lunes, abril 25, 2011

Microreviews Abril'11 III


Visions of Atlantis - Delta (2011)
Symphonic Power Metal
Myspace
Non me esperaba gran cousa destes austríacos que sacan agora o seu cuarto disco. Víraos na xira de Epica, e non me pareceron malos, parecéranme malísimos. Eran o típico grupo sen personalidade que se limitaban a ir na moda que instaurara Nightwish e pouco máis. Con este novo álbum parece que maduraron algo compositivamente e pasaron de Powermediocres a Sinfónico-decentes. Delta é un álbum con certa variedade, que non ofrece nada novo, pero alomenos pódese escoitar. Os peores momentos para un servidor corren cada vez que canta a rapaza (cántas veces cambiaron de cantante feminina?), polo demáis, boa producción e algún que outro destello de calidade. 6/10


Children Of Bodom - Relentless Reckless Forever (2011)
Power Metal-Melodeath
Myspace
Xa non sei porqué a veces me molesto en escoitar cousas que sei que me van a aburrir... igual é por se por algún casual hai algo que valga a pena ou me sorprende...
Non vai ser o caso do último dos finlandeses Children of Bodom. Fai xa tempo que non sacan nada decente, diría que desde o Hate Crew Deathroll, e continúan pola senda. RRF é un disco de 9 cancións mediocres, que xuntan un pouco daquí e dacolá de todos os anteriores discos de Children, pero nunha onda parecida ó seu anterior fiasco chamado Blooddrunk, é decir pseudocopias e riffs reciclados de sí mesmos cun aire de malotillo pouco inspirado que me fai pensar que a mellor definición para a súa música actualmente sexa "Death Metal para quinceañeras". Moi pouco que aproveitar e que oír aquí, sona a excusa para facer nova xira...
...e gracias me terían que dar aqueles que un día sacaron o Hatebreeder a que o oín enteiro... 3/10


Septicflesh - The Great Mass (2011)
Symphonic Dark-Death Metal
Myspace
Septic Flesh foi unha banda que sempre me gustou, desde os máis crudos primeiros álbumes (que foron uns dos primeiros que me fixeron interesarme polo Death Metal), ata o The Fallen Temple, que me parecera unha obra de arte da música extrema e bizarra ó nivel dos Therion de cando empezaban a mezclar sopranos con Metal. Incluso me gustou o "Revolution DNA", que daquela armara certo revuelo pola supuesta "posta en venta" do grupo, ainda que eses anos foron realmente extraños para moitas bandas que sacaban discos máis accesibles coma os seus compatriotas Rotting Christ ou Nightfall, Moonspell, Tiamat, Paradise Lost, Cemetary...
A súa volta foi apoteósica con "Sumerian Daemons", e "Communion" mantívose no nivel máis ou menos... ó igual que este novo "The Great Mass". Sí, mantense nun alto nivel musical, pero tiven un pequeno problema con él: Non o pillo.
A mezcla boombástica de elementos orquestales "BSO de terror" con Death Metal segue intacta, pero o concepto de "The Great Mass" non é coma o dos anteriores álbumes. A miña percepción díceme que este novo álbum está pensado coma un todo, unha conxunción de moitas pequenas pezas que forman a banda sonora compacta do mundo de Septic Flesh (ou Septicflesh). A apertura do álbum é espectacular, "The Vampire From Nazareth" é unha pedazo de canción, pero a medida que o álbum avanza non poido nada máis que sacar grandes momentos perdidos entre as cancións,as cales me costa diferenciar dónde empeza unha e acaba a outra.
A sensación que me queda logo de oír The Great Mass é a de un montón de boas, ampulosas e desordenadas ideas, grandes momentos que decaen ou que non levan a ningún lugar en principio. É un álbum que necesita varias escoitas, supoño. De momento gardareino e opinarei mellor logo dun tempo, pero... non me convenceu tanto coma quixera. 6/10


Moonsorrow - Varjoina Kuljemme Kuolleiden Maassa (2011)
Pagan-Viking Metal
Myspace
Eu son dos que me quedei en "Kivenkantaja" coma último disco que me gustou de Moonsorrow. A partir desa presteilles moita menos atención porque simplemente me aburrían. O sonido que desarrollaron sobre todo no seu último "V: Hävitetty" do 2007, tirando case a un pagan-black atmosférico denso, escuro e repetitivo deixoume moita desidia cara a futuros traballos desta banda. De feito pode que aquel disco o oíra 2 veces na miña vida (e non me quedaron gana de máis).
Este novo continúa co sonido denso de riffs largos e repetitivos, ainda que para o meu gusto mellora o anterior en canto a composición (polo pouco que recordo, neste alomenos hai melodías coas que un se queda na cabeza e é capaz de formarse unha idea estructural que non desvaríe en exceso). É incontestable que "Varjoina Kuljemme Kuolleiden Maassa" contén grandes momentos, feitos con rabia e sentimento, pero sinto decir que a mín me sobra un 30% de cada canción. A repetición é constante, e xa cunha 3ª vez que lle dín escoita, sigo pensando que se a cada unha das 4 cancións "reales" que contén o álbum, se lle quitaran un 3 ou 4 minutos, sería un disco máis ca decente de Moonsorrow. Pero desta maneira peca de facerse largo... ata os interludios de minuto e medio se me fan largos!
Sorpréndeme ver tantas webs coa puntuación 10/10, e faime pensar se terían posta a nota antes de sequera oír o disco ou se Moonsorrow se volveron tan "grupo de culto" como para que todo o que faigan teña unha puntuación de Matrícula de Honor. Igual que me gustaría saber se por exemplo a todos eses lles parece un final de 10 o de "Kuolleiden maa", canción que acaba máis ou menos no minuto 13 e medio e que se alarga e alarga e alarga ata o 16 e medio facendo... o mesmo unha e outra vez? realmente eses 3 minutos aportan algo?
Sexa como sexa, "Varjoina Kuljemme Kuolleiden Maassa" podería ter sido un gran álbum e quédase a medias. 7/10


Abysmal Dawn - Leveling the Plane of Existence (2011)
Death Metal
Myspace
Non se pode reprochar nada en canto a técnica e sonido neste terceiro álbum dos americanos Abysmal Dawn. Masterizado por Erik Rutan, o ex-Morbid Angel, e actualmente en Hate Eternal, todo sona claro e brutal. Pero hai un problema: orixinalidade.
Non sei vós, pero penso que chega un momento en que hoxe en día calquera grupo con técnica e cun pequeno desembolso... e posto nas mans de calquera que sepa o que fai, sexa Rutan, Swäno, Tägtgren, Nordström... pode sacarse un gran sonido. Igual que pode sacarse grandes portadas, coma sen ir máis lonxe a que nos traen Abysmal Dawn. O que non pode sacarse un da manga ou do peto é a creatividade, e esto é do que adolecen o 80% dos grupos actuales, nos que sen duda inclúo a Abysmal Dawn, que mamaron todo o que poideron do Death Metal dos últimos 20 anos de grupos coma os citados Morbid Angel, Hate Eternal, Suffocation, Decapitated,... e que se limitan a reproducir o seu estilo sen ir máis aló. Eso sí, técnicamente perfectos, pero como oínte, hoxe en día case preferiría que grupos coma este non tiveran unha destreza tan boa ou un sonido tan impecable, e que no seu lugar me dixeran algo que non oíra. 4/10


Within Temptation - The Unforgiving (2011)
Symphonic Metal-Rock
Myspace
Cunha portada que parece máis dun videoxogo de peleas callejeras que outra cousa, Within poñen continuación a "The Heart of Everything" cunha historia conceptual parece que basada nun comic ou algo asín. Sexa o que sexa, non me parece trascendental para comentar a música de "The Unforgiving".
Non era complicado mellorar un disco mediocre coma "The Heart of Everything", e Within Temptation consígueno. Hai certos cambios no estilo dos holandeses, coma que a súa forma de facer cancións é agora máis pop-rock ca antes, máis directa. Por suposto os elementos orquestales-sinfónicos que os fixeron populares seguen estando, pero parece que se quedan máis nun segundo plano. As guitarras de vez en cando fan algo máis que acompañar ó resto, e ata sona algún riff! Se ata se animan a facer algún solo de máis de 10 segundos! XD A voz de Sharon tamén cambiou; xa non se queda naqueles agudos imposibles, neste disco canta dunha maneira máis variada, menos pomposa e alta. É un pequeno cambio interesante por parte de Within, pero o que non me acaba de convencer é a composición. Entre que o single "Faster" parece unha copia dalgunha canción de HIM que xa non recordo, e que hai veces que as cancións tenden únicamente a chegar ó estribillo para repetilo unha e outra vez (coma en calquera canción pop-rock)... pois non sei... repito o que dixen: un cambio interesante que mellora o previo traballo ainda que ten as súas cousas boas e malas. 6/10


Illdisposed - There Is Light (But It's Not For Me) (2011)
Death Metal
Myspace
Fun un gran fan dos últimos Illdisposed. Ese Groove Death con samples electrónicos sabíano facer moi ben, e eu non son un gran entusiasta dese tipo de sonido en principio, pero eles tiñan o seu propio toque. O 1800-Vindication era un gran álbum, e os seguintes tampouco estaban mal. Disco tras disco, Illdisposed fóronse mantendo, ainda que non me chegaron nunca a convencer coma con aquel do 2004, e algo parecido sucede con "There is light".
A primeira "Your Own Best Companion" é unha boa proba do que son Illdisposed, a voz de Bo Summer sona brutal e hai un bo riff típico da banda apoiado por un baixo potente e morcillón, batería contundente e sampling electrónico e teclados. Está ben, sí, e a medida que se sucede o resto de temas tampouco hai queixa, pero bótase en falta riffs que se graben a fuego, e cancións que chamen a atención, coma un "I believe in me", "Now we are History", "Nothing to fear, do it"...
Neste novo, a música en sí non varía excesivamente de traballos previos e segue tendo a marca de Illdisposed, pero falla en que as cancións non sobresalgan excesivamente. Un traballo "correcto". 6/10


Amon Amarth - Surtur Rising (2011)
Melodeath
Myspace
Parece que os suecos colleron a fórmula e xa non a queren soltar, eso está claro logo de oír "Surtur Rising". O malo é que quixeron manterse tan fieles aos Amon Amarth dos últimos anos que este CD resulta máis do mesmo. Tan sólo con oír empezar o disco con "War of Gods" xa case podemos rememorar paso por paso e riff por riff a primeira do seu anterior disco "Twilight of the Thunder God". Ante este pseudoplaxio de sí mesmos a miña sensación é que iba a vivir un "Twilight..." parte 2, e bueno, sí en parte, xa que todo o que hai neste novo xa está feito por eles nos 3 discos anteriores. Aparte de repetirse riffs e estructuras, temos momentos de aburrimiento máximo non solo pola nosa intuición que traballa antes que os temas, senón por unha falta considerable de capacidade compositiva. "The Last Stand Of Frej", quizáis a peor canción que lles oín nunca, ou os solos de guitarra de "Wrath of the Norsemen" ou "A Best I Am" son proba delo.
Así que, dito por alguén que lle gustaba tanto a primeira época coma os discos recentes, "Twilight..." incluído..."esto oíno antes e mellor". 3/10


Deadlock - Bizarro World (2011)
Melodeath/Metalcore/Pop
Myspace
Lonxe quedaron os tempos do fresco "Wolves" para Deadlock. Neste novo tiráronse ó río de vez, apostando por estribillos pop cantados por Sabine mentres que o resto da banda intenta esa mezcla tan repudiante hoxe en día, pero tan recurrida como é o Gothenburg melodeath pasado polo filtro do Metalcore americano, e como en pasadas entregas, aderezado por algún que outro piano e sample electrónico a modo de "teclado moderno".
O que eu intúo é que viron que os seus éxitos "Code of Honor" e "The Brave / Agony Applause " tiveron certo grado de aceptación e decidiron tentar reproducilos unha e outra vez, creando unha auténtica bazofia de álbum coma "Bizarro World" destinado básicamente a buscar público americano con cancións clónicas que pasan sen pena nin gloria polos nosos oídos europeos.
Se "Manifest" era un paso na dirección contraria, "Bizarro World" é un pé e medio no fango. 1/10


Nutr - Sex On A Bed Of Nails (2011)
Black Metal
Myspace
Difícilmente se pode salvar algo desta banda exipcia que practica un black metal repetitivo a medio tempo, con mal sonido, e pouco inspirado. A mín recordoume a algunha "early demo" dalgún mal grupo nacido a principios dos 90. O único que os debe inspirar debe de ser o porno, porque todas as letras tratan sobre algo picante segundo parece, polo demáis difícilmente aguantable. 1/10

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Coincido contigo en Amon Amarth, mas de lo mismo.
Sin embargo Moonsorrow no creo que sea demasiado repetitivo (ni en la cancion que dices de ejemplo), de hecho a mi me gusta bastante mas que los dos ultimos.
Y por cierto, Whitin Tempation son alemanes y no holandeses como dices. Y le pones un 6?
Y le pones un 4 a Abysmal Dawn? Tas tolo XD
Puntos de vista.

Anónimo dijo...

Miento, soy tonto o algo asi, los WT son holandeses como bien decia EE.
RMS.

enlil dijo...

Jajaj por un momento pensaba que o que tivera o lapsus era eu :S

O de Moonsorrow, tamén logo de ver tantas boas notas e todo o que lín por ahí, quizáis me esperaba algo moito máis grande, pero para min non chega ó nivel dos 3 primeiros, podería achegarse se, baixo a miña apreciación recortaran algo as 4 cancións, pero sin duda tamén me parece mellor que os 2 anteriores, ós cales non os pasaría do 5 XD (que 7 para mín é unha boa nota! :D)

Jajaj o de 4 a Abysmal é que me aburriron, e non creo que sexa un álbum que volva a oír, con un par de veces estivo ben, pareceume un disco ben executado pero sen moita alma :/ En cambio o de Within heino de oír algunha vez máis, non me pareceu un mal álbum de Rock, e ten algún que outro estribillo (que é ó que van en moitas cancións) que se sale da norma e pareceume fresco.. pero bueno, o das notas... é bastante xeneral, poderíalle ter dado un 5 a ambolos dous :D

enlil dijo...

Púxenme ahora por curiosidad a ver si encontraba algunha crítica por ahí de Abysmal Dawn, para ver si á xente lle gustou ou no ou a ver se está de acordo conmigo ou no (que rara vez é XD). E ahí van as 3 primeiras páxinas que atopei:

Metalreview.com: 6'4
http://www.metalreview.com/reviews/5998/abysmal-dawn-leveling-the-plane-of-existence

Angrymetalguy.com: 3/5
http://www.angrymetalguy.com/abysmal-dawn-leveling-the-plane-of-existence-review/

Inmetalwetrust.com: 5/10
http://inmetalitrust.blogspot.com/2011/04/abysmal-dawn-review-leveling-plane-of.html

sputnikmusic.com: 2'5/5
http://www.sputnikmusic.com/review/41481/Abysmal-Dawn-Leveling-the-Plane-of-Existence/

Uhm ou sexa que.. non é que convencera moito.. ponlle que eu lle rebaixo normalmente algo máis que a media de webs por ahí (que depende de cales, inflan a nota que dá gusto..) e por ahí lle vai :D ...raro que esta vez as reviews se acerquen tanto á miña XD

enlil dijo...

Non 3, senón 4 páxinas XD
Ainda que bueno, nas seguintes que atopei dánlle un
4/5 - http://www.skullsnbones.com/profiles/blogs/abysmal-dawn-leveling-the

4'5/5 - http://www.metalunderground.com/reviews/details.cfm?releaseid=4300

4/5 - http://www.mindovermetal.org/review-abysmal-dawn-leveling-the-plane-of-existence/

7/10 - http://www.blistering.com/fastpage/fpengine.php/templateid/21439/menuid/2/tempidx/4/link/1

Supoño que será cuestión de gustos :/

Grilo do Demo dijo...

Creo que en cuanto a Moonsorrow nunca vamos a estar muy de acuerdo tú y yo, jajajaja porque a mí el Hävitetty me encanta (es con el que los conocí y antes de eso no escuchaba nada fuera de heavy, power y hard, así que figúrate, ese día mi mundo musical se dio la vuelta) y el Suden uni me parece un poco sosainas en ciertas canciones. Lo que dices de la repetición, es verdad que se basan mucho en ella, pero si te fijas, la música en general (al menos rock, metal, pop, folk, que son las que conozco) se basa en repeticiones de múltiplos de dos, preferiblemente de cuatro, e incluso muchas veces, sobre todo en cosas más progresivas, se evita el doce. Lo que hace Moonsorrow en todos los discos es repetir sobre todo en ochos, pero cada cuatro meten una variación en los adornos manteniendo la misma base. Me explico como el culo, pero si escuchas el principio del "Gallows hymn" de Primordial verás claramente a qué me refiero; lo hacen muchos grupos. Es una de las razones por las que me gusta tanto Moonsorrow: desarrollan todas las melodías hasta su punto justo, sin pasarse ni quedarse cortos, y luego pasan a otra melodía que puede ser parecida o no, pero la base ya cambió. De hecho yo no quitaría ni un minuto de ninguna de las cuatro canciones, porque sería mutilarlas y eso sí que se notaría, y lo notarías tú también y parecería que le falta algo. (Vale, igual al final de la última le podrías quitar un minuto o dos, pero ya ves... 15 min en lugar de 16. Por cierto, los "ton ton tototón" del final suman dieciséis en total, ¿ves? ¡todo encaja! XD)

Te voy a poner dos ejemplos de canciones que me gustan pero fallan en esto por exceso o por defecto. Por exceso: una del Vikinguliguliguli veldi de Enslaved, no sé si era la primera o la segunda pero creo que la segunda, tiene riffs bastante buenos pero hay una parte que se ponen a repetir y no acaban nunca, siempre que la oigo pienso "ahora va a cambiar" pero aún sigue un ciclo más. Queda un poco antinatural, a mi ver. Por defecto: Arkona, "На моей земле / Na moey zemle", la de quince minutos del último disco. Empieza con coros y tal; a partir del minuto 2:50, cuando empiezan todos los instrumentos, y durante más o menos un minuto o dos, hay un montón de melodías apelotonadas que piden a gritos un desarrollo más largo. No sé si es que se cortaron ellos o se quejó Napalm, pero es una canción buenísima que podría haber quedado magistral, obra maestra.

Por todo lo expuesto anteriormente, Moonsorrow los supera a todos :D

Lo de las estridencias del final supongo que responde más al concepto (fin del mundo,los instrumentos agonizan por turno hasta que de repente se mueren todos a la vez) que a la música en sí; fuera como fuera la canción iban a meter eso al final. Imagino que se verían en la disyuntiva de hacer un final bonito de canción a costa del concepto o dramatizar el fin a costa de la belleza musical, y que eligieron lo segundo porque de belleza musical ya tenían una hora. Digo yo, vaya. Como canción sola ese final sería una mierda, pero como disco completo, coincide con el principio ("se cierra un ciclo") y transmite lo que ellos buscan.

Tengo curiosidad por saber tu opinión del nuevo de Primordial... creo que en ese caso coincidiremos más.

Oh, y el de Within Temptation está guay, nunca había escuchado un disco entero suyo más de una vez y con este llevo unas cuantas. Popero, pero con canciones en general buenas y bastante pegadizas. El de Amon Amarth aporta poco pero no me desagrada, la verdad.

Bufff. Ya me callo. Perdón.

enlil dijo...

Nono, non te cales, está ben ver diferentes puntos de vista!

Pois sí, en canto a Moonsorrow non estaremos de acordo. Debes de ser un dos casos máis extraños, engancharte co Hävitetty!? Supoño que algo terá que ver que moitas veces o primeiro disco que escoitas de X banda é ó que lle tés máis aprecio, a mín pasoume cos 2 primeiros de Moonsorrow, e recordoume a unha web que estaba criticando o novo de Children of Bodom. Debe de ser unha web na que traballan xente que se debeu meter no mundo dos pinchos e cuero fai menos de 10 anos, porque poñían ó Hate Crew Deathroll polas nubes, coma o mellor de Children..., pero todos! É... extraño para mín... Podería apostar a que foi o primeiro que oíron da banda.

A mín, o de Moonsorrow, por máis que o oiga, faiseme largo, non tanto coma o previo, eso sí.

Novo de Primordial, heille dar unha oída, de momento poucos oín do 2011, primeiro téñome que desenganchar do gran disco de Arash...
Temptation in my heart, I'm burning, I fall apart! nanainaina nai nanananaaa XD

http://www.youtube.com/watch?v=qcw5BpYIqp4

Grilo do Demo dijo...

Mmmm no sé, igual tiene que ver, pero no sé hasta qué punto, porque es con el que me enganché, no necesariamente el que más me gusta (el primero me parece bueno sin más, el resto me parecen grandiosos todos, pero de elegir uno... el Kivenkantaja es mucho Kivenkantaja de dios... jaja). Aunque igual si empezara con otro tendría al Hävitetty un poco más abajo, a saber.

De Children nunca fui muy fan. Oí dos o tres discos, incluyendo Blooddrunk, y ninguno me disgustó, pero no los volví a oír. I get your point, though. Pero mira una cosiña... ¿Arash?

enlil dijo...

Jajaj era unha nota de humor absurdo XD pero conste que a mín o disco de Arash do 2005 non me pareceu malo, era peor o do 2008 (sí, teñoos por aquí XD) E aparte, estabamos pensando si sería factible facer unha versión en Mileth del (non a de Temptation).

Queríamos facer algo diferente, non as típicas tipo Breaking the law ou The Trooper... e penso que hai unha del que pode ser interesante.... algo que non sexa Metal, eu diría, ainda que eu ahí non mando e adaptareime ó que diga a maioría ou no seu defecto Marcos :D

De Children, se non te chamou a atención o Follow the Reaper ou Hatebreeder, entón déixaos XD

Anónimo dijo...

Grilo, te sales: buenisima explicacion de ritmos musicales dentro del metal.
Y tambien estoy contigo en que Moonsorrow 2011 es un buen disco (este EE é un pouco raro, xa sabes XDD es coña).
En Arkona si que no, lo siento (es que me gusta mucho el grupo, que le coy a hacer), pero ese tema en concreto creo que es de lo mejor que ha sacado la banda. Que lo hayan podido hacer mejor si que lo es pero entonces deberia estar en patrimonio de la humanidad y eso es complicado XDD
RMS.

Grilo do Demo dijo...

Si a mí también es un grupo que me encanta (no tengo discos originales tripitidos de muchos grupos, jeje) y estoy de acuerdo en que la canción es de las mejores, pero... imagínate que desarrollaran esas partes... saber tienen que saber hacerlo por narices!! pero no lo hicieron, a saber por qué.

Por cierto, yo estaba intentando contactar contigo para entrevistar a Ruyan, escríbeme plis, moonsorrowbio a gmail com ;)

RMS dijo...

Escribeme tu y hablamos un rato.
Por mi encantado de ayudar ;)

airi dijo...

pick of the day for me : Illdisposed - To Those Who Walk Behind Me
hihi, idk if it's from the album you reviewed but i liked it the most from their myspace :P just listened to the ones you gave higher points and it nearly took whole day XD i must comment again on your headline "microreviews" XD

enlil dijo...

It's the title track of the previous one... but Illdisposed?? your taste always amazes me XD