De mans de Chris Holmes e Randy Piper, créase en 2010 este grupo chamado Where Angels Suffer. Para os que esteñades un pouco perdidos en nombres (eu son o primeiro, nunca fun moito de saberme alineacións de metal, ainda que Chris Holmes é unha institución oitentera), estes homes proveñen da mellor época de W.A.S.P. Parece que uniron forzas para crear este grupo cuias iniciales son un burdo calco do grupo de Blackie Lawless (W.A.S). Ben, e vós diredes: "e qué hai de bizarro nesto, aparte de que o nombre sexa un tanto ridículo?". A cousa é que Randy Piper xa tiña o seu propio grupo, no que xa levaba un par de discos baixo o nome "Randy Piper's Animal" ou "Animal", cun estilo moi WASP e que incluso superaba ampliamente a todo o que saleu da manga de Lawless nos últimos 20 anos. O seu último disco "Virus" do 2008 é un trallazo! Ben, vouvos poñer os tracklist primeiro do album "Virus" (2008) e logo do primeiro de WAS, "Purgatory" (2010)
Virus: 1. Cardiac arrest 2. Can't stop 3. Don't wanna die 4. Crying eagle 5. Unnatural high 6. Judgement Day 7. Who's next 8. Zombie (The Cranberries Cover) 9. Shoot to kill 10. L.U.S.T.
Purgatory: 1. Cardiac arrest 2. Can't stop 3. Don't wanna die 4. Crying eagle 5. Unnatural high 6. Judgement Day 7. Zombie (The Cranberries Cover) 8. Shoot to kill 9. L.U.S.T. 10. Violent New Breed 11. Morning After 12. Eye of the Storm 13. Boom
... vaia cara! para vendelo coma un novo disco dun novo grupo, o que fixeron foi regrabar o Virus enteiro coa mesma formación salvo Holmes, quitarlle unha canción (Who's next) e añadirlle 4 cancións (as 4 últimas, do disco debut de Randy Piper, "Violent New Breed")!!! Unha total decepción que supoño que busca chamar a atención dos fans máis cérrimos de WASP, que por outro lado deben estar completamente aparvados se seguiron comprando os últimos bodrios de Lawless e non se deron cuenta dos 2 grandes discos de Randy Piper (que son máis WASP que os últimos de WASP! -alomenos no sentido dos 80's-). A paradoxa do fan sin criterio, diría eu. Pero eso non quita que WAS debera empezar por facer algo propio como grupo...
Se fai un tempo Whitesnake sacaban o seu propio caldo, parece que esta "moda" se está a extender entre algún metaleiro máis que lle gusta dar ó drinkin. Debe ser este o caso de Satyr, ó que vemos orgulloso do seu viño propio aquí abaixo:
Sólo é cousa de tempo que salga á luz o viño "Satan rosado do 2008" apadriñado por Gaahl!
Sigurd "Satyr" Wongraven, renowned vocalist/guitarist of the Norwegian black metal band SATYRICON, has partnered with Luca Roagna, a fifth-generation winemaker from Piedmont, Italy, to launch Satyr's own brand of wine. Wongraven has apparently chosen the best wines from the Roagna winery and is making them available with his name on each bottle in gothic letters and black background with an outline illustration of the devil on the label.
Two wines are currently available from the Wongraven brand:
* Langhe Rosso Alleanza Nero di Wongraven 2009
* Barolo Unione Nero di Wongraven 2006
Wongraven and Roagna first met in the spring of 2003 while SATYRICON was on tour in Italy and spent several months earlier this year creating two classic wines that represent a combination of Roagna's skilled vineyard work and Satyr's vision of traditional Piedmontese wines.
"When I explain my role in the process to musician friends who have no knowledge of wine, I tell them that Luca created the songs and recorded the album, while I mixed it," Wongraven told Adressa.no in a recent interview.
Authenticity is the common denominator in Satyr's music and wine.
Wongraven admits that he himself is skeptical when he sees other people lending their names to wine brands.
"I think that people who known me understand why I have chosen to lend my name name to these wines," he explained. "I have made wines that I am proud of."
O pasado viernes tivo lugar un gran acontecemento na historia de Mileth, por fin deuse un ensaio cun batería real. E non un batería calquera, senón que alguén con experiencia e tablas coma o é Juanjo. Esperemos que teña paciencia cuns noobs coma nosoutros e non se nos vaia, que un batería así éche difícil de pillar :P Por certo vaia sorpresa que se soubera todos os temas case á perfección e que nos dera paos a nós por estar tan "desenpracticados" XD Por outro lado, a rapaza que sustitúe a Ida, Dana, estivo máis ben observando, xa que non se sabía moi ben por onde ían as cancións e a verdade nin sequera cheguei a oír ben a súa voz, esperemos que para a próxima se poida poñer ó frente alomenos nun par, e por suposto que lle guste, que ainda non o sabemos moi ben :D O ensaio do outro día foi un pouco desastre, pero xa sabemos cómo son as primeiras veces, a cousa ten que ir mellor canto máis se toca. Fai 10 días ensaiamos sólo os guitarras e baixo e non tocábamos xuntos desde xunio ou xulio, e foi tamén bastante desastre. Eu nin sequera practicara as cancións por mín mesmo nese tempo de descanso, así que... XD Outra cousa que nos perdeu moito ós habituales foi a ausencia de teclados. Parece que non, pero eu incluso os utilizaba para non perderme, tal vez estaba moi acostumbrado a que sonaran e sempre levaran o tempo perfecto que facía a nosa batería informática... . Pode que por eso a terceira orixinal de Mileth terá que esperar a ser rematada: temos que aclimatarnos durante un par de ensaios máis uns a outros. Unha pena que sexan cada tanto tempo...
O proxecto de black-death colleu unha forma prometedora. O primeiro ensaio co novo guitarrista fora un pouco toma de contacto, pero no segundo, e partindo de cero (creo que foi mellor que aproveitar riffs soltos meus dos outros ensaios), a cousa púxose moi interesante. O outro rapaz leva anos dedicándose a esto e ten un equipo profesional de manda carallo! De feito, logo de ver a miña guitarra que se está caendo a cachos, dixo: "mellor cóllete unha das miñas, así ademáis estamos "entuneados"". Aparte, o que eu entendo de guitarras é nulo (xa vos imaxinades a miña cara cando me estaba "esta es una Jackson blabla de doble blabla... e eu "sisi.. mola mola" XDD", pero mamaíña, eso sonaba de vicio, ata parecía que os riffs salían sólos! Para este grupo tamén aconsellei a Elías, que se uneu de boa gana, él sempre se apunta a todas! e aproveitando que o anterior se lles foi con outro grupo que estaba de parón e se reactivou, veuse con nós a montar ruído. Do que me estou dando cuenta con eles é que dentro da miña cabeza sólo teño black metal XD vaia trve do carallo que son XD ... porque me decían "intenta algo máis death" e non sabía por ónde salir. O outro guitarrista en cambio está moi influenciado polo Thrash-Groove sepulturero e máis recentemente polo melodeath, así que pode resultar unha mezcla curiosa. O único sobre o que teño dudas é sobre a creación. Penso que ou debería haber un acordo case simbiótico entre varios ou deixarlle un % maior do proceso de creación a un, e logo os outros opinar. Máis ou menos eso é o que facemos en Mileth. Creando sobre a marcha como o fixemos pode resultar un final de colagge. Como diferentes cousas empastadas para que sone ben, e que realmente poida que sone ben en riffs separados, pero tal vez haxa que buscar máis unión entre as partes para crear algo sólido. De todos xeitos, estamos empezando, e haberá que ver por onde vai a cousa. O que sí, o outro guitarrista, dixo que a un ritmo de 1 ensaio por semana, tardaríase normalmente coma 1-1'5 anos en facer un concerto. Eu fíome del, así que é probable que eu me vaia antes deso (esperemos acabar a carreira, e logo veremos onde vamos, pero en Vigo véxoo complicado). Así que non tocará desta vez facer concertos, e, a verdade, non me vexo. Non me gustaría dar un ensaio-concerto, preferiría levalo ben co grupo que fora, a verdade.
Por último, hai novidades en canto a Enuma Elis. A idea xeral do disco está prácticamente rematada e dividida en capítulos. Estaba diante dos meus ollos a medida que o facía, e só tiven que unir cabos para cazar e ordenar as palabras e as ambientacións. Sobre o disco poido decir que vou facer caso omiso a todos os consellos que a xente me suele decir (que moitas veces son contradictorios XD). Vou liberar unha vez máis o subconsciente e deixalo actuar, creando cun orden abstracto en certas partes, e intencionadamente organizado para un par de cousas -Ainda que non moito XD-. No fondo, se quero plasmar o que está na miña cabeza, ten que ser desestructurado e abstracto na maior parte. De momento poido adiantar o nome dalgunhas cancións: "Visións - O Espello Deformador" de 2 partes, "Ira Contida (Tralas Rosas da Perdición)", que poidestes oír no anterior post, "Subconsciente Rebelión", "Insomnio", "Capita Mortua", "Katarsis"... estará por decidir o número, pero variará entre 9 e 11 cancións, e a media de duración promete ser coma o anterior "Obscura Epica", alternando entre as de 7-10 minutos e de 1-2-3, no que combino todo o ben que poido os estilos que máis me gustan (ainda que moi distintos) intentando facer algo que sone máis ou menos diferente e compacto. O diseño levarao nun 100% Airi esta vez cunhas poucas directrices miñas que teño en mente, así que non poido decir nada sobre cómo vai ser, sólo que vai ser diferente (ou eso pretendo). Tamén pensarei, ainda que esto non será ata última hora, se facer unha das cancións a modo de guitarras reales e voz real. Agora que meu irmán se comprou un aparato que simula un ampli no ordenador e parece que se pode grabar, mirarei a ver se poido darlle uso. No tema das voces, alternaría un servidor cun máis profesional co que xa teño falado. Sería unha gran nova se se dese realizado, e todo un paso cara adiante en canto a sonido. Coma último detalle do novo lanzamento, que non se estrenará nas vosas salas e disqueras preferidas (ou sexa, no meu blog XD) ata posiblemente o segundo trimestre do 2011, decir que o título está tamén escollido: "Sons & Demos". E como me sabe mal deixar este "diario" sen ningún documento gráfico ou sonoro, e sabendo que é probable que deixe esta sección durante un tempo ata novas máis interesantes, déixovos un extracto de "Visións - O Espello Deformador", concretamente os 2 últimos minutos da 1ª parte da canción. Xa me diredes se vos gusta ou no ;D
Xusto este mes se reeditou unha das bizarradas que me tocou oír xa fai moito tempo, por aló do 97! Non sei qué amigo me deixara este álbum no que participaban eminencias do metal extremo nórdico facendo algo máis Ambient. Esas estrelas non eran outros que Jon Nödtveidt e Dan Swano, que colaboraba nunha canción. Pois ben, sería curioso ver qué farían estes homes fóra do seu mundillo habitual, e... a decepción foi monumental. Non é que sexa un amante do dark ambient/industrial ambient, pero poido oír cousas por ahí sen problema.
Por suposto olvidádevos de Dissection e Edge of Sanity, eu diría que máis ben vos metérades a xogar á un xogo de acción na Super Noentiendo ou Mega dryf con esto de fondo. A min recórdame ás cancións techno que eu mesmo facía co Impulse Tracker para ir probando dunha forma rápida instrumentos e efectos (que tamén empecei sobre esa época) XDD
Non sei moi ben qué tería na cabeza Nödtveidt ó facer este disco... Por ahí lín que era un proxecto compartido co seu compañeiro de habitación, un tal Damien ou Damian. Non sei qué se fumarían os dous nos ratos libres, pero esto é bastante avergonzante. E logo está a colaboración de Dan Swano, algo que queda como nota curiosa e do que supoño que tempo despois se retractaría XD
1. Into The Labyrinths Of Desolation 5:08 2. Ave Satan 04:31 3. Orcus Cursus 04:37 4. Sign Of The Dark 05:40 5. Revival / Paroxysmal Winds / Forever Gone 06:27 6. Atomic Age 04:09 7. Liberation 01:51 8. X 01:41
-"Into the Labyrinths of Desolation" podería ser un comenzo digno para un álbum de ambient. -"Ave Satan" é coma se alguén se lle ocorre facer en midi unha versión satánica da banda sonora de Mortal Kombat con toques da BSO de "Viernes 13". -"Orcus Cursus" é unha peza ambiental que... non está mal (por non decir outra cousa) -"Sign Of The Dark" é a canción cantada por Dan Swano, a mín recórdame a algún grupo de pop electrónico ochentero (Depeche Mode, Black,...) tamén mezclado coa banda sonora de Mortal Kombat...pero a de supernintendo.. ou case que a de Game Boy? XDD -"Revival / Paroxysmal Winds / Forever Gone" pode fácilmente evocar a Sorgens Kammer, a do Stormblast orixinal que fora plagio doutra. -"Atomic Age".... e aquí chega Paco Pil ou Chimo Bayo. Dá ganas de soltar un "bombas bombas" polo medio da canción. Podería valer perfectamente como banda sonora do Final Fight ou Streets of Rage. -"Liberation" e "X" son pezas testimoniales da decadencia do mundo... despois de escoitar este bodrio.
Coma moitas veces, por medio de comentarios de outros e casualidades interneteriles, un acabase encontrando cousas que nunca pensaría que existirían. O caso que toca hoxe son esas mezclas frikis provocadas por horas de aburrimiento, mezclando "voces" surrealistas e impensables e música metal, case sempre relacionado co death metal-grindcore-hardcore-punk polo que levo visto. Igual tades un pouco perdidos con esto que vos dixen, pero o mellor é sempre poñerse con exemplos e listo.
De primeiro temos a Slothian, grupo que mezcla os deformes berros e comentarios daquel simpático e inolvidable personaxe dos Goonies con Grindcore: http://www.myspace.com/slothianband
Segundo eles (mellor dito él): " When the planets were in glu glú and the prophets cum on the chiqui chiqui bang bang. Where the retarded goom grew as soon as the sun sent in the soul... ya. In the early beginning... y eso. I am tríki to say that the galactic cowboys are my friends, and Sloth and Gordy created the slumber abnormal impurity of ancient butifarra´s clown. "All is full of shit" said the Master Gugufresa (Sloth) when he turned to eeehhhh...? So, the Retardeath Metal was created, and the gods cried a lot of Kalimotxo´s tears, between the throne of eternal frost and hate, and the golosinas castle of depravation. Soy sunbornal
"
(sí, é un tío español, ó igual que o seguinte)
Chiquigrind Como podedes intuír, Chiquito con Grindcore, jaarl!
Según o grupo: "After a silence, and after discovering the great world Grind escene, in 2006 I decided to create an extreme project... So, Chiguigrind was born!!! After the pain!!! Quietorl!!!"
Caninus Este grupo surxe da furiosa unión entre 2 pitbulls e o death-grind máis pesado! Impresionante! Oíde "Victim of Pain"!
Segun eles: " The band, Caninus (pronounced K - 9 - us ) began listening Terrorizer, Death of Napalm, Corpse Cannibal, Sorcery, Incantation and Malevolant Creation. The band(orchestra) was generated in New York in 1992, but not until recently, when Caninus(orchestra) began receving national glory and approval of a celebrities from Andrew W.K. to Susan Sarandon. After the few line up changes (replacements) during 90-s', Caninus has strengthened their line up in 2001. A little from members of the profit also have gone, the few have gone to prison, some are alive albeit in the bottom of Grand Central terminals of Station. One ex-Caninus member can be noticed in the documentary film concerning the mole people "Dark Days". The majority grindcore and fatal metal strips (orchestras) have the singers, trying to sound similarly to the broken (upset) deranged animals anyhow so they have decided to use a real thing. Vocals are executed by two pit bull terriers. Both were rescued days before euthanization from refuges. Caninus - all strict vegans. It has come time really to allow the animals to have their say."
Hatebeak Aquí poderemos conocer ó que probablemente sexa o único loro frontman dun grupo de grindeath! http://www.myspace.com/beak666
Segundo eles (ainda que é unha páxina dun fan): "Ok. This is a fan site for HATEBEAK. If you don't know the story, this is a death metal grindcore band that has an avian vocalist. It's sick as hell and definately worth the listen. Hatebeak is on Reptilian Records, and has a split on Relapse Records. Here is the discography so far: Hatebeak and Longmont Potion Castle (Reptilian Records split) Hatebeak and Caninus (Reptilian Records split) Hatebeak and Birdflesh (Relapse Records split) To be released on Reptilian Records soon:Number of the Beak (Reptilian Records full)"
Fai tempo encontrárame con outro "grupo" chamado Eugenio))) que mezclaba chistes de Eugenio con drone-doom ó estilo de Sunn O))) pero deberon de eliminar o myspace.
Xardas é un grupo alemán que por ahí definen como: Progressive/Symphonic/Modern Melodic Death Metal/Metalcore. Toma ya! A cousa é que poñendose a buscar datos sobre estes individuos non se pode atopar absolutamente NADA! Sólamente se sabe que nalgúns blogs está dispoñible para a súa descarga un disco seu do 2010 chamado "Mirror Of The Soul". Cando un vé o listado de cancións intúe que a cousa non será moi duradera... 2 +2 +3+... =30 minutos?: 1. Intro 2:01 2. A Cut 2:53 3. Ships 3:20 4. Falling 2:53 5. Promise 3:13 6. Revolution 2:50 7. Creed 3:56 8. My Dreams 4:08 9. Outro 0:58
Hei de dicir que cando me propuxen oílo, non puiden decir que estivera nin ben nin mal... había cousas que sonaban bastante ben, cantante femenina, cantante de black-metalcore (existe eso?) e moitos sintetizadores... ah pero ahí chegamos a Revolution. Revolution? Crematory? Non, non é! ou sí? nah, non sona mal... quizáis unha versión... deixémolo tar... algo así como pop-techno-metal.. non tá mal.. Peeeeero hoxe oíno outra vez co meu irmán, e propuxémonos saber algo máis deste grupo. O que fixemos foi coller extractos das letras de cada canción... e sorpresa!!! Todas!! Todas!! Todas as cancións son... xa non versións, senón que son cancións existentes pasadas por filtros e "aceleradas" informáticamente!!! E eso non é o peor... a mín non me sonaban mal cando as poñía... porque non me recordaban a ningunha canción en especial, sempre che veñen cousas de outros pero eso xa me pasa moi a menudo con todo o que escoito (salvo o caso de Crematory que mencionei)... aih pero cando soubemos cales eran as orixinales... xa poden vir os Menagüer e acabar connosco! Emocore!!?!?! Jaarlcore para nenitas bailongas?!?! Ademáis non se cortan en cambiarlles os títulos a algunhas delas (supoño que para non dar moito o cante) Vamos cos cuerpos dos delitos:
"Falling" por Xardas:
"Falling Behind" de Dead by April
"Ships" de Xardas
"Take One Last Breath" de Abandon All Ships (mirando este video é imposible de reprimirse un ó ver o "headbanging harcorero-teenager" XDD sempre pensei que, ó igual que no Nu-Metal, eses saltitos e muelles de pernas abertas son debidos á incapacidade e frustración de non poder facer auténtico headbanging con greñas (debe ser que as súas mamás non lles deixan levar o pelo largo)
Así temos que: 1. Intro 2:01 2. A Cut 2:53 é versión acelerada de "A Cut Above" de Avery Watts 3. Ships 3:20 é versión acelerada de "Take One Last Breath" de Abandon All Ships 4. Falling 2:53 é versión acelerada de "Falling Behind" de Dead by April 5. Promise 3:13 é versión acelerada de "A Promise" de Dead by April 6. Revolution 2:50 é versión acelerada de "Revolution" de Crematory 7. Creed 3:56 é versión acelerada de "Greed" con G de "Gañanes" de Crematory 8. My Dreams 4:08 é versión acelerada de "Sweet Lilith of My Dreams" de Eternal Tears Of Sorrow 9. Outro 0:58 Con este panorama o máis probable é que tanto a Intro como a Outro sexan tamén versións aceleradas de algúnha outra canción...
Xardas, heivos dar Mirror polo cú! Aparte de copiar e acelerar cancións existentes cambiándolles incluso os nombres para parecer orixinales, acabastes por vilipendiar a miña virilidade metaleira! Mal raio vos parta!