Heavy Metal
Segundo
disco desta banda sueca que se fixo certamente popular entre os
seguidores do Metal máis clásico co seu debut Lord of the Wasteland e
que segue a onda retro iniciada por compatriotas seus coma Wolf ou
Enforcer. O estilo desde logo é exactamente o mesmo: Heavy Metal
ochentero e tradicional, basado na NWOBHM e o Speed-Power- Metal
alemán. Neste caso vou ir un pouco contracorriente, sólo un pouco XD e
decir que de toda a nova hornada de bandas que reviven o Metal
ochentero, realmente me quedaría con moi poucas (Wolf, Portrait e poucos
máis). Non creo que Steelwing o faigan mal, incluso hai temas resultóns
tanto neste coma no anterior disco, pero por máis que lles dou
oportunidades a moitos destes grupos, non crecen en mín, e acáboos
pousando para non volver a oílos. Ó final acabo pensando: "realmente, se naceran
nos 80 serían unha banda máis das miles que salían facendo esto, os
discos clásicos nos que basan e incluso a veces modifican levemente
riffs ou estructuras, están mellor". Nin Enforcer, nin White Wizzard,
nin Skull Fist, nin Holy Grail, nin Cauldron chegan á altura das bandas
nas que se basan, nin de lonxe. Steelwing, coma a maioría dos mencionados, están ben, sen máis. 6/10
No hay comentarios:
Publicar un comentario