lunes, octubre 27, 2008

Fox re-pensa Dragon Ball!!!


Os executivos da Fox, logo de ver as reaccións que a peli oficial de Dragon Ball que están preparando para o 2009 nos foros de internet, levaronse unha desagradable sorpresa ó ver que o seu moi esperado trailer promocional non cumpría as expectativas... vamos... que a xente que non o poñía a parir directamente ríase del dunha forma bastante descarnada. Esto fixo que director James Wong, actores, e demáis equipo fosen reunidos con carácter de certa urxencia coa intención de cambiar o que faiga falta, rodar incluso novas escenas e sacar un trailer promocional con novas imáxenes para contentar ós fans.
Este cambio provocará que a película de Dragon Ball, logo de numerosas veces, se retrase unha máis na fecha do seu estreno...
A verdade é que logo de ver o trailer.. mi madriña querida... eses coches tuning? esa estética de Street Fighter the Movie? ese Piccolo esblancuxao sin antenas? ese Goku con pinta de pampo adolescente norteamericano sin sangre? ese Mutenroi sin concha, sin a querida casa na isla, sin a tortuga que falaba, sin as gafas, sin.. sin NADA de Mutenroi...?

A todo esto, sigue sin convencerme nada que Son Goku empece na high school... qué é o próximo? que se monte un grupo con amiguetes de rock para o baile de fin de curso?
Certamente o peinado de Goku... XD

A este punto eu chégome a pensar... merecerá a pena que se saquen peliculas basadas en Anime que se leven tanta distancia coa historia orixinal.. e sólo copian o nombre e certos recursos dos personaxes?
Akira Toriyama debe estar revolvendose na súa tumba!!
Ah no que ainda non morreu XD bueno, pois cando vexa o que lle fixeron.. removerase na súa cama unhas cantas noites XD
A este paso vai resultar que aquela peli dos 80, Dragon Ball: The Magic Begins vai incluso ser mellor ca esta nova XDDD
Uff qué peli máis chunga!! Ainda me acordo que a vin non fai moito XDDD
Qué bueno hacia o final do video o do cocodrilo que fala, menuda voz lle puxeron..
E tampouco ten precio o que me rio cada vez que vin (ou intentei ver) a peli e sale ó principio as letras Dragon Ball e o fulano como borracho dicindo: Boooola dre dagón, comienza la magia XDDD