jueves, abril 28, 2011

Alice Cooper prepara o primeiro concerto holográfico da historia


Para celebrar el lanzamiento de su caja recopilatoria “Old school: 1964-1974”, Alice Cooper, en colaboración con Jägermeister, ha organizado el que será el primer concierto holográfico en 4D de la historia.

El concierto tendrá lugar el 11 de mayo en Estados Unidos y se podrá ver directo en forma de holograma en la central eléctrica de Battersea de Londres (la que aparece en la portada de “Animals” de Pink Floyd). Para este concierto tan especial Cooper ha convocado a los miembros originales de la banda: Michael Bruce, Dennis Dunaway y Neal Smith, por lo que también será la primera reunión de esta formación desde 1972.

Éstas son las palabras de Alice Cooper sobre la idea: “No nos hemos podido resistir a esto. Trabajar con Jägermeister para aparecer como hologramas al otro lado del Atlántico es una experiencia única, un truco de magia vanguardista que celebra el futuro y nuestra propia historia. No podemos esperar a ver los resultados”.

La caja “Old school: 1964-1974” se presenta con rarezas, anuncios publicitarios, una grabación pirata de 1971 y un CD de “Spoken Word”, todo ello reunido en cuatro CDs, un DVD, un vinilo de 12″ y un single.

Fuente

Ante esta noticia, sólo se me pasan 2 cousas pola cabeza:

1 - Por qué *%&$# triunfou tanto nestes últimos anos o Jägermeister (ou como lle chamou un día unha amiga miña -verídico- "Jande Morgen"??? Beber eso é coma decir "dame veneno que quiero morir", sobre todo ó día seguinte -as veces que bebín 1 estaba con dolor de estómago poucas horas despois, e hai máis xente que tamén lle pasou (e non, non falo de 5, falo de 1 ou como moito 2)-. Realmente teñen un gran poder de marketing os jefes dese licor, que un día foi vendido coma xarabe contra a tos e o dolor de estómago... sisi, debe ser porque o botas todo si bebes o suficiente...

2 - Cómo se nota que a falta de facer boa música hai que suplila con "fuegos artificiales" bonitos. Esto recórdame ás pelis fantásticas hollywoodienses, hailles que insertar un montón de efectos especiales e metela polos ollos ata a saciedad, coma en "Furia de Titanes", para suplir que o guión está cheo de lagunas e para que a xente as vaia ver...

De todos xeitos a noticia non é certa, en Xapón xa se fixeron os primeiros concertos con hologramas hai tempo:



martes, abril 26, 2011

2010 Music results

Xa pasou un tempo desde que acabou o 2010, pero decidinme por esperar, oír e reoír discos para sacarme un top25. O certo é que tiña un montón deles por oír deste ano pasado, e ainda rematei de pegarlles unha escoita a uns que non chequeara ata fai relativamente pouco!
Penso que perfectamente cheguei a uns 500 álbumes de prácticamente todos os estilos dentro do Metal,todo un récord personal XD
E nada, ahí deixo os meus preferidos do 2010 e máis abaixo unhas pequenas recopilacións divididas por estilos para quen lle interese.
Empezamos deeeel 25 al 1:

25 - Dimmu Borgir - Abrahadabra
Dark-orchestral Metal
Esperábame algo moito peor despois do fiasco de disco que fora "In Sorte Diaboli". A pesar das súas flaquezas, Abrahadabra é un disco que contén grandes cancións e unha orquestación coidadísima. A principal excusa que encontran os opositores ós novos Dimmu é que non son unha banda de Black Metal.. ¿e desde cándo eso é unha excusa para decir que "fixeron un mal álbum"?

24 - Crystalic - Persistence
Melodeath

Supoño que éste será un álbum que pase totalmente desapercibido para o público. Parece que a banda finlandesa se encontraba sen compañía discográfica ata fai pouco e teñen a libre disposición o seu debut Persistence na súa páxina web. De todos xeitos, éste é un álbum de bon Melodic Death Metal tal e como eu o concibo, cun toque moi "Death" (banda) e pegadizo, Crystalic conseguiron facer un álbum distinto dentro da "masa de grupos melodeath" que sonan iguales, igual por eso lles foi difícil encontrar alguén que os promocionara...

23 - Negura Bunget - Vîrstele Pămîntului
Progressive Folk - Atmospheric Black Metal

A pesar de que non me parece o mellor disco que sacaran, Vîrstele Pămîntului é unha gran obra de folk-black oscuro e ambiental. Un disco complexo que hai que ver coma un todo e que consigue crear unha atmósfera única.

22 - Dråpsnatt - Hymner Till Undergången
Folk-Atmospheric Black Metal

Grupo sueco que practica unha mezcla de pasaxes atmosféricos, guitarras acústicas, pianos ocultos, gritos agónicos e black metal melancólico cun toque "malvado". En certas cousas recordoume a Agalloch.

21 - Sigh - Scenes From Hell
Avantgarde Black Metal

Un álbum curiosísimo dunha banda curiosísima provinte de Xapón. Sigh ondean a bandeira da libertade musical extrema. A través de influencias do máis heteroxéneo, Sigh son coma un sorprendente waltz de black sinfónico e caótico.

20 - Panychida - Moon Forest Blinding Snow
Folk Black-Death Metal

Fans de Suidakra, éste é un disco a ter en conta. O estilo de Panychida está entre o Black e o Death máis melódico e épico pasado polo filtro folk, onde de vez en cando utilizan intrumentos coma a gaita ou guitarras acústicas.

19 - Mar de Grises - Streams Inwards
Melodic Doom-Death

Nunca diría que polo sonido de Mar de Grises, éstes foran un grupo chileno, non por Chile, senón porque sona totalmente a grupo finlandés de Death-Doom na onda de Swallow the Sun, Before The Dawn, etc. Un álbum que contén unha atmósfera moi melancólica e densa, envolvente e hipnótica.

18 - Finntroll - Nifelvind
Folk-Black Metal

Superando un frouxo anterior disco, Finntroll sácanse da manga un moito máis escuro e variado álbum que mezcla á perfección desde momentos "humppa" alegrillos ata brillantes blastbeats máis propios do black. Nifelvind é un paso cara adiante en canto a libertade musical e a desligarse da autocomplacencia e de calquera seguidor de modas.

17 - Overkill - Ironbound
Thrash Metal

Overkill seguen en plena forma no século XXI e Ironbound probablemente sexa un dos mellores traballos en toda a súa historia. Cancións repletas de moitos e grandes riffs, gran producción -tal vez unha das mellores que tiveron- e variación fan que Ironbound sexa o mellor disco de Thrash do 2010 sen dúbida.

16 - Aorlhac - La Cite Des Vents
Black Metal

O Black Metal francés está en auge, e Aorlhac son un deses novos grupos que surxiron recentemente no país facendo ese estilo cos toques atmosféricos e melancólicos tan propios das recentes bandas francesas. Black Metal con grandes, crudas, escuras e fermosas melodías ó mesmo tempo.

15 - Graveyard Dirt - For Grace or Damnation
Doom Metal

Reformados neste pasado 2010 despois de empezar en 1994!, os irlandeses debutan cun disco de crudo, desesperado e oscuro Doom coma non oíra desde facía tempo. Un disco que che deixará o corpo helado e o corazón desasosegado.

14 - Bifröst - Heidenmetal
Folk Black Metal

Heidenmetal, dos austríacos Bifröst, non destaca pola súa complexidade nin un traballo minucioso detrás de cada canción, nin sequera por ter unha gran producción, pero tén un gancho tremendo. Simple, pegadizo, e directo, a mín encantoume desde a primeira escoita.

13 - Aeternam - Disciples of the Unseen
Death Metal

Un primeiro álbum demoledor o destes canadienses, que combinan o Death Metal máis brutal, épico e ritual de Behemoth con partes máis Heavies e grandes estribillos que se graban a fuego. Esperemos que sigan na línea, este grupo pode dar moito de sí (o álbum ponse en algún lado coma do 2009, pero onde o atopara decía que 2010).

12 - Enslaved - Axioma Ethica Odini
Avantgarde Black Metal

Gran disco que se marcan os noruegos. Denso, épico, post-metal, progresivo... non sabería moi ben cómo definilo pero Enslaved consigue crear un sonido moi propio repleto de grandes momentos nos que combinan forza con atmósfera cun toque personal.

11 - Star One - Victims of the Modern Age
Progressive Metal

Arjen Lucassen firmou con éste de Star One un disco á altura dos mellores que fixo con Ayreon. Unha delicia de entretenido e pegadizo Metal Progresivo cheo de boas cancións. Non me esperaba algo tan bon, a decir verdade.

10 - Agrypnie - 16[485]
Progressive Black Metal

Máis dunha vez me pasou nos últimos anos que vexo aparecer da nada grupos repletos de calidade que lles dán unha patada no cú a todos os "míticos" ou "grandes" en canto a calidade e creatividade (Damned Spirit's Dance, Dalriada, Diablo Swing Orchestra, Tyr, Obscura...). Non sei de ónde saliron Agrypnie, pero este disco de extraño título é unha brillante obra de Black Metal progresivo, introspectivo e complexo. Un disco difícil de definir, pero que desborda calidade.

09 - Terra Impressionum - Transmitting Device
Progressive-Avantgarde Metal

Segundo álbum destes ucranianos que poderíamos considerar no mesmo estilo que The Meads of Asphodel ainda que menos hmm psicodélicos ou experimentales, e máis serios. Un disco entretenidísimo que pasa por case que calquera estilo posible dentro da música, desde o extremo ata o melódico.

08 - The Eternal Suffering - Miasma
Black Metal

Un gran disco de black-death metal "nórdico" vido de Grecia. Cunha boa producción, cancións moi elaboradas e riffs que se che quedan na cabeza á vez que resultan cañerísimos. Un grupo moi a ter en conta para o futuro.

07 - Solefald - Norrøn Livskunst
Avantgarde Metal

Un álbum extraño, complexo e orixinal. Un disco do que non te podes esperar nada e que che rompe os esquemas totalmente. Un paso máis aló dentro da música extrema, feito por un grupo con personalidade propia coma Solefald. Un álbum para disfrutar ampliamente, o mellor que sacaron desde "In Harmonia Universali" para un servidor.

06 - Jaldaboath -The Rise of the Heraldic Beasts

Medieval-Folk Comedy Metal
Pode non ser mellor executado, mellor producido nin máis pulido que a maioría desta lista ou calquera outra sobre os mellores discos do 2010, pero cando elaborei a miña, dinme de conta de que era un dos álbumes que máis oín en todo o ano -e no fondo, eso tamén conta, non?-, tanto que pode que ata o cansara un pouco, pero ainda o puxen outra vez mentres escribía esto e volvinme a rir e a mover as pernas. Moi orixinal e divertido.

05 - The Meads of Asphodel - The Murder of Jesus The Jew
Progressive-Avantgarde Metal
Excentricidade e experimentación no seu máximo nivel, desde black metal ata prog setentero pasando por punk, BSOs... todo feito con sobrada calidade e sen ningún complexo. Un disco para abertos de miras musicalmente.

04 - Aiumeen Basoa - Iraganeko Bide Malkartsutik
Pagan-Folk Metal

O que se sacaron da manga estes vascos logo daquel Triarchy of Vasconia fai 10 anos! Éste é probablemente o mellor disco de Folk Metal feito nunca en España, así de claro. E sería inxusto que Iraganeko Bide Malkartsutik non tivese unha repercusión máis ca merecida no extranxeiro.

03 - Auvernia - Afraid Of Me
Progressive Metal

Impresionante álbum de Metal Progresivo, creo que non exagero se digo que é do mellor que oín nunca, estando ó lado de grandes coma o "Images and Words" de DT, o "Tyranny" ou "Room V" de Shadow Gallery, "The Universal Migrator" de Ayreon, "In Search of Truth" de Evergrey, "Light of Day, Day of Darkness" de Green Carnation e máis. Un discazo de Prog-Power con toques de diferentes estilos.

02 - Ghost - Opus Eponymous
Heavy-Doom

Qué debut! con todo o feelin' setentero do Dark-Heavy-Doom dos primeiros Mercyful Fate, Ghost sacaron un álbum corto en duración pero largo en satisfacción. Riffs monumentales e estructuras curiosas. Indispensable.

01 - Morowe - Piekło.Labirynty.Diabły
Post-Black

Haiche cousas que se comían sen fame, e haiche decisións que non se deberían de tomar, porque calquera dos 3 primeiros desta lista poderían ser nº1. A mín gustoume especialmente Morowe este ano, foi como un enamoramiento a primeira vista. Ese Post-Black frío e crudo, con xogos impresionantes a dúas guitarras... arf qué buenos!

Sorpresas 2010: os álbumes/EPs debut que merecen unha escoita
Jaldaboath - The Rise of the Heraldic Beasts (Folk Medieval Comedy Metal)
Thulcandra - Fallen Angels Dominion (Black-Death)
Morowe - Piekło.Labirynty.Diabły (Post Black Metal)
Aorlhac - La Cite Des Vents (Black Metal)
Aldaaron - Nous Reviendrons Immortels (Black Metal)
Crystalic - Persistence (Melodeath)

Ghost - Opus Eponymous (Heavy-Rock-Doom)
Stribog - U Okovima Vjecnost (Pagan Black)
Haken - Aquarius (Progressive Metal)
Istapp - Blekinge (Melodic Black)
Barren Earth - Curse of the Red River (Doom Death)
KerecsenSolyom - Aquileia Ostroma (Symphonic Folk)
Distorted Wonderland - Distorted Wonderland (Hard Rock)
Graveyard Dirt - For Grace Or Damnation (Doom)
Hymir - Nyctophobia (Symphonic Black)
Burn My Shadows - Havoc (Death-Black)
Aeternam - Disciples of the Unseen (Death)

Decepcións 2010: qué máis se pode añadir...
Kathaarsys - Intuition
Eluveitie - Everything Remains (As It Never Was)
Astral Doors - Requiem of Time
Annihilator - Annihilator
Gamma Ray - To The Metal
Indica - A Way Away
Limbonic Art - Phantasmagoria
Kamelot - Poetry for the poisoned
Skiltron - The Highland Way
Sarah Jezebel Deva - A Sign of Sublime
Virgin Steele - The Black Light Bacchanalia
3 Inches of Blood - Here waits thy doom
Destinity - XI Reasons To See
A éstes podería añadir os de Iron Maiden e Scorpions, pero cando un grupo encadena tantos discos malos consecutivos... considérase decepción?

Os best of do 2010
Por se vos perdestes algo do pasado ano, aquí van unhas cuantas cancións divididas por estilos que eu considero que pertencen a bos álbumes na maior parte dos casos. Digo na maior parte, porque polo medio sí que pode haber algunha que esteña nun álbum regulero pero que a mín me gustara, pero son as menos. Adxunto un archivo de audio por se lles queredes dar unha escoita; sempre se pode descubrir algún grupo novo interesante :P

2010 Black-Melodic Black I
2010 Black-Melodic Black II
Agrypnie - Schlaf
Aldaaron - Seigneur de l'hiver
Algaion - We Are The Enemy
Aorlhac - Sant Flor La Cite Des Vents
Appalachian Winter - Northern Blood
Astriaal - Visceral Incarnate
Azahel's Fortress - Days Of Tyrants
Bane - Inherited Infection
Carach Angren - The Sighting Is a Portent of Doom
Darkenhold - Marble Bestiary
Drapsnatt - Mannen I Min Spegel
Fortid - Equilibrium Reclaimed
Frostbitten Kingdom - 732
God Dethroned - Storm of Steel
Horned Almighty - Blessing the World in Pestilence
Hymir - And Sorrow Turned In Death Part II
Impaled Nazarene - Corpses
Istapp - I Väntan På Den Absoluta Nollpunkten
Keep of Kalessin - The Awakening
Khors - Lost Threads
Lugubre - Via Negativa
Ov Hell - Invoker?
Ragnarok - Collectors of the King
Sargeist - Empire of Suffering
Semargl - Credo Possess
Setherial - Enemy Of Creation
Skin Infection - Inside
Slechtvalk - Vengeance Of A Scorned King
Spazmosity - Iron Coffin
The Eternal Suffering - Nocturnal Delight
The Evil Amidst - Decreator
Thulcandra - Spirit Of The Night
Watain - Malfeitor
Winterfylleth - A Valley Thick With Oaks

2010 Dark Metal-Gothic-Industrial
2 Times Terror - Ikävässä Paikassa
Aperion - Black Files
Crematory - Infinity
Darkseed - Roads
Dimmu Borgir - Dimmu Borgir
Eisregen - Auf Ewig Ostfront
Evig Natt - Sjelelaus
Fallen Sentinel - Innocence
Fear Factory - Christploitation
Karmic Link - Still
Neverborn - After The Thunder
Nightfall - The Criterion
Randomwalk - Promises
Raubiter - Lebensgefahr
Rotting Christ - Noctis Era
Shadowgarden - Shadowplay
Soulgrind - The Call of the Dancing Waters
The Vision Bleak - The Outsider
Therion - Hellequin
Tristania - Patriot Games
Triumph Des Willens - Time Machine
Xardas - Falling

2010 Death Metal-Melodeath I
2010 Death Metal-Melodeath II
Aeternam - Angel Horned
Allegaeon - Accelerated Evolution
Baptized In Blood - Game On
Burden Of Grief - Born In Fire
Burn My Shadows - Splitted Heaven
Crystalic - Wall of Sanity
Cypecore - The Balance
Dark Tranquillity - Shadow In Our Blood
Darkness Ablaze -The Chains Of Life
Deathsaint - Ваукалак Чародзей
Demiurg - Life Is A Coma
Devilish Distance - Stand
Echovirus - New Gods
Evocation - Parasites
Gloria Morti - Obey
Hate - Erebos
Impvreza - El Gitano Maldito
Kalmah - Rust Never Sleeps
Lost Dreams - Never Ending War
Made Of Hate - Friend
Massive Slavery - The Denial Of Man's Regression
Nominon - Wrath Of Shiva
Retaliation - Hope Of Zion
Solution 45 - For Aeons Past
The Absence - Enemy Unbound
The Wretched End - Of Men And Wolves
Torture Division - Traumatic Inhuman Severance
Trauma - War Machine
Unleashed - Dead To Me
Victimizer - A Psalm To The Fallen

2010 Doom Metal-DoomDeath-DoomBlack I
2010 Doom Metal-DoomDeath-DoomBlack II
Abyssphere - Эпизод
Agalloch - Into the Painted Grey
Alcest - Ecailles De Lune (Part II)
Barren Earth - The Ritual Of Dawn
Black Sun Aeon - Frozen
Cerben-Khal - Where All Faith Is Lost
Doomshine - Hark! The Absurd Angels Fall
Enthrope - Enemy Within
Ereb Altor - Balder's Fall (The End Part I)
Graveyard Dirt - Enslaved by Grief
Insaniae - Absolvicao
Les Discrets - Song for Mountains
Mar de Grises - The Bell and the Solar Gust
October Falls - A Collapse Of Faith Part I
October Tide - The Dividing Line
Procession - Destroyers Of The Faith
Thunderstorm - Shallow
Wheel - Eyes Of The Hydra
Ynarnie Slezy - Когда Растает Снег

2010 Hard'n Heavy
Azrael - Rock Star
Barbe-Q-Barbies - My Salvation
Crashdiet - Armageddon
Dawn Of Silence - Escape The Night
Distorted Wonderland - Losing It
Echovirus - Power Trippin'
Emerald - Where's Your God
Ghost - Stand By Him
Grand Magus - Hammer Of The North
Hardcore Superstar - Sadistic Girls
Jettblack - Two Hot Girls
Kiske-Somerville - Nothing Left To Say
Lordi - Babez For Breakfast
N.O.W. - Can't Make It (How Can I)
Paraside City - Good Enough For You
Pretty Maids - Pandemonium
Ratt - A Little Too Much
Taking Dawn - Take Me Away
Treat - Roar
Triosphere - Driven
Wig Wam - All You Wanted

2010 Heavy-Power-Thrash I
2010 Heavy-Power-Thrash II
Accept - Teutonic Terror
Avantasia - Scales Of Justice
Crystal Viper - Greed Is Blind
Dew-Scented - Have No Mercy On Us
Dofka - Humanity Bleak
Dragonsfire - My Mashed Insane Brain...
Dream Evil - On The Wind
Enemy of the Sun - Chasing the Dragon
Enforcer - Nightmares
Forbidden - Behind The Mask
Ghost Machinery - Blood From Stone
Grave Digger - Paid In Blood
Gravemachine - Heal me Not
Helloween - Long Live The King
Helstar - Monarch Of Bloodshed
Legen Beltza - Mutant From The Red Hill
Mokoma - Rautaa Rinnoista
Nevermore - The Termination Proclamation
Overkill - The Green And Black
Pertness - Foggy Dew
Sabhankra - Our Kingdom Shall Rise
Se, Josta Ei Puhuta - Ei Kevat Koskaan Koittanut
Sodom - Styptic Parasite
Swashbuckle - We Are The Storm
Tankard - Condemnation
Tarot - Rise !
Third Eye - Solitary Confinement
Witchery - From Dead To Worse

2010 Pagan-Folk I
2010 Pagan-Folk II
Adorned Brood - Death In Disguise
Aiumeen Basoa - Aintzinako Guduen Oroimenak
Alkonost - Хладный Огнь Ночи
Anabioz - Brotherhearts
Atrocity - Call of Yesteryear
Aurigon Hauta - Veden Loihtu
Butterfly Temple - Смерть (Death)
Fejd - Drängen o Kråkan
Furor Gallico - Venti Di Imbolc
Heidevolk - Alvermans Wraak
Ingrimm - Die Pest
Izmoroz - Из пучины водяной
Jaldaboath - Calling On All Heraldic Beasts
Kalevala - Больше Нечего Терять!
KerecsenSolyom - A Hosok Mulato Mezeje
Kivimetsan Druidi - Seawitch and the Sorcerer
Metsatöll - Vaid Vaprust
Mondvolland - De Witte Juffer Van Kernheim
Odroerir - Des Thors Hammer Heimholung
Orphaned Land - Codeword Uprising
Skyforger - The Last Battle
Stribog - Rusalka
Trelleborg - Gunbjorn (Birth Of Skerriz)
Vogelfrey - Heldentod

2010 Power-Progressive I
2010 Power-Progressive II
8-Point Rose - Endless Rage
Allen-Lande - The Showdown
Auvernia - Meeting
Blackstar Halo - Alice In Wonderland
Blind Guardian - Road Of No Release
Caravellus - Beyond The Skies
Catharsis - Семь Дорог
Dark Horizon - Battle Rages On
Dark Moor - Mio Cid
Divided Multitude - Something For Someone
Echoes - Despair
Firewind - Embrace The Sun
Freedom Call - Under The Spell Of The Moon
Haken - Streams
Julien Damotte - What You've Been Through
Labyrinth - Princess of the Night
Machinae Supremacy - Force Feedback
Masterplan - Fiddle of Time
Myrath - Tempests Of Sorrow
Pathfinder - The Demon Awakens
Raintime - I Want To Remember
Rhapsody - Reign Of Terror
Royal Jester - Born Again
Signum Regis - Purpleborn
Silverlane - Above The Others
Sinbreed - Newborn Tomorrow
Soul Enema - Crystal Territory
Star One - Earth That Was
Voices Of Destiny - All Eyes on Me
Wuthering Heights - The Field

2010 Prog-Black&Death-Avantgarde-Post Metal I
2010 Prog-Black&Death-Avantgarde-Post Metal II
An Infinite Dream Sequence - Eternal Insomnolence
Another Perfect Day - Until You Bleed
Atheist - Live And Live Again
Bergthron - 8403n 17451w (Asgard)
Daniel Lioneye - I Saw Myself
Drapsnatt - Mannen I Min Spegel
Ihsahn - The Barren Lands
In Lingua Mortua - Like The Ocean
In Mourning - The Smoke
In Vain - On The Banks Of Mississippi
Little Dead Bertha - Mistake
Ludicra - The Undercaste
Martriden - Human Error¿
Morowe - Tylko Pieklo, Labirynty i Diably
Sadist - The Attic and the World of Emotions
Sigh - The Red Funeral
Solefald - Tittentattenteksti
Stam1na - Maalla, Merellä, Ilmassa
Terra Impressionum - TRDE1011+498
Transcending Bizarre - The Beginning
Triptykon - A Thousand Lies
Whispered - Thousand Swords
Winterhorde - Hunting The Human

2010 Viking Melodeath-Pagan Black I
2010 Viking Melodeath-Pagan Black II
Arstioir Lifsins - Haka Kleifir Berja Ok Brjota Vio Enda Langrar Feroar Sinnar
Belenos - Baleerien An Are
Bifroest - Fest Der Trolle
Bran Barr - Celebration - Son of Nuadh Amhach
Claim The Throne - They Shall Live On
Diamond Eyed Princess - Svarn Lak Dral
Draugnim - Fear And Fey
Dyrathor - Und Ewig Rinnt Das Blut
EgoFall - .吹響號角
Equilibrium - Die Affeninsel
Finntroll - Under Bergets Rot
Frosttide - Victory Sign
Galar - Ingen Siger Vart Vunnin
Garleben - Seemannsgarn
Holy Blood - Shining Sun
Ilbeltz - Maiдel Moxkortiyarena
King Of Asgard - Einhaerjar
Melechesh - Sacred Geometry
Nebokraj - Bylina O Vseslave
Negura Bunget - Cara De Dincolo De Negura
Obscurity - Keltilwald
Panychida - Moon Forest Blinding Snow
Skalmold - Kvadning
Svartsot - Jagten
Varg - Viel Feind Viel Ehr
Voluspaa - En Hymne Til Vaare Udoedelige Forfedre
Wolfmare - Red-Wat Dream
Wulfgar - Nifelheim

lunes, abril 25, 2011

Microreviews Abril'11 III


Visions of Atlantis - Delta (2011)
Symphonic Power Metal
Myspace
Non me esperaba gran cousa destes austríacos que sacan agora o seu cuarto disco. Víraos na xira de Epica, e non me pareceron malos, parecéranme malísimos. Eran o típico grupo sen personalidade que se limitaban a ir na moda que instaurara Nightwish e pouco máis. Con este novo álbum parece que maduraron algo compositivamente e pasaron de Powermediocres a Sinfónico-decentes. Delta é un álbum con certa variedade, que non ofrece nada novo, pero alomenos pódese escoitar. Os peores momentos para un servidor corren cada vez que canta a rapaza (cántas veces cambiaron de cantante feminina?), polo demáis, boa producción e algún que outro destello de calidade. 6/10


Children Of Bodom - Relentless Reckless Forever (2011)
Power Metal-Melodeath
Myspace
Xa non sei porqué a veces me molesto en escoitar cousas que sei que me van a aburrir... igual é por se por algún casual hai algo que valga a pena ou me sorprende...
Non vai ser o caso do último dos finlandeses Children of Bodom. Fai xa tempo que non sacan nada decente, diría que desde o Hate Crew Deathroll, e continúan pola senda. RRF é un disco de 9 cancións mediocres, que xuntan un pouco daquí e dacolá de todos os anteriores discos de Children, pero nunha onda parecida ó seu anterior fiasco chamado Blooddrunk, é decir pseudocopias e riffs reciclados de sí mesmos cun aire de malotillo pouco inspirado que me fai pensar que a mellor definición para a súa música actualmente sexa "Death Metal para quinceañeras". Moi pouco que aproveitar e que oír aquí, sona a excusa para facer nova xira...
...e gracias me terían que dar aqueles que un día sacaron o Hatebreeder a que o oín enteiro... 3/10


Septicflesh - The Great Mass (2011)
Symphonic Dark-Death Metal
Myspace
Septic Flesh foi unha banda que sempre me gustou, desde os máis crudos primeiros álbumes (que foron uns dos primeiros que me fixeron interesarme polo Death Metal), ata o The Fallen Temple, que me parecera unha obra de arte da música extrema e bizarra ó nivel dos Therion de cando empezaban a mezclar sopranos con Metal. Incluso me gustou o "Revolution DNA", que daquela armara certo revuelo pola supuesta "posta en venta" do grupo, ainda que eses anos foron realmente extraños para moitas bandas que sacaban discos máis accesibles coma os seus compatriotas Rotting Christ ou Nightfall, Moonspell, Tiamat, Paradise Lost, Cemetary...
A súa volta foi apoteósica con "Sumerian Daemons", e "Communion" mantívose no nivel máis ou menos... ó igual que este novo "The Great Mass". Sí, mantense nun alto nivel musical, pero tiven un pequeno problema con él: Non o pillo.
A mezcla boombástica de elementos orquestales "BSO de terror" con Death Metal segue intacta, pero o concepto de "The Great Mass" non é coma o dos anteriores álbumes. A miña percepción díceme que este novo álbum está pensado coma un todo, unha conxunción de moitas pequenas pezas que forman a banda sonora compacta do mundo de Septic Flesh (ou Septicflesh). A apertura do álbum é espectacular, "The Vampire From Nazareth" é unha pedazo de canción, pero a medida que o álbum avanza non poido nada máis que sacar grandes momentos perdidos entre as cancións,as cales me costa diferenciar dónde empeza unha e acaba a outra.
A sensación que me queda logo de oír The Great Mass é a de un montón de boas, ampulosas e desordenadas ideas, grandes momentos que decaen ou que non levan a ningún lugar en principio. É un álbum que necesita varias escoitas, supoño. De momento gardareino e opinarei mellor logo dun tempo, pero... non me convenceu tanto coma quixera. 6/10


Moonsorrow - Varjoina Kuljemme Kuolleiden Maassa (2011)
Pagan-Viking Metal
Myspace
Eu son dos que me quedei en "Kivenkantaja" coma último disco que me gustou de Moonsorrow. A partir desa presteilles moita menos atención porque simplemente me aburrían. O sonido que desarrollaron sobre todo no seu último "V: Hävitetty" do 2007, tirando case a un pagan-black atmosférico denso, escuro e repetitivo deixoume moita desidia cara a futuros traballos desta banda. De feito pode que aquel disco o oíra 2 veces na miña vida (e non me quedaron gana de máis).
Este novo continúa co sonido denso de riffs largos e repetitivos, ainda que para o meu gusto mellora o anterior en canto a composición (polo pouco que recordo, neste alomenos hai melodías coas que un se queda na cabeza e é capaz de formarse unha idea estructural que non desvaríe en exceso). É incontestable que "Varjoina Kuljemme Kuolleiden Maassa" contén grandes momentos, feitos con rabia e sentimento, pero sinto decir que a mín me sobra un 30% de cada canción. A repetición é constante, e xa cunha 3ª vez que lle dín escoita, sigo pensando que se a cada unha das 4 cancións "reales" que contén o álbum, se lle quitaran un 3 ou 4 minutos, sería un disco máis ca decente de Moonsorrow. Pero desta maneira peca de facerse largo... ata os interludios de minuto e medio se me fan largos!
Sorpréndeme ver tantas webs coa puntuación 10/10, e faime pensar se terían posta a nota antes de sequera oír o disco ou se Moonsorrow se volveron tan "grupo de culto" como para que todo o que faigan teña unha puntuación de Matrícula de Honor. Igual que me gustaría saber se por exemplo a todos eses lles parece un final de 10 o de "Kuolleiden maa", canción que acaba máis ou menos no minuto 13 e medio e que se alarga e alarga e alarga ata o 16 e medio facendo... o mesmo unha e outra vez? realmente eses 3 minutos aportan algo?
Sexa como sexa, "Varjoina Kuljemme Kuolleiden Maassa" podería ter sido un gran álbum e quédase a medias. 7/10


Abysmal Dawn - Leveling the Plane of Existence (2011)
Death Metal
Myspace
Non se pode reprochar nada en canto a técnica e sonido neste terceiro álbum dos americanos Abysmal Dawn. Masterizado por Erik Rutan, o ex-Morbid Angel, e actualmente en Hate Eternal, todo sona claro e brutal. Pero hai un problema: orixinalidade.
Non sei vós, pero penso que chega un momento en que hoxe en día calquera grupo con técnica e cun pequeno desembolso... e posto nas mans de calquera que sepa o que fai, sexa Rutan, Swäno, Tägtgren, Nordström... pode sacarse un gran sonido. Igual que pode sacarse grandes portadas, coma sen ir máis lonxe a que nos traen Abysmal Dawn. O que non pode sacarse un da manga ou do peto é a creatividade, e esto é do que adolecen o 80% dos grupos actuales, nos que sen duda inclúo a Abysmal Dawn, que mamaron todo o que poideron do Death Metal dos últimos 20 anos de grupos coma os citados Morbid Angel, Hate Eternal, Suffocation, Decapitated,... e que se limitan a reproducir o seu estilo sen ir máis aló. Eso sí, técnicamente perfectos, pero como oínte, hoxe en día case preferiría que grupos coma este non tiveran unha destreza tan boa ou un sonido tan impecable, e que no seu lugar me dixeran algo que non oíra. 4/10


Within Temptation - The Unforgiving (2011)
Symphonic Metal-Rock
Myspace
Cunha portada que parece máis dun videoxogo de peleas callejeras que outra cousa, Within poñen continuación a "The Heart of Everything" cunha historia conceptual parece que basada nun comic ou algo asín. Sexa o que sexa, non me parece trascendental para comentar a música de "The Unforgiving".
Non era complicado mellorar un disco mediocre coma "The Heart of Everything", e Within Temptation consígueno. Hai certos cambios no estilo dos holandeses, coma que a súa forma de facer cancións é agora máis pop-rock ca antes, máis directa. Por suposto os elementos orquestales-sinfónicos que os fixeron populares seguen estando, pero parece que se quedan máis nun segundo plano. As guitarras de vez en cando fan algo máis que acompañar ó resto, e ata sona algún riff! Se ata se animan a facer algún solo de máis de 10 segundos! XD A voz de Sharon tamén cambiou; xa non se queda naqueles agudos imposibles, neste disco canta dunha maneira máis variada, menos pomposa e alta. É un pequeno cambio interesante por parte de Within, pero o que non me acaba de convencer é a composición. Entre que o single "Faster" parece unha copia dalgunha canción de HIM que xa non recordo, e que hai veces que as cancións tenden únicamente a chegar ó estribillo para repetilo unha e outra vez (coma en calquera canción pop-rock)... pois non sei... repito o que dixen: un cambio interesante que mellora o previo traballo ainda que ten as súas cousas boas e malas. 6/10


Illdisposed - There Is Light (But It's Not For Me) (2011)
Death Metal
Myspace
Fun un gran fan dos últimos Illdisposed. Ese Groove Death con samples electrónicos sabíano facer moi ben, e eu non son un gran entusiasta dese tipo de sonido en principio, pero eles tiñan o seu propio toque. O 1800-Vindication era un gran álbum, e os seguintes tampouco estaban mal. Disco tras disco, Illdisposed fóronse mantendo, ainda que non me chegaron nunca a convencer coma con aquel do 2004, e algo parecido sucede con "There is light".
A primeira "Your Own Best Companion" é unha boa proba do que son Illdisposed, a voz de Bo Summer sona brutal e hai un bo riff típico da banda apoiado por un baixo potente e morcillón, batería contundente e sampling electrónico e teclados. Está ben, sí, e a medida que se sucede o resto de temas tampouco hai queixa, pero bótase en falta riffs que se graben a fuego, e cancións que chamen a atención, coma un "I believe in me", "Now we are History", "Nothing to fear, do it"...
Neste novo, a música en sí non varía excesivamente de traballos previos e segue tendo a marca de Illdisposed, pero falla en que as cancións non sobresalgan excesivamente. Un traballo "correcto". 6/10


Amon Amarth - Surtur Rising (2011)
Melodeath
Myspace
Parece que os suecos colleron a fórmula e xa non a queren soltar, eso está claro logo de oír "Surtur Rising". O malo é que quixeron manterse tan fieles aos Amon Amarth dos últimos anos que este CD resulta máis do mesmo. Tan sólo con oír empezar o disco con "War of Gods" xa case podemos rememorar paso por paso e riff por riff a primeira do seu anterior disco "Twilight of the Thunder God". Ante este pseudoplaxio de sí mesmos a miña sensación é que iba a vivir un "Twilight..." parte 2, e bueno, sí en parte, xa que todo o que hai neste novo xa está feito por eles nos 3 discos anteriores. Aparte de repetirse riffs e estructuras, temos momentos de aburrimiento máximo non solo pola nosa intuición que traballa antes que os temas, senón por unha falta considerable de capacidade compositiva. "The Last Stand Of Frej", quizáis a peor canción que lles oín nunca, ou os solos de guitarra de "Wrath of the Norsemen" ou "A Best I Am" son proba delo.
Así que, dito por alguén que lle gustaba tanto a primeira época coma os discos recentes, "Twilight..." incluído..."esto oíno antes e mellor". 3/10


Deadlock - Bizarro World (2011)
Melodeath/Metalcore/Pop
Myspace
Lonxe quedaron os tempos do fresco "Wolves" para Deadlock. Neste novo tiráronse ó río de vez, apostando por estribillos pop cantados por Sabine mentres que o resto da banda intenta esa mezcla tan repudiante hoxe en día, pero tan recurrida como é o Gothenburg melodeath pasado polo filtro do Metalcore americano, e como en pasadas entregas, aderezado por algún que outro piano e sample electrónico a modo de "teclado moderno".
O que eu intúo é que viron que os seus éxitos "Code of Honor" e "The Brave / Agony Applause " tiveron certo grado de aceptación e decidiron tentar reproducilos unha e outra vez, creando unha auténtica bazofia de álbum coma "Bizarro World" destinado básicamente a buscar público americano con cancións clónicas que pasan sen pena nin gloria polos nosos oídos europeos.
Se "Manifest" era un paso na dirección contraria, "Bizarro World" é un pé e medio no fango. 1/10


Nutr - Sex On A Bed Of Nails (2011)
Black Metal
Myspace
Difícilmente se pode salvar algo desta banda exipcia que practica un black metal repetitivo a medio tempo, con mal sonido, e pouco inspirado. A mín recordoume a algunha "early demo" dalgún mal grupo nacido a principios dos 90. O único que os debe inspirar debe de ser o porno, porque todas as letras tratan sobre algo picante segundo parece, polo demáis difícilmente aguantable. 1/10

miércoles, abril 20, 2011

Diario dun vi-king X: necesito máis vacacións

Dinme de conta que cando me vou a Alfoz é cando me inspiro máis. Tal vez a falta de internet, a sensación de que alí é o meu lugar para descansar e relaxar a mente, ou o clima suave de nubes e claros todo o ano e o silencio me faigan botar a andar a parte creativa.
Mañá ireime e tentarei deixar case finiquitado o novo de Enuma Elis. Pero se por algún casual esto non pasa, pospoñereino ata dentro dun tempo. Mellor facelo con calma que ás presas.
Tiña pensado facer unhas 4 cancións máis, pero reducireino a 2, non por presas, senón porque estiven pensando que se me iba ir a máis de 50 minutos e non me gustaría un disco tan largo. Para algo instrumental preferiría que non. De momento xa van uns 36 minutos realmente finiquitados e propóñome andar sobre os 47-50.

Ademáis de que por Vigo non me inspiro nada, tamén está que estes últimos tempos, cando me propuxen crear algo, fíxeno para Herexía e Mileth. Cos primeiros, eles parecen moi esperanzados en ter bon material rápido, ainda que necesitaríamos algo máis de tempo de ensaio se realmente queren ter lista unha demo para Septembro :O Eu iría algo máis despacio... posto que eu polo menos terei o meu tempo bastante ocupado entre finais de maio e xulio...

Con Mileth probei a facer unha canción eu solo, ainda que non creo que se me dé moi ben facer algo máis "folk". De momento o que vai feito acércaseme máis ó pagan-black, que é o que realmente me gusta e me sale, pero supoño que cando se metan o resto de instrumentos quedará unha amalgama de estilos como quedaron as 2 primeiras.
Ademáis xa hai outra rematada e ensaiada con bon resultado duns 8 minutos... minutaxe que parece compartir con 2 novas que temos Marcos por un lado e eu por outro. Ademáis o batería Juanjo tamén se currou unha nova da que sen duda aproveitaremos cousas para outra larga.
Aparte, resolvín un dos principais problemas de batería que tiña Ith, e resubímola ó myspace, no que Marcos se currou unha biografía curiosa e divertida, quén sabe en qué estado XD

Volvendo con Enuma Elis.. supoño que moitos xa o vistes por ahí, a "foto de grupo" de 2011 xa está feita, e a portada realmente tamén, pero reservareima para ir creando expectación XD e igual a irei revelando trozo a trozo coma fixeron Dimmu Borgir XD

Por outro lado parece que xa houbo alguén que se atreveu a dar os primeiros pasos sobre merchandising de Enuma Elis (eló) XD
Suur aitäh kallis Airi! ;)

viernes, abril 15, 2011

Desaparecidos no camiño: Betray My Secrets


Outro dos grandes grupos que apareceron da nada e desapareceron do mesmo xeito foron os Betray My Secrets. Capitaneados por Stefan Hertrich, daquela nas filas de Darkseed, creouse un grupo no 1997 xunto con Christian Bystron nas guitarras e Harald Winkler na batería, totalmente diferente ó que había ata daquela.

Stefan intentou aunar algo que visto xa na segunda década do século XXI pode sonar a algo factible e que seguramente xa haxa grupos (ainda así, non moitos) que intenten facer: fusión de metal con música étnica/oriental dun xeito atmosférico.
Non sei moi ben cómo chamarlle de feito ainda hoxe, o que sei é que daquela foi un shock descubrir que se podía facer eso. O único exemplo que se me pode ocurrir é Orphaned Land, pero éstes tiraban un pouco máis hacia o Death Metal (tamén outro grupo único).


Betray My Secrets - Oh Great Spirit (1999) EP
1. Of Things Not Seen 05:53
2. Oh Great Spirit 06:23

Xa con aquel pequeno EP lanzado por Serenades Records no 99, Betray my Secrets chamaron a atención con esa mezcla que estaba a medio camiño entre o Dark-Doom Metal atmosférico e a música étnica. Dúas xenialidades coma "Of Things Not Seen" ou "Oh Great Spirit" eran a presala do que sería o seu único disco autotitulado.



Betray My Secrets - Betray My Secrets (1999)
1. Shamanic Dream 07:04
2. Ever Expanding Eternity 06:00
3. God And Me 04:30
4. Oh Great Spirit 06:24
5. Of Things Not Seen 05:53
6. Desert Dance 05:14
7. Forgive Them 08:45
8. Little Wanderer 03:27
9. From The Goddess 07:10
10. Save My Belief 08:08

Aínda recordo a primeira vez que oín Shamanic Dream (e eso non o poido decir de moitos discos/grupos), e recordo que se me puxo a piel de galiña e pensei "de verdade estou oíndo ésto?? Mecawentó!!!". Esa mezcla tan extraña de new age oriental con Doom fai que a medida que escoitas o disco te empeces a plantear que estás a oír algo único e nunca feito.
Se se lle poidera achacar algo desde a miña opinión personal sería que de vez en cando os momentos "new age-ethnic chill out" se fan un pouco largos (sobre todo para o que non lle guste o new age, a mín non me disgusta, pero sí que recortaría un pouco eses momentos). En canto ó resto... obra maestra!
E aquí suelen vir moitos ilustrados a decir "bah pero son 3, eso son todo samples electrónicos blabla non ten o mesmo mérito.." Por desgracia eu penso que ésto sobre todo pasa en España, vexo a moitos grupos gallegos preocupados en exceso por sonar ben e irse a grabar a tal e cual sitio, en lugar de facer música orixinal ou intentar crear algo novo. Ben, esa é a diferencia entre Betray My Secrets e eles, Betray serán considerados un grupo único e de culto mentres que a maioría dos miles de grupos que salen hoxe en día facendo prácticamente o mismo "pero sonando moito mellor que fai anos e que outros que non teñen as pelas para sonar ben" serán olvidados rápidamente.

"Desert Dance", "Forgive Me", "Oh Great Spirit", ""Ever-Expanding Eternity", ou a mesma "Shamanic Dream" son do mellor feito nunca en canto a Metal fusionado con folk. Para mostra...:


Despois deste disco, non sei por qué razóns, Stefan decide emprender outras aventuras con musicales en Shiva in Exile e, a continuación lóxica de Betray My Secrets, SpiRitual, do que sacou un disco en 2005, pero parece que tamén está en hibernación desde esa. Sólo nos queda esperar qué máis se pode sacar da manga un inesperado día este home, seguro que será interesante.

martes, abril 12, 2011

Desaparecidos no camiño - Moonlyght




Por bandas coma Moonlyght é polo que un se plantea que non tódolos grupos con habilidades, orixinalidade e potencial se poden ganar a vida coa música. Moonlyght foron un gran grupo canadiense que o tiñan todo para ser recoñecidos dentro do Metal, con multitude de boas críticas (ainda que non é para fiarse moito as críticas das webs metaleiras), facendo boa música, variada, con gancho e cañera ó mesmo tempo (e esto non o fai calquera), e cunha habilidade compositiva fóra de duda, os que oístes algún dos seus 2 discos darédesme a razón.

Un pouco de historia:
Moonlyght formouse en 1995 por Sébastien 'Roby' Robitaille (guitarra/voz) e 3 amigos. Despois de 1 ano, a banda entra en Onyx Studio para grabar a demo "Midwinter Melodies". Empezaron a girar por Quebec e a expectación local foi aumentando.


Moonlyght - Midwinter Melodies (1996) Demo
1. Sunless Sky
2. Torments
3. Shadow Of Despair
4. Midwinter Melodies
5. Like A Starless Night (Orchestral Version)

Cunha renovación de plantilla a banda quedou cunha alineación estable en 2000.
En octubre de 2001 Moonlyght entra en Sonum Studio para grabar o seu primeiro disco "Progressive Darkness" que será posto nas tiendas en 2002 a través de Metal Disk Records e consegue boas críticas: 10/10 no Metal Observer (www.metal-observer.com), 9.5/10 na revista canadiense underground Unrestrained.


Moonlyght - Progressive Darkness (2002)
1. Fantasy 08:08
2. The Sceptic Traveller 07:07
3. Ride on Ice Storms 07:26
4. A Tale From a Fantastic Kingdom 08:14
5. The Autumn's Freezing Harmony 07:57
6. From Honour To Nothingness 04:39
7. Progressive Darkness 11:49

O estilo de Moonlyght en "Progressive Darkness" é unha mezcla total de varios. Aquí podemos atopar desde Melodeath, Black melódico, ata Power ou Heavy Metal pasado todo por un filtro folky, épico e incluso progresivo. Se a esta amalgama unimos melodías e riffs pegadizos e unha producción decente obtemos un gran álbum sen duda.

Co cambio do guitarra Vincent Gauvin por Fred Bedard, Moonlyght empeza a facer máis e máis directos, teloneando a bandas coma Opeth, Paradise Lost, Kataklysm ou Strapping Young Lad. Debido ó éxito de "Progressive Darkness", a banda decide unirse á Escapi Records para un lanzamento a nivel global do seu disco debut.
En 2006 a banda entra nos Nokturn Studios en Quebec para empezar a grabar a continuación do seu aclamado primeiro disco. Finalmente "Shining" é acabado en 2007 pero non será lanzado ata 2008 por Mankind's Demise Records. O novo álbum é masterizado por Peter in de Betou (Dimmu Borgir, Dark Tranquillity, etc) en Suecia.
En decembro de 2007, Roby, o creador de Moonlyght decide deixar a banda debido a razóns personales, e o resto da banda decide deixalo tamén.
Actualmente a demo e ambos álbumes son difíciles de encontrar polo que puiden ver.


Moonlyght - Shining (2008)
1. Middle 06:36
2. Falling 07:05
3. Downfall 05:38
4. Malediction 08:03
5. Hazard 07:22
6. Messiah 06:07
7. Perils 07:37
8. Penitent 05:40
9. Radiance 09:20
10. Parallels 08:00

As bases de "Progressive Darkness" continúan en "Shining", ainda que con moita mellor producción e máis experimentación. As partes máis death-black do anterior, neste sonan máis duras e os arreglos progresivos quedan mellor empastados. Un álbum variado, e moi digno que polo que vín, pasou bastante desapercibido.
Personalmente creo que este foi un paso cara adiante, e que nun futuro álbum, Moonlyght podería ter dado un gran salto, porque potencial non lles faltaba. Unha pena que o deixaran aquí.

domingo, abril 10, 2011

Microreviews Abril'11 II


Thy Hastur - The Ancients (2010)
Symphonic Black Metal
Myspace
Thy Hastur son un grupo polaco que leva 3 álbumes no mercado, e pasando bastante desapercibidos, polo menos para mín, xa que non me sonaban de nada. A música que ofrecen é un black metal melódico con teclados atmosféricos de fondo na maior parte dos temas, con influencia dos discos noventeros de Dimmu Borgir/Cradle of Filth/Old Man's Child, batería en xeral a medio tempo, e cunha producción mellorable -tamén moi... noventera?-. A mín resultáronme bastante sosos e non me dixeron nada que non houbera oído xa. 2/10


Seven Kingdoms - Seven Kingdoms (2010)
Power Metal
Myspace
A veces non entendo os gustos da xente, ou hei de telos eu demasiado raros, porque este disco dos americanos Seven Kingdoms parece ser que está a obter bastante boas críticas polo mundo adiante, e incluso os meteron na lista de posibles para escoller en Metalstorm. E eso con 2 álbumes sólo xa é un logro.. ou eso.. ou é que no ano en cuestión non houbo demasiados bos discos de Power. Porque co que me atopei eu é cun disco bastante mediocre de "Power Metal de videoxogo" con cantante bastante cansina, melodías xa feitas, e certos ramalazos de melodeath con rasgados incluídos (será para darlle un aire "distinto", ainda que esto xa empeza a ser algo habitual...). Un disco frouxo que pode que a quen non oíse moito Power Metal na súa vida lle chame a atención, pero eu á cuarta canción, xa estaba saturado por Sabrina, por riffs mil veces oídos que case tenden máis ó Happy Metal, e pola ñoñería general.
A destacar "Thunder of the Hammer", se despois de oír esa canción, alguén me segue decindo que este grupo fai boas composicións... apaga e vámonos... "Go Go Power Metarls"!! 3/10


The Crown - Doomsday King (2010)
Melodic Death Metal
Myspace
Bastante decepcionado me deixou este novo álbum dos suecos, os compositores de obras tan grandes coma Deathrace King ou Crowned in Terror, de escoita obligada para calquer amante do Death Metal.
Este novo Doomsday King carece, ao meu ver, de chicha, de riffs memorables, de cancións que che pida o corpo de volvelas a oír... é coma se fixeran un álbum por facer, para manterse no panorama. Ademáis non sei qué pretenden en "angel of death 1839"... sin duda ten unha referencia a Slayer non só no título, senón no riff... unha semi-versión? O resto de temas vanse sucedendo sen pena nin gloria, nun álbum bastante olvidable. Se non tivera escrito na portada "The Crown", aposto a que pasaría máis que inadvertido para os fans do Melodeath. 4/10

Silverlane - Above The Others (2010)
Power-Heavy Metal
Myspace
Por veces recordándome a Grave Digger, por veces a Brainstorm e outras aos míticos do Power Metal moderno (Firewind, Masterplan, Nocturnal Rites etc.), Silverlane conseguiron facer un álbum sólido de bon Power Metal, que non cae no excesivo pasteleo nin en pseudocopias de riffs ochenteros... ehemvantasiahem. Silverlane non ocultan o que son nin as súas influencias, pero alomenos sacáronse un bon puñado de cancións que valen a pena escoitar se che gusta o Power-Heavy Metal, empezando con 2 cañóns coma "Above the Others" e "1789" e seguindo cunhas cuantas máis que fan que prácticamente non decaia ata a épica cuadralogía de "The White Lady". Penso que sería unha boa idea acabar ahí (ou ok, con "In the end") o álbum en lugar de poñer unha power-ballad coma "Anything" despois das 4 anteriores... sobra e fíxoseme un baixón. 7/10


Sadist (Ita) - Season In Silence (2010)
Progressive Death Metal
Myspace
Medo tiven cando oín a primeira canción (aparte da intro) do novo disco dos veteranos Sadist. Facía moito que non oía nada deles e por un momento pregunteime se se volveran unha banda de Metalcore ou qué. Menos mal que co paso do disco, vamos vendo moito máis a unha banda de Metal Progresivo cañero que un mero disco de Progressive Dethcore dos que tanto abundan últimamente. Os teclados e pianos, a veces moi Dreamtheaterianos, a veces moi bizarros, apórtanlle un toque diferente a Sadist. Os riffs navegan nunha onda entre Cynic e o Death-Thrash clásico, e de vez en cando se meten a experimentar con algún toque jazz ou de... BSO de slasher ochentero???
Ainda que por veces o fantasma do "core" anda por detrás, coma en "Broken and Return", Season In Silence é un bastante bon e orixinal álbum de Prog-Death. 8/10


Izmoroz - Избушка Бабушки Зомби (2010)
Pagan-Folk Metal
Myspace
Pois sí, outros rusos máis facendo Pagan-Folk Metal, e non paramos de sacalos de debaixo das pedras! Aquí nos encontramos a membros de Nevid', Ashen Light, Arcane Grail ou incluso o ex-batería dos powermetaleros Catharsis; ou sexa que son xente coa súa experiencia e que saben o que fan. Xa me temía a típica tía cantando coma cantan todas as de metal eslavo antes de empezar o álbum, pero non, a voz é únicamente "black", o cal case que agradecín, ainda que o uso de frauta e teclados e as melodías sí que recordan á maioría de grupos que practican este estilo. Ainda que o pagan-folk está saturado de grupos bastante parecidos e Izmoroz seguen nunha línea similar, imprimíronlle un pouco máis de caña (ou tal vez a voz dé esa sensación?) e sacáronse melodías pegadizas. A mín en xeral non me pareceu un mal disco para nada a pesar das malas expectativas que tiña nun principio. Por encima da media. 8/10


Melechesh - The Epigenesis (2010)
Black - Middle East Folk Metal
Myspace
Dalgunha forma sabía que Melechesh non me iban fallar, a súa mezcla entre ritmos do folklore do Oriente Medio e o Black Metal, fainos un grupo único e moi diferenciable. Os que os conocedes da combinación tan orixinal dos israelís, con eses riffs tan orientales que casan dunha forma tan curiosa co Metal extremo, sendo ó mesmo tempo étnicos e brutales, xa sabedes o que obtedes en "The Epigenesis"; e os que non, este non é un mal álbum para coñecelos, ainda que a mín me gusta máis o Emissaries, non por nada concreto, simplemente creo que me chegaran máis as composicións, pero sin desmerecer a estas novas. 8/10


Insaniae - Imperfeições Da Mão Humana (2010)
Doom Death
Myspace
Penso que os amantes dos antigos Theatre of Tragedy ou The Gathering, os da boa época, se sentirán agradecidos de que hoxe en día saian discos coma o que os portugueses Insaniae presentan. Cunha producción clara, e baixo o duelo voz feminina-growls, Insaniae fan un denso e lento Doom atmosférico no que a música repousa sobre as guitarras, baixo e batería. Sí, non hai teclados nin piano, o que fai quitar o halo "gótico", algo que polo que fun vendo, en moitos dos novos grupos de doom era algo case indispensable. Bon álbum. 7/10


Athorn - Phobia (2010)
Power-Thrash-Groove Metal
Myspace
Athorn é o novo grupo do cantante de Human Fortress no denostado "Eternal Empire". O que fan é un Power Metal (non do happy, senón do tipo de Iced Earth, Jag Panzer, Primal Fear e demáis) con toques groovies e algún que outro de Melodeath-core. A verdade é que a pesar de que haxa algún riff interesante polo disco adiante, resultoume unha escoita bastante aburrida. O disco peca de linealidade sonora e eso nos últimos temas pesa demasiado, ainda que nos podamos encontrar temas decentes coma "After the end" ou "Schizophrenia", que oídos por separado non se soportan mal. 3/10


Voices Of Destiny - From The Ashes (2010)
Symphonic Power-Heavy Metal
Myspace
Gran primeiro disco destes alemanes, liderados pola dulce voz de Maike, que se vé acompañada por guturales en varios cortes, o que me recordou en certa medida aos primeiros traballos de Epica ou After Forever. Ainda que na visión xeral, este grupo tal vez me evocara máis a Leaves' Eyes. Realmente, creo que From The Ashes pode competir cos primeiros discos desas bandas (e xan non digamos cos últimos).
A parte sinfónica de From the Ashes é moi "BSO", como parece que é a tendencia entre os grupos deste estilo, e ademáis o sonido é moi profesional para ser un debut. A pesar de que o disco ten os seus altibaixos, eu diría que se labraron boas cancións e é aconsellable para todos os amantes do Power. 7/10