Steve Harris - British Lion (2012)
Hard Rock
Oficial
Tema: This is My God
Hoxe toca "proxectos de membros de Maiden", e empezo con éste de Steve Harris, que tén unha historia curiosa, xa que British Lion era unha banda que por aló do 92 lle pedira a Harris que formara parte das súas filas. Anos despois parece que o propio Steve xunto con outros membros decidiron reformar a idea, desta vez co nome do baixista coma nome do grupo (desde logo, seguro que vende máis).
A música deste British Lion ten pouco que ver coa de Iron Maiden, xa que se vai por uns derroteiros máis Hard Rock setenteros que mezclan con gotas de Heavy melódico, de Rock progresivo e Rock alternativo. E ben, o primeiro que poido decir é que a mezcla non me gusta, sona flácida, sen forza ningunha, ó que añadido a unhas composicións sen gancho e un cantante sen garra que non pega demasiado fan un CD que resulta un pouco fulero. De feito a primeira vez que o puxen case me quedo durmido, e a segunda costoume chegar ata o final. Pode ser polos motivos que dixen, e pode ser pola cadencia xeral do disco, que se vai hacia un medio tempo meloso e parsimonioso en moitas partes que se torna en case somnífero.
Sen pena nin gloria. 2/10Primal Rock Rebellion - Awoken Broken (2012)
Alternative Heavy Metal
Oficial
Tema: No Place Like Home
Éste
é o novo proxecto do mítico guitarra de Iron Maiden, Adrian Smith e o
cantante de Sikth, Mikee Goodman. Descoñezo a labor deste último nesa
banda, pero a Smith coñézoo case desde que nacín, e a verdade é que non
me esperaba para nada este movemento do británico.
Este novo grupo para
nada sona a Iron Maiden (nin falta que fai), senón que aglutina
diferentes tendencias rockeras que conflúen nunha especie de Metal
escuro e moderno, no que moi de fondo podemos ver unha base de Heavy
clásico que é envolta por ritmos a veces máis cerca do que foi o
Groove/Nu Metal americano dos noventa e 2000. Así, penso que non me
equivoco (non fun moi seguidor dese estilo) se digo que éste é un
producto destinado a un público que guste de bandas do estilo de God
Forbid, Disturbed, Five Finger Death Punch, Korn... ainda que Adrian
Smith se preocupa de que haxa algúns bos riffs
e variedade suficiente como para que dependendo da canción haxa
influencias clásicas, de grunge, ou incluso de Prog Rock ("Search For
Bliss" pasaría por un tema de Queensrÿche de mediados dos 90!)
En
canto ó cantante, Mikee móstrase moi versátil, tentando varios
paos e salindo victorioso de cada un deles. O malo é que a mín me
resultou unha escoita, ou mellor dito, escoitas, que non me transmitiron moito. Pode
que o estilo tampouco axude no meu xuicio, pero exceptuando algunhas
partes, é un disco que me pasa bastante desapercibido hoxe en día. 5/10
Eternal (of Sweden) - Chapter 1 (2012)
Power Metal
Oficial
Tema: You Can't Break Us
Ainda que me siga parecendo que no, que cada vez hai máis e máis grupos -e polo tanto máis e máis mediocridade-, tódolos anos me sigo atopando con xoias en prácticamente calquera estilo metaleiro. Tamén é certo que indago de máis... mentres que haxa tempo... Este ano, a xoia do Power Metal vén duns descoñecidos Eternal (of Sweden) -extraño nome-, que sacan o seu primeiro traballo Chapter 1.
O estilo destes suecos, a verdade é que é moi sueco XD Mezclando elementos de diversos xéneros, entre os que poderemos encontrar unha base de Power típicamente europeo, con adicións de Prog-Power e Hard Rock. Temas moi ben traballados e cohesionados, nos que ningún elemento destaca por encima dos outros, cun perfecto balance entre teclados e guitarras ó que se lle unen unha estupenda voz e líneas vocales, facendo un disco do máis completo Power Metal que oíra desde hai tempo. Eternal recordan ó mellor de Yngwie Malmsteen pero sen o peor de Yngwie Malmsteen: Yngwie Malmsteen. Tamén se me viñeron á cabeza máis dunha vez, Masterplan, Axel Rudi Pell, Nocturnal Rites, Pretty Maids e Thunderstone, polo que os amantes destas bandas seguro que disfrutarán con temazos coma a inicial "You Can't Break Us", "The Thing", "Heroes", "Virus", "Human"... o certo é que Chapter 1 ten moi boas e moi adictivas cancións..
Inicialmente íballe poñer un 8, pero o feito de que se trate dun debut faime decidirme por un 9/10
Lonewolf - Army of the Damned (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Cold
Eu
teño unha pequena disyuntiva con todas estas bandas que salen copiando o
estilo doutras máis famosas. Por un lado, se as bandas "origen" están
desfeitas e non volven sacar máis discos pois non vexo tan mal que
aparezca outra cun estilo similar de compoñer, caso de Thulcandra e
Dissection. Pero si a banda "origen" ainda segue a sacar discos, que
aparezca outra que copie o seu facer... xa non o vexo tan ben. En ambos
casos, hei de dicir que a explotación do que fixeron outros tamén ten
uns límites para mín. É dicir, ok que copien estilo, pero que non faigan
os mesmos riffs! e ok que faigan un primeiro disco parecido, pero que
logo se vaian creando a sí mesmos posteriormente!
No caso dos
franceses Lonewolf, parece que levan 20 anos sacando discos, ainda que
eu nunca escoitara falar deles antes, e a súa banda fetiche desde logo é
Running Wild ainda que tamén é palpable a influencia do Heavy Metal
xermano encarnado por Grave Digger, Accept ou Paragon. Pero sólo con
influencias e sonoridade parecida non se fabrica un bo álbum. Army of
the Damned faime entender o porqué de que Lonewolf pasase tan
inadvertido durante estas décadas no panorama metálico, xa que é un disco bastante mediocre,
que ata os máis fuleros de Rolf Kasparek lle fan sombra. 3/10
Aerosmith - Music From Another Dimension (2012)
Rock / Hard Rock
Oficial
Tema: Luv XX
Facía
moito tempo que non oía un disco enteiro de Aerosmith. E cando digo moito,
é moito... pode que tirando hacia os 20 anos! (sí que vou vello XD).
Recordo
que hai uns meses o nome da banda volvía a estar nas novas dos webzines
por motivos pseudopolémicos, e recordo pensar: "márketing! eso é que
teñen pensado sacar un álbum novo e saben que están en horas baixas".
Bingo! Durante un tempo olvideime do grupo, pero hai un mes ou así,
estaba na sección de novedades das webs este Music From Another
Dimension, disco número 15 da súa carreira!
O primeiro que poido
decir del é que non cambiaron demasiado o sonido que os fixo famosos, é
máis, hai cousas que parezcan refritos doutros temas propios.
O
segundo é que é absurdamente largo, con temas absurdamente largos. 70
minutos de Aerosmith máis 3 bonus tracks que fan que o disco sobrepase
os 80 paréceme demasiado, sobre todo cando vemos que hai temas coma "Out
Go The Lights" ou "Street Jesus" nos que se pasan de repeticións para
alcanzar uns case 7 minutos cada un, dos cales lles sobran 3'5 (esto recórdame ó último de Manowar XD).
O terceiro, sorprende ver a Perry cantando nun par de temas (esto fixérao antes? sinto non ser tan fan de Aerosmith XD)
Logo
temos unhas cuantas cancións de Rock típico rodeadas das tamén típicas baladas
rockeras que os fixeron famosos, nunha proporción de 50-50%. O que pasa é que nin os momentos máis
rockeros nin as baladas están á altura das súas mellores composicións.
Se a esta conclusión se añade o feito de que a duración é esaxerada, eu
diría que é un disco que difícilmente gustará a quenes non sexan auténticos fans dos de Tyler e Perry, e incluso aposto a que os fans o terán que empuxar cun pouco de pan. 2/10
PD: o mellor, ver que Joey Perry por fín mostrou ó mundo a súa fascinación por Cantinflas!