Heavy Power Metal
Recordo
que o anterior destes canadienses, "Here Waits Thy Doom" non me gustara prácticamente nada, e por
eso tiven certos reparos en poñerme co novo de 3 Inches of Blood.
Según lembro, aquel perdera un pouco a velocidade e frescura que
posuían e fórame un pouco "pantanoso" de oír. Sen embargo, o novo paso dos
canadienses é unha volta ó Heavy Metal de raíz tradicional e ochentera
baseada na NWOBHM, un disco cañero e con pegada ó que añaden esas pizcas de
Thrash e ese feelin' rockero que lle senta tan ben e no que parece que
se moven máis cómodos 3 Inches of Blood.
Desde Iron Maiden, con esas
míticas harmonías dobladas deles, ata Saxon, Judas Priest ou Accept-UDO
-sobre todo pola voz do cantante, que hei de admitir que nun principio
sempre me pareceu paródica-, estes canadienses sacáronse un bo álbum,
todo un tributo ó Metal ochentero e divertido de oír, ainda que se me fixo
algo largo. Tamén é certo que o escoitei coas bonus tracks, que son
puro relleno evitable que alargan o lanzamento ata máis de 1 hora... Perfectamente podedes pasar delas.
Long Live Heavy Metal. 7/10
Dawnbringer - Into the Lair of the Sun God (2012)
Heavy Metal
Tema: IV
É
curioso, cando oín por primeira vez a Dawnbringer no "aleatorio" do
guaynamp dixenme "buf cómo sona este grupo a aqueles de Chris Black, os
Superchrist e High Spirits". Entón dinme de conta que eran Dawnbringer, o
outro proxecto onde o americano participa compoñendo, cantando e
tocando a guitarra, ademáis con membros de High Spirits e Pharaoh, o
outro grupo no que Black participa e que me faltaba de nombrar.
Sabendo
esto, é obvio que o novo Dawnbringer tamén sona moi parecido aos outros
grupos, xa que tamén comparte un estilo similar. Tal vez a diferencia
radique en certas concesións máis escuras e cercanas ó que foron os
primeirísimos comezos do Black Metal, con Venom e Hellhammer de guías
espirituales de Dawnbringer. Pero desde logo o que manda é un Heavy
Metal moi tradicional, moi "de riff" e enraizado na old school da
NWOBHM, tendo coma principal influencia a Iron Maiden. En máis dunha
ocasión nos poden vir á mente os de Harris cando fan eses punteos doblados, de
feito Into the Lair of the Sun God parece un disco que podería definir
coma os Iron Maiden dos 3-4 primeiros discos mezclado co sonido máis
crudo de Venom ou Motorhead, certo deje doomy de The Lord Weird Slough
Feg -sobre todo desde a metade ata o final- e con Lemmy mandando á voz.
Penso que é un disco que se oe bastante ben, a pesar de que
hacia o final floxea un pouco, os temas vanse tornando máis lentos -para
mín desacertadamente- cunhas 3 últimas cancións que baixan o listón demasiado con respecto ós
primeiros cortes . Into the Lair of old school. 6/10
Kawir - ΙΣΟΘΕΟΣ (2012)
Pagan Black Metal
Oficial
Tema: Hymn To Winds
..e chegou tarde ós meus oídos, pero arrivou a casa finalmente: O Disco de Pagan/Black do 2012 é o dos descoñecidos ata o dagora para un servidor, Kawir.
Kawir semellan ser unha banda procedente de Grecia e que levan case 20 anos de historia. Véndolle as pintas ós fulanos esperábame un disco de Black Metal, pero non, o que fan estes gregos é un Pagan moi a medio tempo, de melodías largas que entremezclan Folk con Black e moitos coros que lles dá unha sensación entre atmosférica e vikinga, ainda que realmente, a lírica deles basease na súa rica tradición mitolóxica natal.
Esta vertente máis sosegada do Pagan Metal, que une épica con tremolos e medio tempo na sección rítmica só pode ter uns pais directos: Bathory, grupo do cal aposto que Kawir son grandes fans da súa época máis vikinga e que en temas coma "Hades" recalcan sen pudor. Sen embargo este ΙΣΟΘΕΟΣ recordoume moito tamén a Forefather, grupo das miñas debilidades, dos cales acollen certas melodías moi no seu estilo, ó igual que os coros que combinan cos rasgados, tanto na súa composición coma na súa confección.
Todo un descubrimento o desta banda certamente underground que de seguro ha de encandilar ós fans das bandas citadas e tamén ós de Falkenbach, primeiros Vintersorg, Otyg ou Windir.
Os Forefather gregos. 9/10
Este vaille recomendado a RMS XD
Revoltons -
386 High Street North: Come Back to Eternity
(2012)
Progressive Power Metal
Tema: Jeremy Bentham
Revoltons
son unha banda de Power con toques progresivos procedente de Italia -outra máis,
nese país non ganan para este xénero-. Levan xa bastantes anos na
música, pero coma moitas outras nadas en Italia, non sobrepasaron as
fronteiras en canto a repercusión, e seguirano sen facer con este novo
disco, todo un despropósito para o estilo, cun cantante que dana os
oídos e que vai nunha dimensión aparte da música e cunhas composicións
que pretenden ser escuras e variadas, pero que causan tedio a máis non poder. Pouco
importa que os tipos toquen ben, que utilicen elementos diversos, coma
guitarras acústicas ou pianos... os riffs son malos, a atmósfera quédase en terra de ninguén, o cal desemboca nunha escoita realmente difícil. Eu intenteino 2
veces e sólo puiden completalo a primeira, pensando si me reservarían
algunha sorpresa para o final. E bueno, sorpresa houboa, pero moi
negativa: tema de 15 minutos, cuios 8 primeiros sonan coma se fora grabada nun estudio diferente de peor presupuesto. Logo hai un silencio e
no minuto 10 empeza outro tema que parece que esteña grabado na
habitación dun deles cun radiocassette. Por se fora pouco, neste último tema
cambian de rexistro para ofrecer algo máis cercano a.. un... grunge/rock
progresivo que é ainda peor que calquera corte do CD. De verdade, ainda
non sei qué pretenderon con esta maniobra tan bizarra.
Facía
tempo que non oía un CD de Prog Power tan malo. Síntoo pola banda, pero
fan un tipo de música que na que difícilmente destacarán con discos
así. 0/10Strydegor - In The Shadow Of Remembrance (2012)
Melodeath
Oficial
Tema: Fight For Decay
O
segundo álbum destes alemanes e primeiro que lles oigo, fíxome pensar
que sen duda, a inexistencia de Amon Amarth cambiaría moito as cousas
nos novos grupos que se dedican ó Death Melódico "guerreiro". De feito,
penso que se os suecos non existiran, probablemente Strydegor tampouco,
alomenos non co sonido que presentan en In The Shadow Of Remembrance.
Dito
esto, xa está dita a metade da película: Death Metal melódico con aura
Black e sentimento vikingo, moito tremolo picking en quinta e sexta
corda e riffs que incitan á batalla pero que gardan ese certo toque
melódico e melancólico en certas partes. O sonido acompaña perfectamente
á proposta de Strydegor, ofrecendo pesadez de guitarras e crudeza
machacante.
Hei de confesar que hai temas que se me grabaron a
fuego de primeira oída, coma "Fight For Decay", ou "Waves of Sorrow",
que me recordaron ós mellores Amon Amarth pola súa pegajosidad á que hai
que acompañar cun headbanging involuntario, pero desgraciadamente non
todo é tan bonito en In The Shadow Of Remembrance, pois hai un par de temas
ou tres que están compositivamente a palpable distancia dos bos. Agora
mesmo recordo especialmente "Meadguard", xa que é a que cerra o disco
bastante indignamente para o resto que levamos escoitado.
De todos xeitos, o balance acaba sendo positivo. Eu prefiéroo ó Surtur Rising sen lugar a dudas.
Para fans de Amon Amarth, Unleashed, Demonical ou Evocation. 7/10
2 comentarios:
Me extraña que no conozcas Kawir, pero yo ya los tenia fichados hace algun tiempo. Aunque no les veo tanto parecido a Forefather (y en ese caso seria al reves, serian Forefather los parecidos a...), si que es cierto que son un buen grupo de pagan black y que llevan ahi la mitra de tiempo.
Y este disco es de los que tengo guardados para Pagan Dreams Zine (gracias por la publi :P ).
Pois é que nin me sonaban! Se os outros discos son coma éste extráñame que non tiveran algo máis de reconocimiento! Alomenos para estar á par de Forefather ou Menhir, que xa teñen a súa popularidade no estilo!
Jeje a publi non costa nada, que Pagan Dreams tamén é coma o meu segundo, ou mellor dito, terceiro blog (que ainda que non publique en Albor Bizarro, sigue estando ahí XD)
Publicar un comentario