martes, marzo 01, 2011

Microreviews Febreiro'11 - III

Note: The microreviews are 100% subjective by my side.
0 - Non o quero nin regalado / I dont want it, not even as a gift
1 - Algúns chámano música, non serei eu / Some people call this music, not me this time
2 - Un álbum malo, sen máis / A bad album, no more no less
3- Gustaralle a algún, pero penso que hai mellores cousas para oír / Some people might like it, though I think there are better things to listen to
4 - Hai esforzo detrás, pero fáltalles saber facer mellores cancións / There is an effort, but they lack to do better songs
5 - Hai boas ideas, pero non pasa de ser un álbum máis / They've got good ideas, but not enough good as to be memorable
6 - Ten gancho e paréceme un bon disco / It has a charm, it's a good album
7 - Un bon album que supera a media / A good album above the average
8 - Un gran album que tería que ser apreciado pola gran maioría dos amantes do xénero / A great album that the mayority of the genre fans should like.
9 - Intachable, un album que merece a pena comprar / Flawless, a worth buying album
10 Intemporal / Masterpiece

Crítica para Pagan Dreams


Korpiklaani - Ukon Wacka (2011)
Folk Metal
Myspace
Korpiklaani son un grupo que no precisa de presentación entre los fans del folk metal de la última década. Primero conocidos como Shaman, nombre con el que sacaron un par de discos bastante interesantes, y posteriormente debutando como Korpiklaani en 2003 con "Spirit of the Forest", debido a posibles problemas legales con el grupo de André Matos -que sacara su primer disco un año antes-, se puede decir que la música de los finlandeses se empezó a extender hacia fuera de su país.

Su temática tomó rumbos más fiesteros con el paso de los años en pos del espiritualismo y paganismo que acogían Shaman y los primeros discos bajo el nombre Korpiklaani. Esto, unido al mayor uso del inglés, los hizo aún más internacionales gracias a éxitos pegadizos de Humppa-Folk con guitarras eléctricas como "Happy Little Bozer", "Beer Beer" (autoversión de una canción suya como Shaman, "Vuola Lávlla"), "Journey Man" o "Vodka". Pero por otro lado iban arrastrando una cada vez menor inspiración a la hora de componer. Hasta el punto de sacar discos tan mediocres como Korven Kunningas (2008) o Karkelo (2009) -en los que ya volvieran casi totalmente al idioma finés desde el anterior Tervaskanto (2007)-.

Ahora bien, nos encontramos un par de años después con este "Ukon Wacka" del que han sacado hace meses el single "Tequila" (¿cuál será el próximo aparte de "Cerveza Cerveza" y "Vodka"?... Whisky? Mojito?) y a mí me parece uno más de Korpiklaani. Es decir, han sacado casi un disco por año desde 2003, y su progresión musical ha sido prácticamente inexistente. En "Ukon Wacka" volvemos a tener melodías casi iguales a anteriores entregas, canciones un poco más lentas con medios tempos muy parecidos a los de anteriores entregas alternadas con ritmos más rápidos, estructuras muy parecidas también... Sinceramente creo que Korpiklaani debería de tomarse un mayor descanso entre disco y disco, y aún sacando canciones similares que estén dentro de su estilo, escoger entre las mejores y las que aporten algo diferente, aunque escojan también las típicas single-pegadizas, y entonces lanzar el disco.

Por otro lado, algo en lo que nunca había pensado en cuanto a Korpiklaani y se me vino a la cabeza mientras escuchaba éste último es sobre los dos guitarristas que tiene la banda, el cantante Jonne Järvelä y "Cane" Savijärvi. Casi no hay ningún momento en lo que hagan algo diferente, ningún juego a doblarse ni similar... entonces.. ¿para qué tener dos guitarras si hacen prácticamente lo mismo?

Mi conclusión personal es que si hubiera sido un álbum que sacaran entre sus primeros me podría haber gustado más, pero al séptimo disco, me dá la impresión de ya haber oído esto.

Como nota curiosa, hay una versión del "Iron Fist" de Motorhead como bonus track. Nada del otro mundo. 4/10

1. Louhen Yhdeksäs Poika / 03:23
2. Päät Pois Tai Hirteen (Peer Günt Cover) / 03:14
3. Tuoppi Oltta / 03:34
4. Lonkkaluut / 05:39
5. Tequila / 02:42
6. Ukon Wacka / 05:08
7. Korvesta Liha / 04:31
8. Koivu Ja Tähti / 04:17
9. Vaarinpolkka / 02:19
10. Surma /06:20

Total playing time 41:07


Eternal September - Your Computer Lies (2010)
Melodeath - Metalcore - Screamo - Pop
Myspace
Teño que reconocer que sempre me chamou a atención e curioseei sobre as versións de diferentes estilos que fan os grupos de calquera variante metaleira. Sobre esto case podería escribir unha tesis, porque levo recopilando desde fai máis de 10 anos as mellores/máis chamativas que encontrei, e son unhas cuantas XD
Moita xente pensa que o que facía ese grupo español chamado Operación Mutante era xenial, parodiando cancións de OT e algunha máis. A mín, sinceramente sempre me pareceu bazofia. Son o tipo de versións con guitarra eléctrica e voz "Max Cavalera" que sólo alguén que podería gustarlle as orixinales tal e como están feitas podería facer. Sí, quero decir que deume a impresión pola nula creatividade de Operación Mutante de que a eles lles gustaba o Pop e OT por moita letra ríndose deles que escribiran. Algo parecido me pasa con Eternal September e este disco de versións popeiras, deume a impresión que máis que versións, son covers ás que á orixinal sólamente lle añadiron guitarras distorsionadas, pequenos arreglos, e unha voz entre Laiho dos últimos Children of Bodom e ese xénero de moda de flequillos encima dos ollos chamado Emocore ou Screamo ou calquera que sexa esa merda.
Sen dúbida a voz é do máis insoportable de Eternal September, pero a distorsión das guitarras tamén é difícil de aguantar. Se a eso unimos unhas cuantas versións a cada cal peor de éxitos do dance-pop do 2010 de Britney Spears, Myley Cyrus, Lady Gaga, etc. (que en principio a mín resultábanme interesantes de oír), o resultado é unha "purísima" bazofia con maiúsculas. Segundo cero logo de Icethrone. 0/10


8-Point Rose - Primigenia (2010)
Power Metal
Myspace
Primeiro disco destes powermetaleros suecos no que chama a atención a fusión en determinadas cancións co melodeath e incluso a veces co melodeath máis moderno ou Pseudo-Metalcore do tipo de Soilwork. O caso é que eses cambios están bastante ben metidos e cohesionados, e fan do seu debut un disco consistente. Sería algo así coma uns Nocturnal Rites con voz máis agresiva e algún detalle máis "cañero". Os riffs e melodías están ben comparando co panorama dos últimos anos do Power europeo. Poden ter futuro. 6/10


2 Times Terror - Equals One Sudden Death (2010)
Industrial Dance-Metal
Myspace
Alemania non é o único país no que o Metal Industrial ten gran acollida, Finlandia tamén ten uns cantos grupos que triunfan, ainda que básicamente dentro das súas fronteiras, coma Black Light Discipline, Ruoska ou Turmion Kätilöt. Precisamente destes últimos é de onde sae unha das dúas cabezas pensantes de 2 Times Terror, Mc Raaka Pee -que canta con voz "blackmetaleira", a outra é a súa moza HC CSD -que canta con voz dance con mil efectos e filtros- e están acompañados por ni más ni menos que Zachary Hietala (Tarot), SpellGoth (Turmion Kätilöt, Trollheims Grott etc.), Hurja (Shade Empire, Chaosweaver, Deathchain, Ajattara), Puijon Perkele (Verjnuarmu, The Evolution) e algún máis.
A súa música é metal industrial sen complexos, xa que non lles importa mezclar elementos máis dance ou techno (ahí xa non diferencio moito) ou case que dobles pedales informáticos á máxima velocidade, parece que cun sonido deliberadamente extrafiltrado polo PC, tanto nas baterías coma nas guitarras. A mín non me supuxo nunca ningún problema que un grupo utilice todos os arreglos "informáticos" que queira sempre que queden coherentes e non demasiado cutres, digo esto porque hai moita xente que prefire un sonido máis "puro" e realista no metal, ainda que son xente que non suele gustar do Industrial Metal ou variantes electrónicas, así que a todos eles, lles diría que escaparan deste disco. Ós demáis, aconsellaría que lle desen unha oída, ten melodías moi pegadizas e faise corto. 7/10


N.O.W. - Force Of Nature (2010)
Melodic Hard Rock - AOR
Myspace
Proxecto brasileiro con cantante norteamericano e con moito feeling ochentero. De feito, se ninguén me dí que Force of Nature foi feito o ano pasado, podería case que apostar a que é un disco daquela década. Hai moitos guiños a todos aqueles grupos do tipo de Bon Jovi, Def Leppard, Van Halen, etc. que facían Hard'n Heavy melódico nos 80's, pero tamén a grupos de Pop-Rock ainda que ocasionalmente usen algún sample máis "moderno". Desde logo non van inventar nada novo, así que o único que queda é que faigan boas cancións e pegadizas, e penso que o logran sobradamente neste estilo máis "soft rock".
Por certo, con temas coma "Listen to your Heart" deume a sensación total de estar oíndo a banda sonora dunha comedia americana ochentera! 7/10


Cebren-Khal - A Mass of Despair (2010)
Black-Doom Metal
Myspace
Disco debut desta banda francesa que practica un black metal bastante sosegado e ambiental con numerosos punteos largos máis propios do xénero doom. Tamén podemos encontrar diferentes detalles inspirados tal vez dentro do Gothic ou o Death, pero non hai un grupo fixo que se me viñera á cabeza. Penso que é un debut variado e ben traballado, digno de un par de escoitas mínimo, ainda que o disco só dura uns 38 minutos. Haberá que seguirlles a pista. 8/10


Ikuinen Kaamos - Fall of Icons (2010)
Progressive Death Metal
Myspace
Cando vín comentarios de que Ikuinen Kaamos eran unha banda que podería estar á altura de Opeth, non pensaba que estar á altura fose case que literalmente copiar o estilo tan inconfundible dos suecos. Se alguén me preguntase se Fall of Icons é un bon disco, diría que está bastante ben, montón de cambios de ritmos e variacións, de máis introspectivo a blast-beats blackmetaleiros e cunha producción boa, como toca nuns finlandeses.
Non se oe mal, pero o feito de que esteñan copiando tan descaradamente a última etapa de Opeth réstalle moito a estes finlandeses. Eu personalmente, doulle moito valor á orixinalidade, e dentro do que cabe, se un grupo empeza a parecerse moito a outro, polo menos que o que faiga o faiga ben, pero eu diría que, coma no caso de Thulcandra con Dissection, se vas coller o mesmo estilo e a mesma forma de compoñer, alomenos que a banda que te inspira non esteña en activo ou que cambiase tanto que xa non practique dese tipo de música. 4/10


Anachronaeon - The Futile Quest for Immortality (2010)
Melodic Black-Death Metal
Myspace
Non lle acabei de pillar o punto a este grupo sueco, por máis que teñen algún que outro momento interesante en certas cancións. O malo é que o resto quédase un pouco na mediocridade e acabas o album con esa sensación de non ter escoitado nada que se che quedase realmente na cabeza. O estilo que practican pilla un pouco de death metal técnico melódico e un pouco de black bastante ramplón. Teñen momentos, pero non me acabou de convencer. 4/10


Bane (Srb) - Chaos, Darkness & Emptiness (2010)
Black Metal
Myspace
Tras unha intro que parece que non se acaba nunca, empeza o primeiro álbum dos serbios Bane. Fan un black metal que colle da escola noruega e sueca tirando a melódica dos 90. Así por veces, pódennos vir á cabeza lixeiramente uns Dissection, Old Man's Child, Dark Funeral, Hypocrisy,... Os riffs que se sacan son escuros e pegadizos, o sonido é de primeiro nivel, e a composición está moi currada.
O punto malo que lle podemos encontrar a Chaos, Darkness & Emptiness podería ser a duración, xa que se lle quitamos a longa intro ambiental de 3 minutos, o disco quédase nuns escasos 35. Eso sí disfrutables ó máximo para todo amante do black metal, un dos discos do ano en canto a black metal. 9/10
Tíñalle posto un 8, pero volvino a oír, e tívenlle que subir a nota XD Esas guitarras acústicas en "Inherited Infection" mentres seguen as eléctricas ó estilo Dissection tocáronme a fibra XD


Gravemachine - What Lies Beneath (2010)
Blackened Heavy Metal
Myspace
Voume fíar do que dice o Metal Archives e poñerlle de género "Blackened Heavy Metal" porque non sabería moi ben cómo chamar doutra forma a Gravemachine. Sen duda o primeiro grupo no que pensei foi en Iced Earth. "Haunter of the Dark" ten incluso un riff que me recorda moitísimo a "Dante's Inferno" do Burnt Offerings. De feito diría que estes rapaces fan algo bastante parecido (ou inténtano, porque é difícil igualar esa obra maestra) ao que Iced Earth fixo nese disco. Gravemachine únelle algunha que outra voz máis "blackera" e incluso algún amago de blast-beat, a veces parece coma se Immortal fixera un disco de versións de I.E. XD. Como Iced Earth levan de capa caída desde principio de milenio, este é un bon disco para aqueles que os botaron de menos últimamente.
Non son os americanos nin fan melodías tan boas, pero bueno... estivo ben... salvo a intro pomposa, que non sei qué pinta no disco! 6/10


Fortíð - Völuspá Part III: Fall of the Ages (2010)
Black Metal
Myspace
Logo das 2 primeiras partes de Völuspá, as cales non coñecía, pero agora mirarei de atopalas, o grupo islandés Fortíð presenta a terceira, facendo un black metal con atmósferas densas compaxinadas con interludios máis calmados e voces claras que en certa maneira me recordaron por momentos ao máis black de Moonsorrow ou Windir, ainda que tamén me viñeron á cabeza Belphegor ou Enslaved.
Fortíð
consigue crear atmósferas escuras e complexas á par que épicas coa axuda de teclados que actúan de forma ambiental tras un black metal escandinavo en primeiro plano. Hai algún momento no que o listón baixa pero en xeneral é un bon álbum de black metal de escola noruega con feelin' vikingo. Ademáis, gran producción e portada! 7/10


Keel - Streets of Rock & Roll (2010)
Heavy-Hard Rock
Myspace
Keel era un grupo popular dentro do heavy ochentero (ainda me acordo daquel video de "The right to Rock", tiña a súa gracia), pero coma moitos outros, nos 90 permaneceron nas sombras, e agora logo de 12 anos, lanzan un novo disco de Hard'n Heavy moi ochentero. Un disco que pode estar ben para os máis fans do Rock clásico e Hard Rock ochentero, por veces recordoume a Def Leppard e por outras... a moitos grupos que xa saliron fai anos copiándose. A mín pareceume moi xenérico 5/10



Therion - Sitra Ahra (2010)
Symphonic Gothic-Operatic Metal
Myspace
Son un fan declarado de Therion desde fai moito, sempre me acordarei que o Ho Drakon Ho Megas abriume os ollos musicalmente un montón. Pero desde esa pasou xa moito tempo e con él Therion, ou máis ben Christopher Johnsson foi cambiando de formación e de sonido case que disco a disco, facendo que hoxe en día Therion sexa un dos pouquísimos grupos que hai non sólo no metal, senón na Música, que evolucionen, creando discos nunca iguales ó anterior e sempre cuns estándares de calidade moi por encima da media.
Por eso, cando oín Sitra Ahra me deixou un pouco decepcionado. Porque me esperaba moito de Therion. Jonhsson cambiou outra vez a maioría da plantilla e desta vez fixo un disco moi variado e experimental, tanto tanto, que parece que sexa "forzosamente variado". É decir, partes de harmónica, coros realmente extraños, temas largos que se fan "demasiado largos" (e esto creo que nunca o pensara de Therion), e experimentación que sona a "vamos a poñerlle esto, a ver qué tal queda", sonan a veces a case que facer por facer, sen moito xeito.
Por outro lado, esta foi a miña impresión nas primeiras escoitas, agora debe ser a 6 ou 7 oportunidade que lle dou e foime entrando mellor cada vez ainda que certas cousas seguen sen convencerme, o que non quita que esto sexa Therion e polo tanto sinónimo de calidade.
Se fose outro grupo, tamén é certo que diría que é un moi bon disco, pero supoño que o nombre xa me fai pensar que aquí tería que haber sí ou sí un "disco do ano". 7/10


Last Wail - Tale of the Endless night (2010)
Pagan Melodic Viking-Black Metal
Myspace
Last Wail son un grupo de rapaces novos provintes de Rusia. O seu primeiro álbum parece tomar o camiño máis extremo e menos folk propiamente dito de bandas coma Arkona, fusionándoo con riffs que tenden un pouco máis ó viking metal do tipo de Ensiferum.
Como curiosidade, a que canta con voz rasgada é unha rapaza, coma en Arkona, non sei qué lles deben dar por aló ás mulleres XD Non me pareceu un mal disco, tal vez con máis experiencia poidan facer cousas interesantes. 6/10


Crematory (Deu) - Infinity (2010)
Industrial Gothic Metal
Myspace
Son un gran seguidor de Crematory desde Illusions, que segue sendo con Act Seven os meus dous favoritos de sempre da banda. O anterior a éste, "Pray", tamén me pareceu un bon álbum que melloraba a línea irregular de Revolution e Klagebilder, línea irregular á que creo que volven con Infinity, que comparte cortes mediocres na historia da banda, case coma se se versioneasen a sí mesmos, con outros moi válidos ainda que parece que se queden coma illas soltas sen moita conexión. 6/10


Daniel Lioneye - Vol. II (2010)
Avantgarde Prog-Metal
Myspace
Quén iba imaxinar que un membro de HIM iba sacar semellante disco en solitario! Ademáis o home sacara 9 anos antes deste un disco de tendencia bluesera!
O que nos encontramos aquí é un álbum de música máis ben indescriptible que vai desde o black melódico ata o industrial, o gótico, arreglos étnicos?, metal alternativo, thrash... é complicado decir algún grupo concreto que me viñera á cabeza, pero por veces puiden percibir cousas de Devin Townsend, tanto no seu traballo en solitario coma en Strapping Young Lad.
Vol. II
é un colagge de estilos ben cohesionado e feito dunha forma orixinal. 7/10


Julien Damotte - Trapped (2010)
Progressive Power Metal
Myspace
"Evergrey!!" - foi o primeiro que pensei ó oír Trapped. Este francés fai un metal progresivo con moitos toques ós suecos, ainda que tamén se poden ver influencias de Dream Theather ou Arjen Lucassen. A mín paréceme un disco completo, con bo gusto e executado cunha gran técnica. Punto malo: fáltalle algo. Non sei o qué exactamente, pero por algún motivo non me chegou a calar tan fondo coma nun principio pensaba. 6/10


Balfor (Ukr) - Barbaric Blood (2010)
Black Metal
Myspace
A primeira canción do disco debut de Balfor deume unha sensación errónea sobre o resto do disco, xa que utilizan algún que outro arreglo orquestal que lle dá unha ambientación moi épica, así que pensei que estaría a punto de oír algo de black sinfónico. E o certo é que o principio me gustou... ata que pouco a pouco se foron sucedendo os temas e se foi sumerxindo na mediocridade. Non volvemos a oír teclados e Barbaric Blood quédase así coma un disco de Black Metal bastante na media, sen riffs memorables, pero cun bon sonido. 5/10


Emerald (Che) - Re-Forged (2010)
Heavy Metal
Myspace
Cando oín por primeira vez este disco de Emerald, considerei que necesitaría máis oídas para ter unha opinión formada, posto que me parecía un álbum heteroxéneo e interesante, así que o fun deixando ata hoxe, que teño algo de tempo para ir apreciando más profundamente o que a banda ofrece. Non tiña ningunha referencia desta banda suíza, a pesar de que levan máis de 15 anos no allo, e practican un heavy variado con diferentes influencias. Así, logo dunha primeira canción de heavy metal estándar, encontrámonos con "The last legion" cun toque nas guitarras moi Thin Lizzy, na seguinte "Pipes are calling", temos algunha que outra gaita e un estribillo moi power-europeo, logo "Where's your god" recordoume un montón a uns Iced Earth menos Thrash, ó igual que "Secret Agenda" e algunha outra...
A pesar que dura máis de 1 hora, o disco é variado e non está mal, cos seus máis e os seus menos (a punto de poñerlle un 5 estiven logo de oír "Until My Winter Comes"!). 6/10


Power Quest - Blood Alliance (2011)
Melodic Power Metal
Myspace
Moi influenciados polo Heavy'n Hard e Rock-Pop dos 80, estes ingleses lanzan o seu quinto álbum. Ademáis podemos atopar tamén algunha que outra influencia progresiva e moitos clichès do Power europeo dos últimos anos, polo que como resultado final, temos un puñado de cancións na media do estilo, que non dicen moito máis do que poidan decir outros que xa saliron facendo algo parecido. 5/10


MyGrain - MyGrain (2011)
Melodic Modern Death Metal
Myspace
Eu acostumbraba a oír Soilwork fai cousa de 10 anos, e encantábanme aquel par de primeiros discos nos que facían ese melodeath sueco rápido e vicioso. Logo, cando empezaron a cambiar, parece que en compañía de In Flames, que penso que foron os que abriron a veda para este estilo máis "moderno", xa os deixei un pouco de lado. Non é que non sexa un gran fan deste "melodeath de quinceañeros" de poñer estribillos comerciales en voz clara con caña melodethcoriana con ocasionales samples-teclados e voz rasgada no resto de canción. Básicamente porque me sona a repetición de fórmula e a escasez de ideas. Pode que haxa algunha canción que me convenza, pero por término xeneral os últimos Soilwork, Mnemic e demáis metal orientado a potenciales consumidores adolescentes paréceme insulso. Ah espera! que non falei deste disco de MyGrain!....ainda que... fai falta? 3/10


Alkonost - On the Wings of the Call (2010)
Folk-Pagan-Doom Metal
Myspace
Para os que non conozcan a Alkonost, son unha banda rusa que fai unha especie de pagan metal eslavo con voz masculina que cambia entre voz clara e rasgada e voz femenina que canta dunha forma máis ben operística. Musicalmente, tocan un estilo con base folk e doom, as épicas melodías lévanas entre os punteos de guitarra e os teclados, e as cancións suelen ser de arredor de 6 minutos. Neste novo álbum, os rusos non cambian en prácticamente nada o seu sonido nin a súa forma de crear esas atmósferas, polo que a quen lle gustaran os anteriores da banda, disfrutará tamén con éste. Para o meu gusto personal, desde que a rapaza canta máis (ou eso mo parece a mín desde os 2 primeiros), Alkonost perdeu un pouco, ademáis cantando sempre tan alto faiseme a veces un pouco rallante, polo resto, non hai duda, Alkonost seguen sendo Alkonost. 7/10


Soulmaker - Discordances (2010)
Heavy-Metal-core
Myspace
Sempre me fixo gracia todos aqueles grupos que por culpa de compañías ou supoño que a veces eles mesmos, nun intento de chamar a atención ou diferenciarse doutros se inventan os seus propios xéneros e subxéneros. Soulmaker dicen de sí mesmos que fan "Neo Heavy Metal" debido ás "influencias do Nu, Black e Metal Progresivo" (...) pero o que podemos ver aquí é un Metal alternativo con voz femenina que tanto canta en voz normal coma en "rasgada", a cal lle dá un toque moi hardcore ou grindcore incluso. Polo tanto por veces podemos ter diferente impresión según o extracto que oigamos deste disco. Tanto pode parecer un grupo de Heavy Metal de hoxe en día, coma un de Melodeath, coma un de Metalcore. Cantan tanto en francés coma en inglés, e, sexa como sexa, pareceume unha banda moi mediocre, tanto desde o concepto particular do que parten coma na súa execución. 2/10


Enemy of the Sun - Caedium (2010)
Prog-Groove/Thrash
Myspace
Cando un se enfrenta a un disco coa mezcla de estilos que ofrece Enemy of the Sun, hai veces que non sabe qué pensar. Os seus escarceos co Metal Alternativo ou incluso Nu-Metal? pode facer que moitos que oigan Caedium se boten as mans á cabeza e que non lle dean moitas oportunidades. Esto sempre ocorrerá con este tipo de grupos que collen de moi diferentes estilos, incluso dos máis comerciales (coma Waltari). A mín, sen gustarme excesivamente esas licencias que parecen tirar máis hacia un lado máis comercial, non me pareceu un mal disco. A pesar de influencias tan variadas coma teñen, sona cohesionado, pero tal vez o punto malo sexa que algunhas cancións se parecen un pouco entre sí e logo haxa partes que baixan o listón, pero cortes coma Chasing the Dragon ou The Power of Mankind son temazos. Añadir que este é un proxecto do mítico Waldemar Sorychta. 6/10


Demiurg (Swe) - Slakthus Gamleby (2010)
Progressive Death Metal
Myspace
Ainda que eles mesmos se definen como "Death Metal" eu añadiríalle un pequeno prog diante, xa que o proxecto de Dan Swäno non duda en añadir teclados ou incluso algunha voz feminina, eso sí, en cantidades pequenas e a veces case imperceptibles no caso dos teclados. De todos xeitos, sí, a base é Death, pero que ninguén se pense que esto vai ser Deicide ou Cannibal Corpse. A mín recordoume a unha mezcla de varios grupos pasados polo filtro do death melódico sueco e da man de Swäno en Edge of Sanity, e baixo o meu punto de vista, bastante acertadamente. 7/10


Demon Project - Faces Of Yaman (2010)
Industrial Death-Thrash Metal
Myspace
Grupo ruso que practica un thrash-melodeath que me recordou a antigos traballos de Dark Age, unidos a sonidos modernos, algunha que outra voz femenina que por veces dalle un aire máis power-gótico, e tamén voces máis claras (coma Dark Age) sobre todo nos estribillos. Non se pode decir moito malo do disco en sí, salvo que para o meu gusto lle falta algo de gancho e o riffin' por veces parece algo repetitivo. Ademáis, logo de 3 ou 4 veces que o escoitei non poido recordar ningunha canción en especial. 5/10