Outros novos que se unen ás cosechas metaleras son os galaicos Xerión, como ben me apuntaba hai pouco Grilo do Demo. Xa vira o anuncio por ahí nas redes, pero a verdade é que nin lín de qué tipo de cervexa era nin quén exactamente a patrocinaba. De feito pensei que pertencía a outro grupo galego chamado Meigha.
O certo é que toda esta moda medio hipster das cervexas artesanales, que en Estonia está a tomar parte do mercado que parecía case intocable das dúas marcas locales Saku e A. Le Coq, está chegando moito máis lonxe do que me pensaba. E, ainda que moitas destas cervezas artesanales é un pouco coma o arte moderno, que "solo os entendidos poden saborear os lúpulos e lixeiro toque de aroma de cerezo...", hainas que están bastante boas.
Neste caso alégrome que alomenos, Xerión poñan o seu nome a algo feito dunha forma un pouco menos industrial (tampouco é que sexan uns AC/DC ou Amon Amarth), e tomaría unha con gusto, a verdade. Eso sí, o de ter merchadising a modo de productos consumibles en lugar das típicas chapas, camisetas e carteiras, ¿ata onde chegará? ¿sacará Mileth o seu propio LK forxado na serra do Xistral, sacado da sapiencia dos vellos do lugar? O tempo dirá...
Este venres marcha medio palé de cervexas pra Ourense. A nosa cervexa máis lóbrega: a XERIÓN ULFXURZ. Estaremos en El Pueblo Café Cultural o sábado e o Domingo na Cervecería O Moucho