Hai xente que non lle gusta valorar numéricamente, e é entendible, porque o que para un pode ser bon, para outro pode ser cansino, e o que para un pode ser orixinal pode que para outro sexa algo que xa se fixo en "tal" época, pero como este apartado vai ser bastante egocéntrico e resumido, penso que unha nota moi redondeada pode ser un indicador a simple vista de si algo o considero válido ou no (qué é eso de 7'6 ou 8'2??? de onde coño sacan os decimales os "críticos" para puntuar arte???)
Esta sección de comentarios tan breves, nace tamén do feito de que pasan moitos discos polos meus oídos e teño pouco tempo para facer críticas un chisco máis largas e elaboradas, ainda que tampouco creo que sexa necesario escribir 500 palabras para decir si un lanzamento merece a pena ou no e o porqué :)
Así que ó que lle apeteza ler sobre discos moi heteroxéneos en críticas sinceras, breves e directas; machacantes cos que creo que o merezan e por suposto ó contrario cos bos lanzamentos segundo o meu punto de vista totalmente subxectivo, aquí lle vai, o primeiro listado correspondente ó mes de Decembro:
Nota: As microreviews son 100% subxectivas pola miña parte.
Note: The microreviews are 100% subjective by my side.
0 - Non o quero nin regalado/ I dont want it, not even as a gift
1 - Algúns chámano música, non serei eu / Some people call this music, not me this time
2 - Un álbum malo, sen máis / A bad album, no more no less
3- Gustaralle a algún, pero penso que hai mellores cousas para oír / Some people might like it, though I think there are better things to listen to
4 - Hai esforzo detrás, pero fáltalles saber facer mellores cancións / There is an effort, but they need to do better songs
5 - Hai boas ideas, pero non pasa de ser un álbum máis / They've got good ideas, but not enough good as to be memorable
6 - Ten gancho e paréceme un bon disco / It has a charm, it's a good album
7 - Un bon album que supera a media / A good album above the average
8 - Un gran album que tería que ser apreciado pola gran maioría dos amantes do xénero / A great album that the mayority of the genre fans should like.
9 - Intachable, un album que merece a pena comprar / Flawless, a worth buying album
10 Intemporal / Masterpiece
Kivimetsän Druidi - Betrayal, Justice, Revenge (2010)
Power-folk-sinfónico.
Un disco que pretende mezclar moitas cousas e das que poucas se quedan ó final na cabeza. A voz da tía faise cansina en moitos momentos e parece que o feito de que a teñan que poñer por que sí resíntese no resultado xeneral. Algunhas cancións dán a impresión de estar mal estructuradas, e moitas veces pérdense boas ideas no medio delas. En resumen, mellora o seu debut, cousa que non era difícil, pero é un disco olvidable. 3/10Power-folk-sinfónico.
Kiuas - Lustdriven (2010):
Power metal.
Outros finlandeses cun par de discos bastante decentes, pero neste parece que perderan o toque. A sensación de oír Lustdriven é de que non está mal mentres se vai reproducindo, pero cando acaba non te quedas con nada. Esa tal vez poida ser unha das peores cousas que poida pasar cun grupo, que non diga nada, a pesar de que sabes que tocan ben e incluso teñen un estilo propio. 2/10
Obús - Cállate (2010)
Heavy-Rock.
O mesmo de sempre que nos ofrece Obús. Tal vez para os seguidores máis fieles poida ser un bon álbum. Para o resto, é un álbum correcto, con algunha que outra canción que pode ser pegadiza, ainda que nos acabe recordando finalmente a outra xa feita pola banda. A destacar "último destino", a cal ten un parecido razonable evidente con "La isla bonita" de Madonna XD. 2/10
Haken - Aquarius (2010)
Progressive Metal.
Xa puxen un link por algunha entrada anterior en canto ás sorpresas do 2010. O certo é que non hai moito máis que decir, un dos discos do ano, e sen duda, o disco que Dream Theater lle gustaría facer e non son capaces. 9/10
Khors - Return to Abandoned (2010)
Melodic pagan-black.
Antes considerados como black metal, agora dudo que calquera que escoite "Return To Abandoned" o poida catalogar así. É básicamente un disco de pagan a medio tempo na maior parte con algún que outro teclado curioso e diferente. Estes ucranianos merecen definitivamente unha escoita, teñen partes nas que poidan recordar aos seus compatriotas Nokturnal Mortum menos folk, así que é un grupo recomendable. 7/10
Deathsaint - Шляхам Ваукалака (2010) (EP)
Death melódico.
Grupo raro de bielorrusia, teñen unha demo do 2001 e logo este EP de 2010. O EP empeza moi ben, a primeira canción paréceme orixinal e ben feita, pero logo o resto cáese por propio peso. Olvidable. 5/10
Ghost - Opus Eponymous(2010)
Heavy-Doom.
Un primeiro disco de sobresaliente o destes suecos que practican heavyrock con toques doom, stoner e psicodélicos, con moito regustillo a Mercyful Fate nos seus primeiros discos. Como nota curiosa, eles non deixan que se vexan os seus rostros nin nombres reales. 9/10
Diamond Eyed Princess - Korlguelaal (2010)
Folk-pagan black metal.
Disco moi bon, sen máis, aforro decir que provén de Francia facendo este estilo? XD 8/10
Oprich - North Volny (2010)
Folk-pagan metal.
Seguindo os cánones da escuela rusa ou incluso eslava para facer folk-pagano con guitarras eléctricas, Oprich lanzan o primeiro disco sen destacar demasiado sobre outros que faigan un estilo similar. Unha flauta case que continua e a veces cansina, ocasionales guturales e voz feminina e melodías tal vez un pouco mañidas xa. 4/10
Mitochondrion - Parasignosis (2011)
Black-Death.
Este é o tipo de publicacións que por máis que queira non dou entendido para saber valorala. Oscuro, decadente, case sen melodía.. caótico ó máximo. Difícil de tragar sin duda. E eu non o faigo, tal vez os que gusten do estilo o poidan disfrutar máis. Ata a terceira canción cheguei! 1/10
Demorian - Vikingpath (2010)
Black Metal.
...e logo dicen que o que faigo eu co programa sona mal... Estes, algunhas cancións sonan ben e outras parecen feitas co guitar pro; o que non lle quita a ningunha é a falta de inspiración ó crear música. 1/10
October Falls - A Collapse of Faith (2010)
Dark ambient-atmospheric black metal.
Puxen esto, pero dame que se podería catalogar de diferentes formas, xa que "a collapse of faith" é un elaborado traballo de black metal ambiental a medio tempo, con numerosas partes acusticas-folk moi calmadas e elegantes. Tan sólo ten 3 cancións das cales 2 case chegan ós 20 minutos, pero faise unha escoita agradable. 7/10
Ov Hell - The Underworld Regime (2010)
Black metal.
Proxecto conxunto de Shagrath (Dimmu Borgir) con King (Gorgoroth). Hai que olvidarse de arreglos orquestales e de estructuras moi complexas, esto é black metal a saco.. a saco pero sen o logro importante que sería salir con boa sensación ó acabar de oír o disco. Ó final quédase noutro lanzamento máis de black metal, non malo, pero fácilmente olvidable. 5/10
Stribog - U Okovima Vjecnosti (2010)
Pagan folk black metal.
Grupo croata de recente creación que usa do típico pagan metal eslavo. Hai moi poucas bandas hoxe en día que se desmarquen deste xénero que empeza a adolecer de certa saturación. Stribog consígueo. 7/10
Stryper - The Covering (2011)
Heavy Metal
Non hai nada máis aburrido que facer versións por facer.. bueno, sí, oílas. E máis ainda se son "covers" clavadas ás orixinales, sen ningún aliciente nin toque orixinal, e por riba das cancións máis míticas das bandas máis míticas que xa estamos saturados de escoitar. Cunha portada á altura da producción ademáis. 1/10
Allegaeon - Fragments of Form and Function (2010)
Death Metal con toques melódicos.
Con moitos destellos de calidade introducidos en cancións con riffs un chisco típicos, pero que están perfectamente executados, este disco de Allegaeon peca de facerse un pouco largo, a pesar de que a última canción de 8 minutos sexa realmente boa. Con algún toque de black metal, sobre todo na voz, algunha parte cercana ó metalcore-deathcore, e algo máis de melodeath ó estilo sueco, penso que agradará a amantes xenéricos do death metal. Grandes a primeira e a última canción! 7/10
Flammensturm - Die Feuer Sind Entfacht (2010)
Pagan/Black Metal
Primeiro disco destes austríacos que peca de ter pouca orixinalidade e nada que os diferencie de outros calquera que practiquen o estilo. Cando un acaba de oír o disco non se lle queda nada salvo un montón de melodías e riffs cliché do xénero. 3/10
Wolfmangler - They Call Us Naughty Wolves (2010)
Drone Doom Metal
Minimalista... oín decir por ahí... unha cagada pinchada nun pao! Música tediosa, con mal sonido, cunha voz do máis cansina.. incluso cando meten unha voz femenina parece que lle falten unhas cantas clases de canto por dar. O cello (que non para) ten algúnha melodía interesante, pero acaba saturando igual ca o resto. En fin.. o Drone Doom non é un estilo que sexa un dos meus preferidos, pero dudo que ós amantes del lles guste esto.
2/10
Manticora - Safe (2010)
Progressive Power Heavy Metal
Fai uns anos oíralles un par de discos que estaban por encima da media de grupos de power progresivo coma eran o Hyperion e 8 Deadly Signs, logo cun par de discos conceptuales sobre nonsei qué do circus baixaran o listón dunha forma alarmante. Este novo pode ser que supere en algo ós 2 previos, pero parece coma se fora un quero e non poido. "Safe" non é un mal disco, incluso ten momentos brillantes, pero quédanse no camiño de composicións que por veces non sabes a onde ván e que pecan dun uso excesivo dun palmmute moi grave (supoño que para acentuarlle a vena oscura), que aporta poucos riffs memorables. Manticora non son os Evergrey nin os Mercenary dos primeiros discos. 6/10
Uruk-Hai - Archi Catedra Nigra Diaboli (2010)
Raw Black Metal
Un novo traballo dos españoles Uruk-Hai, que levan máis de 10 anos facendo black metal bastante cañero, pero que peca do que pecan a maior parte dos que practican esta rama máis "trve": orixinalidade. Oír un par de cancións pode ser interesante, pero o malo é cando despois de 10 xa estamos saturados do mesmo sonido, os mesmos movementos de blastbeat a slowtempo-ambiental e guitarra rasgada que xa oímos suficientes veces os que levamos anos dándolle ó metal extremo. Como me pasou cando oín aos sobrevalorados Angelus Apatrida: "esto oíno antes e mellor". 4/10
Sabhankra - Our Kingdom Shall Rise [ep] (2009)
Power-thrash con toques folk-épicos
Tremenda sorpresa desde Turkía. Sabhankra fan unha mezcla difícil de clasificar, xa que por veces sonan aos Iced Earth máis añejos, outras a black-death melódico, outras pasan a ter toques de Gamma Ray ou incluso Manowar e todo pasado por un filtro de regustillo a thrash metal. Unha delicia para todos os que coñecen que o Power Metal non empezou co pomposo-meloso-pasteloso metal de dragóns de mediados-finales dos 90, senón con discos coma os de Iced Earth, Metal Church ou Pantera de finales dos 80-principios dos 90. Segundo dín no myspace buscan discográfica, se eu tivera unha, tíñaos fichados xa. 8/10
Hardcore Superstar - Split Your Lip (2010)
Hard Rock
Outros suecos máis facendo Hard Rock, pero que non son novos nesto. Case 15 anos levan xa e son probablemtente xunto con Crashdiet dous dos máis representativos do Hard Rock do país. "Split Your Lip" é un genial disco de Hard-Glam Rock pegadizo. Para amantes de grupos coma Girlschool, Motley Crue, Hanoi Rocks... 8/10