lunes, febrero 14, 2011

Microreviews - Febreiro'11 - I

Note: The microreviews are 100% subjective by my side.
0 - Non o quero nin regalado / I dont want it, not even as a gift
1 - Algúns chámano música, non serei eu / Some people call this music, not me this time
2 - Un álbum malo, sen máis / A bad album, no more no less
3- Gustaralle a algún, pero penso que hai mellores cousas para oír / Some people might like it, though I think there are better things to listen to
4 - Hai esforzo detrás, pero fáltalles saber facer mellores cancións / There is an effort, but they lack to do better songs

5 - Hai boas ideas, pero non pasa de ser un álbum máis / They've got good ideas, but not enough good as to be memorable
6 - Ten gancho e paréceme un bon disco / It has a charm, it's a good album
7 - Un bon album que supera a media / A good album above the average

8 - Un gran album que tería que ser apreciado pola gran maioría dos amantes do xénero / A great album that the mayority of the genre fans should like.
9 - Intachable, un album que merece a pena comprar / Flawless, a worth buying album
10 Intemporal
/ Masterpiece

Dark Horizon (Ita) - Angel Secret Masquerade (2010)
Melodic Heavy / Symphonic Power Metal
Myspace
O primeiro que un pode pensar ó oír a Dark Horizon é cánto se parece a voz do cantante a unha mezcla entre André Matos e Tobias Sammet. Logo, que éste é un dos centos de grupos que aparecen e desaparecen en Italia facendo case que exactamente o mesmo tipo de Power Metal melódico e sinfónico. Non anda moi lonxe, ainda que tal vez estes homes esteñan un peldaño por encima da maioría dos que oín (aínda que tampouco falamos dunha gran proeza). O disco que nos ofrecen é variado e ten un puñado de boas cancións. Digno de botarlle unha escoita se un é amante do power europeo. 6/10


Sael - The Sixth Extinction (2010)
Black Metal
Myspace
Francia e Alemania estanse convertindo últimamente en cuna de numerosas bandas que practican Black Metal en relevo da escuela escandinava.
Sael debutan desde Francia con un disco de black metal bastante na media. Utilizan algún que outro teclado, guitarra acústica ou incluso piano, o que lles dá un toque interesante e variado, pero penso que aquí o que falla é que as composicións non son o suficientemente boas como para que se queden máis alá duns breves instantes. 5/10


Soul Enema - Thin Ice Crawling (2010)
Melodic Progressive Metal/Symphonic Rock
Myspace
O disco debut dos israelís Soul Enema navega entre augas diferentes ó habitual entre os grupos de prog-rock-metal sinfónico, xa que fusionan dentro de dito estilo, partes de folk oriental ou étnico, jazz, ambient ou new age. A mín pareceume un primeiro disco moi interesante e prometedor, orixinal e envolvente. 8/10


Mordgrund - Omnia Intereunt (2010)
Black Metal
Primeiro disco logo de uns poucos EPs e demos desta banda alemana de black a medio tempo na súa maioría. Non hai moito destacable en Omnia Intereunt, non sobresale especialmente ningunha canción ainda que no seu conxunto se deixa oír bastante ben. Tal vez bote en falta algo máis de garra no sonido das guitarras. Moi na media en canto ós demáis grupos que practican un estilo similar. 6/10


Divided Multitude - Guardian Angel (2010)
Prog-Power Metal
Myspace
Se hai un grupo que me veu á mente mentres oía aos noruegos Divided Multitude, ese foi sen duda Pagan's Mind. Pode que tamén Symphony X, pero por ahí se van entre todos. Para os que gusten de ditos grupos, podenlle dar unha escoita a este disco, ten unhas cantas boas cancións, ainda que recorden a veces excesivamente a algo xa feito. Por certo, estiven pensando a qué me recordaban certos estribillos e partes, e non era a ningún das 2 bandas nombradas, era a unha italiana que sacara sólo un disco de Prog-Power a finales dos 90 que non triunfou en absoluto, pero que na súa época a mín non me parecera para nada malo, o "Where stone is unscarred" de Hyperion, ainda que sexan máis pomposos que D.M. 7/10


Jettblack - Get Your Hands Dirty (2010)
Hard Rock
Myspace
Curioso; unha banda británica nun sello finlandés coma Spinefarm... Jettblack fan un Hard-Rock/Heavy Metal moi influenciado polos 80, seguindo a pista de bandas coma Skid Row, Def Leppard, Cinderella... e baixo o meu punto de vista non é gran cousa, porque esta música xa a teño moi oída, pero alomenos consiguen amenizar por un bon rato con "Get Your Hands Dirty". Bon Rock clásico e entretenido. 6/10


Funeral Moon (Rus) - Явь (2011)
Pagan-Folk Metal
Myspace
Por moito que no seu Myspace poñan Black Metal - Folk Metal, Funeral Moon non deixan de ser Folk eslavo mezclado con Metal moi na onda dos seus compatriotas rusos Arkona. Ainda que por suposto salvando as distancias compositivamente, xa que Funeral Moon quedanse a un paso importante de que as súas melodías se che queden na cabeza... cando non parece que os instrumentos sonen directamente fóra de tono nalgunhas partes! 3/10


Road to Consciousness - Road to Consciousness (2011)
Progressive Metal-Rock
Myspace
Road to Consciousness é un proxecto belga que integra un bon puñado de cantantes de rock-metal de ambos xéneros bastante noviños polo que parece nas fotos. Non é que haxa a priori ninguén coñecido salvo Yves Huts, o baixista de Epica que aquí fai os arreglos orquestales. En canto á música en sí, non hai moito salientable, un prog-rock moderno que a mín recordoume coma se a Lacuna Coil lle poñemos algún que outro toque máis heavy-rock en lugar do pseudonumetal que se dedicaron a facer desde fai un tempo. Oese fácil, pero non é cousa doutro mundo. 5/10


Ecnephias - Ways of Descention (2010)
Symphonic Black-Death - Gothic-Dark Metal
Myspace
Estes italianos fan unha mezcla de estilos en principio interesante, pero fallan estrepitosamente, tanto na forma de plantear as partes máis rápidas e blackers, que sonan totalmente faltas de enerxía, coma nas partes máis góticas case que sen feeling, ou as que intentan ser ampulosas, que por veces resultan case risibles. A maxestuosidade que pretenden levar a cabo algúns teclados pérdese desde a primeira nota e a voz resulta cansina, tanto no rango máis gothic-rock-metal, coma a máis "extrema". Non hai por onde coller este disco, música insulsa e olvidable. 2/10

PD: acabo de ver un foro no que poñen outra crítica mala sobre o album destes tíos, pero máis condescendiente que a miña, e saleulles un dos do grupo pouco máis que decindo que non teñen nin idea, que eles facían "gran música" e que ó que non lle guste o metal atmosférico que non debería criticar o seu album jajaj mimadriña onde imos parar. Logo... acaba insultando a algún dos foreros XD. Por se algún día se topan co meu blog, deixar claro que me encantan as mezclas de metal sinfónico e orquestal con partes máis extremas e partes máis melódicas, pero este é un dos PEORES discos que oín nos últimos tempos que intente facer algo do estilo. Hala, italianos, dedicádevos a outra cousa.
PD 2: parece que o tal Mancan, cantante do grupete está en todas, mirei por curiosidade si o tipo aparecía en máis páxinas que comentaran o seu album, e vaia! lede o que pon no 3º comentario logo de que a crítica tirase por terra este album, e a continuación da conversa... EPICA!! XD xa te espero por aquí, cando queiras comentamos "a túa obra de arte", o que él chama "influencia mediterránea" (juas!!!) e que hai magazines que lle dán 10/10! :O
Inda me rín un cacho co homiño este, xa logo non has poder dicir que non che gusta un album...



Se, josta ei puhuta - Ne, Joista Ei Puhuta (2010)
Melodic Death - Thrash Metal
Myspace
Primeiro disco destes finlandeses que se abre con un auténtico trallazo de canción, Kolme Kuukautta, que desprende rabia por doquier. O disco avanza fluídamente ainda que pola metade perda un pouco a chispa; menos mal que espertamos con outra canción xenial -ainda que parecida á primeira jajaj- coma Ei Kevät Koskaan Koittanut que case me fixo recordar a Impaled Nazarene!. A duración son uns cortos pero xustos 33 minutos, e se añadimos que a producción corre a cargo de Dan Swäno, esto fai que o seu debut sexa sen duda un bon disco de thrash con voz máis rasgada. 7/10


Setherial - Ekpyrosis (2010)
Black Metal
Myspace
Setherial están considerados coma unha banda sueca de culto de black metal. Levan xa máis de 15 anos e sempre á sombra de Dark Funeral, Dissection, Watain, Marduk...
Este novo album desprende maldade e caos, riffs con mala saña e cortantes, rapidos blast-beats e cambios de ritmo extraños... Diría que é un disco, máis ca denso, difícil de oír por momentos. A mín deixoume descolocado, pero á vez interesado en cómo é a progresión das cancións, que por veces segue uns patróns case enfermizos, con ocasionales teclados moi de fondo e por outras, como dixen, meten cambios bastante inesperados sen deixar de lado en ningún momento a tensión blackmetaleira. 7/10


Unblessed (Chl) - Man Has Killed God (2010)
Black-Death Metal
Myspace
"Man Has Killed God" é un bon disco de death técnico con voces maioritariamente "black" dos chilenos Unblessed, bastante desconocidos por Europa adiante. A producción e riffs están ben conseguidos, e, a pesar de non decir demasiado novo, o que fan, fano decentemente... ainda que ó final parece que canse debido a certa linealidad compositiva. De todos xeitos, calquera que sexa un seguidor do metal extremo poderá encontrar boas cousas no disco, eso sí, novas no. 6/10


Tortharry - Beneath (2010)
Death Metal
Myspace
Un album correcto de Death Metal destes míticos checos que levan ni más ni menos que desde o 91. Parece que nunca destacaron a nivel europeo a pesar da súa experiencia (alomenos a mín non me sonaban de nada) e parece que seguirán avocados a permanecer na penumbra. 5/10


Adamus Exul - Death, Paint a Vision (2010)
Black Metal
Myspace
Pos eso, black metal do montón chegado desde Australia. Non destaca prácticamente ningún riff nin ningunha canción neste album debut, sin que por elo sexa un grupo malo. Simplemente, máis black metal na onda Watain. 5/10


Akrea - Lügenkabinett (2010)
Melodic Death Metal
Myspace
Cunha portada do máis extraña, estes alemanes practican un death melódico moi ó uso, que non se pode decir que esteña mal, pero que non aporta demasiado dentro do saturado mundo melodeath. É deses típicos grupos ós que oes unha canción un día e che pode gustar, pero que oíndo todo un disco, empezas a pensar noutras cousas a medida que pasan as cancións. A cabeza non para! e máis con discos do estilo. 5/10


Enslaved (Nor) - Axioma Ethica Odini (2010)
Alternative Black Metal
Myspace
Gran disco que se marcan os noruegos, ainda que difícil de oír. Denso, épico, post-, progresivo... non sabería moi ben cómo definilo pero Enslaved consigue crear un sonido moi propio repleto de grandes momentos nos que combinan forza con atmósfera e un toque personal. Con decir que por veces pareceume oír a U2 facendo black metal... Un disco apasionante e brillante. 9/10


RandomWalk - Absolution (2010)
Gothic-Dark Metal
Myspace
Desde Grecia están salindo últimamente un montón de bandas interesantes que practican unha especie de Dark Metal (polo inclasificable do xénero) que contén moito teclado sinfónico, voces rasgadas combinadas con "normales" e con moitos tintes progresivos ou alternativos, coma Transcending Bizarre?, Synesthesia, Dol Theeta,... RandomWalk pódense unir ó carro porque o que temos en Absolution é unha especie de Metal con tintes sinfónicos, dramáticos e progresivos nunha onda escura, moi interesante. 7/10


Gräfenstein - Skull Baptism (2010)
Black Metal
Myspace
Desde Alemania, "Skull Baptism" é un bon disco de black metal de moita reminiscencia nórdica e algún que outro toque thrash. Con riffs fríos e case que cortantes, que poden recordar a uns Immortal, Mayhem, 1349 ou Bewitched. Se che gustan os grupos citados, estou seguro que has de disfrutar con Gräfenstein. Non é nada novo, pero non está mal. 6/10



Hak-Ed Damm - Nekrowristfucked (2010)
Black Metal
Myspace
Moi influenciados por Marduk, e xa se pode intuír con sólo ver a portada, Hak-Ed Damm son uns canadienses que sacan o seu album debut no 2010 facendo black metal guerreiro, con algún que outro bon riff, pero que acusan demasiado a influencia dos suecos nombrados. Haber, hai grupos que copian mal e hai outros que o fan ben, por sorte, Hak-Ed Damm están nestes segundos e teñen algunha que outra canción de primeiro nivel, cuns grandes batería e baixista! 6/10


Hordagaard - Visions From The Other Side (2010)
Black Metal
Myspace
Desde o máis true do máis true da fría Noruega chega este one-man-band que él se lo guisa, e .. creo que él o vai comer, porque eu no. O sonido é demasiado true para mín, grabado case que con cinta de casette, e cuns guiños ao black metal máis underground que pareu a terra nos 90 e a algunha parte folk que sona máis ridícula que outra cousa coma en "Te Helvete Med Kvitekrist", Hordagaard non está feito para mín. Xa oín demasiados grupos iguales e sonando algo mellor. 2/10


Powerless - Battle Hymns (2010)
Black-folk Metal
Myspace
Desde Croacia nos chegan Powerless cunha peculiar mezcla na que intentan poñer baixo un mismo ceo, black metal, algo de viking metal (Dead Man's Chest é unha mala imitación de Ensiferum), algo de neoclasicismo neses interludios con piano,... un pouco de todo pero mal feito. O sonido é cutre e os teclados sonan realmente mal, e xa non digamos cando ó cantante lle dá por cantar con voz "épica" porque pode empezar a chover si poñedes en bucle o final da canción "The legend". 2/10



7days - Into Forever (2010)
Power-Progressive Metal
Myspace
Outro grupo máis de Power cristiano formado polos mesmos de sempre, os de Narnia, Divinefire, Wisdom Call, Rob Rock... Neste album alomenos quen canta é outra vez Thomas Vikström, pero musicalmente non dice nada que non digan calquera dos proxectos que mencionei e dos que non son moi fan, excepto de Divinefire, que a pesar dun mediocrísimo disco de despedida, tiñan moi bos álbumes antes.
O que ofrece 7 days é power con moitos toques progresivos e teclados que de vez en cando sacan algunha melodía curiosa. A temática impórtame cero, pero parece que todos estes grupos que comparten os mesmos membros baixo distintos nomes sexan a veces bandas organizadas co único obxectivo de sacar máis e máis albumes. O cal non está mal... se lles deran un toque diferente a cada unha... 5/10



Procession (Chl) - Destroyers of the Faith (2010)
Doom Metal
Myspace
Estes chilenos están tendo unha gran repercusión mediática coa súa ópera prima "Destroyers of the Faith", con críticas xeniales en todos os webzines e páxinas que vín comparándoos cos grandes dos xéneros, tal que Candlemass ou Count Raven. Ben, baixo o meu punto de vista, Procession non o fan nada mal, e máis que a Candlemass, a mín recórdanme a Solitude Aeturnus, pero cun pouco de menos gracia nas composicións e sin ese toque melancólico. Ainda así, gran primeiro album, pero non a maravilla que nos queren vender. 7/10


No Hand Path - An Existence Regained (2011)
Black Metal
Myspace
Interesante disco destes novatos griegos que ofrecen un black metal con partes certamente crudas mezcladas con algo máis estándar. Hai tamén certos pasaxes ambientales, outras con tendencia psicodélica e outras con guitarras acústicas que fan deste un album diverso para oír. Non estivo mal como primeiro disco, ainda que ó final de todo a sensación é a de que é un disco un pouco caótico demáis. 6/10


Overdrive (Swe) - Angelmaker (2011)
Heavy Metal/Power Metal
Myspace
Por veces recordando a Maiden e algún que outro máis clásico dos 80 e por veces recordando a Mystic Prophecy por decir algo máis moderno, a proposta destes suecos pasa bastante desapercibida pola súa falta de creatividade, pero pode gustar aos que gusten do metal máis clasicote. A mín non me dixeron nada. 5/10


Division - Control Issues (2010)
Power Metal
Myspace
O que ofrecen estes americanos é un power-heavy metal bastante olvidable, onde tal vez o punto de maior dolor vén da parte da línea vocal do cantante, xa que creo que a súa voz non é o foco exacto do problema. Ó igual que o problema non é o dos guitarristas, senón de qué é o que tocan... dito noutras palabras: composición sen imaxinación é o que nos ofrecen Division, nin por parte dos riffs, nin sobre todo por parte das voces. 2/10


Bejelit - You Die and I (2010)
Power Metal
Myspace
Cando vín o nombre "Bejelit" automáticamente supuxen que se trataría dun grupo de Black Metal, pero nada máis lonxe. Bejelit son unha banda italiana de power metal (outra vez) que se afanan en seguir os pasos de Sonata Arctica nos seus primeiros discos. Obviamente eles non son Sonata e tampouco é que grabaran nos Finnvox, así que a pesar de introducir elementos "a veces un tanto máis escuros", este álbum quédase na pila, xa suficientemente abultada durante a última década de poweritalians que non dicen moito. 3/10

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Me apunto SOUL ENEMA.
No estoy de acuerdo con el ultimo de ENSLAVED. Pero si con la de FUNERAL MOON (quien les diese parecerse a Arkona, meu).
Muy bueno lo de los italianos. Hay gente pa' to' XD.

enlil dijo...

Eu o de Enslaved pilleino un pouco mal ó principio, pero logo de 2 ou 3 escoitas funo apreciando cada vez máis.. en canto ós italianos... estoume esperando a visita do señor este, que parece que non é ningún adolescente, como un podería crer a primeira vista, senón xa un home feito e dereito.. en fin..

Grilo do Demo dijo...

Enslaved y yo... desde el Mardraum o por ahí no nos llevamos muy bien... si soy objetivo admito que hacen buena música, pero me mola bien poco. Aunque mejor estos últimos discos que los de alrededor del cambio de década, qué coñazo macho...

enlil dijo...

Eu teño que decir que non lle prestei moita atención no seu tempo ós máis antigos de Enslaved, foi a partir do Below The Lights e do Isa cando me fixei máis neles, é música difícil de oír nun principio, pero hai que darlle tempo :P
Sempre teño en mente volver a darlle oídas ós Eld e Frost, pero hai moitos discos!! a cabeza non para, e neste mes xa veredes a pila de microreviews que saco! Tiña un montón de música sin oír e necesito liberar espacio no disco duro, alomenos borrando os malos, que gracias a facer estes minicomentarios alomenos xa non me lío tanto cos nombres XD

Anónimo dijo...

XDDD Si, a veces es bueno que se te pete el disco duro XDDD Al menos limpias la mierda que hay metida.
Al final SOUL ENEMA no me gustaron demasiado. Reconozco que son buenos, pero ese amago de rock prog no me acaba de convencer. Y con los soniditos electronicos a veces se pasan.