"A música é un negocio", eso é o que me dixo a moza de Markus, o cantante-guitarra de Metsatöll, cando coincidín con ela, e estivemos festexando e falando a ritmo de música extrema no "Black Magik Estonia" ata altas horas da madrugada. Díxome que o líder da banda pensa en Metsatöll tamén como a súa compañía e en sacarlle o máximo rendimiento. Neso encontrome que 2-3 semanas despois, nos supermercados aparece a Metsatöllu (a birra propia da banda) mais tamén pan negro patrocinado polo grupo (nada máis tradicional para un grupo de Estonia). En fin, parece que a moda non para de crecer, e quén sabe se nun futuro haberá tendas especializada dedicadas á comida e á bebida "Do Metal"... e que incluso vendan máis que as propias tendas de discos...
Por certo, como ocorre coa maioría dos productos que levan o nome de bandas... a cerveza non é nada especial.
2 comentarios:
Solo espero que eso de pensar ensacarlle o máximo rendemento non afecte a calidad musical do grupo
De momento a banda sigue mantendo un nivel aceptable. O finde pasado foi o concerto de presentación do novo album e os novos temas sonan ben, na mesma onda que os anteriores, incluso máis pesados :)
Publicar un comentario