miércoles, febrero 15, 2012

Microreviews Febreiro'12 - I


Widescreen Mode - Fallen From the Sky (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Widescreen Mode é un grupo finlandés que coñecín hai un par de anos a través do single do anterior disco, "Serotonin". Aquela era unha canción con moito gancho que me fixo interesarme por cómo sonaría The Hanging Man, que tiña as súas cousas interesantes, pero que non creo que chamara a atención de forma internacional coma o fixeran outros compatriotas seus do xénero.
Con Fallen From The Sky, os finlandeses mostran un lado máis escuro e groovie con respecto á maior rapidez do que remotamente recordo do anterior que alternan co Heavy simple (que non simplón) pero eficaz que practicaban. Despois de rematar o disco pensei en cómo os clasificaría, porque, indudablemente é Heavy Metal cunha presencia vocal imponente que de vez en cando se sale do rexistro típico do xénero para interpretar momentos máis duros, e teclados que lle dán un toque prog-power sen propasarse que non saturan. Pero había un grupo que levei na cabeza durante as miñas escoitas e que non me daba salido... ata que o vín todo claro logo de escoitar máis atentamente o álbum, sendo a clave o tema "Too Much". Primeiro pensaba que sería algún grupo finlandés, pensei na influencia de Sentenced, Before The Dawn ou incluso os últimos Amorphis -Angels in the Snow!-, grupos dos cales Widescreen Mode se notan fans, pero "Too Much" foi "Too Much" Nick Holmes. Sí, e cando dín co quiz, xa non me puiden quitar da cabeza a Paradise Lost. Eso sí, uns Paradise Lost post-One Second facendo Heavy-Power sin os punteos tristeiros de Mackintosh. Interesantes.
Fallen from Suomi Paradise Lost -Heavy Metal version-. 7/10




Christ Agony - NocturN (2011)
Black Metal
Myspace
Había moito tempo que non oía destes polacos comandados por Cezar, única cabeza ó mando do grupo que vai "alquilando" novos músicos prácticamente para cada lanzamento de Christ Agony. De feito, o último que recordo deles remontase ós 90, época na que se consagraban coma unha das apostas firmes vidas de Polonia en canto a Black Metal. Pero parece ser que a finales desa década sacaron un par de discos que non funcionaron como se esperaba e que fixeron conxelar o grupo durante case dez anos. Así, en 2007, Christ Agony revivía cun EP chamado Demonology, posteriormente seguido polo LP Comdemnation, dos que non tiven constancia.
Para este 2011, Cezar recluta a Inferno, batería de Behemoth, para que lle axude na súa nova obra, NocturN.
Ben, o primeiro que pensei ó poñerme con NocturN era que estes non son os Christ Agony que eu recordaba. Todo sona moito máis pesado, denso e a medio tempo, con certa influencia Death e sen aqueles coros "ocultistas" en limpio (sólo nunha canción os vín), cousa que me pillou descolocado. Ainda así, unha vez pasado ese período de extrañeza que me produxeron o primeiro par de cancións, a influencia do Black Metal de principios dos noventa é clara; fácilmente poden vir á cabeza bandas coma Hellhammer-Celtic Frost ou Samael. O segundo que percibín é que dalgunha forma, Inferno está pouco explotado a pesar de que na mezcla a súa batería sona atronadora. E o terceiro é que Christ Agony perderon un pouco da maxia compositiva, xa que en xeral o álbum non me pareceu gran cousa. É certo que as guitarras, máis metódicas e escuras que técnicas, o sonido opresivo e a ambientación mística cumplen ben, pero deixoume un pouco frío, nunca mellor dito.
A pesar deso, tampouco é un álbum para tirar por terra. Penso que acerta no que intenta comunicar e que os fans do Black Metal, sobre todo do primeirizo, poderano disfrutar.
Viaxe ó early-Black Metal. 6/10


For All We Know - For All We Know (2011)
Progressive Rock
Official
Parece ser que Ruud Jolie, o guitarrista de Within Temptation se aburría bastante no grupo (non me extraña, as líneas de WT deben ser 4 quintas por canción XD), e decideu sacarlle partido ó seu instrumento sacando un proxecto paralelo que pouco ten que ver coa banda de Symphonic Pop-Metal. Así creou For All We Know, un grupo de Rock atmosférico que se podería emparentar directamente con Porcupine Tree; con moitas partes acústicas e introspectivas que poden derivar posteriormente nalgo máis cercano ó Metal Progresivo ou ó Post-Rock.
Cunha producción coidada e moita sensibilidade, For All We Know óese dunha tacada cunha facilidade tremenda. O disco enteiro segue unha onda moi similar polo que é deses dos que debería terse en conta coma un todo, no que paseniñamente un tema desemboca no seguinte e segue unha liña conceptual moi ben marcada, deixando ver que se trata dun álbum feito sen présas comerciales e para o que o señor Jolie se tomou o seu tempo en deixar todo ben entrelazado.
Conta ademáis con colaboracións de altura coma as de Daniel Gildenlöw (Pain Of Salvation), Sharon den Adel (Within Temptation), Damian Wilson (Threshold, Ayreon), Ruud Houweling (Cloudmachine), Anke Derks y Tom Sikkers (Daybroke) ou John Wesley (Porcupine Tree)
For All Those We Know. 8/10


Blood Stain Child - Epsilon (2011)
Melodeath/Metalcore Dance Metal
Myspace
Tiven as miñas dudas ó poñer o estilo de Blood Stain Child, pero decanteime por "Dance" Metal debido a unha cousa que me dixo un amigo amante destes estilos electrónicos ó preguntarlle eu a diferencia que había entre House, Techno, Dance e blabla... Parece ser que no Dance, a diferencia do Techno (a miña duda principal), suele haber voz e suele cantar unha rapaza (non me preguntedes, é o que me dixo).
Pois eso sen dúbida cúmplese na música destes xaponeses, que mezclan riffs puramente Melodeath-Metalcore con elementos electrónicos. A mistura entre ambos estilos, en principio tan alonxados, queda sellada cunha cantante feminina -a debutante grega Sophia- ó máis puro estilo Dance-Pop discotequero, que se intercala periódicamente cun cantante facendo rasgados bastante chirriantes-core. Recientemente oíra ós rusos Xe-None, e non andan moi lonxe uns dos outros, por poñer un exemplo cercano.
Desde logo, o que teño claro é que este tipo de grupos non son do agrado dos máis puristas, pero calquera combinación extrema nunca resultou agradable ó principio. Penso que tanto Xe-None coma Blood Stain Child teñen o mérito de combinar bastante ben dous xéneros case opostos coma son o Pop electrónico bailable co Metal Extremo... pero.. -sempre hai un pero XD- penso que ambos grupos o poden facer mellor. De feito, recordando a Mozaiq, o anterior de Blood Stain Child, aquel deixarame mellor sensación que éste novo, tal vez debido a que o baixón a partir da metade é considerable en Epsilon; "Dedicated to Violator" é unha canción horrible, sexa do estilo que sexa, "Merry-Go-Around" ten unha línea de baixo que xa oín -atreveríame a decir varias veces- e quédase en sosa a rabiar, "La+", moi Gothenburg Melodeath, ten unha línea de guitarra xa moi oída en clones de Soilwork e In Flames, "Sai-Ka-No" coma "outro" sona un pouco fóra de lugar e deixanos cunha sensación extraña por ser un tema de "ambient-electrónico" bastante raro. Convenceríame coma EP coas 7 primeiras cancións, pero non así.
PD: teñen a un travesti no grupo?
Para bailoteos en tu bar metalero favorito... 4/10


Immortal Souls - IV: The Requiem for The Art of Death (2011)
Melodeath
Myspace
Immortal Souls é un grupo finlandés con bastante traxectoria detrás, ainda que para o público en xeral non resulten demasiado coñecidos. Sen ir máis lonxe, este cuarto disco IV: The Requiem for The Art of Death, é a primeira toma de contacto que un servidor ten con eles a pesar de que leven 20 anos co grupo.
Parece ser que son un grupo de temática cristiana, non sei se esto xogaría na súa contra dentro do mundillo do Metal Extremo, ainda que é unha cousa que a mín nin me vai nin me vén. O que me importa máis é a música que fan e teño que decir que non está nada mal. Immortal Souls decántanse por un Death Melódico que a primeira vista non sorprende en absoluto, pero que está bastante traballado. A base que toman está moi influenciada polo Melodeath patrio, no que hai riffs míticamente suecos mezclados co "feelin suomi" máis melancólico de bandas coma Insomnium, Eternal Tears of Sorrow ou Omnium Gatherum. Immortal Souls tamén comparten con estas bandas un sonido de primeira, co que se vos gustan estas tres últimas, vexo difícil que non lle collades gusto rápido a temas coma "Evil Believer", que abre o CD dunha forma xenial, "Reek of Rotting Rye" cuns punteos tamén moi "suomi" os cales se van repartindo por todo o disco, ou a máis diferente, "One Last Withering Rose", con voz limpia sonando moito máis Suomi-Heavy-Rock que Melodeath.
Típico combo finlandés de melodía-caña con dose de melancolía. 7/10


Illuminata - A World So Cold (2011)
Symphonic Power Metal
Myspace
O día en que o power-medievo de dragóns e fantasía deixou de estar de moda, xa había outra que pouco a pouco estaba cuajando entre os fans do Metal melódico, e da que moitos músicos que estaban tocando en grupos dese estilo se nutriron posteriormente, abandonando os seus proxectos que iban perdendo interés e repercusión. Falo do Power sinfónico con "toques de Gothic Metal" e cantante feminina. O que algúns deron en chamar por ahí "Chocho Metal" XD e que ten notable relevancia aínda hoxe en día en países coma España, Italia, Finlandia, Hungría ou Austria. Obviamente esta é a miña visión do asunto, e por suposto non é palabra del Señor XD pero bueno, vín moitos grupos españoles que cando se deron cuenta de que cantar sobre espadas e batallas xa non era rentable, colleron de cantante cachonda enfundada en cuero e volvéronse máis "escuros" e "dramáticos" en lugar de "happies" nos seus novos proxectos. Xusto agora acabo de ver un exemplo coa xira de Leaves' Eyes e Atrocity por España, levando a un grupo coma Diabulus in Musica, con varios ex-Dragon Lord.
Non vou decir que todo o que esteña baixo a etiqueta do Female Fronted Symphonic Power esteña mal, dentro do que cabe, houbo -máis ca hai- bos grupos deste estilo coma After Forever, Nightwish, Aesma Daeva incluso os comezos de Sirenia, Within Temptation ou Epica estaban ben. O problema vén cando o xénero se expande e empezan a surxir clones con moi pouco que ofrecer e sen excesiva personalidade. Lamentablemente, hoxe en día non paro de atoparme con este tipo de clones, e lamentablemente, ese é o caso dos austríacos Illuminata.
Bueno, diredes que nesta microreview non falei moito sobre o disco... ok ok! poido comentar que comparten musicalmente moito con seus compatriotas Visions of Atlantis, e non vou decir que os seus instrumentistas sexan malos, nin que as orquestacións esteñan realmente mal, non... non vos vou mentir...
A World so ... 2/10


Earth Flight - Blue Hour Confessions (2011)
Doom-Rock
Myspace
Se hai algún motivo polo que estivera oíndo centos (sí, centos XDD) de discos desque empezou o ano, ese era sin duda o de encontrar entre o underground aqueles grupos que pasarán sin facer moito ruído, pero que atesouraran calidade sobrada como para tumbar ás bandas míticas no seu propio terreno. Ese é o caso que me ocupa entre estes 4 últimos discos revisionados, discos de bandas que dudo que moita xente oíra, e que probablemente non pasarán do anonimato -desafortunadamente-. Co caso de Earth Flight, a sensación que tiven foi parecida á de cando descubrín a Ghost o ano pasado, tema o dese grupo, por certo, atípico, xa que pasaron de non ser ninguén a facer xiras mundiales en meses. Conste que Opus Eponymous era digno merecedor dese salto, pero esto non suele pasar normalmente, e sorprendeume gratamente que un descubrimento que consideraba "personal" -xa que non víra/lera ningunha mención a eles por ningures cando os descubrín- se convertese nun fenómeno coma o está sendo.
Digo que os alemanes Earth Flight recordáronme a Ghost por varias cuestións; a primeira é o estilo, que sen ser igual, bebe do mesmo Doom-Rock setentero; o segundo é a forma en que está feito, tanto Ghost coma Earth Flight non inventan nada novo nos seus campos, pero o cariz das súas composicións fanos ser algo fóra de serie, refacendo estilos dunha maneira personal e recoñecible; e terceiro a calidade palpable, os riffs inspirados, e as atmósferas tan conseguidas.
Agora ben, como dixen, non direi que Earth Flight son exactamente iguales que os suecos, xa que eses tomaban moito do Rock diabólico setentero de Mercyful Fate, mentres que Earth Flight parten dunha base Doom-Stoner-Hard Rock á que añaden altas dosis de ambientación melancólica. Blue Hour Confessions teletransportate dunha maneira amena ó seu propio universo e engancha automáticamente co oínte, ó que lle fai pasar por un estado hipnótico-nostálxico, no que correrán polo seu aletargado cerebro momentos de Type O Negative, Lake of Tears, Anathema ou Radiohead, ainda que eles mesmos se definen coma "unha mezcla bastarda entre Black Sabbath e Placebo" XD
Great Hour. 9/10


Gromth - The Immortal (2011)
Orchestral Black Metal
Myspace
Gromth é o proxecto de Grimd, membro de Khold que se xuntou co astro das baquetas Tjodalv, para dar saída ó universo de Metal extremo que tiña na súa mente. Segundo conta a Metal Archives, unha gran parte do que levaban creado entre 2006 e 2008 foi accidentalmente destruído, polo que, despois dun momentáneo parón, decidiron seguir con este proxecto partindo de material totalmente novo.
Non é un disco fácil de primeiras este debut de Gromth, máis que nada pola complexidade das estructuras que manexan, que asemellan máis as dunha banda sonora que as clásicas de calquera conxunto de cancións de Rock ou Metal. O cariz do álbum ten pinta de ser conceptual, e en parte recordoume ó último traballo de Septic Flesh. Ainda que éstes tiren máis hacia un Death Metal e Gromth hacia o Black, ambos discos teñen unha carga orquestal abundante, e uns esquemas compositivos que lindan máis propiamente cunha "BSO", facendo que rara vez te poidas imaxinar cómo pode seguir ou acabar cada un dos temas. Esta característica pareceume bastante mellor traballada en Gromth que en Septic Flesh; hai máis heteroxeneidade e as partes atmosféricas e metalicas estan mellor cohesionadas baixo o meu gusto. Ó estar ben hilado, esto supón alto grado de entretemento en cada escoita, cousa que non me pasou con The Great Mass, cuia envoltura caótica saturoume, sin evolucionar case a cada escoita. Con The Immortal, a sensación é a dunha experiencia "boombástica", na que os temas vanse enlazando, expandindo e/ou acortando, a veces repetindo esquemas e melodías de diferentes formas, e con cada escoita vai ganando (na primeira a mín non me chamara moito).
Polo demáis, haberá xente -os menos labrados no tema do Black orquestal- que emparente Gromth con Cradle of Filth, pero o único que é similar pode ser os rasgados de Ole. Algo parecido xa lle pasaba a Anorexia Nervosa, que moita xente catalogaba coma uns Cradle franceses, pero que pouco tiñan que ver. Tanto Anorexa coma Gromth beben de influencias moito máis clásicas que pseudogóticas e teñen un componente máis "orquestal" que "sinfónico", entendendo coma eso, un maior traballo e aproveitamento de instrumentos clásicos (sexan samples ou non, pero tanto ventos, coma harpas, timbales,... sonan bastante reales).
Auténtica banda sonora cinematográfica de Black Metal. 9/10


Flaming Row - Elinoire (2011)
Progressive Metal
Myspace
Flaming Row é un proxecto que nace da visión do guitarrista alemán Martin Schnella, persona non excesivamente conocida polos seus outros proxectos (ainda que algo me dá que seguirá sendo descoñecido logo de Flaming Row, inmerecidamente, eso sí) de crear un disco conceptual de Rock Progresivo con moita participación vocal.
Así pois Elinoire é un complexo pero dinámico disco de Progresivo que mezcla orgánicamente elementos de moitos estilos, partindo do inicial Heavy-Rock Progresivo, encontramonos dependendo do tema, con lindes máis cercanos ó Power, ó Melodeath, á Ópera Rock, ó Pop-Rock e incluso ó Country-Folk. Elinoire é un álbum variado, que nos fai pasar por diferentes estados sen que en ningún momento o oínte se resinta. A escasa inclusión de virtuosismos innecesarios que practican moitos outros grupos de Progresivo en pos dunha delicadeza compositiva amplia e coidada desde logo inflúe positivamente no resultado, ó igual que a coidada producción. Ésta, especialmente elaborada no apartado vocal e coral de todos os invitados a cantar en Elinoire.
Penso que os amantes de grupos coma Shadow Gallery e uns Ayreon menos espaciales deberían de chequear canto antes este discazo de Progresivo, que sen duda debería figurar entre os 5 mellores do 2011.
Hai pouco lín recomendacións efusivas doutro novo proxecto con moitos cantantes entre os que estaban algúns populares coma Oddleif Stensland (Communic), Kelly Sundown (Adagio, ex-Beyond Twilight...) ou Rick Altzi (At Vance, Thunderstone...) chamado Epysode, pero resultoume extremadamente aburrido e lineal, ainda que a xente parece que o está poñendo polas nubes. Esto realmente faime recordar que, queirase ou no, no Metal somos igual que en calquera outro estilo, sempre mirando e admirando o que fan os "nomes populares", e ignorando a moitos outros que os superan pero que non teñen nin tanta historia detrás nin promoción. Pois ben, eu rompo unha lanza a favor de Flaming Row e non rompo nin un toxo nin por Epysode, nin os últimos de Pain of Salvation e Dream Theater, por moito nome ou fans que teñan.
Cando os novos superan ós clásicos. Arriba Leprous, arriba Myrath, arriba Haken, arriba Flaming Row. 9/10


Darkened Souls - Tales from the Dark Path (2011)
Melodic Gothic-Doom-Death
Myspace
Darkened Souls son outros coma o foron os mencionados anteriormente Ghost, ou os mesmo Bak este ano, que non parecen ser nombrados nin tidos en conta por ninguén a pesar de irrumpir na escena finlandesa cun moi digno primeiro disco. Estes nórdicos fan unha mezcla a priori pouco innovadora entre o Gothic-Doom, moi melódico e sinfónico, no que xogan en paralelo tanto punteos de guitarra e bos riffs, con teclados atmosféricos e pianos. Por veces tamén podemos oír algunha guitarra acústica, e as voces varían entre o rasgado/growl e un limpio que nos sitúa a mediados-finales dos noventa cos traballos de Paradise Lost e Lake of Tears. Grupos dos cales, Darkened Souls se notan fans e dos cales beben, ó mesmo tempo que lle imprimen á súa música ese sentimento melancólico e frío que tan ben se lles dán ás bandas finlandesas de Doom-Melodeath coma últimamente Enthrope, Barren Earth ou Black Sun Aeon.
Os temas teñen unha duración tirando a larga, habendo varios que sobrepasan os 7 minutos, pero que en ningún momento se fan pesados, gracias a un bon traballo compositivo, que aúna ó mesmo tempo bellas melodías con tristeza e dureza.
Tal vez aínda haxa que pulir algún detalle e a producción non sexa a das bandas que están a saír recientemente dos países escandinavos, ainda que cumple sobradamente. Alomenos Darkened Souls saben facer música que se queda no oínte, e eso vale máis que outras bandas que se pagan grandes estudios pero que tocan o mesmo de sempre.
Gran debut. 8/10

martes, febrero 14, 2012

Diario dun viking XII - ano 2

Parece mentira cómo corre o tempo. Ainda me acordo cando, non hai nada, Marcos e mais eu decidimos xuntarnos dunha maneira máis "seria" para facer música. Foi xustamente hai 2 anos, cando me enterei de que había unha sala de ensaio no cuvi dispoñible gratuítamente para quen fora universitario... e aló fomos os 2 sólos, cun ordenador coma base.. base cumplidora, eso sí XD por Febreiro-Marzo do 2010. Tras varios cambios, como suele ser habitual nos grupos que empezan, podemos decir que 2 anos despois conseguimos unha alineación completa para Mileth. E agora máis ca nunca, xa que a falta de baixista desde a incorporación de Elías coma violinista, parece ser suplida con éxito por Cristian, un novo pero sobrado talento do Metal galaico. De feito, o día que veu a ensaiar demostrounos que lle dá moito mellor ó baixo ca todos nós ós nosos instrumentos XD Véxolle futuro, en calquera proxecto no que participe, é alumno de Palomo, así que non digo máis :D
Pozí, estamos xa os 7 e agora sólo queda ensaiar para que as cousas vaian cuajando, cousa pouco doada, xa que introducir un instrumento (o violín) en temas nos que non había en principio pode resultar perigoso se non se fai ben. Ademáis temos moitas partes nas que cada un fai algo diferente, polo que eu teño o meu medo a que a veces non se focalice ben ó ser tantos instrumentos. Esto require práctica extra na casa, e, empezando por mín, non me considero un intérprete musical demasiado bon, polo que me terei que poñer as pilas se algún día cercano queremos levar a Mileth a un directo jajaj
En fin, que en resumidas contas, pode que sexa cuestión de poucos meses que nos sintamos preparados para dar o paso logo de completar a formación.
En canto a número de temas, non avanzamos excesivamente desde o verán de 2011; entre que cada un vive nunha punta de Galicia -e agora acollemos tamén á provincia de Ourense XD-, e que todo Outubro estiven en Estonia, logo estudios de convocatoria de Decembro e Xaneiro para varios, e que últimamente deunos por deixar constancia escrita de todo -cos seus consecuentes cambios nos detalles e inversión de tempo-... houbo pouco tempo de xuntanzas, pero o "set" vai collendo xeito da seguinte forma:
1. Ith (6:15)
2. Frío Inferno (6:00)
3. Mitolóxica Errante - ...E Na Novena Ola Caeron Os Deuses (8:50)
4. Esperta! Letárxica E Erma Fraga (7:16)
5. Cuarta Pregaria Na Lúa Morta (7:10)
6. -de momento sen nome- (6:52)
E ademáis estamos finiquitando unha máis que andará tamén sobre os 7 minutos escrita básicamente polo violinista + hai material de sobra escrito polo batería para outra nova que sólo habería que revisar.
A miña participación en composición foi menguando con respecto ós inicios, sendo os últimos aportes na 3ª, 5ª e algúns riffs na 6ª, pero dalgunha forma habendo tantas cabezas é normal deixar fluctuar un pouco as opinións e gustos de cada un. De feito, penso que hai tanto material de melodías e riffs do resto de participantes que creo que vou descansar unha boa tempada de crear para Mileth XD o único, detalles e opinións.

En canto a Herexía, tamén hai novedades desde a última vez que escribín. A historia deste grupo é máis ca extravagante, con tantos paróns e reemprendidas case desde cero XD Desde que hai un ano meteron no cárcere ó cantante, levando eu un par de ensaios, fixemos cancións, olvidámolas, fixemos outras, deixámolas, retomamos partes dalgunha anterior, veu o guitarra famosete, foise, volvimos a empezar, chamuscousenos un ampli, agora vai mal o outro... toda unha historia de superación XD
Alomenos agora temos tamén unha alineación completa coa entrada de Marcos Ex-Vortex, coa que foi un "retomar por terceira ou cuarta vez" a actividade. A cousa vai indo.. a trompicóns, pero vai... e teño que decir que facer un estilo macarra mola, ainda que sexa para tolear un pouco nos ensaios XD

E de Enuma Elis, pensara un parón indefinido, pero o feito de non crear tanto para Mileth coma -non-tanto para Herexía, dame a posibilidade de volver a introducirme nos meus adentros para sacar algo. Ademáis, penso que poido conseguir unha forma caseira e efectiva de introducir guitarras reales, un dos principales escollos que sempre lle encontrei ó Impulse Tracker (ou Schism Tracker agora). Ademáis tamén conseguín o asentimento dunha rapaza para que cantase nun futurible traballo, e tamén o dun guitarra con moita maña (non era difícil que tivera máis ca mín XD pero él dalle moi ben) que parece ser que lle gustou o traballo de "Sons & Demos". Gustaríame tamén meterlle growls e incluso algún limpio pero non sei se os darei feito XD
De todas formas, esto son suposicións antes de meterme con composición... pero gustaríame facer unha "proba", non tan larga coma as demos anteriores, igual un EP ou algo así de 3 ou 4 cancións estaría ben. O tempo e a inspiración dirá...

Como regalo desta vez, vouvos deixar unha canción de Mileth, a 6ª e última rematada, retocada ó antoxo de DJ Amorth (batería) para bailar en salas de Paganismo Trance XD


viernes, febrero 10, 2012

Metal Ballet

Sempre que un pensa que está todo inventado... bang! alguén saca algo novo.... algunha mestura rara, difícil de imaxinar a simple vista e que os máis puristas catalogarán despectivamente e rexeitarán XD
A mín facíaseme difícil pensar nun ballet completamente metálico, pero xa no seu día os infravalorados e vanguardistas Waltari intentaran facer unha experimentación do estilo, polo que esto non é totalmente novedoso... o que non deixa de resultar chocante e bizarro (e a mín non me acaba de pegar):



METALLICA, SLIPKNOT, IN FLAMES, MESHUGGAH, ARCH ENEMY, DIMMU BORGIR, HIM, CHILDREN OF BODOM and SARCOFAGUS are among the artists whose music is featured in "Out Of The Darkness", the new spectacular from Australia's "premiere metal ballet company" Brutal Ballet, which combines classical ballet with heavy metal.

"Out Of The Darkness" will make its European debut on February 7 at Sello Sali in Espoo, Finland.

Fuente

martes, febrero 07, 2012

Black&Death Metal para gafapastas e hipsters

Seguramente, se ledes habitualmente algunha páxina de novedades rockeras, xa vos enteraríades que hai un festival patrocinado pola peor cerveza do mundo, San Miguel (e confirmoo empíricamente dentro das moitas marcas que tiven a oportunidade de probar, que foron unhas cuantas docenas XDDD), chamado Primavera Sound ó que invitaron a unhas bandas que en principio non teñen moito que ver co mundillo snob de tendencias "modelnas"... Se non tedes nin idea do que falo, observade detidamente o cartel do Primavera Sound...

"El Primavera Sound 2012 se celebrará durante el 30 de Mayo al 3 de Junio en el Poble Español y en el Parc del Forum de Barcelona y las entradas ya están a la venta."

Cartel Primavera Sound 2012

  • Franz Ferdinand
  • Björk
  • Codeine
  • Jeff Mangum
  • Neon Indian
  • Other Lives
  • Yo La Tengo
  • The Drums
  • Mudhoney
  • SBTRKT
  • Shellac
  • Godflesh
  • Washed Out
  • The Walkmen
  • Veronica Falls
  • Archers of Loaf
  • Olivia Tremor Control
  • Death In Vegas
  • Josh T.
  • Death Cab For Cutie
  • The XX
  • Spiritualized
  • The Dirty Three
  • Beach House
  • Siskiyou
  • DJ sets de Jackmaster, Oneman, Deadboy y Spencer.
  • Redinho
  • Lisabo
  • Off!
  • Sandro Perri
  • A$ap Rocky
  • Baxter Durry
  • White Denim
  • AarabMUZIK
  • Grimes
  • Buffy Sainte-Marie
  • A.A Bondy
  • Mazzy Star
  • The Afghan Whigs
  • Justice
  • Harvey Milk
  • Melvins
  • Orthodox
  • Liturgy
  • Sleep
  • Wolves In The Throne Room
  • Napalm Death
  • Mayhem
  • The Oh Sees
  • Rufus Wainwright
  • Refused
  • Beirut
  • Yann Tiersen (Plaça de l’Arc de Triomf)
  • The Rapture
  • Beach House
  • Richard Hawley
  • Kings of Convenience
  • Big Star Third
  • Nick Garrie plays The Nightmare Of J.B. Stanislas Afrocubism
  • Chavez
  • The Chamaleons
  • The Pop Group
  • The Wedding Present plays Seamonsters (Plaça de l’Arc de Triomf)
  • Saint Ettiene (Plaça de l’Arc de Triomf)
  • Atlas Sound
  • Lee Ranaldo
  • Girls
  • Real Estate
  • White Denim
  • Unicornibot
  • Sleepy Sun
  • Michael Gira
  • The Black Lips
  • Wavves
  • Orbits
  • Trash Talk
  • Sharon Van Etten
  • Danny Brown
  • Death Drips
  • Rustie
  • Scuba
  • Benga
  • The Field
  • Matías Aguayo
  • Rebolledo
  • Erol Alkan
  • Aeroplane
  • Main
  • Tall First
  • Other Lives
  • Iceage
  • Josh T. Pearson
  • Girls Names
  • Lower dance
  • Jeremy Jay
  • AtletA
  • The Rights Ons
  • Doble Pletina
  • John Talabot
  • I Break Horses
  • Grimes
  • Mujeres
  • Picore
  • Faseunova
  • Nacho Vegas
  • Christina Rosenvinge
  • Sr. Chinarro
  • Bigott
  • Anímic
  • Refree
  • Grupo de Expertos Solynieve
  • La Estrella de David
  • Joe Crepúsculo
  • Pegasvs
  • Laura Marling
  • Dirty Beaches
  • Beach Beach
  • Friends

Ou sexa que Godflesh, Wolves in The Throne Room, Mayhem e Napalm Death actuarán nun festival de "tendencias modernas e cultura underground" ó lado de Björk, Franz Ferdinand, Nacho Vegas, Yo La Tengo, Joe Crepúsculo e Sr. Chinarro??? Vivir para ver... XDDD

Se as entradas non estiveran a 70 € o día e 190 € o conxunto, pode que algún fan dos grupos metaleiros se animara a ir, pero con ese precio case merece máis a pena velos nalgún festival, no que ademáis un se poderá entreter co resto de cartel, a diferencia deste. Polo que intúo que quenos verán serán maioritariamente xente que non teña demasiado contacto co mundo do Metal, o cal será máis que curioso! A ver si me acordo de buscar en youtube algún video deste concerto, que será curioso ver qué caras poñen XD

Mark "Barney" Greenway (sobre o feito de compartir escenario con grupos de indie pop):

“Va a ser de risa, muy divertido. Iremos sin prejuicios. Haremos lo que siempre hacemos independientemente del tipo de audiencia. Quizá a la gente le guste. Va a estar genial y va a ser muy interesante… de hecho cada vez se pone más interesante”.

“Hemos tocado en fiestas patronales hace unos años en Galicia. Allí mucha gente acudía porque eran conciertos gratuitos; gente que, de lo contrario, no hubiera ido ni por asomo a nada remotamente parecido a Napalm Death. La cara que ponen es muy divertida. En realidad merece la pena y, si te digo la verdad, nunca he visto a nadie marcharse”

El País


Napalm en Galicia nunhas festas rexionales? Desde logo non era o Resurrection, así que non me dou conta de cándo se pasaron por aquí :S

En fin, Extreme Metal can be also cool underground ;D Curioso. Eu sólo digo que para o próximo Wacken quero moshear co Señor Chinarro!!! ouyeh!!

jueves, febrero 02, 2012

Críticas a críticos: Enid - Munsalvaesche por Tania Giménez

Había algo raro no portal de Queens of Steel... e non o digo pola colaboración de Sergio Fernández, que demostrou non ser un crítico demasiado profesional en reviews coma as de Metsatöll e Moonsorrow (ésta sobre todo é de pedir a cuenta...). Por certo, desde esa tiven varias visitas de xente da páxina desde Barcelona e Burgos, un saludo! ;D unha pena que non quixerades rebatir conmigo sobre as miñas "críticas a críticos", sería moi interesante falar de tú a tú o porqué de que "esto" está ben... ou mal... ou é sólo unha opinión... non temades, son ácido e directo, pero non son un maleducado e eu tamén acepto as críticas se están ben argumentadas.

Pero a raíz do meu último descubrimento, case me gustaría unha conversa sobre as críticas de tú a tú, sen axudas de internet nin wikipedias do Metal. Supoño que ahí é cando un demostra ser un auténtico fan, que oeu o disco/xénero/grupo en cuestión e pode rebatir as cousas sen necesidade de poñer nun buscador a ver qué opina outra xente sobre este grupo ou aqueloutro e logo formarse unha opinión. Supoño que se algún da páxina me está lendo (que seguro que se quedaron con este blog, porque non haberá moitos que teñan seccións tan... curiosas XD) saberá por onde vou... -conste que tamén me parecía un portal "raro" porque a cantidade de críticas por día é abismal.. (e logo eu pensaba que oía demasiado XD)... pero agora entendín mellor o porqué-.

Dito esto... vou decir que o outro día vín a miña lista de audibles por descargar do 2011 e atopeime con máis de 300 links ainda. Polo que a decisión foi rápida: zambullirme de cheo nos myspaces e youtubes e baixarme o disco se a canción ou o par delas que oín me pareceron interesantes. Ó final... case que fun baixando todo igualmente, ainda que fun borrando prácticamente o 99% a medida que baixaba. E é que hai moita morralla, sínto decilo.. pero canta máis música, máis do mesmo e máis clones.. con contadas excepcións, claro. A principal diferencia entre agora e hai uns anos é que case todos os grupos sonan ben ou moi ben, pero a mín ese é un tema que cada vez lle dou menos valor. Prefiro a calidade artística e compositiva e a creatividade, algo que non se pode comprar con diñeiro...
Para uns cuantos discos que tiña especial curiosidade, o que fixen foi antes lerme qué se decía deles por ahí, e así me pasou con Enid, grupo do que non sabía nada desde hai anos e que me deixara entusiasmado con Grandwanderer e Seelenspiegel. Foi toda unha sorpresa saber que volvían a facer música, ainda que sólo quedara o que parece fundador principal.

Creo que foi casualidade que mirara hai un tempo o portal de Queens of Steel e víralles a crítica, pero non lle fixen moito caso. Parecía estar ben escrita mirada por encima e pouco máis... qué se lle quere, non é que sexa un portal que me ofreza moita confianza XD
Ah pero foi hai un pouco que me atopei con Sea of Tranquillity e leveime unha pequena sorpresa... algo me dá que esto non é pouco habitual entre moitos portales "de fans" de Metal, pero tardábame encontrarme cun caso por mín mesmo. Intuístes ben: a semellanza entre unha e outra é palpable.... e por suposto a de Sea of Tranquillity está fechada meses antes que a de Queens of Steel...
Vexamos a fondo o caso (e por primeira vez, eu non vou comentar nada, senón que copiarei-pegarei dun lado e doutro e vós xulgaredes a similitude).
En verde, Queensofsteel, en azul claro, Seaoftranquillity:

Crítica Queensofsteel

Crítica Seaoftranquillity

Cada escena parece tener su propio sonido, ese es también el caso de Alemania con el Black Metal, donde la mayoría de bandas del género se suelen apropiar del término “War Metal”. Afortunadamente, no todo está todavía inventado y hay grupos que lo dejan bien claro. Ese es el caso de ENID puesto que la propuesta que nos ofrecen es bastante personal, o al menos para tratarse de la escena extrema germana. La formación vuelve a dejar claro cuál es su estilo con su nuevo “Munsalvaesche”, un álbum, como siempre, de Black Metal sinfónico con ciertos toques Viking y Folk.
De feito sólo comentarei aquí:
escena extrema alemana? Enid?
formación? Enid? se para este disco estaba sólo o jefe, Martin Wiese...

El Black Metal teutón se caracteriza por tener un ritmo veloz incesante, por tener unas guitarras afiladas que te perforan los tímpanos y por tener unas letras basadas en temas bélicos, pero los chicos de ENID no cumplen ninguno de esos requisitos, o quizás debería decir tópicos.
Although German black metal is often characterized by razor-thin guitar tones, war-themed lyrics, and an overall violent atmosphere, the music on Munsalvaesche is anything but that. Gentle symphonic passages, viking-styled clean vocals, and a strong traditional folk influence characterize Enid's sound on this album, and calling it "black metal" would be rather misleading to the unsuspecting listener.

Esta formación opta por hacer suyo un estilo ya muy usado, y lo logran con unas interesantes composiciones que se acercan mucho más al Folk que al Metal. Ante todo, es un disco variado, bien pensado, con las dosis justas de brutalidad para captar la atención del oyente, creando siempre unas atmósferas intrigantes. Temas como “Red Knight” son puramente orquestales, mientras que pistas más metaleros como podrían ser “Belrapeire” no dejan de lado los muchos elementos sinfónicos que tiene el combo, incluso juegan con unos sintetizadores que le dan un toque moderno y te hacen esperar escuchar un tema electrónico con aroma ochentero (pero, señores, las apariencias engañan). Esa última canción es una gran muestra de la diversidad del álbum y de que ENID no tienen fronteras, ya que llevan a su música influencias de muchos géneros distintos, algo que hace que cada corte tenga su propio sabor y su propia personalidad.
I've mentioned earlier that Munsalvaesche has a lot in common with classical and folk music, and that is especially apparent in the opening number "Red Knight" - a pure orchestral track that is epic beyond comparison. Most of the more metal oriented tracks also feature lots of symphonic and folky overtones, but there are also songs like "Belrapeire" that feature a much more modern and synth-driven approach. Munsalvaesche feels a tad inconsistent due to its excessive influences from different genres and styles, yet every individual song is enjoyable and well-composed. I guess slight inconsistency might be a drawback to making music as original as Enid have done here - make no mistake, Munsalvaesche is an incredibly unique and often enjoyable journey.

La variedad de este compacto hace ver esta obra como un viaje en el que cada parada está perfectamente estudiada para darte los respiros necesarios y también aportarte las emociones necesarias para que “Munsalvaesche” cree el efecto planeado en el oyente. Un sonido apacible, elaborado pero, sobretodo, bien compuesto y con mucho carácter propio.
The tranquility found in the gentle folk passages is stunning, and the metal sections come across as a bit generic by comparison. That's not to say that the heavy sections are bad, but more just to highlight how wonderful some of those symphonic passages are. I wouldn't call Munsalvaesche a flawless album, but it's a well-composed, original, and professional observation that fully deserves 3.5 stars.

Puntuación: 8,5/10


miércoles, febrero 01, 2012

Microreviews Xaneiro'12 - I

Volvo outra vez con Microreviews. Non pensedes que neste mes de Xaneiro oín poucos discos, senón máis ben todo o contrario XD Resulta que se foron amontonando demasiados, e fixen un auténtico maratón para ir eliminando as cousas que non me gustaban e facer espacio no disco do ordenador. Ainda me queda moito por oír, polo que o de escribir Microreviews tomareino con máis calma.

One Man Army and the Undead Quartet - The Dark Epic... (2011)
Melodeath
Myspace
Cuarto álbum destes suecos, que se formaran baixo a tutela de Johan Lindstrand cando deixara The Crown no 2004. The Dark Epic... non é un álbum que supoña unha ruptura no xénero tan explotado do Melodeath sueco, nin tan sequera se diferencia excesivamente dos anteriores discos da banda, que podemos comparar estilísticamente con The Crown, Carnal Forge, Darkane, os primeiros Soilwork...
En efecto, pode que neste sentido a banda non sexa excesivamente innovadora, pero hai pequenos detalles que sí que permiten decir que este álbum pode merecer unha escoita. O punto máis importante relacionaríao coa intención de ampliar conceptos e estructuras musicales, cousa que se vé reflexada sobre todo en dous temas coma son "Sandman Apocalypse" e "The Dark Epic". Ambos cunha duración de case 8 e 9 minutos correspondientemente, proporcionan unha cantidade de riffs e ideas por minuto harto interesantes, sendo sobre todo novedoso o planteamento da canción "The Dark Epic", no que logo duns 5 primeiros minutos instrumentales, meten a parte vocal para o medio-final (!?). Por certo, sen dúbida o mellor tema do disco e probablemente o mellor que lle escoitara a OMAATUQ.
Na parte menos positiva, vemos coma o resto do álbum se deixa levar nun melodeath-thrash bastante xenérico... ben executado, pero que non sorprende. Tamén añadiría a inclusión dunha última pista totalmente innecesaria de 2 minutos; penso que o álbum houbera gañado máis se acabara por todo o alto con "The Dark Epic".
Sólo polo tema The Dark Epic, merece unha escoita. 7/10



Sacrilegious Impalement - II - Exalted Spectres (2011)
Black Metal
Myspace
Segundo disco destes finlandeses, que tal e coma pasou co primeiro, "Cultus Nex" en 2009, pasará desapercibido para a maioría do público blacker. Non poido decir outra cousa que non sexa que o seu Black Metal é bastante estándar e cheo de clichés, eso sí, adecuadamente executado e incluso temos algúns momentos interesantes, pero na súa maioría permanece na mediocridade dos miles de álbumes do estilo que salen por ano.
Para ser máis precisos coa música de Sacrilegious Impalement, pódese decir que fan un Black inspirado de escola noruega e sueca que colle un pouco de varias bandas coma Marduk, Setherial, Lord Belial, Watain, Tsjuder,... co habitual tremolo-picking liderando e variacións basicotas de batería que vai alternativamente de medio tempo a blast.
Prácticamente non sobresale ningunha canción sobre o resto, así como tampouco sobresale a técnica de ningún dos seus componentes nin a predictibilidade dos temas, facendo un álbum xenérico que dá a sensación de telo xa oído moitas veces noutros grupos.
Predictable Spectres. 5/10


Vendetta - Feed the Extermination (2011)
Thrash Metal
Myspace
Os veteranos alemanes Vendetta, con máis de 20 anos de historia pretenden conseguir un puesto entre os grandes do seu país nesta nova ola de Thrash que estamos a vivir. Alemania conta cunha larga tradición thrashera e de Speed Metal, entre a que se encontran algúns dos máis influyentes e populares grupos non sólo a nivel europeo, senón mundial. Era obvio logo, pensar que trala sombra de bandas coma Sodom, Kreator, Destruction, os primeiros Helloween, Running Wild ou Blind Guardian nacerían multitude de bandas que pretenderían seguir os seus pasos. No caso de Vendetta, a banda consigueu certa fama underground a finales dos ochenta, cando o Speed-Thrash estaba en boga, pero posteriormente quedouse no ostracismo durante os noventa. Foi hai catro anos cando, vendo un interés renovado no Thrash ochentero, se decidiron a volver, e este 2011 sacarían o segundo álbum trala reunión.
Non escoitei o anterior, pero se ofrece o mesmo que Feed the Extermination, témome que Vendetta non tardarán en volver ó ostracismo, xa que o Thrash moi influenciado polos máis groovies Anthrax, Pantera ou Death Angel, quédase soso, trasnoitado e con falta de vida. Prácticamente todos os temas seguen unha línea parecida e predecible; penso que a calquera lle sería difícil destacar algún. Ademáis, a producción non axuda; as guitarras sonan pouco potentes, as líneas vocales con pouca forza, os estribillos desganados e ainda por encima os poucos inspirados riffs, oídos xa ata a saciedade, pero en peor, rematan a faena.
Thrash for the Trash. 2/10


Amoral - Beneath (2011)
Heavy Metal/Hard Rock
Myspace
Despois das pésimas críticas do seu anterior disco Show Your Colors no que os finlandeses se decidiran por "evolucionar" cara un Heavy Metal con trazas de Hard e algún deje ó seu anterior Melodeath, Amoral continúan o seu camiño por derroteiros máis melódicos en Beneath.
Que unha banda faiga caso omiso a tódalas críticas que lles choven e faigan o que lles gusta é algo digno de respeto (ainda que se volveran a facer Melodeath serían a vista dos fans uns chaqueteros XD), e como tal, ata ahí eu alabo o seu empeño. Pero hai un problema: habería moitos fans que criticarían Show Your Colours "pola vendida" dun teóricamente bon grupo de Melodic Death, pero penso que a maioría realmente pensou que ese era un álbum por debaixo das expectativas de calquera de Hard'n Heavy, e algo parecido pasa con Beneath, que comparte a mesma falta de forza, de pegada e de memorabilidade no oínte que o seu predecesor. A elo axuda unha composición mediocre, ainda que non é do peor que oíra no estilo; por exemplo, a canción de 8 minutos que abre o disco, tenta tocar varios paos e faino dunha forma convincente e case "Progre", característica que se repite algunha outra vez no disco, coma en "Of Silent Stares & Fire Lost". Pero o problema vén no resto dos temas, cada un máis olvidable que o anterior, e cun OT coma Ari Koivunen que pasa a ser incluso molesto, xa non sei se polo seu tono de voz, polas líneas vocales -algunhas horribles- ou ambas cousas.
Polo resto, hai referencias tanto ó Heavy clásico da NWOBHM, ó Hard Rock tanto antigo coma moderno, e incluso algún momento máis "cañero", pero que a duras penas chega a ser cercano á súa etapa anterior, falando a todos os niveles.
Beneath non pasará á historia da música, e Amoral cavan un pouco máis a súa tumba.
Beneath... already behind... 3/10

Link
The Rotted - Ad Nauseam (2011)
Death Metal
Myspace
Desde a mítica Candlelight Records, chegan os ata o dagora desconocidos para mín, The Rotted, grupo que surxiu das cenizas de Gorerotted. Estes británicos tocan un Death Metal con moita influencia Old School, e reminiscencias do Grind e do Punk-Rock/Death'n Roll que resulta bastante adictivo. O acerto de Ad Nauseam baséase nunha simpleza musical que realmente dá no punto, derivando nun CD fácil de dixerir para os fans do Death.
Con The Rotted atoparemos poucos detalles técnicos nos riffs (ata pasaron tamén dos solos!) e un sonido lixeiramente sucio, pero que lle vai perfecto ó seu estilo directo e básico, destacando especialmente o sentido rítmico dun batera polivalente e un baixo poderoso.
Sen ser un gran amante do Death-Grind, mín pasouseme nun suspiro e pareceume un disco bastante pegadizo e que te leva a onde quere cunha gran facilidade sen obviar a brutalidade.
Ad Notablem. 7/10


Elizium - Relief by the Sun (2011)
Symphonic Doom-Gothic
Myspace
Mira que levo oído música últimamente, xa digo que perfectamente uns centos de discos en días. A maioría eran grupos que sacaban o seu primeiro traballo e como as miñas impresións non foron demasiado positivas, directamente pasei de metelos en ningunha microreview. Non me mola eso de decir malas cousas de grupos primeirizos. Pero ó que iba, foi poñer "War in Heaven", a primeira canción de Relief by the Sun, e decir: "fijo que este grupo leva máis dunha década". A razón, pois non o sabería explicar; foi coma un feeling, pero o feito de que me sonara á época medio-noventera de grupazos daquela coma Tiamat, Cemetary e Lake of Tears tivo que ver. Un xa non se encontra hoxe en día bandas que recollan influencia de todo o que foi aquel movemento de expansión do Doom a terrenos novos mezclando esa vena "extrema" con dejes máis góticos, setenteros ou sinfónicos.
En definitiva, pois sí, Elizium (non confundir cos millares de Elysium) son uns holandeses que levan na música máis de 20 anos, ainda que Relief by the Sun sexa o seu segundo CD logo do debut oficial hai 5 anos. Con eles a teletransportación ó 95 é inmediata, cunha música lenta, melancólica á par que sinfónica, e cun tono de voz que fácilmente recorda a aquel Edlund carraspeante pero limpio. Os teclados están habitualmente presentes dalgunha ou outra forma, sempre aportando unha dosis ambiental rica, a batería suele seguir tempos lentos e nin as guitarras nin baixo se prodigan técnicamente, ainda que neste estilo non lles fai falta tampouco demasiado.
Unha grata sorpresa que non me esperaba a estas alturas e logo de moita broza XD
Relief by the 90's. 8/10


Deviser - Seasons of Darkness (2011)
Black-Gothic Metal
Myspace
Deviser son un grupo griego que a mediados dos noventa alcanzaron certa popularidade underground despois do seu disco debut Unspeakable Cults, ainda que nunca chegaron a competir cos grupos grandes de Metal Extremo que saían do país. Cómo non, falo de Rotting Christ, Nightfall ou Septic Flesh.
Pode que debido a este motivo, Deviser quedara prácticamente inactivo durante a última década, ainda que tamén pode que as malas críticas do seu último disco Running Sore (2002) axudaran.
Así que este é o regreso de Deviser, e non se pode decir que o que traigan baixo os brazos sexa algo que os axude a remontar entre a clientela extrema. Para empezar, esperábame algo moito máis Black, non sei por qué. Non é que esto supoña algo negativo, pero o que hai en Seasons of Darkness non se corresponde co que eu recordaba da música de Deviser. O estilo deles converteuse nalgo moito máis heteroxéneo, no que fusionan Gothic con trazas sinfónicas, certa experimentación electrónica e Black Metal bastante melódico. Combinan voces rasgadas con claras, meten diversos teclados e en xeral todo transcurre nun ritmo bastante mid-low-tempo, facendo un disco bastante atmosférico. Para focalizar mellor, creo que decir que é coma unha fusión dos Nightfall con Rotting Christ de finales dos 90 non estaría desencamiñado -non sei qué teñen por ese país, pero teñen un estilo bastante reconocible e propio-.
O malo é que hai melodías e punteos que a mín non me convencen, e, a pesar de que a apertura de miras o vexo coma algo positivo, Deviser resultan bastante sosos por tramos... por suposto do que se trata é do de sempre e máis difícil de tratar: composición.
Influencias interesantes, recreación mellorable. 6/10


Eldritch - Gaia's Legacy (2011)
Prog-Power Metal
Myspace
Os veteranos italianos lanzan o seu octavo disco nunha onda moi similar ó que levan facendo toda a vida: Power Metal con influencias do Power-Thrash americano e un toque de Progresivo que se deixa ver, non por estructuras excesivamente complicadas, pero por certos riffs e teclados.
Había moito que non me atopaba con algo deles, a pesar de que os coñezo desde hai máis dunha década con "El Niño", un disco bastante decente, coas súas flaquezas, pero que se facía ameno.
Con Gaia's Legacy, non noto unha excesiva diferencia con aqueles discos seus de finales dos 90 e principios dos 2000 na parte musical, tendo máis ou menos o mesmo feeling de composición sólida ainda que pouco orixinal, con algún altibaixo segundo o tema. Tal vez neste álbum o que poida chamar máis a atención sexa a parte temática e letrística, e non para ben; todo o álbum está dedicado a advertirnos sobre o calentamiento global, a escaseza da auga, que hai que coidar o planeta, e que blabla..., pero dunha forma tan pouco sutil e tan ñoña, que parece un panfleto ecoloxista escrito por un neno de 7 anos. E cando digo "todo o disco", digo "TODO". Seguro que estades pensando "vaia exagerao este tío"... vós o quixestes, non atopei as letras por ahí, pero máis ou menos me entendo co que dicen. Esto é un extracto da letra de "Thirst in our hands":
"... sometimes we let the water run
for hours and hours to keep our bodies clean
with the water waste we'd brush our teeth..."
Ainda que as intencións que poida ter Gaia's Legacy sexan as mellores, realmente con letras tan... insulsas, Eldritch non poden pretender cautivar ó oínte. Nun grupo de tanta traxectoria xa, esperabame algo máis de esmero...
Mentres que non lle fixen caso ó que cantaban non me pareceu un mal álbum, pero na segunda e terceira escoita e valorandoo todo, de vez en cando ata se me escapaba algunha risa...
Save the world, save the children. 5/10


Royal Hunt - Show Me How To Live (2011)
Melodic Prog-Power Metal
Myspace
Os anos de maior gloria destes daneses déronse sen duda durante os 90 con discos coma Paradox, un dos que máis alabanzas recibeu por parte dos fans. O seu creador, o teclista André Andersen resultou ser co paso do tempo o único membro fixo da banda, e tantos cambios de instrumentistas non creo que fora positivo para Royal Hunt, que, a pesar de ter bastantes traballos e moitos deles dunha calidade que sobrepasaba a media do que foi o Power nas últimas dúas décadas, quedouse nun plano totalmente secundario. Supoño que a falta de concertos e xiras tampouco xogou a favor da súa popularidade.
Con Show Me How To Live, a banda recupera a un dos seus antigos vocalistas logo de 13 anos, DC Cooper, un cantante americano con experiencia e gran voz, que precisamente cantou por última vez con Royal Hunt en Paradox.
En canto ó apartado musical, o que temos é Royal Hunt coma eu sempre o recordei: mezclando Rock Progresivo con Power Metal e con moito teclado que se queda a medio camiño entre neoclásico, épico e "proggy"; boa composición, ainda que teñan algunhas partes un pouco "melosas" que nin fu nin fa, e que tampouco sexan uns grandes innovadores; gran sonido, e un cantante que cumple de sobras. Bon lanzamento.
Equilibrando sobre a línea, pero sen caer. 7/10


Dreamtale - Epsilon (2011)
Power Metal
Myspace
Dreamtale é unha banda finlandesa que naceu con todo aquel boom happy-flower-power a finales dos 90, e que tivo o honor de contar nas súas filas con varios nombres do Metal nórdico coma Jarkko Ahola (Terasbetoni), Rolf Pilve (Solution.45) ou Esa Orjatsalo (Amaran).
Fiel ós seus principios, parece que Dreamtale non cambiou un ápice desde os seus comenzos, ofrecendo un Power Metal con moito aire happy e sinfónico. Acórdome que moitas daquelas bandas colleran como referente a unhas poucas que imitaban ata a saciedade, e con Dreamtale pasa algo parecido, tendo éstes como referentes esenciales a Stratovarius e Helloween. Dito esto penso que xa se dice todo, porque Epsilon é unha recopilación de melodías, riffs, estribillos e líneas vocales que xa se saturaron per se no 2003, se non antes.
Realmente non hai moito máis que añadir, se vos gusta a happypowerexploitation, disfrutaredes coma enanos con Dreamtale. Se credes, coma mín, que seguir con este xénero que foi extra-explotado hai anos pouco pode aportar, alonxádevos xa!
O que é máis curioso é que polo que estiven mirando por ahí, Dreamtale realmente gustan entre os seguidores do Power... home non o fan mal, pero eu canseime de oír referencias ós de Timo Tolkki e ós de Weikath, que xa os teño suficientemente oídos (se case se podería acusar de plaxio de "Future World" ó estribillo de "Each Time I Die"...).
Pasados. Pesados. 3/10

domingo, enero 29, 2012

Enlil piratea a Enuma Elis

Vaia cómo se están poñendo as cousas logo do cerre de Megaupload. Todos os servidores están coas orellas agachadas e mexando por sí para que ningún FBI lles meta mao. Algúns xa cerraron e outros están cambiando normativas profundamente, pero o que non esperaba era o mensaxe que me chegou desde Mediafire, un servidor co que estaba a gusto a pesar de que levaba tendo problemas para subir cousas desde hai tempo. Alomenos as que tiña subidas de antes mantíñanse sin problemas de caducidade nin nada semellante.
Pois resulta que me chegou este mail á miña cuenta:

The file "Enuma Elis - (2006) Obscura Epica.rar" has been suspended

MediaFire User: MediaFire has received a notification per the Digital Millennium Copyright Act (“DMCA”) that the following file is claimed to be infringing material. The file Enuma Elis - (2006) Obscura Epica.rar identified by the key (egxi2mzm4gh) As a result of this notice and pursuant to Section 512(c)(1)(C) of the DMCA, we have suspended access to the file.

The reason for suspension was:

Copyrighted media relating to 'Epica'

Information about the party that filed the report:

Company Name: Muso
Contact Address:
Contact Name: legal@muso.com
Contact Phone:
Contact Email: legal@muso.com

Copyright infringement also violates MediaFire’s Terms of Service and our Acceptable Use Policy. MediaFire accounts that experience multiple claims, without viable counter-claim, may be terminated.

If you feel this suspension was in error please submit a counter-claim by following the process below.

Step 1, Click on the following link to open the counter-claim webpage.

http://www.mediafire.com/myaccount/suspension_claim.php?u=1cfbeb74abf2d04132f012514ce955f5b6b521b8123171aa

Step 2, Use this PIN on the counter-claim webpage to begin the process:

7e54

Step 3, Fill in the fields on the counter-claim form with as much detail as possible.

This is a post-only mailing. Replies to this message are not monitored or answered.

Ou sexa que eu me estou pirateando a mín mesmo? se nin sequera metín a música en copyleft nin está rexistrada en ningún lado!
E eso de que a infracción de copyright ven da palabra "Epica", vai resultar que lle vou ter que pedir permiso a quen a inventou, omevaitetirarórío!
Xa lles mandei un mail de réplica hai como 10 días e non houbo nin resposta nin me repuxeron o enlace... vai ser que esto está chegando un pouco lonxe, ou non?