Melodeath
Cun
grandísimo debut como era Stone's Reach, os australianos Be'lakor
fixéronse un hueco no apretado mundo do Death Metal melódico de forma insólita. Por eso, este novo Of Breath and Bone era altamente
esperado e finalmente aupado pola crítica coma un dos mellores discos do
ano de Melodeath, senón o mellor.
Con razón?
Baixo a miña
opinión é un disco moi consistente, no que a banda demostra que pode
seguir unha línea de alto nivel perfectamente, pero que tampouco é a
panacea do mundillo nin resulta tan grandilocuente coma moita xente se
atreveu a afirmar. De feito lín cousas como que é o mellor disco de
Melodeath dos últimos anos ou que é unha "obra maestra" do xénero. Para
mín, é un disco que simplemente está ben, contén moi bos momentos e está
certamente logrado. A súa forma de compoñer, doblando punteos,
alternando acústicas con eléctricas e pianos e ofrecendo esas atmósferas
entre épicas e melancólicas tan finlandesas ás que se lle unen uns
guturales chulos, está moi ben, pero non é nada novo. Grupos coma
Insomnium, Noumena, Before the Dawn e os primeiros Sentenced xa o fixeron antes, e, guste ou
non, Of Breath and Bone non superan os seus mellores traballos. Eso sí,
non quita que este novo traballos sexa moi disfrutable, ainda que
creo que a duración de algúns dos temas é excesiva. Tendo unha media de
8-9 minutos a maioría, atopámonos tanto con xenialidades coma con
pasaxes que non dicen moito.
De todos xeitos, os amantes do Death finés moi melódico a medio tempo teñen un "must-listen" en Be'lakor. 7/10
No hay comentarios:
Publicar un comentario