Melodic Black Gothic Doom Metal
Myspace
Sendo sincero, hei decir que nunca me metín de cheo no mundo dos canadienses Wood of Ypres. Foi a raíz da morte do seu líder, David Gold, en Decembro do 2011 cando me deu por profundizar no seu disco póstumo (parece que a banda xa non existe, ainda que algo lín de que pactarán con Earache para sacar material inédito).
E en parte, este quinto disco chegoume a sorprender, porque me esperaba algo menos doomy e máis na onda "hipster" do blackgaze. Para empezar, hai moi poucos momentos cercanos ó Black Metal, case nin sequera hai voz rasgada, senón que a dominante é unha mezcla entre a de Vintersorg, Peter Steele e Michael Poulsen, de Volbeat. Neste sentido, a inicial "Lightning & Snow" pode causar certa confusión polo seu comezo e detalles cuasiprogresivos que recordan vagamente a uns Borknagar ralentizados. A música deste álbum definitivo de Woods of Ypres poderíaa encasillar entre Paradise Lost e Katatonia con licencias do Post-Rock (ainda que os últimos álbumes de Katatonia xa tiran para ese estilo), a veces incluso do Grunge de Alice in Chains e arreglos góticos de teclados, piano e violín en certas partes. Letras pesimistas e ambiente melancólico intentan penetrar nas emocións do oínte, cousa da que os canadienses salen airosos na maior parte dos temas. Pero -sempre hai un pero-, Woods 5 non é un álbum perfecto; hai cancións que non me gustaron demasiado, hai recursos coma certos punteos de guitarra liderando que xa temos oídos noutros álbumes de Paradise Lost, e o álbum acábase facendo algo largo. De todos xeitos, violines, guitarras acústicas e atmósferas equilibran a balanza, facendo que en xeral, a hora que dura o disco non sexa desperdiciada para nada se un é amante do Gothic-Doom.
Bo álbum, sen moito máis. 7/10
No hay comentarios:
Publicar un comentario