miércoles, febrero 01, 2012

Microreviews Xaneiro'12 - I

Volvo outra vez con Microreviews. Non pensedes que neste mes de Xaneiro oín poucos discos, senón máis ben todo o contrario XD Resulta que se foron amontonando demasiados, e fixen un auténtico maratón para ir eliminando as cousas que non me gustaban e facer espacio no disco do ordenador. Ainda me queda moito por oír, polo que o de escribir Microreviews tomareino con máis calma.

One Man Army and the Undead Quartet - The Dark Epic... (2011)
Melodeath
Myspace
Cuarto álbum destes suecos, que se formaran baixo a tutela de Johan Lindstrand cando deixara The Crown no 2004. The Dark Epic... non é un álbum que supoña unha ruptura no xénero tan explotado do Melodeath sueco, nin tan sequera se diferencia excesivamente dos anteriores discos da banda, que podemos comparar estilísticamente con The Crown, Carnal Forge, Darkane, os primeiros Soilwork...
En efecto, pode que neste sentido a banda non sexa excesivamente innovadora, pero hai pequenos detalles que sí que permiten decir que este álbum pode merecer unha escoita. O punto máis importante relacionaríao coa intención de ampliar conceptos e estructuras musicales, cousa que se vé reflexada sobre todo en dous temas coma son "Sandman Apocalypse" e "The Dark Epic". Ambos cunha duración de case 8 e 9 minutos correspondientemente, proporcionan unha cantidade de riffs e ideas por minuto harto interesantes, sendo sobre todo novedoso o planteamento da canción "The Dark Epic", no que logo duns 5 primeiros minutos instrumentales, meten a parte vocal para o medio-final (!?). Por certo, sen dúbida o mellor tema do disco e probablemente o mellor que lle escoitara a OMAATUQ.
Na parte menos positiva, vemos coma o resto do álbum se deixa levar nun melodeath-thrash bastante xenérico... ben executado, pero que non sorprende. Tamén añadiría a inclusión dunha última pista totalmente innecesaria de 2 minutos; penso que o álbum houbera gañado máis se acabara por todo o alto con "The Dark Epic".
Sólo polo tema The Dark Epic, merece unha escoita. 7/10



Sacrilegious Impalement - II - Exalted Spectres (2011)
Black Metal
Myspace
Segundo disco destes finlandeses, que tal e coma pasou co primeiro, "Cultus Nex" en 2009, pasará desapercibido para a maioría do público blacker. Non poido decir outra cousa que non sexa que o seu Black Metal é bastante estándar e cheo de clichés, eso sí, adecuadamente executado e incluso temos algúns momentos interesantes, pero na súa maioría permanece na mediocridade dos miles de álbumes do estilo que salen por ano.
Para ser máis precisos coa música de Sacrilegious Impalement, pódese decir que fan un Black inspirado de escola noruega e sueca que colle un pouco de varias bandas coma Marduk, Setherial, Lord Belial, Watain, Tsjuder,... co habitual tremolo-picking liderando e variacións basicotas de batería que vai alternativamente de medio tempo a blast.
Prácticamente non sobresale ningunha canción sobre o resto, así como tampouco sobresale a técnica de ningún dos seus componentes nin a predictibilidade dos temas, facendo un álbum xenérico que dá a sensación de telo xa oído moitas veces noutros grupos.
Predictable Spectres. 5/10


Vendetta - Feed the Extermination (2011)
Thrash Metal
Myspace
Os veteranos alemanes Vendetta, con máis de 20 anos de historia pretenden conseguir un puesto entre os grandes do seu país nesta nova ola de Thrash que estamos a vivir. Alemania conta cunha larga tradición thrashera e de Speed Metal, entre a que se encontran algúns dos máis influyentes e populares grupos non sólo a nivel europeo, senón mundial. Era obvio logo, pensar que trala sombra de bandas coma Sodom, Kreator, Destruction, os primeiros Helloween, Running Wild ou Blind Guardian nacerían multitude de bandas que pretenderían seguir os seus pasos. No caso de Vendetta, a banda consigueu certa fama underground a finales dos ochenta, cando o Speed-Thrash estaba en boga, pero posteriormente quedouse no ostracismo durante os noventa. Foi hai catro anos cando, vendo un interés renovado no Thrash ochentero, se decidiron a volver, e este 2011 sacarían o segundo álbum trala reunión.
Non escoitei o anterior, pero se ofrece o mesmo que Feed the Extermination, témome que Vendetta non tardarán en volver ó ostracismo, xa que o Thrash moi influenciado polos máis groovies Anthrax, Pantera ou Death Angel, quédase soso, trasnoitado e con falta de vida. Prácticamente todos os temas seguen unha línea parecida e predecible; penso que a calquera lle sería difícil destacar algún. Ademáis, a producción non axuda; as guitarras sonan pouco potentes, as líneas vocales con pouca forza, os estribillos desganados e ainda por encima os poucos inspirados riffs, oídos xa ata a saciedade, pero en peor, rematan a faena.
Thrash for the Trash. 2/10


Amoral - Beneath (2011)
Heavy Metal/Hard Rock
Myspace
Despois das pésimas críticas do seu anterior disco Show Your Colors no que os finlandeses se decidiran por "evolucionar" cara un Heavy Metal con trazas de Hard e algún deje ó seu anterior Melodeath, Amoral continúan o seu camiño por derroteiros máis melódicos en Beneath.
Que unha banda faiga caso omiso a tódalas críticas que lles choven e faigan o que lles gusta é algo digno de respeto (ainda que se volveran a facer Melodeath serían a vista dos fans uns chaqueteros XD), e como tal, ata ahí eu alabo o seu empeño. Pero hai un problema: habería moitos fans que criticarían Show Your Colours "pola vendida" dun teóricamente bon grupo de Melodic Death, pero penso que a maioría realmente pensou que ese era un álbum por debaixo das expectativas de calquera de Hard'n Heavy, e algo parecido pasa con Beneath, que comparte a mesma falta de forza, de pegada e de memorabilidade no oínte que o seu predecesor. A elo axuda unha composición mediocre, ainda que non é do peor que oíra no estilo; por exemplo, a canción de 8 minutos que abre o disco, tenta tocar varios paos e faino dunha forma convincente e case "Progre", característica que se repite algunha outra vez no disco, coma en "Of Silent Stares & Fire Lost". Pero o problema vén no resto dos temas, cada un máis olvidable que o anterior, e cun OT coma Ari Koivunen que pasa a ser incluso molesto, xa non sei se polo seu tono de voz, polas líneas vocales -algunhas horribles- ou ambas cousas.
Polo resto, hai referencias tanto ó Heavy clásico da NWOBHM, ó Hard Rock tanto antigo coma moderno, e incluso algún momento máis "cañero", pero que a duras penas chega a ser cercano á súa etapa anterior, falando a todos os niveles.
Beneath non pasará á historia da música, e Amoral cavan un pouco máis a súa tumba.
Beneath... already behind... 3/10

Link
The Rotted - Ad Nauseam (2011)
Death Metal
Myspace
Desde a mítica Candlelight Records, chegan os ata o dagora desconocidos para mín, The Rotted, grupo que surxiu das cenizas de Gorerotted. Estes británicos tocan un Death Metal con moita influencia Old School, e reminiscencias do Grind e do Punk-Rock/Death'n Roll que resulta bastante adictivo. O acerto de Ad Nauseam baséase nunha simpleza musical que realmente dá no punto, derivando nun CD fácil de dixerir para os fans do Death.
Con The Rotted atoparemos poucos detalles técnicos nos riffs (ata pasaron tamén dos solos!) e un sonido lixeiramente sucio, pero que lle vai perfecto ó seu estilo directo e básico, destacando especialmente o sentido rítmico dun batera polivalente e un baixo poderoso.
Sen ser un gran amante do Death-Grind, mín pasouseme nun suspiro e pareceume un disco bastante pegadizo e que te leva a onde quere cunha gran facilidade sen obviar a brutalidade.
Ad Notablem. 7/10


Elizium - Relief by the Sun (2011)
Symphonic Doom-Gothic
Myspace
Mira que levo oído música últimamente, xa digo que perfectamente uns centos de discos en días. A maioría eran grupos que sacaban o seu primeiro traballo e como as miñas impresións non foron demasiado positivas, directamente pasei de metelos en ningunha microreview. Non me mola eso de decir malas cousas de grupos primeirizos. Pero ó que iba, foi poñer "War in Heaven", a primeira canción de Relief by the Sun, e decir: "fijo que este grupo leva máis dunha década". A razón, pois non o sabería explicar; foi coma un feeling, pero o feito de que me sonara á época medio-noventera de grupazos daquela coma Tiamat, Cemetary e Lake of Tears tivo que ver. Un xa non se encontra hoxe en día bandas que recollan influencia de todo o que foi aquel movemento de expansión do Doom a terrenos novos mezclando esa vena "extrema" con dejes máis góticos, setenteros ou sinfónicos.
En definitiva, pois sí, Elizium (non confundir cos millares de Elysium) son uns holandeses que levan na música máis de 20 anos, ainda que Relief by the Sun sexa o seu segundo CD logo do debut oficial hai 5 anos. Con eles a teletransportación ó 95 é inmediata, cunha música lenta, melancólica á par que sinfónica, e cun tono de voz que fácilmente recorda a aquel Edlund carraspeante pero limpio. Os teclados están habitualmente presentes dalgunha ou outra forma, sempre aportando unha dosis ambiental rica, a batería suele seguir tempos lentos e nin as guitarras nin baixo se prodigan técnicamente, ainda que neste estilo non lles fai falta tampouco demasiado.
Unha grata sorpresa que non me esperaba a estas alturas e logo de moita broza XD
Relief by the 90's. 8/10


Deviser - Seasons of Darkness (2011)
Black-Gothic Metal
Myspace
Deviser son un grupo griego que a mediados dos noventa alcanzaron certa popularidade underground despois do seu disco debut Unspeakable Cults, ainda que nunca chegaron a competir cos grupos grandes de Metal Extremo que saían do país. Cómo non, falo de Rotting Christ, Nightfall ou Septic Flesh.
Pode que debido a este motivo, Deviser quedara prácticamente inactivo durante a última década, ainda que tamén pode que as malas críticas do seu último disco Running Sore (2002) axudaran.
Así que este é o regreso de Deviser, e non se pode decir que o que traigan baixo os brazos sexa algo que os axude a remontar entre a clientela extrema. Para empezar, esperábame algo moito máis Black, non sei por qué. Non é que esto supoña algo negativo, pero o que hai en Seasons of Darkness non se corresponde co que eu recordaba da música de Deviser. O estilo deles converteuse nalgo moito máis heteroxéneo, no que fusionan Gothic con trazas sinfónicas, certa experimentación electrónica e Black Metal bastante melódico. Combinan voces rasgadas con claras, meten diversos teclados e en xeral todo transcurre nun ritmo bastante mid-low-tempo, facendo un disco bastante atmosférico. Para focalizar mellor, creo que decir que é coma unha fusión dos Nightfall con Rotting Christ de finales dos 90 non estaría desencamiñado -non sei qué teñen por ese país, pero teñen un estilo bastante reconocible e propio-.
O malo é que hai melodías e punteos que a mín non me convencen, e, a pesar de que a apertura de miras o vexo coma algo positivo, Deviser resultan bastante sosos por tramos... por suposto do que se trata é do de sempre e máis difícil de tratar: composición.
Influencias interesantes, recreación mellorable. 6/10


Eldritch - Gaia's Legacy (2011)
Prog-Power Metal
Myspace
Os veteranos italianos lanzan o seu octavo disco nunha onda moi similar ó que levan facendo toda a vida: Power Metal con influencias do Power-Thrash americano e un toque de Progresivo que se deixa ver, non por estructuras excesivamente complicadas, pero por certos riffs e teclados.
Había moito que non me atopaba con algo deles, a pesar de que os coñezo desde hai máis dunha década con "El Niño", un disco bastante decente, coas súas flaquezas, pero que se facía ameno.
Con Gaia's Legacy, non noto unha excesiva diferencia con aqueles discos seus de finales dos 90 e principios dos 2000 na parte musical, tendo máis ou menos o mesmo feeling de composición sólida ainda que pouco orixinal, con algún altibaixo segundo o tema. Tal vez neste álbum o que poida chamar máis a atención sexa a parte temática e letrística, e non para ben; todo o álbum está dedicado a advertirnos sobre o calentamiento global, a escaseza da auga, que hai que coidar o planeta, e que blabla..., pero dunha forma tan pouco sutil e tan ñoña, que parece un panfleto ecoloxista escrito por un neno de 7 anos. E cando digo "todo o disco", digo "TODO". Seguro que estades pensando "vaia exagerao este tío"... vós o quixestes, non atopei as letras por ahí, pero máis ou menos me entendo co que dicen. Esto é un extracto da letra de "Thirst in our hands":
"... sometimes we let the water run
for hours and hours to keep our bodies clean
with the water waste we'd brush our teeth..."
Ainda que as intencións que poida ter Gaia's Legacy sexan as mellores, realmente con letras tan... insulsas, Eldritch non poden pretender cautivar ó oínte. Nun grupo de tanta traxectoria xa, esperabame algo máis de esmero...
Mentres que non lle fixen caso ó que cantaban non me pareceu un mal álbum, pero na segunda e terceira escoita e valorandoo todo, de vez en cando ata se me escapaba algunha risa...
Save the world, save the children. 5/10


Royal Hunt - Show Me How To Live (2011)
Melodic Prog-Power Metal
Myspace
Os anos de maior gloria destes daneses déronse sen duda durante os 90 con discos coma Paradox, un dos que máis alabanzas recibeu por parte dos fans. O seu creador, o teclista André Andersen resultou ser co paso do tempo o único membro fixo da banda, e tantos cambios de instrumentistas non creo que fora positivo para Royal Hunt, que, a pesar de ter bastantes traballos e moitos deles dunha calidade que sobrepasaba a media do que foi o Power nas últimas dúas décadas, quedouse nun plano totalmente secundario. Supoño que a falta de concertos e xiras tampouco xogou a favor da súa popularidade.
Con Show Me How To Live, a banda recupera a un dos seus antigos vocalistas logo de 13 anos, DC Cooper, un cantante americano con experiencia e gran voz, que precisamente cantou por última vez con Royal Hunt en Paradox.
En canto ó apartado musical, o que temos é Royal Hunt coma eu sempre o recordei: mezclando Rock Progresivo con Power Metal e con moito teclado que se queda a medio camiño entre neoclásico, épico e "proggy"; boa composición, ainda que teñan algunhas partes un pouco "melosas" que nin fu nin fa, e que tampouco sexan uns grandes innovadores; gran sonido, e un cantante que cumple de sobras. Bon lanzamento.
Equilibrando sobre a línea, pero sen caer. 7/10


Dreamtale - Epsilon (2011)
Power Metal
Myspace
Dreamtale é unha banda finlandesa que naceu con todo aquel boom happy-flower-power a finales dos 90, e que tivo o honor de contar nas súas filas con varios nombres do Metal nórdico coma Jarkko Ahola (Terasbetoni), Rolf Pilve (Solution.45) ou Esa Orjatsalo (Amaran).
Fiel ós seus principios, parece que Dreamtale non cambiou un ápice desde os seus comenzos, ofrecendo un Power Metal con moito aire happy e sinfónico. Acórdome que moitas daquelas bandas colleran como referente a unhas poucas que imitaban ata a saciedade, e con Dreamtale pasa algo parecido, tendo éstes como referentes esenciales a Stratovarius e Helloween. Dito esto penso que xa se dice todo, porque Epsilon é unha recopilación de melodías, riffs, estribillos e líneas vocales que xa se saturaron per se no 2003, se non antes.
Realmente non hai moito máis que añadir, se vos gusta a happypowerexploitation, disfrutaredes coma enanos con Dreamtale. Se credes, coma mín, que seguir con este xénero que foi extra-explotado hai anos pouco pode aportar, alonxádevos xa!
O que é máis curioso é que polo que estiven mirando por ahí, Dreamtale realmente gustan entre os seguidores do Power... home non o fan mal, pero eu canseime de oír referencias ós de Timo Tolkki e ós de Weikath, que xa os teño suficientemente oídos (se case se podería acusar de plaxio de "Future World" ó estribillo de "Each Time I Die"...).
Pasados. Pesados. 3/10

domingo, enero 29, 2012

Enlil piratea a Enuma Elis

Vaia cómo se están poñendo as cousas logo do cerre de Megaupload. Todos os servidores están coas orellas agachadas e mexando por sí para que ningún FBI lles meta mao. Algúns xa cerraron e outros están cambiando normativas profundamente, pero o que non esperaba era o mensaxe que me chegou desde Mediafire, un servidor co que estaba a gusto a pesar de que levaba tendo problemas para subir cousas desde hai tempo. Alomenos as que tiña subidas de antes mantíñanse sin problemas de caducidade nin nada semellante.
Pois resulta que me chegou este mail á miña cuenta:

The file "Enuma Elis - (2006) Obscura Epica.rar" has been suspended

MediaFire User: MediaFire has received a notification per the Digital Millennium Copyright Act (“DMCA”) that the following file is claimed to be infringing material. The file Enuma Elis - (2006) Obscura Epica.rar identified by the key (egxi2mzm4gh) As a result of this notice and pursuant to Section 512(c)(1)(C) of the DMCA, we have suspended access to the file.

The reason for suspension was:

Copyrighted media relating to 'Epica'

Information about the party that filed the report:

Company Name: Muso
Contact Address:
Contact Name: legal@muso.com
Contact Phone:
Contact Email: legal@muso.com

Copyright infringement also violates MediaFire’s Terms of Service and our Acceptable Use Policy. MediaFire accounts that experience multiple claims, without viable counter-claim, may be terminated.

If you feel this suspension was in error please submit a counter-claim by following the process below.

Step 1, Click on the following link to open the counter-claim webpage.

http://www.mediafire.com/myaccount/suspension_claim.php?u=1cfbeb74abf2d04132f012514ce955f5b6b521b8123171aa

Step 2, Use this PIN on the counter-claim webpage to begin the process:

7e54

Step 3, Fill in the fields on the counter-claim form with as much detail as possible.

This is a post-only mailing. Replies to this message are not monitored or answered.

Ou sexa que eu me estou pirateando a mín mesmo? se nin sequera metín a música en copyleft nin está rexistrada en ningún lado!
E eso de que a infracción de copyright ven da palabra "Epica", vai resultar que lle vou ter que pedir permiso a quen a inventou, omevaitetirarórío!
Xa lles mandei un mail de réplica hai como 10 días e non houbo nin resposta nin me repuxeron o enlace... vai ser que esto está chegando un pouco lonxe, ou non?

jueves, enero 26, 2012

Críticas a Críticos: Enslaved - Axioma Ethica Odini por Ponderer

E aquí vamos con outro post para a colección de "críticas dudosas". Desta vez toca unha do último de Enslaved sacada do portal estoniano Metalstorm. Non puiden nada máis que pensar "con un par!!" cando vín unha crítica a Enslaved extremadamente negativa, e de primeiras, ainda que me gustara o disco, penso que se a crítica se fai dunha maneira constructiva, pode ter a súa chicha sendo interesante de ler, e, sabendo que neste mundo da arte ninguén ten a palabra absoluta, penso que calquera criticismo ben argumentado é válido, ainda que, coma neste caso o tema a tratar sexa un sobradamente enaltecido pola gran maioría de público ó que vai dirixido.
O malo é cando os argumentos distan de ser fiables e sólidos, facendo que toda a posible crítica se vaia ó garete pola falta de información, e por unha sobradez que deriva na simple falta de mínimo criterio. Vexamos:

Fuente: Metalstorm

Enslaved - Axioma Ethica Odini; Rating:
2.9/10

Here we are again. I say that because Enslaved are beating the proverbial "Nordic Black Metal" horse to death. It seems like this is becoming a standard out of the Northern European Black Metal scene these days. Scary makeup, growling vocals, droning guitars, and a complete lack of direction other than to throw in some "evil" lyrics. Like anyone will ever go as far as Mercyful Fate did in the 80's lyrically? Doubtful, and I haven't seen anyone do it yet.

Paramos; a ver... "Scary makeup, growling vocals, droning guitars, and a complete lack of direction other than to throw in some "evil" lyrics." ??? Como todos sabemos, Enslaved non levan nin maquillaje "blackero", nin teñen letras "malvadas", nin creo que teñan unha falta de dirección musical. Eso, na parte máis obxectiva e irrefutable. Logo... o do standard de Black Metal nórdico... obviamente este tipo non ten nin pajolera idea. O norte de Europa non creo que peque de quedarse estancado nos estándares noventeros, de feito últimamente estanse a mover moitos grupos co Black'n Roll, rollos máis progresivos ou máis "Death", etc... e non creo que Enslaved pertenezcan nin moito menos a eses "standard Black" nos que os incluye o señor Ponderer... non credes?

The only redeeming quality of this band is that the guitars have distortion, other than that it sounds like the rest of an already clichéd mess of metal coming out of northern Europe. It's basically a carbon copy of Immortal or Gorgoroth + (insert any band using the same gimmicks and sound from that region). The guitars drone away with the same simplistic rhythms using a grand total of 3 or 4 bar chords maximum for pretty much the length of any given track. Exhausting? More like headache inducing. The drums are nothing out of the ordinary providing a monotonous driving beat with little or no change, which when compounded with the lack of time changes or anything really interesting at all from the guitars, leaves the listener wondering, where's the beef? Where are the balls this music is supposed to retain which all the fanboys blather about?

"The only redeeming quality of this band is that the guitars have distortion".... qué fuertequefuertequefuerte XD e está claro, non? Immortal + Gorgoroth + calquera outro = Enslaved do Axioma Ethica Odini. Clarísimo! En canto ó que comenta da repetición de 3 ou 4 acordes máximo, baterías monótonas, ausencia de cambios de ritmo... esto raya entre o subxectivo e obxectivo... eu simplemente comentarei que aposto a que na súa vida oeu máis de 10 discos de Black Metal (que sería unha definición un pouco inexacta para o que eu concibo en Enslaved), e que por supuesto non lle gusta... cuestións ambas que me fan preguntar...
...poqué este home se puxo a tirar por terra un disco dun estilo que non escoita nin lle gusta?


Heavy? This couldn't be further from heavy. There's little or no chunk and grind which you'll find in bands like Nevermore or Exhumed. Heavy means driving, deep, rhythmic bass, and double bass drum blast beats with chunky, low, 7 and 8 string guitars. Heavy is music that has bite and gets right up in your face. Enslaved seem to be more about long, drawn out almost symphonic rhythms that never really go anywhere. Where are the time changes? Where are the melodic, blistering solos? Also, what's with all the growling and screaming all the time? Is everyone in Norway really so pissed off that there isn't any time to thoughtfully plan a cd and put some effort into the music?

Esa última frase é para enmarcar, que non? XDDD... e seguimos co show... penso que pouco máis queda por decir, o home expláyase en prácticamente insultar a Enslaved e a todo o movemento de Black nórdico...
Unha cousa que chama a atención é que non menciona case que a música do disco en sí. O que fai é lanzar verbas en contra do grupo, co cal dudo que acabase de escoitar o álbum antes de empezar a escribir, e o pouco que oiría sería pasando a "seguinte" ó chegar o minuto 4 vendo que lle quedaba o doble para acabar as cancións... pobriño.. se no fondo vese que sufreu poñendo Enslaved XDDD

When did people give up singing for growling, screaming, and grunting as if the vocalist is suffering from a bout of violent diarrhea throughout the entire cd? I like a good growl here and there like Opeth, but after an entire cd of it I want to take an ibuprofen. Enslaved made an attempt at mixing clean vocals with a growl on this cd, but it fell flat like the rest of their music.
The only thing I can fathom about the complete blind-devotion of the fans is that they don't know any better or haven't heard anything better. Enslaved left this listener wanting a hell of a lot more musically and lot less of the exact same tired, angry Nordic "scene," cd after cd. Giving this offering anything over a 3 is being generous.
This cd was a monotonous journey into boredom which would eventually spawn a headache. I actually enjoy bands like Amon Amarth, Ensiferum, and Wintersun because they all offer something musically. Their music actually goes somewhere, and some of the musicianship in these bands is god-like. Enslaved just aren't the caliber of musicians their fans make them out to be. You'll find so much more in bands like Symphony X, Fates Warning, Nevermore, Opeth, Death, Slayer, etc...
I don't hate Enslaved, I just think their music is severely lacking on just about every front. At least it's not Lady Gaga and the guitars are distorted

Performance: 3
Songwriting: 3
Originality: 2
Production: 2

Pois con un par!! XDDD a mín fíxome bastante gracia esta crítica, pero penso que a maioría de lectores de Metalstorm se lle botaron encima dunha maneira bestial XD
Moloume ese detalle final de poñer os grupos que se vé que máis lle gustan -e que pouco teñen que ver co disco revisado- como decindo: "escoitade esto que é o bon e deixade toda esa mangantada de grupos nordicos que berrean e (me) dan dolor de cabeza" XD

En fin... outra "contrareview" de mans de "EE dpto. de investigación".

jueves, enero 19, 2012

Jim Carrey, o jevimetalero

Despois de Harrison Ford, Tom Cruise, e Miss USA, chega ahora.... Jim Carrey, o jevimetalero!

Parece que o humorista está preparando a nova peli, que, non, non será sobre a vida de Varg Vikernes.... -alomenos non desta vez XD- senón que fará de mago... eso sí, un mago con pintas bastante jevirulas XD

Era sabido que a Jim Carrey lle fan tilín os grupos extremos, de feito xa colaborara en Ace Ventura con Cannibal Corpse, grupo do que se proclamaba fan... así que a ver se fan algunha colaboración máis no futuro :D

Buenísimo cando se sube ó escenario XD

miércoles, enero 18, 2012

Os Grandes Grandes Grandes nomes do core II

Cada cual mellor có anterior, e non o digo sólo polos nomes, senón polas pintiñas...

Raise These Sails
Levanta estas velas
Ése deulle tanto ó peine pó lado que ata se agarrotou o pescozo.


The Handshake Affair
A aventura amorosa de chocar as mans (??? XD)
É un fastidio ter o pelo rizo cando se fai emo ou core, a que sí?


Daniel & Ghosts
Daniel e fantasmas
Indispensable levar camisetas con eslóganes ben grandes para entrar no grupo. De feito, o da esquerda xa está revirado para que en calquera momento lle dén a patada no cú.


Vampires Everywhere!
Vampiros en todos lados!
Ben Stiller-Emo, por que yo lo valgo.


Paris Hilton Chainsaw Party
A festa da motoserra de Paris Hilton (?)
Hombre! desde pequeno non vía eu os chandales que me compraba miña nai! Habería que preguntarlles ónde se fixeron con eles!

domingo, enero 15, 2012

Udo, de actor


Parece ser que o cantante alemán participará de actor nunha próxima peli rusa que se rodará a finales de ano!
Será curioso velo actuando, coa cara difícil que ten eu veríao perfectamente no papel de Bilbo Bolsón XD
O que está claro é que a peli será sin duda, un corto.
Siii xa paro XD

Fuente

viernes, enero 13, 2012

Os Grandes Grandes Grandes videos metaleros: Virgin Steele - Perfect Mansions

Cun requiebro inaudito se me adiantaron os Virgin Steele a todo o resto de propostas que manexaba para esta sección, pero cando vexades o seguinte vídeo entenderedes o porqué.
Desde The House of Atreus ando moi perdido con esta banda -e deso hai xa máis de 10 anos!-, que básicamente deixeina un pouco de lado. O que non puiden deixar de lado foi darlle un vistazo ó novo videoclip, que a través dun fotograma, deixaba ver unha calidade máis ca dudosa... digna dunha peli de serie B, algo asombroso para un grupo que ten unha historia de case 30 anos e certa reputación...
Virgin Steele... 2012... Perfect Mansions... unha praia, un camposo e unha salita... grande!


Ben, imos empezar con que ésta é unha canción do seu "Age of Consent" que foi re-editado hai pouco. Curioso que faigan un video promocional dunha reedición e non do seu último disco... pero algo me dá que aquel non funcionou coma eles quixeran...
...así que o punto primeiro é: ¿cómo chegamos a que unha banda como Virgin Steele saque un video casero grabado por algún colega/familiar deles? Tal mal nos afectou a crisis? qué é o próximo? máscaras de tienda de chinos para Slipknot e ristra de petardos para o próximo concerto de Kiss?
Como sexa... hai bandas que están empezando que teñen videos promocionales caseros un pouco máis currados ca éste... XD

Momento épico 1: os "parajes épicos"
Quizáis se fora unha banda "rookie" podería pasar por alto esta "obra de arte" cinematográfica, pero sendo quenes son, é para quedarse atónito cos irregulares movementos de camara en man e as localizacións escollidas para o video, ademáis rodado todo en pleno día, o que lle dá ainda máis sensación de cutreza:
- unha sala de estar que intentan facer ver que se encontra dentro dun castillo...
- unha praia na que sólo se encontran DeFeis e o guitarrista (sería certamente gracioso se puxeran unha batería na area ou entre as pedras XD)
- un bosque, típico de bandas de Power-fantasía-medievo.

...no que a veces sólo están DeFeis e o guitarrista... se se nota quenes son os jefes...

Momento épico 2: o arsenal de gestos de DeFeis

Entre o que destacamos o "tenista frustrado"... de volea, saque, revés, volea de drive,... tantoooo!!


... e o "donde está la mosca, aquí o aquí"

...entre os pañun pañun e pasadas de modelo por detrás do guitarra XD

Ollo á vestimenta.. e ese é Al Bundy?

Momento épico 3: a espada

Non me esperaba eu ver a un grupo que rondará os 50 anos "xogando" con espadas e mostrando qué duros son mostrando unha envolta en llamas XD


Momento épico 4: windows movie maker
, cos seus efectos en momentos aleatorios e coas típicas cortinillas cutres



Momento épico 5: a baixada da colina
rememorando a Gunan.
Este momento en verdad se merecía unha mención aparte.

Virgin Steele non teñen unha vergüenza, eso quedoume claro XD