jueves, febrero 03, 2011

Microreviews Xaneiro'11 - 2ª quincena

Nota: As microreviews son 100% subxectivas pola miña parte.
Note: The microreviews are 100% subjective by my side.
0 - Non o quero nin regalado / I dont want it, not even as a gift
1 - Algúns chámano música, non serei eu / Some people call this music, not me this time
2 - Un álbum malo, sen máis / A bad album, no more no less
3- Gustaralle a algún, pero penso que hai mellores cousas para oír / Some people might like it, though I think there are better things to listen to
4 - Hai esforzo detrás, pero fáltalles saber facer mellores cancións / There is an effort, but they lack to do better songs

5 - Hai boas ideas, pero non pasa de ser un álbum máis / They've got good ideas, but not enough good as to be memorable
6 - Ten gancho e paréceme un bon disco / It has a charm, it's a good album
7 - Un bon album que supera a media / A good album above the average

8 - Un gran album que tería que ser apreciado pola gran maioría dos amantes do xénero / A great album that the mayority of the genre fans should like.
9 - Intachable, un album que merece a pena comprar / Flawless, a worth buying album
10 Intemporal
/ Masterpiece


Sirenia - The Enigma of Life (2011)
Gothic Metal
Myspace
Antes de nada, teño que admitir que o seu anterior traballo "The 13th floor" me acabara gustando a pesar de ter cero esperanzas nel; estaba repleto de cancións pegadizas, e máis ou menos poppies, pero con suficiente calidade.
Ésta é a primeira vez na historia de Sirenia na que unha vocalista repite dun album para outro, e bueno, parece que non é a única que repite. Explícome: "The enigma of life" sona a un pseudoplagio de "The 13th floor"... e é máis, "The enigma of life" sona a un pseudoplagio de "The enigma of life" en sí mismo. A voz da española Ailyn faise moito máis cansina que nunca -polo tono alto, polas líneas vocales...-; as estructuras parécense repetir dunha forma alarmante, e con elas as melodías, cousa que xa iba pasando co proxecto en solitario de Morten, Mortemia; os coros, coma en Mortemia e pasados álbumes de Sirenia, fanse caducos; os solos de guitarra copiando á melodía principal cansinos e predecibles; moitas cancións son clónicas... non sei qué máis se pode decir... quedádevos co anterior disco, xa que sabemos que Sirenia nunca volverá ós tempos do gran "At Sixes and Sevens". 1/10


Signum - Burn This Place (2010)
Death'n Roll - Melodic Thrash
Myspace
Signum é unha banda arxentina que practica Heavy-Death -como diría eu fai uns cuantos anos- ou mellor dito un Death'n Roll moi na vena de Carcass, ainda que tamén se poden intuír outras influencias coma a de Hypocrisy ou outros noventeros do estilo da escuela sueca de corte melódico. Desde logo, o punto malo deste álbum é a producción, que fai que sone coma sen forza. Os riffs e sobre todo os solos tampouco non son do máis inspirados que oíra nunca. 3/10


Scarlet Carson - Burn It All (2010)
Hard-Glam Rock-Metal
Myspace
Scarlet Carson é unha reciente banda americana que bebe los vientos por Skid Row. Por suposto acercárselle a Sebastian Bach é algo harto difícil, pero musicalmente toma moito influencia do grupo e, intentar, o cantante intentao tamén. Tamén se poden avistar influencias de Guns'n Roses e Buckcherry, que son dúas bandas polas que nunca sentín especial predilección, e non hai moito máis.: unha banda que non inventa nada, que toca riffs xa sobados moitas veces e que canta sobre as mismas cousas que todos; nenitas, drinking e rockanroll. O bon que teñen é que o que fan, non o fan mal. 5/10


Obscure Valley - Aaracê (2010)
Pagan Black Metal
Myspace
A pesar de estar formados hai máis de 15 anos, éste é o primeiro album destes brasileños, que practican un pagan metal con tintes épicos e voz rasgada que se alterna con coros e cánticos "guerreiros". O peor desta demo sen duda vén pola parte do sonido; parece que fora grabado nun búnker, ainda que ignoro se tal vez o grupo quixo darlle esa sonoridad "cavernosa" a propósito. Non me gusta nada cómo sona a batería nin as guitarras, e os teclados hai veces que se escoitan un pouco cutres e solitarios, pero pódese intuír que hai boas ideas detrás. Tan sólo lle falta unha mellor grabación para distinguir mellor os matices da súa música e un mellor aproveitamento da parte épica da orquestación, baixo o meu gusto.
E desde logo do mellor que teñen Obscure Valley é o diseño do logo. Xenial. 4/10


Timescape - Until Then (2010)
Progressive Metal
Web
Metal progresivo desde Suecia, terceiro traballo da banda, e, sen poder decir nada exactamente negativo, porque son bos músicos, e o traballo ten pasaxes interesantes, non me acaba de convencer. Creo que hai moitos grupos facendo xustamente este estilo.. na forma que o fai Timescape. Tal vez fáltalles crear cousas que realmente se queden na cabeza, porque mentres que vou oíndo "Until Then" xa van un par de veces ou tres que a cabeza se me puxo a pensar -a cabeza non para!- nas súas cousas durante un intre, e eso non é boa señal. Disco "correcto" pero con falta de garra tal vez. A mín fíxoseme largo. 4/10


Mechina - Conqueror (2011)
Atmospheric Industrial-Death Metal
Myspace
Como lin na crítica que sale en metal-archives, Mechina recorda a uns Fear Factory espaciales... e tamén recorda á BSO de Terminator 2! é máis, eu diría que sonan coma se a Fear Factory lle puxeran de background a banda sonora da peli do Chuache!! Pero eu non son tan complaciente coma o home que escribeu alí sobre o disco. Tal vez porque non son tan fan de F.F. ou tal vez porque os xogos continuos de palm-mute con pedal parécenme que quedan moi ben para unha ou dúas cancións, pero non para un disco enteiro.
É un disco interesante polo diferente da proposta e porque non está mal feito, pero a mín non me engancha, eso sí, amantes de Fear Factory, botádelle un ollo! 5/10


Algaion - Exthros (2010)
Melodic Black-Death
Myspace
Nunca oíra falar de Algaion ata que por ahí conseguín este disco, pero parece que levan case 20 anos de historia. A cousa é que asemella que non foi moi prolífica, porque polo que leo sólo sacaron 3 discos, Exthros inclusive. E faiseme raro, porque se os outros dous son do estilo deste, Algaion debería de ser alomenos un grupo popular da escena sueca.
Exthros
é un pedazo de disco de melodeath con voz máis black que fai especial incidencia nos xogos de guitarras dobladas e riffs case que intachables. En certas ocasións podemos oír teclados ou piano, ainda que sexa case que anecdótico, pero danlle un aire ós grupos de doom-melodeath finlandeses tipo Before The Dawn.. incluso aos seus compatriotas Dark Tranquillity, e outras veces, recordan aos Rotting Christ desta década, se pasades eso polo filtro do melodeath sueco tedes a Algaion. 8/10


Tristania - Rubicon (2010)
Gothic Metal
Myspace
Éste é un disco difícil de comentar, xa que a primeira oída resultoume totalmente decepcionante. Está claro que Tristania xa non son os mesmos que cando "Widow's Weeds", o genial "Beyond The Veil" ou "World of Glass", que para o meu gusto xa daquela rebaixou un pouco o nivel, que sigueu a tendencia con "Ashes".
Parece que a marcha de Vibeke fixo que Tristania optara por coller á italiana Mariangela Demurtas e tamén optara por seguir na senda que veñen tomando outros con glorioso pasado e dudoso presente coma Epica ou Sirenia: a senda da comercialidade e de prestarlle especial atención á sesión de fotos da cantante. Así en Rubicon podemos encontrarnos con moitos momentos de Pop-Gothic-Metal pegadizo e de deglución fácil. Pero foi a medida que lle iba dando oídas que me fun fixando máis nos detalles do disco, e ó final, aparte de esas concesións ao mercado quinceañero de corsés e paraguas "góticos" de telaraña (coma xa vín), Rubicon contén máis -tal vez non moi explotado en pos do que comentei antes-, coma a incorporación interesante de Kjetil Nordhus (Green Carnation, Trail of Tears) ou o escasamente aproveitado violinista Pete Johansen, aparte de melodías interesantes e ricos backgrounds musicales. Non son os de antes, pero non se pode vivir no que se foi, e este non é un mal disco de Gothic Metal accesible. 6/10


The Evil Amidst - Lords of the Nine (2010)
Black-Death Metal
Myspace
Un pedazo de disco de metal extremo a medio tempo. The Evil Amidst fórmano membros de outros grupos coma Malevolent Creation ou Kult ov Azazel e este é o seu primeiro traballo, unha obra que ten que quedar coma do mellor feito no metal extremo neste pasado 2010. O album ten guitarreo que se funde entre o black e o death, voz prominentemente death e bon gusto á hora de compoñer. Non se lle pode pedir moito máis a un disco, e dinme un gustazo oíndoo; ten partes realmente geniales, coma a canción "Decreator" ou esa segunda parte de "Onward Into Fire" que rompe con todo. 8/10


Redeemer (Can) - Global Exorcism (2010)
Thrash-Groove Metal
Myspace
Non son un gran amante desta clase de Thrash a medio tempo do tipo Pantera que alguén bautizou por ahí hai anos coma Groove Metal, pero de vez en cando disfruto con certos riffs coma os poden ter os primerizos Redeemer. Non está nada mal o debut destes canadienses, con toques ao Southern Metal ó estilo de Black Label Society e en xeneral bo gusto á hora de compoñer, tal vez o único que non me acaba de gustar sexa a voz, que por veces se fai demasiado lineal, polo resto, un disco decente, que lles gustará ós fans dos estilos mencionados. 6/10


Impaled Nazarene - Road to the Octagon (2010)
Black Metal
Myspace
Houston, temos un problema... un problema regresivo de carencia de... inspiración. En pasados albumes, con I.N. pasaba que nos podíamos encontrar con trallazos á vena, de riffs que se che quedaban á primeira, e de cancións speedicas coas que un convulsionaba con rabia. Logo, había outras, xeralmente escasas, que eran como un "pasapadiante" que "esto" non dice nada. Nalgúns discos máis ca outros...
Eu profundicei neste grupo con "Absence of War..." (2001) e inda hoxe faigo doble bombo na silla do escritorio sólo de pensar no disco, que queda lonxe a nivel de furia e inspiración deste "Road to the Octagon", no que nos encontramos que siguen nunha senda de altibaixos cada vez máis pronunciada.
De tódolos xeitos, e coma sempre con I.N. sabemos que nos encontraremos seguro: caña blackmetalera a todo trapo (ainda que menos acelerada ca antes?) con certo toque Hardcore-Punk-Thrash. Unha pena que eses riffs sexan tan pouco inspirados se os comparamos con algunhas das súas creacións pasadas. O 70% das cancións parecen caras B dos outros discos. Ainda así podémonos deleitar con trallazos coma "Gag Reflex", "Corpses" ou "Enlightenment Process". 5/10


Hate (Pol) - Erebos (2010)
Death Metal
Myspace
De primeiras collín moi ben este novo disco dos Hate, que xa levan 20 anos facento ese Black-Death Metal tan característico de Polonia e do que Vader e Behemoth pode que sexan os maiores exponentes.
Hate mantívose tal vez nun segundo plano con respecto a estes dous, pero con discos coma Erebos demostran que se poden achegar ao podio do Death polaco. Riffs moi contudentes, gran sonido e experiencia... tal vez o punto malo é que hai cousas que xa oín noutras bandas do estilo, e que a voz parezca unha imitación da dos 2 grandes anteriores, igual que certos riffs moi "Behemoth style".
A parte boa de Erebos é que incluso logo de varias escoitas, non perde forza. 7/10


Impiety (Sgp) - Worshippers of the Seventh Tyranny (2011)
Black Metal
Myspace
Non coñecía a estes Impiety, e eso que parece que levan desde o 90 practicando Black Metal desde Singapur! 20 anos e varios álbumes despois do seu debut, sacan este "Worshippers of the Seventh Tyranny", cunha única canción de case 40 minutos, un reto difícil para un grupo extremo, do que Impiety non sale moi ben.
Básicamente, o que se pode intuír na súa música son as influencias de Celtic Frost e aquela primeira ola de Black Metal añejo (que parece que seguen gardando coma influencia máxima en tanto tempo). O disco sostense en riffs decadentes e repetitivos, e de vez en cando hai algún punteillo interesante e blastbeat que rompe o tempo ou teclado testimonial, pero o certo é que non me acabou de convencer. Hai partes que non se cansan de repetir e, a pesar de que supoño que pretenden crear atmósfera opresiva, acaban máis ben agotando ó oyente. Polo outro lado da balanza, hai certos riffs e cambios de ritmo que non están mal. 5/10


Witchburner (Deu) - Demons (2010)
Thrash Metal
Myspace
O perfecto exemplo de grupo Thrash old school sen demasiadas ideas. Non hai moito máis que decir, sonido añejo para estar feito no 2010 e riffs añejos, sin moita gracia, repetitivos e trillados demáis xa. 2/10


Witchery (Swe) - Witchkrieg (2010)
Thrash-Black Metal
Myspace
Witchkrieg é unha apisonadora de furioso thrash que contén tal vez algúns dos mellores riffs que pariron Witchery, que por outra banda nunca foi unha banda que me chamara en exceso a atención polos seus pasados traballos. Neste parece que puxeron o mellor que podían dar, e conseguiron un gran disco de speed-thrash-black. Ademáis participan numerosos guitarristas de renombre facendo solos:
Kerry King (Slayer) - solo on "Witchkrieg"
Hank Shermann (Mercyful Fate) - solo on "The God Who Fell From Earth"
Gary Holt/Lee Altus (Exodus) - solo on "The Reaver"
Andy LaRocque (King Diamond) - solo on "From Dead To Worse"
Jim Durkin (Dark Angel) - solo on "One Foot In The Grave"
Johan Larsson - additional vocals for "The god who fell from earth", "From dead
to worse", "Devik rides out" and "One foot in the grave"

8/10


De Illumination - Onibarjo (2010)
Progressive Metal - Rock
Myspace
Primeiro álbum destes rapaces de Bangla Desh que practican un heavy-hard rock de tintes progresivos e moi melosos.
O disco empeza moi pomposo e interesante, pero a medida que pasan as cancións o tedio vaise facendo maior, coma se non desen arrancado. Dá a sensación de que estiveses oíndo un disco de baladas, pero un pouco sosas de máis. A mín recordoume a unha versión extraña de Timo Rautiainen que non acaba de enganchar. 4/10


Cavus - Fester and Putrefy (2010)
Black Metal
Myspace
Finlandeses que sacan o primeiro disco facendo black metal con algún regustillo punk e influenciados por Darkthrone. Non me dicen nada este tipo de grupos, suélenme parecer moi calcados e pouco elaborados, coma moitos grupos de punk. E Cavus non é dos que sobresalen precisamente. 3/10


Cypecore - Take The Consequence (2010)
Death Melódico
Myspace
Ainda que a escena do Melodeath está saturada desde hai anos, de vez en cando sale algún que outro grupo decente, que, a pesar de innovar cero, fan cancións que non son malas, e incluso algún que outro riff que se che pode quedar na cabeza. Este é o caso de Cypecore, que non inventan nada, pero que o que fan, fano ben. Nota: as últimas palabras do disco destes alemanes son ... "cojones grandes"??? ou eso ou moi mal teño eu o oído XD 6/10


Ocultan - Atombe Unkuluntu (2010)
Black Metal
Myspace
Auténtico Trve Black Metal desde Brasil, Ocultan xestouse hai máis de 15 anos, converténdose nunha banda de culto underground con certo recoñecemento por terras brasileiras. Practican un metal extremo na vena dos blackmetaleiros nórdicos da década dos noventa. Para o meu gusto non ten o mellor sonido, pero supoño que coma moitos outros grupos de black, esta sonoridade cavernosa e con certo eco, tanto na batería coma nas guitarras é o que realmente eles buscan.
Os riffs sacados por Lady of Blood (sí, unha única muller ás seis cordas) recordan aos antigos Darkthrone con algún que outro guiño a Dissection, ainda que moito menos técnicos. Atombe Unkuluntu non é un mal disco de black metal añejo, e incluso ten momentos moi interesantes, pero acaba por ser algo xa visto antes. 6/10
Video da canción O Triunfo da Escuridão


Grazed - Dragonsneeze (2010)
Death Metal
Myspace
Grazed é un grupo francés de Death Metal con algún que outro toque Thrash old school e algún que outro Grind, sobre todo na voz. As cancións son maioritariamente a medio tempo e non chegan a ser todo o contundentes que poderían chegar a ser. Ou alomenos a mín me deu a impresión. E ainda así, non é que sexan a panacea da orixinalidade en canto a riffs e composición, polo que a mín pasoume bastante desapercibido nas 2 veces que o puxen (e non me apetece seguir probando máis para ver se me dá entrado). Como nota curiosa, fan unha versión de "I love Rock'n Roll" seguido de.. algo moi extraño... na última canción. 3/10


Diktatur - La voie du sang (2010)
Black Metal
Myspace
Primeiro disco destes franceses que practican un black metal moi basicote e sen ningunha chispa. Moi monótonos, empezando pola voz e acabando polos riffs faltos de inspiración. A última canción "Revanche" pode ser do mellor do disco, pero non deixaría de ser unha canción decente no medio de moitas mediocres. 2/10


Les Discrets - Septembre et ses dernières Pensées (2010)
Post-Rock-Metal atmosférico
Myspace
Les Discrets é un grupo creado por un dos membros dos xa extintos Amesoeurs. A mín recordame a algo así como unha mezcla entre Alcest e os Anathema de "Judgement" e "A fine day to exit". Ten pasaxes moi conseguidos e melancólicos, envolventes e introspectivos. Non o pillei con moita ansia, pero foi un disco que foi crecendo a cada escoita. 8/10


Emerald Sun - Regeneration (2011)
Power Metal
Myspace
Dobles bombos, coros pomposos, cancións olvidables, power metal moi melódico de "boas vibracións"... con esta descripción, un poderíase estar referindo perfectamente a Freedom Call, e non está moi lonxe do estilo de Emerald Sun,... tal vez haxa algún toque a Sonata Arctica ou dos Primal Fear máis blandiños... O álbum está regulero, pero acaba sendo moi meloso para o meu gusto. 4/10


Exhumation (Rus) - City of Decay (2011)
Melodic Death Metal
Myspace
Ainda que cando o empecei a escoitar me gustou o que oía, pouco a pouco este álbum foise sumergindo na mediocridade do melodeath. Se fixeran esto fai 15 anos podería ser interesante, pero hoxe en día hai moita oferta desto mesmo. Estes rusos, que beben moito do melodeath sueco noventero quédanse no aburrimiento que aflora a partir da segunda canción. 3/10


Blindead - Affliction XXIX II MXMVI (2010)
Progressive Doom - Sludge Metal
Myspace
Denso e complexo disco desta banda polaca na que habita un dos antigos Neolithic. Supoño que será para gustos, pero a mín este estilo non é do que mellor disfruto oíndoo, entonces pode que estas palabras non sirvan de moito a aqueles que lles guste esta especie de Post-Rock/Metal atmosférico con toques Doom que outros denominan Sludge (ou eso alomenos é o que entendo eu por Sludge). A mín resultoume pesado e difícil de oír, pero non me atrevo a decir que sexa un mal disco, eso mellor déixollo ós expertos nese estilo. 5/10


Steel Seal - Redemption Denied (2010)
Power Metal
Myspace
Thomas Vikström?? De verdade é él? o de Candlemass e Therion? E cómo o ficharon estes italianos que non os conoce ninguén? Deben ter bos contactos.. porque como compositores non son moito allá.
O que nos encontramos neste álbum é un power bastante desaborido con toques a metal neoclásico, que nunca acaba de enganchar. Discos coma éste e o último de Symphorce e moitos máis son os que fan que cada vez lle preste menos atención ó Power Metal. 2/10


Seven Horizons - Seven Horizons (2010)
Progressive Rock-Metal
Myspace
Primeiro disco destes italianos que fan progressive metal moi melódico de temática cristiana. Tal vez o principal fallo é que sona moi ñoño en xeral, ainda que teñen algúns destellos puntuales. A mín acabáronme aburrindo a pesar de que técnicamente fano ben, pero hoxe en día fai falta máis ca eso para triunfar ante tanta oferta de grupos de Progresivo. 4/10



Barbe-Q-Barbies - "All Over You" (2010)
Rock-Hard Rock
Myspace
Os primeiros acordes de "All Over You" na canción "Spell" xa che poden decir cómo vai ser o resto do disco: Rock influenciado por AC/DC (esa primeira canción recordoume "un pouco" a TNT...), rock clásico e Hard Rock comercial. O único punto curioso é que sexa un grupo de tías, pero son musicalmente banales. Pouco que destacar aquí ainda que o que fan o faigan ben. Inclúen unha versión de Sweet, "Wig Wam Bang".... e a mín gústame máis a orixinal. 4/10

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Yo personalmente prefiero la primera epoca de WITCHERY (desde Legion las voces no me acaban de convencer). Si este te gusto escuchate lo primero porque vas a flipar, meu.
El de HATE es cremita, tiu, cremita!!!
IMPALED vaya decepcion cuando lo escuche...
Me apunto The Evil Amidst, Algaion y Obscure Valley.
Por lo que se ve algunos vivimos pegados al equipo de musica XD

enlil dijo...

Buff a primeira época de Witchery.. eso debe ser hai máis de 10 anos, que me acordo que salían na portada da Black Light Mgzine. XD Recordo que aquel disco si que me molara, pero cos siguientes foime pasando que me iban parecendo un grupo máis do montón e casi os dín por igual ata que me puxen con este novo disco :P

O de Evil Amidst, puxen un video en Metalicia, que creo que pasou moi desapercibido, fíxate a partir do minuto 2 vaia cambio!
O de Algaion mola, e o de Obscure Valley, hmm dalle unha escoita se queres, pero a mín tiroume máis ben a cutreiro (con algunha que outra idea boa, pero cutreiro)..

Jajaj en 15 días, 15 ou 20 discos? non é pa tanto :D creo que compartimos que somos devoradores de música nova case sen escrúpulos polo género :D (a mín o quebradero que me trae esto é que hai temporadas que me xunto con demasiado para oír, e pode que tire con discos que doutra maneira sí lle daría máis oportunidades :/ )