíra un disco enteiro. Sí me sona que lles tiña oído algún tema solto, pero que non me chamou tanto a atención como para poñerme a rebuscar na súa discografía.Dito esto, xa co último material deles nas mans, estou disposto a facer unha subxectiva valoración do que é a música de Sabbat.
Primeiro, para os que non sepan quenes son estes Sabbat, decir que non son os de Walkyier, senón que son uns asiáticos que se formaron aínda antes que a banda británica. Sabbat gozan dunha fama underground significativa entre os amantes do Speed-Heavy Metal old school con tintes satánicos, facéndose unha banda de "culto", que axudou a poñer os pilares xunto con Venom, Mercyful Fate e Hellhammer do que sería posteriormente os inicios do Black Metal como o coñecemos hoxe. De feito, Sabbatrinity sona absolutamente old school, tanto en producción, coma en recursos utilizados e composición, inspirándose claramente nas tres bandas mencionadas, eu diría que sendo Venom o principal referente. Basta con oír "Witch Hammers"... que case parece unha versión de "Witching Hour" se non fora porque Sabbat fai riffs máis ricos e máis heavies que os de Venom.
Na miña opinión personal, e a pesar das boas críticas que lles lín, Sabbat non fai mal este tipo de Metal añejo, pero fíxoseme algo caduco e visto. Sei que moitos dos que son fans deste estilo quereno tal cual, cunha producción do ano 84, con ecos "garage" e batería punkarra inmóvil, pero visto o que fixo Hell ou Satan's Host, partindo da mesma base, quédome con estes dous últimos. Non me disgusta este estilo de añejo Heavy de "riff", ainda que oín cousas mellores.
Venom upgraded. 6/10


In Extremo - Sterneneisen (2011)
Folk Metal
Myspace
Recordo perfectamente cando un día de 1999 ou tal vez 2000, aparecera pola casa unha cinta de casette co Weckt Die Totem! duns descoñecidos alemanes chamados In Extremo. Fora toda unha sorpresa, xa que non tiña constancia de ter oído antes unha mezcla similar de Folk Medieval con Metal e cunha voz tan particular que bordeaba o rasgado. Recordo tamén que lle dera uso case diario a aquel casette, ata que chegara o Verehrt und Angespien, para mín a obra cumbre destes alemanes que visto o camiño que tomaron, difícilmente superarán.
Sterneneisen é xa o noveno álbum e segue a senda dos últimos álbumes de In Extremo, que ahondan máis no aspecto moderno do Rock-Heavy Metal alemán que no folk e paganismo medieval, que queda reducido en xeral a unhas gaitas que fan as melodías principales, pero que dán a sensación de que se as fixeran un teclado non habería tanta diferencia, xa que moitas desas melodías teñen "o xusto" de "folk". Tal cual sucede coas líneas vocales, moito máis Rockeras que folkies. Esto é algo que foi sucedendo desde o seu
Sünder ohne Zügel, que xa experimentaba con sonidos máis propios do Metal e Rock alemán simplista que do Folk, algo que moitos consideraron influencia inmediata do éxito crecente daquela de Rammstein -ainda que dentro do que cabe, penso que In Extremo segue sendo musicalmente máis rico-.
Polo que
Sterneneisen quédase baixo o meu punto de vista coma un disco máis destes últimos In Extremo, máis rockeros e menos folkies, con dúas ou tres cancións realmente pegadizas, como viña sendo habitual tamén nos últimos discos, pero cuns cuantos temas que realmente non dicen moito, sobre todo os máis lentos, que parece que se acumulan na segunda metade do disco e deixan probablemente unha peor sensación de Sterneneisen.
"Folk" Metal para non aficionados ó folk nin ó Metal. 5/10