viernes, noviembre 09, 2012

Microreviews Novembro'12 - I

Picture - Warhorse (2012)
Heavy Metal
Oficial
Picture é unha desas bandas que tiveron certa repercusión nos 80, pero que a década dos 90 e o declive do Heavy Metal e Rock clásico lles pasou unha factura que supuxo a disolución temporal da banda. Coma moitas outras, nos 2000 estes holandeses deciden reunificarse para volver a tentar o mercado agora que o Heavy Metal goza de mellor popularidade. Así, sacan Old Dogs New Tricks en 2009, que pasaría bastante desapercibido, e neste 2012, Warhorse.
Hei de dicir que non oía nada deles desde case que era neno, tendo como único referente cercano a versión de Hammerfall do seu tema mítico "Eternal Dark", pero deso xa hai case que 15 anos!
Non tiña nin idea de que volveran, por eso me supuxo unha sorpresa encontrarme cun disco deles a estas alturas. E teño que dicir que non empeza nada mal, "Battle Plan" e, ainda que un escalón por debaixo "Shadows of the Damned" son uns bos cortes de Heavy tradicional, nótase unha producción máis "groovie" e moderna que non desencaixa co sonido tan clásico que conservan os holandeses. Pero a partir de ahí o disco vai sufrindo de temas bastante do montón, que me fixo recordar o porqué de que esta banda nunca terminara de sobresalir no panorama Hard'n Heavy ochentero. Ó final de Warhorse temos uns poucos temas que están bastante ben: ós dous primeiros añadiría "Killer in my Sights" e "War Horse", e logo uns cantos mediocres. En términos xerales, quédase como un disco máis e quizáis un tanto lineal.
Se hai algún fanático de Saxon, Dio ou Judas dos 80,  poderá gustarlle Warhorse, pero non creo que sexa o mellor que Picture fixeran. 5/10




Pandemonium - Misanthropy (2012)
Post Black/Death
Oficial
Tema: Stones Are Eternal
Cando oín o primeiro tema de Misanthropy, realmente pensaba que os polacos Pandemonium non me iban gustar en absoluto, pero foi co tempo e escoitas que lles fun pillando o gusto ata o punto de ser un dos discos que máis me gustaron do que vai de ano. Certo é que a parte vocal sigue sin convencerme, xa que parece que o cantante estea pasando por unha mala dixestión e se fose a vomitar a algún recuncho do estudio ou que tente ensinarnos cómo era a lingua do home das cavernas, pero por algún motivo ata finalmente me acostumbrei a tan estrambótica voz e véxoa cohesionada co ambiente entre malévolo e psicodélico que tan ben recrean Pandemonium. Certos dejes a Satyricon, arpeggios disonantes e o Black a medio tempo recordáronme ós seus compatriotas Morowe, unha das mellores bandas surxidas no mundo do Black nos últimos anos, e inxustamente olvidada. Se lle añadimos ingredientes étnicos e voz feminina facendo certos coros moi acertados, esto faime pensar en Pandemonium coma unha firme promesa do Black contemporáneo e misántropo.
Black Metal opresivo no que a atmósfera o xoga todo, e que por extraños motivos resulta altamente adictivo. Daría unha boa banda sonora para o Exorcista. 8/10

Knock Out Kaine - House Of Sins (2012) 
Hard Rock 
Oficial
Tema: Time
Ganando o premio da Kerrang UK do mellor directo en 2008, os británicos Knock Out Kaine (cocaine?) déronse a conocer para o mundo do Hard Rock. Sen embargo non sería ata despois de telonear a bandas como Adler's Appetite ou os Where Angels Suffer, de Chris Holmes cando se decidiron a grabar nun estudio o seu primeiro LP, este House of Sins.
A verdade é que vendo as pintas dos rapaces, un case pode adivinar cál é o estilo de Knock Out Kaine sen nin sequera poñerse co CD. House of Sins destila Hard ochentero americano, personificado nos miles de grupos que tiñan por bandas fetiche as mesmas e que rara vez sobrepasaban a raia do que elas facían, nin creativa, nin compositivamente. Parecían ser clones perfectos en busca dun tema que os lanzase ó estrellato aupándoas ó mercado daquela pletórico do Rock.. Talkdirtytomehem...
Hoxe en día o Hard Rock non move tantas masas con grupos pequenos, ainda que sí que o sigue a facer con grandes vidos a menos do estilo de Guns'n Roses ou Aerosmith e apostaría a que ata un grupo tan mediocre coma Poison o conseguiría.
Knock Out Kaine apostan por repetir esquemas, os mesmos que centos de bandas repetiron hai 30 anos, e dentro do que cabe non o fan mal, é dicir, pasarían por un clon audible dos daquela. Creo que a todo seguidor do Hard-sleaze ochentero do tipo dos grupos mencionados xunto con Cinderella, Whitesnake, Warrant, Extreme e demáis lles poderá gustar. A un servidor, este estilo, ó que os británicos non varían un ápice -salvo algún matiz máis noventero- nin otorgan ningún toque propio, parécelle demasiado machacado a estas alturas. 5/10

Geoff Tate - Kings & Thieves (2012)
Alternative Prog-Rock
Ainda que Geoff Tate tiña sacado un disco anterior que data do 2002, non teño consciencia de telo oído, pero xa me intuía cómo sería vendo a dirección de Queensrÿche desde o Empire.
Logo do gran lío que se montou este verán coa salida de Geoff da súa banda de sempre, este Kings & Thieves parecía coma unha vía de escape para o cantante, que estivo loitando polos dereitos do nome Queensrÿche ata o final, e menos mal que non a levou consigo, porque o que queda claro é que o estilo da banda iba tirando hacia o que él quería, que era xustamente Kings & Thieves. E penso que a maioría de fans pensaba que Queensrÿche estaba cavándose unha tumba ainda máis profunda logo de que nos 90 xa empezara a hundirse, con lanzamentos tan rematadamente malos coma Dedicated To Chaos ou American Soldier.
Kings & Thieves é o irmán menos progresivo de Dedicated To Chaos, é decir; é unha especie de Rock alternativo-Hard Rock a medio tempo -case sempre o mesmo medio tempo-, bastante aburrido e con pouco que ofrecer. De vez en cando arreglos electrónicos "amenizan" o pasar dos temas, e a pesar de que a voz de Geoff me gustou moito no seu día, agora nótase en horas baixas, con rexistros máis graves, aportando unha línea máis Pop-Rock, esforzándose por recrear pasaxes que non chegan ó oínte, en temas que tampouco chegan. 
Resultoume soporífero. 2/10

Obscurcis Romancia - Theatre of Deception (2012)
Extreme Gothic Metal
Ainda que éste é o debut desta banda canadiense, os Obscurcis Romancia naceron hai máis dunha década na cidade de Québec. Ignoro de qué trataban aquelas primeiras demos, pero desde logo este Theatre of Deception é todo un homenaxe ós primeiros Cradle of Filth, pero engandindo moitos arreglos de música clásica, entre o que destaca o piano, prácticamente omnipresente. A pesar de que a carga de melodía a leva él, os de Canadá non se deixaron levar pola comodidade de sacar líneas clásicas para ser acompañadas dunha forma simple polas guitarras, senón que cada un dos temas está cargado de riffs, cambios de tempo e certo aire avant-garde/progresivo na sección rítmica que me fixo recordar a outros compatriotas seus: Unexpected. 
Agora ben, o malo é que todos os temas están sobrecargados, e ademáis son largos, case todos rondando os 8-10 minutos, polo que a veces quedarse con algo resulta unha ardua tarea. É unha pena, porque a música de Obscurcis Romancia nótase moi traballada, e oíndo tema a tema case que é seguro que te podes encontrar con algunha parte que sona moi ben (se eres amante do estilo), pero é un disco ó que habería que darlle moitísimas escoitas para sacarlle todo o jugo, tal e como me ocorre con Unexpected, e esto non o vexo como algo positivo. Un grupo ten que saber tamén cándo parar un pouco coa excesiva experimentación, cambios ou metraxe, e a hora e pico de Theatre of Deception é excesiva, vendo que xa dentro dos temas a complicación e densidade é considerable. Ó final un quédase cun amasijo de cousas, que sonan ben, pero que é un amasijo, e é unha pena.
Hai traballo e de calidade, lástima que non se souberan medir, senón sería un dos discos de Metal sinfónico do ano. 6/10