miércoles, febrero 01, 2012

Microreviews Xaneiro'12 - I

Volvo outra vez con Microreviews. Non pensedes que neste mes de Xaneiro oín poucos discos, senón máis ben todo o contrario XD Resulta que se foron amontonando demasiados, e fixen un auténtico maratón para ir eliminando as cousas que non me gustaban e facer espacio no disco do ordenador. Ainda me queda moito por oír, polo que o de escribir Microreviews tomareino con máis calma.

One Man Army and the Undead Quartet - The Dark Epic... (2011)
Melodeath
Myspace
Cuarto álbum destes suecos, que se formaran baixo a tutela de Johan Lindstrand cando deixara The Crown no 2004. The Dark Epic... non é un álbum que supoña unha ruptura no xénero tan explotado do Melodeath sueco, nin tan sequera se diferencia excesivamente dos anteriores discos da banda, que podemos comparar estilísticamente con The Crown, Carnal Forge, Darkane, os primeiros Soilwork...
En efecto, pode que neste sentido a banda non sexa excesivamente innovadora, pero hai pequenos detalles que sí que permiten decir que este álbum pode merecer unha escoita. O punto máis importante relacionaríao coa intención de ampliar conceptos e estructuras musicales, cousa que se vé reflexada sobre todo en dous temas coma son "Sandman Apocalypse" e "The Dark Epic". Ambos cunha duración de case 8 e 9 minutos correspondientemente, proporcionan unha cantidade de riffs e ideas por minuto harto interesantes, sendo sobre todo novedoso o planteamento da canción "The Dark Epic", no que logo duns 5 primeiros minutos instrumentales, meten a parte vocal para o medio-final (!?). Por certo, sen dúbida o mellor tema do disco e probablemente o mellor que lle escoitara a OMAATUQ.
Na parte menos positiva, vemos coma o resto do álbum se deixa levar nun melodeath-thrash bastante xenérico... ben executado, pero que non sorprende. Tamén añadiría a inclusión dunha última pista totalmente innecesaria de 2 minutos; penso que o álbum houbera gañado máis se acabara por todo o alto con "The Dark Epic".
Sólo polo tema The Dark Epic, merece unha escoita. 7/10



Sacrilegious Impalement - II - Exalted Spectres (2011)
Black Metal
Myspace
Segundo disco destes finlandeses, que tal e coma pasou co primeiro, "Cultus Nex" en 2009, pasará desapercibido para a maioría do público blacker. Non poido decir outra cousa que non sexa que o seu Black Metal é bastante estándar e cheo de clichés, eso sí, adecuadamente executado e incluso temos algúns momentos interesantes, pero na súa maioría permanece na mediocridade dos miles de álbumes do estilo que salen por ano.
Para ser máis precisos coa música de Sacrilegious Impalement, pódese decir que fan un Black inspirado de escola noruega e sueca que colle un pouco de varias bandas coma Marduk, Setherial, Lord Belial, Watain, Tsjuder,... co habitual tremolo-picking liderando e variacións basicotas de batería que vai alternativamente de medio tempo a blast.
Prácticamente non sobresale ningunha canción sobre o resto, así como tampouco sobresale a técnica de ningún dos seus componentes nin a predictibilidade dos temas, facendo un álbum xenérico que dá a sensación de telo xa oído moitas veces noutros grupos.
Predictable Spectres. 5/10


Vendetta - Feed the Extermination (2011)
Thrash Metal
Myspace
Os veteranos alemanes Vendetta, con máis de 20 anos de historia pretenden conseguir un puesto entre os grandes do seu país nesta nova ola de Thrash que estamos a vivir. Alemania conta cunha larga tradición thrashera e de Speed Metal, entre a que se encontran algúns dos máis influyentes e populares grupos non sólo a nivel europeo, senón mundial. Era obvio logo, pensar que trala sombra de bandas coma Sodom, Kreator, Destruction, os primeiros Helloween, Running Wild ou Blind Guardian nacerían multitude de bandas que pretenderían seguir os seus pasos. No caso de Vendetta, a banda consigueu certa fama underground a finales dos ochenta, cando o Speed-Thrash estaba en boga, pero posteriormente quedouse no ostracismo durante os noventa. Foi hai catro anos cando, vendo un interés renovado no Thrash ochentero, se decidiron a volver, e este 2011 sacarían o segundo álbum trala reunión.
Non escoitei o anterior, pero se ofrece o mesmo que Feed the Extermination, témome que Vendetta non tardarán en volver ó ostracismo, xa que o Thrash moi influenciado polos máis groovies Anthrax, Pantera ou Death Angel, quédase soso, trasnoitado e con falta de vida. Prácticamente todos os temas seguen unha línea parecida e predecible; penso que a calquera lle sería difícil destacar algún. Ademáis, a producción non axuda; as guitarras sonan pouco potentes, as líneas vocales con pouca forza, os estribillos desganados e ainda por encima os poucos inspirados riffs, oídos xa ata a saciedade, pero en peor, rematan a faena.
Thrash for the Trash. 2/10


Amoral - Beneath (2011)
Heavy Metal/Hard Rock
Myspace
Despois das pésimas críticas do seu anterior disco Show Your Colors no que os finlandeses se decidiran por "evolucionar" cara un Heavy Metal con trazas de Hard e algún deje ó seu anterior Melodeath, Amoral continúan o seu camiño por derroteiros máis melódicos en Beneath.
Que unha banda faiga caso omiso a tódalas críticas que lles choven e faigan o que lles gusta é algo digno de respeto (ainda que se volveran a facer Melodeath serían a vista dos fans uns chaqueteros XD), e como tal, ata ahí eu alabo o seu empeño. Pero hai un problema: habería moitos fans que criticarían Show Your Colours "pola vendida" dun teóricamente bon grupo de Melodic Death, pero penso que a maioría realmente pensou que ese era un álbum por debaixo das expectativas de calquera de Hard'n Heavy, e algo parecido pasa con Beneath, que comparte a mesma falta de forza, de pegada e de memorabilidade no oínte que o seu predecesor. A elo axuda unha composición mediocre, ainda que non é do peor que oíra no estilo; por exemplo, a canción de 8 minutos que abre o disco, tenta tocar varios paos e faino dunha forma convincente e case "Progre", característica que se repite algunha outra vez no disco, coma en "Of Silent Stares & Fire Lost". Pero o problema vén no resto dos temas, cada un máis olvidable que o anterior, e cun OT coma Ari Koivunen que pasa a ser incluso molesto, xa non sei se polo seu tono de voz, polas líneas vocales -algunhas horribles- ou ambas cousas.
Polo resto, hai referencias tanto ó Heavy clásico da NWOBHM, ó Hard Rock tanto antigo coma moderno, e incluso algún momento máis "cañero", pero que a duras penas chega a ser cercano á súa etapa anterior, falando a todos os niveles.
Beneath non pasará á historia da música, e Amoral cavan un pouco máis a súa tumba.
Beneath... already behind... 3/10

Link
The Rotted - Ad Nauseam (2011)
Death Metal
Myspace
Desde a mítica Candlelight Records, chegan os ata o dagora desconocidos para mín, The Rotted, grupo que surxiu das cenizas de Gorerotted. Estes británicos tocan un Death Metal con moita influencia Old School, e reminiscencias do Grind e do Punk-Rock/Death'n Roll que resulta bastante adictivo. O acerto de Ad Nauseam baséase nunha simpleza musical que realmente dá no punto, derivando nun CD fácil de dixerir para os fans do Death.
Con The Rotted atoparemos poucos detalles técnicos nos riffs (ata pasaron tamén dos solos!) e un sonido lixeiramente sucio, pero que lle vai perfecto ó seu estilo directo e básico, destacando especialmente o sentido rítmico dun batera polivalente e un baixo poderoso.
Sen ser un gran amante do Death-Grind, mín pasouseme nun suspiro e pareceume un disco bastante pegadizo e que te leva a onde quere cunha gran facilidade sen obviar a brutalidade.
Ad Notablem. 7/10


Elizium - Relief by the Sun (2011)
Symphonic Doom-Gothic
Myspace
Mira que levo oído música últimamente, xa digo que perfectamente uns centos de discos en días. A maioría eran grupos que sacaban o seu primeiro traballo e como as miñas impresións non foron demasiado positivas, directamente pasei de metelos en ningunha microreview. Non me mola eso de decir malas cousas de grupos primeirizos. Pero ó que iba, foi poñer "War in Heaven", a primeira canción de Relief by the Sun, e decir: "fijo que este grupo leva máis dunha década". A razón, pois non o sabería explicar; foi coma un feeling, pero o feito de que me sonara á época medio-noventera de grupazos daquela coma Tiamat, Cemetary e Lake of Tears tivo que ver. Un xa non se encontra hoxe en día bandas que recollan influencia de todo o que foi aquel movemento de expansión do Doom a terrenos novos mezclando esa vena "extrema" con dejes máis góticos, setenteros ou sinfónicos.
En definitiva, pois sí, Elizium (non confundir cos millares de Elysium) son uns holandeses que levan na música máis de 20 anos, ainda que Relief by the Sun sexa o seu segundo CD logo do debut oficial hai 5 anos. Con eles a teletransportación ó 95 é inmediata, cunha música lenta, melancólica á par que sinfónica, e cun tono de voz que fácilmente recorda a aquel Edlund carraspeante pero limpio. Os teclados están habitualmente presentes dalgunha ou outra forma, sempre aportando unha dosis ambiental rica, a batería suele seguir tempos lentos e nin as guitarras nin baixo se prodigan técnicamente, ainda que neste estilo non lles fai falta tampouco demasiado.
Unha grata sorpresa que non me esperaba a estas alturas e logo de moita broza XD
Relief by the 90's. 8/10


Deviser - Seasons of Darkness (2011)
Black-Gothic Metal
Myspace
Deviser son un grupo griego que a mediados dos noventa alcanzaron certa popularidade underground despois do seu disco debut Unspeakable Cults, ainda que nunca chegaron a competir cos grupos grandes de Metal Extremo que saían do país. Cómo non, falo de Rotting Christ, Nightfall ou Septic Flesh.
Pode que debido a este motivo, Deviser quedara prácticamente inactivo durante a última década, ainda que tamén pode que as malas críticas do seu último disco Running Sore (2002) axudaran.
Así que este é o regreso de Deviser, e non se pode decir que o que traigan baixo os brazos sexa algo que os axude a remontar entre a clientela extrema. Para empezar, esperábame algo moito máis Black, non sei por qué. Non é que esto supoña algo negativo, pero o que hai en Seasons of Darkness non se corresponde co que eu recordaba da música de Deviser. O estilo deles converteuse nalgo moito máis heteroxéneo, no que fusionan Gothic con trazas sinfónicas, certa experimentación electrónica e Black Metal bastante melódico. Combinan voces rasgadas con claras, meten diversos teclados e en xeral todo transcurre nun ritmo bastante mid-low-tempo, facendo un disco bastante atmosférico. Para focalizar mellor, creo que decir que é coma unha fusión dos Nightfall con Rotting Christ de finales dos 90 non estaría desencamiñado -non sei qué teñen por ese país, pero teñen un estilo bastante reconocible e propio-.
O malo é que hai melodías e punteos que a mín non me convencen, e, a pesar de que a apertura de miras o vexo coma algo positivo, Deviser resultan bastante sosos por tramos... por suposto do que se trata é do de sempre e máis difícil de tratar: composición.
Influencias interesantes, recreación mellorable. 6/10


Eldritch - Gaia's Legacy (2011)
Prog-Power Metal
Myspace
Os veteranos italianos lanzan o seu octavo disco nunha onda moi similar ó que levan facendo toda a vida: Power Metal con influencias do Power-Thrash americano e un toque de Progresivo que se deixa ver, non por estructuras excesivamente complicadas, pero por certos riffs e teclados.
Había moito que non me atopaba con algo deles, a pesar de que os coñezo desde hai máis dunha década con "El Niño", un disco bastante decente, coas súas flaquezas, pero que se facía ameno.
Con Gaia's Legacy, non noto unha excesiva diferencia con aqueles discos seus de finales dos 90 e principios dos 2000 na parte musical, tendo máis ou menos o mesmo feeling de composición sólida ainda que pouco orixinal, con algún altibaixo segundo o tema. Tal vez neste álbum o que poida chamar máis a atención sexa a parte temática e letrística, e non para ben; todo o álbum está dedicado a advertirnos sobre o calentamiento global, a escaseza da auga, que hai que coidar o planeta, e que blabla..., pero dunha forma tan pouco sutil e tan ñoña, que parece un panfleto ecoloxista escrito por un neno de 7 anos. E cando digo "todo o disco", digo "TODO". Seguro que estades pensando "vaia exagerao este tío"... vós o quixestes, non atopei as letras por ahí, pero máis ou menos me entendo co que dicen. Esto é un extracto da letra de "Thirst in our hands":
"... sometimes we let the water run
for hours and hours to keep our bodies clean
with the water waste we'd brush our teeth..."
Ainda que as intencións que poida ter Gaia's Legacy sexan as mellores, realmente con letras tan... insulsas, Eldritch non poden pretender cautivar ó oínte. Nun grupo de tanta traxectoria xa, esperabame algo máis de esmero...
Mentres que non lle fixen caso ó que cantaban non me pareceu un mal álbum, pero na segunda e terceira escoita e valorandoo todo, de vez en cando ata se me escapaba algunha risa...
Save the world, save the children. 5/10


Royal Hunt - Show Me How To Live (2011)
Melodic Prog-Power Metal
Myspace
Os anos de maior gloria destes daneses déronse sen duda durante os 90 con discos coma Paradox, un dos que máis alabanzas recibeu por parte dos fans. O seu creador, o teclista André Andersen resultou ser co paso do tempo o único membro fixo da banda, e tantos cambios de instrumentistas non creo que fora positivo para Royal Hunt, que, a pesar de ter bastantes traballos e moitos deles dunha calidade que sobrepasaba a media do que foi o Power nas últimas dúas décadas, quedouse nun plano totalmente secundario. Supoño que a falta de concertos e xiras tampouco xogou a favor da súa popularidade.
Con Show Me How To Live, a banda recupera a un dos seus antigos vocalistas logo de 13 anos, DC Cooper, un cantante americano con experiencia e gran voz, que precisamente cantou por última vez con Royal Hunt en Paradox.
En canto ó apartado musical, o que temos é Royal Hunt coma eu sempre o recordei: mezclando Rock Progresivo con Power Metal e con moito teclado que se queda a medio camiño entre neoclásico, épico e "proggy"; boa composición, ainda que teñan algunhas partes un pouco "melosas" que nin fu nin fa, e que tampouco sexan uns grandes innovadores; gran sonido, e un cantante que cumple de sobras. Bon lanzamento.
Equilibrando sobre a línea, pero sen caer. 7/10


Dreamtale - Epsilon (2011)
Power Metal
Myspace
Dreamtale é unha banda finlandesa que naceu con todo aquel boom happy-flower-power a finales dos 90, e que tivo o honor de contar nas súas filas con varios nombres do Metal nórdico coma Jarkko Ahola (Terasbetoni), Rolf Pilve (Solution.45) ou Esa Orjatsalo (Amaran).
Fiel ós seus principios, parece que Dreamtale non cambiou un ápice desde os seus comenzos, ofrecendo un Power Metal con moito aire happy e sinfónico. Acórdome que moitas daquelas bandas colleran como referente a unhas poucas que imitaban ata a saciedade, e con Dreamtale pasa algo parecido, tendo éstes como referentes esenciales a Stratovarius e Helloween. Dito esto penso que xa se dice todo, porque Epsilon é unha recopilación de melodías, riffs, estribillos e líneas vocales que xa se saturaron per se no 2003, se non antes.
Realmente non hai moito máis que añadir, se vos gusta a happypowerexploitation, disfrutaredes coma enanos con Dreamtale. Se credes, coma mín, que seguir con este xénero que foi extra-explotado hai anos pouco pode aportar, alonxádevos xa!
O que é máis curioso é que polo que estiven mirando por ahí, Dreamtale realmente gustan entre os seguidores do Power... home non o fan mal, pero eu canseime de oír referencias ós de Timo Tolkki e ós de Weikath, que xa os teño suficientemente oídos (se case se podería acusar de plaxio de "Future World" ó estribillo de "Each Time I Die"...).
Pasados. Pesados. 3/10

No hay comentarios: