jueves, septiembre 20, 2012

Microreviews Setembro'12 - I

Desaster - The Arts of Destruction (2012)
Black Thrash Metal
Oficial
Desaster son unha banda xermana da que non tiña conocimiento ata este ano a pesar de que xa levan nesto da música uns 20 anos, sendo The Arts of Destruction o seu séptimo LP. 
O estilo destes alemanes é un Black Metal feito con maldade, cheo de típicos tremolos, ó que unen a enerxía propia do Thrash Metal, no que tema tras tema demostran o seu bo facer nunha mezcla cohesionada destes dous estilos. Desde logo a mín conseguíronme convencer e repetín en numerosas ocasións experiencia, a pesar de non ser algo realmente novedoso ou que as influencias de Sodom, Destruction, Slayer, Destroyer 666 e do Black-Death sueco noventero a veces sexan máis que palpables. Eso sí, están firmemente agarrados ó pao do Black thrashero satánico, pero de vez en cando teñen momentos máis pausados coma un dos temas que máis me gustou, o épico "Possessed And Defiled", de máis de 8 minutos e que transcurre por diversos niveles rifferos máis ca interesantes e que contén unha atmósfera oscura case vikinga que chega por aló do minuto 4 cun punteo difícil de sacar dos miolos. 
A producción é clara pero con ese toque sucio e blacker, ademáis cun sutil eco moi noventero, supoño que ese detalle lle dá un aire máis old school que mola.
O único punto malo que lle encontrei é un par de temas que non me dixeron moito, pero a maioría do disco ralla a un gran nivel.
Sen grandes pretensións pero con boas ideas. 8/10
PD: en "Beyond Your Grace" hai un certo aire a "Poseso" de Gigatrón, ou é cousa miña? XD



Valfreya - Path to Eternity (2012)
Symphonic Viking-Folk Metal
Oficial
Tema: Inferno
Valfreya é unha banda canadiense comandada pola súa cantante e principal compositora, unha tal Crook. Path to Eternity é o seu disco debut en canto a larga duración, logo de ter lanzado un EP no 2010 que me dá que pasou bastante desapercibido entre os fans do sinfónico...
Musicalmente, Valfreya é un grupo que se me antoxa moi pretencioso, intentando sonar ó mesmo tempo ampuloso, folky, blacker, power, a BSO... algo que en principio a mín non me sona mal, se non fose porque a composición é un desastre, ou alomenos a mín non me gustou nada. Se tivera que dicir algún grupo diría que pola mezcla entre Folk e Black Metal con elementos sinfónicos e cantante ambivalente entre voz limpia moi lírica e rasgada cercana a Dani Filth, podería pensar en Arkona, ainda que o folk que manexa Valfreya é máis "Viking" do estilo duns Turisas, Ensiferum ou os seus compatriotas Blackguard, cos que gardan bastantes similitudes.
Eso sí, xa digo que se eu leo esas influencias, probablemente sentiría curiosidade pola banda, -coma xa a sentín- pero non me esperaría un disco tan caóticamente construído, no que os teclados omnipresentes nas varias formas que manexan Valfreya acaban saturando, as estructuras xa non sei se son tan complicadas porque o queren así ou simplemente non saben cómo crear temas, e logo está a cousa de que te quedas con moi pouco dun disco que se fai largo e que das 4 veces que lle dín oportunidade, as 4 acabei coa cabeza noutro lado de cada poucos minutos.
Creo que hai potencial, pero non o saben aproveitar. 3/10 

Leukemia - Love (2012)
Progressive Death Metal
Myspace
Tema: Emotionally Dead
Cando empecei a oír este disco da ata o dagora descoñecida banda para mín Leukemia, tiven que volver a mirar ben para asegurarme que estaba oíndo un álbum feito no 2012. E era certo, non había dúbidas, era un disco deste ano. Foi cando me interesei un pouco máis pola historia desta banda, que sonaba a todas luces coma un disco con producción "tan coidadamente noventera", que esclarecín o misterio: resulta que Leukemia era un grupo nado a principios dos 90, que sacou un par de discos e deixou un terceiro en repouso que nunca máis se tocou ata o día de hoxe.
Sen duda, o compoñente máis coñecido de Leukemia é Lord K. Philipson, que fundou posteriormente The Project Hate MCMXCIX. Xunto co seu par de compañeiros dá unha boa mostra de cómo se facía Death Metal en suecia a mediados da década pasada:
"It's not anything we will make any cash on or anything, we just want it to be released some 13 years after it being recorded. This album is very, very special to Leukemia and having Dan Swanö master it and Vic release it feels really great. I have some fucken work to do now to listen thru it and write down all the damn lyrics. Hopefully Statik can find the time to throw together a very simple, but fitting, cover for it. We won't spend countless of man-hours on this package - the important thing is just to get it out to the guys who liked this unreleased piece back in the day. There are alot of things we could do better with it today as far as production goes, but we wanna leave it as it is."
Para os que non entendades moi ben inglés, o home dice que sacaron o disco agora un pouco porque lles veu en gana, mantendo o sonido antigo porque así é como creen que se debería escoitar e porque son uns vagos. Sonido do cal se encargou o mítico Dan Swanö, por certo.
E o certo é que coma xa dixen, este Love sona clavado a como sonan o Symphony Masses ou Leppaka Kliffoth de Therion ou o The Spectral Sorrows ou Purgatory Afterglow de Edge of Sanity. Grupo este último que se nota de especial referencia en canto á composición neste disco póstumo de Leukemia, xa que aqueles míticos arreglos progresivos son materia común, intentando expandir o que era o clásico Death Metal a terrenos máis melódicos, complicados e incluso a veces industriales.
Un álbum que sen duda gustará ós fans do Death sueco melódico antes de volverse un estilo tan masificado e que iba percorrendo o seu propio camiño de experimentación hai 20 anos. Ademáis co propio sonido añejo que penso que lle dá ese aire nostálxico que rememoro cando oigo aqueles de Therion, Edge of Sanity e demáis. ¿Ou é que alguén se pode resistir a decir que non pon os pelos coma escarpias ainda hoxe en día poñerse The Gallery, Clouds, Wolverine Blues, Abducted, Lunar Strain, Heartwork (ainda que Carcass sexan británicos -remendado RMS XD-)...?Cánto bon se fixo nese país na pasada década buf!
Pode ser que non brille ó nivel dos mencionados, pero Love é unha bocanada de tanto aire vello coma fresco XD 7/10

Before the Dawn - Rise of the Phoenix (2012)
Melodeath
Oficial
Tema: Phoenix Rising
Outra vez máis o imparable Tuomas Saukkonen saca novo disco, cando aínda fai poucos meses que oín o seu anterior en Before The Dawn -xa hai que especificar a banda con este home-. 
A cabeza non para, da outra vez que revisionara Deathstar Rising recordo que contara os discos nos que participara nos últimos anos e dábame coma dez, e ainda encima sendo él o compositor de moitos deles...
Con Rise of the Phoenix, Tuomas sacouse da manga en 1 ano 10 temas máis unha versión actualizada doutro, ós cales añadeu coma bonus unha versión demo de "Reflection", feito orixinalmente en 1999. E realmente, os cambios de sonido son máis ben insustanciales con respecto ós seus traballos pasados, polo que no que me centro é no aspecto compositivo e non tanto na orixinalidade. Eso sí, hai certas cousas que un non pode pasar por alto vendo a senda que estaban marcando os últimos traballos de Before The Dawn; unha é que Rise of the Phoenix se me antoxa coma un disco máis centrado no riff, e está enfocado coma aqueles primeiros álbumes, nos que, habendo espacio para guitarras acústicas e punteos melancólicos típicos do país, o primordial é o traballo nas guitarras, seguido de únicamente voces guturales. Así é, a outra é que non hai voces limpias nos estribillos desta vez, unha volta de tuerca para o enfoque que iba tendo co transcurrir dos anos esta banda, e tampouco hai prácticamente teclados, polo que o que nos entrega Saukkonen é un puro traballo de Death Melódico ó estilo finlandés. En canto ás cancións, hei de dicir que sen ser gran novidade, están bastante ben en xeral, coma a producción -todo no que está metido este tío é fiable de ter un gran sonido-, polo que, aprobado sen problema para o novo de Before The Dawn. 7/10

Sonata Arctica - Stones Grow Her Name (2012)
Melodic Power Metal
Vexo ben que un grupo teña que progresar na súa forma de entendera a música, e neso non lle hai nada que reprochar a Sonata Arctica, que disco a disco foron buscando o seu propio camiño. Pode que o aspecto máis recoñecible neste cambio é que a velocidade dos primeiros traballos foi deixando paso a temas con máis arreglos, máis progresivos, melódicos e incluso con ramalazos Hard e Heavy. A pena é que a mín Sonata deixoume de facer gracia logo de sacar Reckoning Night. Nin a Unia nin a The Days of Grays lles encontrei un revulsivo que me chamara. E non retomarei o interés na banda con Stones Grow Her Name, un disco que profundiza tal vez máis no lado Hard Rock/Prog Rock, e incluso Pop de guitarras eléctricas, cousa que tampouco me molesta per se, pero hai algo que non me cadra... O que me fai ter certa desafección con Sonata en especial neste disco é a pouca conexión co meu gusto na maioría de cortes, é decir, non me dicen moito, ademáis de parecerme bastante simplóns e que buscan o demasiado o estribillo en certas ocasións; basta con oír o  "Losing my Insanity", regulera, "Alone in Heaven", bastante mala, ou o horrible single "I Have a Right", onde hai un 80% de estribillo dentro da canción! esto xa casi parece Manowar XD Unhas das poucas cousas interesantes son a canción tonta e hillbilly "Cinderclox" e a ratos as partes II e III de Wildfire, un pouco máis proggies que o resto do disco, ainda que posúen ese aura "melodramática e arcoiriseña sonatarcticana" que case empecei a odiar desde hai uns anos XD
Sonata Arctica perderon a maxia do que foron un día e non dan atopado un camiño seguro para expresarse. 4/10
PD: ou eso, ou é que todo forma parte dun ciclo para volver ó sonido dos seus inicios Pop-Rock de Tricky Beans?