lunes, enero 07, 2013

De volta

Ano novo post-apocalíptico e novas no blog: añadín unha sección que veredes na dereita: As grandes grandes grandes promopics, ou fotos promocionales de grupos metaleros. E tamén hai novedades nas microreviews, a partir de agora irei unha a unha, así, haberá posts máis frecuentes en lugar de esperar a ter 5 ou 10 discos revisionados para postear a entrada. Polo demáis penso que no 2013 poderei traballar nalgo máis en canto a música de Enuma Elis, cousa que xa botaba en falta!
Sorte neste novo ano a todos, que falta ha facer.

lunes, diciembre 24, 2012

Vémonos nuns días

Tómome un descanso ata o ano que vén, vémonos e pasadeo ben!

jueves, diciembre 20, 2012

Érase un programa de Tele5...

Penso que co título que lle puxen non fai falta decir moito máis nestes últimos días XD
Bueno, non sei se vedes Tele5, un programa que se chama "La Voz"... EU NO
A cuestión é que parece que o sigue -ou sigueu, dicen que xa acabou- unha barbaridad de xente, incluídos jevis (uuuh me quejo de telemierda, pero me la trago porque me entretiene... amos!), coa excusa de que hai "un jevi" cantando ahí. En fin... 
Parece ser que me estou encontrando a noticia últimamente de que o tipo "versionou" no programa "a versión" que fixeron un día Stravaganzza de Hijo de la Luna e non lles deron o crédito a eles, ante o cal hai unha avalancha de xente queixandose sobre o maltrato do metal en España e incluso desde a distribuidora Avispa mandaron un comunicado de queixa!

Avispa Compañía Discográfica quiere expresar su malestar por la injusticia cometida en la final del programa La Voz de Tele 5 con nuestro artista STRAVAGANZZA.
La versión del tema 'Hijo de la Luna' que interpretó el concursante, finalmente ganador, Rafa con David Bisbal fue una copia exacta de la versión que dicho grupo grabó y publicó con esta compañía en 2006, como demuestra el disco 'Hijo del Miedo' de referencia ADC155 de Avispa.
Nos apena profundamente que en un momento en el que la música necesita de todas las ayudas y reconocimientos, no se haya mencionado la existencia de esa versión metal de tan magnífica canción compuesta por Jose Mª Cano.
STRAVAGANZZA arriesgó mucho en su día realizando esta versión con la que puso todos sus esfuerzos e ilusiones y se hubiese merecido su justo reconocimiento.
Mal empezará Rafa su carrera musical si se olvida de mencionar sus fuentes de inspiración en un estilo musical que ha hecho siempre de la autenticidad y lealtad sus estandartes y signos de identidad.

Sí, seguro que lles interesa moitísimo que Rafa empece ben ou mal a súa carreira... 
 
Incluso polo que vexo ata o Leo está indignadísimo
Facebook Leo Jiménez




O certo é que vendo o tema sí que parece a versión que fixeran Stravaganzza, moi liviana, xa que as guitarras non sonan case, pero sí. E ahora digo eu... ¿e qué? 
Penso que sí que podería estar ben que lle deran mención ao grupo que fixo esa versión, pero penso tamén que a noticia trascendeu e que os seguidores do grupo están tirando para que se sepa... que era eso o que se debería resaltar como resultado final, non? De feito hoxe lín que no programa de Ana Rosa falaron de Stravaganzza XD Leo, xa podes estar tranquilo, igual un día te invitan á mesa esa das cotorras para que contes cómo pedías fotos de jóvenes groupies polo myspace hai un par de anos co outro, o tal IX Ballerina.

Outra cuestión é que por máis que se fale, non haberá máis xente que lle guste o Metal, síntoo moito, Stravaganzza. Sei que vos gustaría volver a sonar nos 40 principales, pero hoxe en día a cousa está complicada, por máis que dixeran o voso nombre en Tele5.
Eu creo que as preguntas esenciales son: ¿qué facían tantos jevispanos vendo ese circo de "artistas-próximos xoguetes rotos"? ¿tanto preocupa hoxe en día que salga un "jevi" na tele -en tele5 para máis inri-, aparte con todos os clichés estéticos, para mín que xa deberíamos ter superado...?
Bueno, a veces olvídome que neste país os grupos de metal máis seguidos son Warcry, Saratoga e Mago de Oz... XD
E por último, ¿porqué a xente se queixa que todo o que hai na televisión é unha merda, en especial en tele5, pero logo están enganchados á primeira basura que emiten?

miércoles, diciembre 19, 2012

Interrogantes de Metal - De perillas

Esta pregunta xa ma fixen un día, pero volvo aquí para metela nesta colección:
¿Porqué se Rob Halford era rubio, ten perilla negra?


viernes, diciembre 14, 2012

Microreviews Decembro'12 - III


3 Inches of Blood - Long Live Heavy Metal (2012)
Heavy Power Metal 
Facebook
Recordo que o anterior destes canadienses, "Here Waits Thy Doom" non me gustara prácticamente nada, e por eso tiven certos reparos en poñerme co novo de 3 Inches of Blood. Según lembro, aquel perdera un pouco a velocidade e frescura que posuían e fórame un pouco "pantanoso" de oír. Sen embargo, o novo paso dos canadienses é unha volta ó Heavy Metal de raíz tradicional e ochentera baseada na NWOBHM, un disco cañero e con pegada ó que añaden esas pizcas de Thrash e ese feelin' rockero que lle senta tan ben e no que parece que se moven máis cómodos 3 Inches of Blood.
Desde Iron Maiden, con esas míticas harmonías dobladas deles, ata Saxon, Judas Priest ou Accept-UDO -sobre todo pola voz do cantante, que hei de admitir que nun principio sempre me pareceu paródica-, estes canadienses sacáronse un bo álbum, todo un tributo ó Metal ochentero e divertido de oír, ainda que se me fixo algo largo. Tamén é certo que o escoitei coas bonus tracks, que son puro relleno evitable que alargan o lanzamento ata máis de 1 hora... Perfectamente podedes pasar delas.
Long Live Heavy Metal. 7/10

Dawnbringer - Into the Lair of the Sun God (2012)
Heavy Metal
Facebook
Tema: IV
É curioso, cando oín por primeira vez a Dawnbringer no "aleatorio" do guaynamp dixenme "buf cómo sona este grupo a aqueles de Chris Black, os Superchrist e High Spirits". Entón dinme de conta que eran Dawnbringer, o outro proxecto onde o americano participa compoñendo, cantando e tocando a guitarra, ademáis con membros de High Spirits e Pharaoh, o outro grupo no que Black participa e que me faltaba de nombrar. 
Sabendo esto, é obvio que o novo Dawnbringer tamén sona moi parecido aos outros grupos, xa que tamén comparte un estilo similar. Tal vez a diferencia radique en certas concesións máis escuras e cercanas ó que foron os primeirísimos comezos do Black Metal, con Venom e Hellhammer de guías espirituales de Dawnbringer. Pero desde logo o que manda é un Heavy Metal moi tradicional, moi "de riff" e enraizado na old school da NWOBHM, tendo coma principal influencia a Iron Maiden. En máis dunha ocasión nos poden vir á mente os de Harris cando fan eses punteos doblados, de feito Into the Lair of the Sun God parece un disco que podería definir coma os Iron Maiden dos 3-4 primeiros discos mezclado co sonido máis crudo de Venom ou Motorhead, certo deje doomy de The Lord Weird Slough Feg -sobre todo desde a metade ata o final- e con Lemmy mandando á voz. 
Penso que é un disco que se oe bastante ben, a pesar de que hacia o final floxea un pouco, os temas vanse tornando máis lentos -para mín desacertadamente- cunhas 3 últimas cancións que baixan o listón demasiado con respecto ós primeiros cortes .  
Into the Lair of old school. 6/10

Kawir - ΙΣΟΘΕΟΣ  (2012)
Pagan Black Metal
Oficial
Tema: Hymn To Winds
..e chegou tarde ós meus oídos, pero arrivou a casa finalmente: O Disco de Pagan/Black do 2012 é o dos descoñecidos ata o dagora para un servidor, Kawir.
Kawir semellan ser unha banda procedente de Grecia e que levan case 20 anos de historia. Véndolle as pintas ós fulanos esperábame un disco de Black Metal, pero non, o que fan estes gregos é un Pagan moi a medio tempo, de melodías largas que entremezclan Folk con Black e moitos coros que lles dá unha sensación entre atmosférica e vikinga, ainda que realmente, a lírica deles basease na súa rica tradición mitolóxica natal.
Esta vertente máis sosegada do Pagan Metal, que une épica con tremolos e medio tempo na sección rítmica só pode ter uns pais directos: Bathory, grupo do cal aposto que Kawir son grandes fans da súa época máis vikinga e que en temas coma "Hades" recalcan sen pudor. Sen embargo este ΙΣΟΘΕΟΣ recordoume moito tamén a Forefather, grupo das miñas debilidades, dos cales acollen certas melodías moi no seu estilo, ó igual que os coros que combinan cos rasgados, tanto na súa composición coma na súa confección.
Todo un descubrimento o desta banda certamente underground que de seguro ha de encandilar ós fans das bandas citadas e tamén ós de Falkenbach, primeiros Vintersorg, Otyg ou Windir.
Os Forefather gregos. 9/10
Este vaille recomendado a RMS XD

Revoltons - 386 High Street North: Come Back to Eternity  (2012)
Progressive Power Metal
Revoltons son unha banda de Power con toques progresivos procedente de Italia -outra máis, nese país non ganan para este xénero-. Levan xa bastantes anos na música, pero coma moitas outras nadas en Italia, non sobrepasaron as fronteiras en canto a repercusión, e seguirano sen facer con este novo disco, todo un despropósito para o estilo, cun cantante que dana os oídos e que vai nunha dimensión aparte da música e cunhas composicións que pretenden ser escuras e variadas, pero que causan tedio a máis non poder. Pouco importa que os tipos toquen ben, que utilicen elementos diversos, coma guitarras acústicas ou pianos... os riffs son malos, a atmósfera quédase en terra de ninguén, o cal desemboca nunha escoita realmente difícil. Eu intenteino 2 veces e sólo puiden completalo a primeira, pensando si me reservarían algunha sorpresa para o final.  E bueno, sorpresa houboa, pero moi negativa: tema de 15 minutos, cuios 8 primeiros sonan coma se fora grabada nun estudio diferente de peor presupuesto. Logo hai un silencio e no minuto 10 empeza outro tema que parece que esteña grabado na habitación dun deles cun radiocassette. Por se fora pouco, neste último tema cambian de rexistro para ofrecer algo máis cercano a.. un... grunge/rock progresivo que é ainda peor que calquera corte do CD. De verdade, ainda non sei qué pretenderon con esta maniobra tan bizarra.
Facía tempo que non oía un CD de Prog Power tan malo. Síntoo pola banda, pero fan un tipo de música que na que difícilmente destacarán con discos así. 0/10

Strydegor - In The Shadow Of Remembrance (2012)
Melodeath
Oficial
Tema: Fight For Decay
O segundo álbum destes alemanes e primeiro que lles oigo, fíxome pensar que sen duda, a inexistencia de Amon Amarth cambiaría moito as cousas nos novos grupos que se dedican ó Death Melódico "guerreiro". De feito, penso que se os suecos non existiran, probablemente Strydegor tampouco, alomenos non co sonido que presentan en In The Shadow Of Remembrance. 
Dito esto, xa está dita a metade da película: Death Metal melódico con aura Black e sentimento vikingo, moito tremolo picking en quinta e sexta corda e riffs que incitan á batalla pero que gardan ese certo toque melódico e melancólico en certas partes. O sonido acompaña perfectamente á proposta de Strydegor, ofrecendo pesadez de guitarras e crudeza machacante. 
Hei de confesar que hai temas que se me grabaron a fuego de primeira oída, coma "Fight For Decay", ou "Waves of Sorrow", que me recordaron ós mellores Amon Amarth pola súa pegajosidad á que hai que acompañar cun headbanging involuntario, pero desgraciadamente non todo é tan bonito en In The Shadow Of Remembrance, pois hai un par de temas ou tres que están compositivamente a palpable distancia dos bos. Agora mesmo recordo especialmente "Meadguard", xa que é a que cerra o disco bastante indignamente para o resto que levamos escoitado. 
De todos xeitos, o balance acaba sendo positivo. Eu prefiéroo ó Surtur Rising sen lugar a dudas.
Para fans de Amon Amarth, Unleashed, Demonical ou Evocation. 7/10

jueves, diciembre 13, 2012

Esperando o Heavy Metal Messiah

Parece ser que xa é oficial: en Reino Unido o ascenso espiritual dos metaleiros é unha realidade! Segundo as estadísticas do censo do 2011, dos británicos que se declararon coma procesantes "doutra relixión" -uns 254.000-, máis de 6.000 siguen a visión relixiosa do Heavy Metal -non me preguntedes cál é, pero en seguida vos faigo un decálogo para un seguidor do Metalpaco God se mo pedides XD-. 

As conclusións deste estudio son que por un lado, os procesantes da relixión do Heavy Metal incluso superaron ós que se declaran satánicos, que apenas chegan ós 2.000. Logo, a pesar de que o número de "caballeros Jedi" (cómo se diría en galego se non existe a "j"? Xedis? XD) segue a ser o máis grande neste grupo (176.000 practicantes), notouse un descenso nos últimos anos. E por outro lado, o paganismo gana terreno con máis de 56.000 afiliados. 

Detrás da historia da "relixión do Heavy Metal" semella que hai certa broma propagada pola Metal Hammer UK edition, que animaba ós seus lectores a unirse a esta causa. O apoio de Biff Byford, cantante de Saxon, fixo que a iniciativa ganase en popularidade, e así chegaron a estes 6.242 adoradores do Metal!
Quén dá máis!
  
Fuente

En honor a todos aqueles que morreron por obra e gracia do Metal, toquemos un solo e mostremos os nosos cornos ante os pecadores da radiofórmula.

miércoles, diciembre 12, 2012

Microreviews Decembro'12 - II

Opera Diabolicus - 1614 (2012)
Epic Gothic Doom Heavy Metal
Oficial
Como o novo de Therion non é que me entusiasmara precisamente, pensei que neste 2012 podería encontrar uns sustitutos válidos nos debutantes Opera Diabolicus. Éstes son un proxecto bicéfalo, comandado por David Grimoire e Adrian de Crow, un músico e un letrista respectivamente, que parece ser que acordaron facer un disco inspirados por unha obra escénica de "O nome da Rosa" de Umberto Eco á que ambos asistiron en Suecia e onde se conoceron por casualidade. Sona un pouco a cuento, pero bueno, tanto dá, a cuestión é que hai coma uns 5 ou 6 anos empezaron a discurrir este 1614, ano da morte de Elisabeth Bathory á que dedican un tema e a portada (ou sexa, que todo eso do Nome da Rosa... é moi bonito para a historia da banda, pero quedouse un pouco a un lado XD).
Así, unha vez lanzado o álbum, os comentarios que lín eran máis ca esperanzadores: unha Opera Metal con elementos de King Diamond, Therion ou Mercyful Fate que se vén envoltos nun Gothic/Doom progresivo. Impresionante. E en gran parte esta descripción é certa, ademáis conta coa colaboración de dous que traballaron con Therion coma Snowy Shaw e Mats Levén, logo Niklas Isfeldt (Dream Evil) e unha tal Alisander-Ason como voz operística feminina.
Por se fora pouco, o disco sona moi ben, e as composicións están moi traballadas, con partes brillantes no medio dalgunhas cancións.
O malo... esto non supera a mellor época de ningunha das bandas mencionadas. Por algún motivo, o producto final desta suma de interesantísimas cousas non deu chamado a miña atención tanto coma intuía nun principio. Bueno, nin nun principio nin nun final, xa que debo levar oído máis de 7 ou 8 veces o CD, e segue sin tocarme a fibra. É algo extraño, xa que os ingredientes cos que está feito 1614 son moi do meu agrado, pero, sen ser tampouco un mal trago, deixoume algo destemplado. 6/10


Sear Bliss - Eternal Recurrence (2012)
Atmospheric Black Metal
Recordo que descubrira a estes húngaros polo EP "Pagan Winter" por aló do 97, e resultáranme xa daquela un grupo bastante curioso. Nunca oíra unha banda de Black Metal con trompeta. Era cando menos desconcertante. Nesto, Sear Bliss poderíase considerar unha banda pionera, ainda que realmente a súa proposta non causase excesiva expectación nin fose modelo para outras bandas -polo que vín-. 
Xa pasaron anos desde aqueles comezos interesantes, uns vinte xa, e os húngaros non pararon de evolucionar na súa personal maneira de entender o Metal extremo. Así, a principios deste 2012 sacaban o seu séptimo CD, Eternal Recurrence, con moitas máis concesións á experimentación que antes. Riffs extraños envoltos de vez en cando pola famosa trompeta, momentos ambientales pseudojazzies apoiados por teclado e melodías vocales bizarras conxúntanse nunha atmósfera máis vanguardista e cambiante do que eu me esperaba. O malo é que nunha vista xeral o álbum non me acabou de convencer, e supoño que nesto ó que lle toca é, ó de sempre: á composición, que sí que intenta ser todo o variada que pode, pero que a mín non me enganchou coma en pasados traballos. 5/10

Landforge - Servitude to Earth (2012)
Doom Metal / Post Rock
Bandcamp
Tema: Enchantress
Procedente do Reino Unido, Landforge é un one-man-project (Stephan Carter) que se decideu por combinar dous estilos que sempre lles vín posibilidades de conxunción: o Doom e o Rock atmosférico ou Post Rock. Ambos xéneros derivan na mesma pretensión de levar ó oínte a un estado melancólico e escuro a través de música lenta e ambiental, nun caso con guitarras máis profundas que no outro, e o señor Stephan Carter consegue aunar momentos de densidade con outros de guitarras en clean con rotundo éxito. Melodías largas e temas orgánicos fan que nos olvidemos da necesidade de voces nin letras, nin sequera teclados, para transmitir certos sentimentos.
Servitude to Earth é o segundo álbum de Landforge (que ó principio pensaba que sería unha banda de Power Metal XD), un CD feito con dedicación e feeling. Se tivera un sonido máis contundente daríalle un plus, pero tal e como está presentado xa sobra decir que aquí hai calidade.
45 minutos que se pasan sen darse de conta 8/10

The Forsaken - Beyond Redemption (2012)
Melodeath / Thrash Metal
Facebook
Tema: Beyond Redemption
No primeiro post de Microreviews de Decembro falaba sobre "a segunda ola" de Death Metal (incluíndo o Death old school, Melodic Death e o Death-Thrash) que se produxo en Suecia a finales dos 90-principios dos 2000, decindo que prácticamente ningunha daquelas bandas conseguiron facer o que os seus antecesores; nin chamar a atención a nivel internacional sendo exemplo para outras, nin tan sequera ser recordadas máis aló dos círculos do seu xénero. The Forsaken pode ser outro exemplo máis desta casuística, xa que, cunha gran axuda nos seus primeiros álbumes, proporcionada por Century Media, que vira un gran mercado na marca "swedish melodeath" a principios da pasada década, estes suecos chegaron a sacar 3 discos en 3 anos. Os 3 grabados nos prestixiosos Abyss Studios cun ingeniero de pro coma Tommy Tägtgren, irmán de Peter, polo que sobra falar sobre a calidade de sonido daqueles álbumes. O malo é que a música de The Forsaken non conseguiu chamar a atención do público, supoño que polo pouco innovador da súa proposta. Recordo ter oído algún daqueles tres CDs naquela época e decir "sí, sona guay, pero prefiro escoitar Into The Abyss (Hypocrisy), Timeless Departure (Skyfire), The Avenger (Amon Amarth) ou Sindustries (Gardenian)". 
Algo así pasa coa volta ó ruedo logo do seu último disco en 2003; Beyond Redemption é un disco que se oe bastante ben, hai momentos nos que certo riff ou cambio poden chamar a atención, pero en líneas xerales reincide na mesma pouca imaxinación que tiveron moitas outras bandas de Melodeath sueco surxidas nos 2000. É difícil escoller temas, xa que todos van rallando a un nivel parecido; dosis de old school mezclado con melodía, algún guiño thrasheiro e sonido denso e contundente, totalmente profesional. Penso que ós máis fans da movida sueca lles poderá interesar, pero nos meus ollos non deixa de ser outro CD máis, con gran producción pero normaliño en canto a composición. 
Unha volta polo mesmo sendeiro. 5/10

Ensiferum - Unsung Heroes (2012)
Symphonic Folk Melodeath
Oficial
Tema: In My Sword I Trust
Malas vibracións me deron as primeiras oídas do novo de Ensiferum, e a miña percepción non mellorou co tempo. Sorprendeume ver que na maioría de webs que suelo checkear en canto a novidades, os comentarios eran similares ós meus e incluso bastante peores nalgúns casos. Non suele pasar XD
Unsung Heroes é o quinto LP dos finlandeses, e para mín sen duda o peor da súa carreira e un gran baixón desde o From Afar.
Parece que o baixista, durante o período de grabación dixo algo así coma que moitos riffs eran antigos, desbotados doutros discos, cousa ésta que non me extraña, porque distan da frescura que a estas alturas se lle pode esixir a Ensiferum. Para darlle un aire novo a eses riffs, os suomis pretenderon proveer cunha envoltura moito máis épica e menos vikinga a este novo disco, facendo que certas pezas non parezcan propiamente deles. Ademáis, podemos observar tanto unha deceleración xeral de velocidade, e un maior uso de voces limpias/coros, que xunto cunhas composicións bastante mediocres, sobre todo na parte central-final do disco, sacudiron a boa parte dos seus fans. Por exemplo, "Celestial Bond" é unha peza acústica cantada por unha rapaza, é unha composición certamente celta, e non está mal, pero dá a sensación de estar fóra de lugar no álbum, ó igual que "Star Queen (Celestial Bond II)" que contén unha línea melódica vocal.. asiática? e que se fai extremadamente larga para os 6 minutos que dura. "Pohjola" tén unha estructura desordenada, confusa, onde a melodía principal podería ser máis ben dos Amorphis noventeros -e seguro que eles a aproveitarían mellor-, e o estribillo sona absolutamente Metsatöll. "Last Breath" é un tema tamén acústico -2 cortes acústicos de máis de 4 minutos?-, outro relleno que non dice nada e que parece máis ben composto por Turisas. 
Pero o prato forte vén coa interminable última canción de máis de un cuarto de hora "Passion Proof Power", un caótico corte que parece que non dá empezado, cunha melodía vocal moi fulera, e extractos de piano, de voces operísticas, de Metal progresivo, neoclasicismo... un pseudoplaxio de Amorphis entre o 5:30 e o 7:30, con esa mesma forma de facer melodías e con ese aire de Rock setentero levado a Death -que ollo, para mín é do mellor do CD-. Logo tamén apareceron pola miña mente Therion, Nightwish, Dream Theater... no que parece un collage sen ton nin son no que Ensiferum se perderon sen dúbida.
Está ben o da amplitude de miras, pero penso que neste álbum Ensiferum quixeron ser algo que non son, quizáis por falta de ideas propias que continuasen a boa senda que levaban, e que se nota nos temas máis típicos seus, mediocres no mellor dos casos. En todo caso, serviulles para o propósito principal que parecen ter a maioría de bandas actualmente: ir de xira.
Para cerrar, obsequiannos cunha versión divertida de Bamboleo, que nin sequera souberon facer no seu propio estilo, senón que para ela tiraron de Mokoma e Stam1na... hai que ver...
Gran bache. 3/10