Folkvang - Six Stories Without Keys (2011)
Black Metal
Myspace
Máis belgas, neste caso, un dúo, son os que participan en Folkvang, un proxecto de Black no que se entrelazan melodías largas con blastbeats e momentos calmados no estilo de October Falls. Por veces hai algunha guitarra acústica que asoma, dándolle un aire de black atmosférico a certas partes que non está mal... a parte mala de "Seis historias sin chaves" (qué nome máis raro! parece un panfleto do PP de Andalucía XD), é que a maioría de punteos guitarreros tendentes á melancolía, que dominan na maior parte das cancións, parecéronme bastante pouco inspirados. Bueno, e logo está que non é que conseguiran o mellor dos sonidos, ainda que esto non é algo esencial se as cancións foran boas. Hai grupos por ahí que fan este estilo mellor. 3/10
Kara Lin - Aura (2011)
Industrial Gothic Metal
Iba fino cando me dispoñía oír o gothic metal que eu me esperaba nun principio con Kara Lin, porque o que me encontrei foi un disco de Metal Industrial lentorro e aburrido, no que os últimos Lacuna Coil son fácilmente revocables (e incluso mellores... incluso!!). O caso é que os rusos Kara Lin -nome da cantante, que creo que é a rapaza que aparece na portada-, introdúcenlle certos elementos máis intimistas e místicos, incluso étnicos, que fai que por momentos un levante a vista para decir: "bueeno tampouco está tan mal". Pero polo demáis, musicalmente, Aura é un álbum que dice bastante pouco, cun montón de riffs cortados máis propios do Nu-Metal, desarrollados á metade de velocidade do que habitualmente se fai nese estilo, con sampleado vario de fondo e moi pouca chicha, ainda que a rapaza cante ben (vamos se ainda encima canta mal, quíto todo á segunda canción, xa oín por decencia os 14! temas do disco e chegoume XD). 2/10
PD: como non encontrei nin Myspace nin nada, adxunto un vídeo do que é un concerto deles con música do CD. Pois a pesar de non gustarme nada a música, polo show que fan, sí que iría a velos; tanta jamona nun escenario bailando así sería interesante XD :P
Ivenberg - Wunden (2011)
Melodic Black-Death
Myspace
Ivenberg é un grupo alemán que conocín fai un tempo cun gran disco como era Leben heisst Sterben (2008), e o certo é que me chamaran a atención coa súa mezcla de black-death con tintes vikingos. Este ano volven á carga cun disco cheo de bos momentos, no que perfectamente en cada canción que pode rondar uns 4-5 minutos nos encontramos con infinidade de riffs e detalles técnicos, que van desde o blasting a momentos máis thrashers e melódicos dentro sempre da súa brutalidade. Para nada lles teñen que envexar ós grupos suecos de Black-Melodeath.
Gran producción e unha pena que realmente non acaben de explotar para ser máis coñecidos. En Alemania os grupos de Black e Death abundan, pero por algunha razón non acaba de dar o salto ningún, esperemos que Ivenberg consigan darse a conocer con Wunden, porque calidade téñena. 8/10
PD: E se vos gusta éste, non dudedes en darlle un vistazo ó do 2008, para mín incluso mellor.
4th Dimension - The White Path to Rebirth (2011)
Symphonic Power Metal
Myspace
Power - Metal -Italia: desde fai un tempo estas tres palabras xuntas empezáronme a dar urticaria, e é que os elementos de todas as bandas que xuntan eses términos, son prácticamente idénticos; con 4th dimension volvémonos a encontrar o típico grupo con influencias de Angra, Rhapsody, Helloween e Freedom Call -grupo ó que me recordaron especialmente- que fan o mesmiño que todos: melodías alegrillas ou épicas, dobles bombos, neoclasicismo tanto nos teclados coma nos solos, vocalista con calzoncillos apretaos que intenta imitar a Matos/Kiske, temática épica-fantástica e cancións ñoñas, que non dicen nada novo, e que probablemente se queden entre o montón de "residuales" dos nosos recordos (alomenos dos meus). Non hai moito máis que comentar, a verdade. 4/10
DoomSword - The Eternal Battle (2011)
Heavy-Doom
Myspace
Nunca me imaxinei ata fai poucos anos que Italia resultase unha boa cuna de grupos Heavy-Doom aparte dos symphonic powers, pero ahí están grupos coma Thunderstorm, Heathendom ou Black Oath dándolo todo. A éstes uno agora os veteranos ainda que desconocidos para mín DoomSword, os cales levan 5 discos con éste no seu haber desde o 97 que empezaron.
Así que o que nos ofrecen é un bon álbum de Epic Doom con voz limpia, algo parecido ós Argus que comentei na anterior tanda de Microreviews, pero cun sentido máis batallesco e épico, por veces incluso me veu á mente uns Manowar, Manilla Road ou Virgin Steele nunha onda Doom. Unha boa colección de cancións que tal vez poderían ter tido un mellor sonido, moito máis profundo e contundente, creo eu, pero bueno, non está nada mal. 6/10
Vicious Rumors - Razorback Killers (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Décimo álbum dos Vicious Rumors, e continuación do que é a linea seguida desde sempre nos da Bay Area. É decir; riffs old school, algúns máis groove e algúns máis thrashers e sección vocal con moita forza, que por veces apórtalle o toque moderno á banda por parte do novo vocalista Brian Allen. Un novo entre veteranos con boas maneiras e cuios rexistros varían entre agudos/rasgados, limpia e rollo rasgado-modernete; vamos, que o tío dalle ben. A mín recordoume por veces a Mark Osegueda e outras a Halford ou Ripper Owens (por certo, hai cancións coma a que abre o disco, "Murderball", que poderían estar perfectamente nun da época noventera de Judas Priest).
Con elementos clásicos e modernos, Razorback Killers é un album cañero de Heavy do bon, no que se lle puxera algún "pero", ese sería que hai algunhas cancións que se me fixeron un pouco largas, tal vez pola inclusión de varios solos, cousa que non me tira moito cando ocupan unha duración excesiva. 7/10
Kissing the Mirror -Locus of the Eastern Dream.EX (2011)
Melodeath
Myspace
Estes xaponeses están jamaos. De casualidade me encontrei co, atención, noveno disco desde o 2008 de Kissing the Mirror! Un disco que bebe polos catro costados Children of Bodom no que os "chan chan"-orquestación-teclado típicos da primeira época dos finlandeses, as melodías de piano e solos neoclásicos salen a cada dous por tres. Por supuesto hai imitador de Laiho, ainda que se tomou un par de carajillos antes de grabar, porque lle sale unha voz máis metalcore do habitual.
Entón, prácticamente xa está todo dito, a única cuestión sería ¿fan mellores cancións que Children? Pois se nos referimos ós últimos discos dos de Alexi e Warman, realmente non vexo unha gran distancia. Tal vez Kissing the Shadows copien máis os primeiros discos, nos que había un airillo menos Thrashy e máis clásico, pero é que non sei, se Children fora un grupo desaparecido, e houbera alguén que lles quixera facer unha homenaxe, ainda bueno, pero estando en activo, estes xaponeses como que sobran. Xa hai uns Children para ben ou para mal, e ésta é unha vil copia que nin aporta nin renova, simplemente copia e fai mezcladillo (e explota, porque 9 discos en 3 anos...) dalgo xa feito.
Xa me sonaba a mín antes de oír nada o de Kissing the Mirror a CoB, pola canción Kissing the Shadows, pero cando oín o disco... sospechas confirmadas. 2/10
Descendant - Pass The Ammunition (2011)
Hard Rock/Heavy Metal
Myspace
Descendant os canadienses (non os thrashers americanos) sacan un segundo disco que por algunha razón quédanse sen forza ningunha no resultado final. Non sei se será polo vocalista ou polo sonido, ou ambalas dúas cousas, pero oír Pass The Ammunition resulta unha experiencia bastante anodina e intrascendente. As cancións maioritariamente mediocres tampouco axudan. En canto á parte musical, Descendant teñen coma influencia o Hard'n Heavy ochentero, ainda que penso que o intentaron pasar á época dos 2000, coma o fixeran no primeiro disco os -agora vendidos- Black Tide. Realmente non teño moito máis que decir, salvo que probablemente non volva a oílos ata que saquen algo novo. Plano. 2/10
Hibria - Blind Ride (2011)
Heavy Metal
Myspace
Terceiro disco destes brasileiros que practican un Heavy Metal con influencias máis Thrash-Power bastante compacto e ben feito. O primeiro que nos choca é a voz do cantante que parece que por veces esteña imitando a Dave Mustaine e outras a un Dio un pouco agudo. Curioso. Musicalmente, a cousa xa non ten tanto que ver con Megadeth ou calquera dos discos nos que participou Dio; é curioso porque me sonou a varias cousas, pero non podería decir unha banda concreta, o cal, eu personalmente o tomo positivamente. Blind Ride está composto por 11 temas + intro que posúen bos riffs de guitarra, moitos con certa complicación, normalmente executados un pouco "speedicamente", tal vez dahí que eu o relacionara máis con algo cercano ó "Thrash Melódico" ainda que polo que vín por ahí, a xente catalógaos coma Power...
Polo demáis, boa voz, estribillos con forza, e unha boa producción. Grupo a ter en conta. 7/10
ID:Vision - Destination Cybermind (2011)
Industrial Black-Death
Myspace
Pois sí que debe de haber unha escena emerxente en Bélxica, porque últimamente non faigo máis que descubrir novos grupos do país, na maior parte dos casos, con bastante calidade e sonido moi profesional, como é o caso destes ID:Vision. A banda explora o lado máis escuro e apocalíptico do Cyber Metal, con temas moi cañeros, apoiados por unha base rítmica programada (hai dobles bombos que parecen unha batidora no high-fu**ing-speed XD), uns riffs moi deathmetaleros que poden recordar a Strapping Young Lad, Morbid Angel, Deicide ou Fear Factory, voces variantes entre o growl/rasgado e a clara para certas partes, e cómo non, teclados electrónicos, samples e rollete techno según sexa a canción. Personalmente atópome con serias dificultades ante estilos coma éste -vamos que non me van moito- pero non poido negar que ID:Vision tén a súa calidade e maneiras. 6/10