Faime gracia que agora están todos os medios apuntando á selección de fútbol coma un exemplo de superación, de constancia (esto non o fixo xa o equipo nacional de Basket??), de grandes personas... de grandes personas?? pero qué coj... estánse encumbrando e esaxerando un pouco de máis a toda esta tropa, ouh?. Se España gañara o Mundial do 86 faríase e falaríase todo o que estes días se fixo?? Non, nin de coña.
Agora todos os nenos queren xogar ó fútbol (por se antes xa non eran bastantes), e ser grandes gañadores, e conseguir vivir delo e chegar a ser ricos e ter noivas coma a Carbonera esa que ten pinta de ser máis enxoita e toxo que outra cousa, ah pero tá buena e dá o fútbol (qué máis se pode pedir!). Que por certo, todos sabemos porqué está onde está.. e non precisamente por méritos profesionales...
Se antes do mundial, o fútbol xa estaba acaparando e tapando todo o resto de deportes... e o par de equipos que todos sabemos acaparando o tempo de fútbol... e as estrellitas que todos sabemos acaparando o tempo deses 2 equipos nos medios... agora, "o deporte rei" está nun nivel de saturación xa pouco rebasable.
E en canto a que xulguemos á xente como boas personas por facer unha xesta deportiva é de paletos. A cultura e a educación nin se compran nin se adquiren por moito que sexamos millonarios nin teñamos unha medalla de campeóns ó pescozo,... e eso é algo que está a chupar demasiado a nosa xuventude, que xa de por sí non consideran que nada valga a pena, xa que conseguir as cousas xa non ten ningún tipo de valor ou de esforzo para eles porque llo dán todo feito.
Un bon exemplo é cando vexo unha pachanga de nenos e están todos escupindo no chan coma os porcos que xogan profesionalmente ó fútbol, incluídos os porcos e maleducados da selección campeona do mundo. Imaxinádesvos que os de baloncesto fixeran o mismo? vaia piscina se iba montar... ¿seica a raza do futbolista ten un defecto xenético que lle obliga a estar escupindo de cada 2 minutos?
Por aquí vemos a un dos laureados e dos "exemplos a seguir", como decía o partidista e parcial Iñaki Gabilondo da selección española o outro día, olvidándose de que xa non está no campo de fútbol para seguir "regando o céspede".